Feira de Santos, declarada festa de interese turístico galego
Inicio
sábado, 04 febreiro 2012
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo
Zona económica
Perfil do Contratante
Emprego Público
Contacto
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
Turismo Rural: casas rurais, arte e cultura, historia, gastronomia, espazos naturais Area empresarial: directorio on-line das iniciativas máis destacadas Fototeca: paisaxes, xente, infraestructuras, arte, costumes e recunchos do concello en imaxes Concello en liña: Trámites e xestións, descarga de formularios, suxerencias...
Información pública
xoves, 26 xaneiro 2012

“BASES PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO PARA UN POSTO DE TRABALLO DE MESTRE/A DE EDUCACIÓN INFANTIL NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DE MONTERROSO.

informacin_pblica_bop

 
25 DE NOVEMBRO
venres, 25 novembro 2011

O Concello de Monterroso, concienciado coa lacra do maltrato, realizaou unha concentración diante do edificio municipal co fin de apoiar a todas as vitimas.

maltrato.jpg

 
MESA DE COMERCIO
venres, 11 novembro 2011

mesa_do_comercio_1_red.jpgmesa_do_comercio_3_red.jpgmesa_do_comercio_5_red.jpgmesa_do_comercio_6_red.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No día de hoxe, ás 11.00 horas, tivo lugar unha xuntanza de convocatoria da Mesa Local de Comercio na cal se constituiu a devandita mesa composta por

 Presidente: Antonio E. Gato Soengas (alcalde)

Secretaria: Mª Pilar Silva del Río (axente de emprego)

Vogais:

Álvaro Coego González, Presidente da ACIM

Victoria Pardo Télez,  Presidenta da Asociación de Consumidores e Usuarios

José Antonio Rodríguez Guerra, 1º Tenente de alcalde

Ana de Azevedo Novo, 2º tenente de alcalde

Victoria Gloria Antas Pérez, 3º tenente de alcalde

Dositeo España Coto, vicepresidente de asociación de hosteleiros “Máis Noite”

Camilo López López, representante autonómico suplente da Consellería de Economía e Industria

 

Entre as funcións da Mesa de Comercio destaca:

a) Participar no deseño das campañas de promoción do comercio que poña en marcha o correspondente concello.

d) Actuar como órgano consultivo do concello en todas as cuestións que afecten o comercio retallista do municipio.

e) Propoñer ao concello cantas medidas, iniciativas e propostas considere convenientes para o desenvolvemento e a mellora do sector.

 

Acordouse fixar a data de celebración de sesións ordinairas anuais nos meses de febreiro, xullo e outubro e podendo invitar a máis comerciantes do mercado retallista ou sector gastronómico dependendo dos asuntos a tratar.

Cómpre salientar o consenso de potenciar e impulsar o comercio en Ligonde, parroquia por onde transcorre o camiño de Santiago, explotando pois os recursos económicos da zona, tendo como referencia outros concellos limítrofes coma os de Palas de Rei ou Portomarín.

Acórdase convocar nunha próxima xuntanza aos hosteleiros de Monterroso co obxectivo de recadar ideas e poñelas en común para dinamizar o sector no concello ofrecendo unha variedade de ofertas entre os establecementos gastronómicos e aloxamentos durante as fines de semana.

 
MESA LOCAL DE COMERCIO
mércores, 09 novembro 2011

DECRETO.- Monterroso, 7 de novembro de 2011

 

Por acordo de Xunta de Goberno Local en sesión realizada o día 8 de febreiro de 2011 prestouse aprobación á constitución da Mesa Local de Comercio de Monterroso logo do requirimento feito pola Consellería de Economía e Industria.

 

En dito acordo estableceuse que a composición da Mesa Local de Comercio deste municipio fose:

Presidente: alcalde do Concello ou persoa en quen delegue

Secretario: unha persoa designada pola alcaldía que actuará con voz pero sen voto.

Vogais:

- O/a presidente/a da Asociación de Comerciantes e Industriais de Monterroso

- A/o presidenta/e da Asociación de Consumidores e Usuarios

- O/a primeiro/a e segundo/a tenentes de alcalde

- Un representante designado pola Comunidade Autónoma

 

O decreto 183/2011, de 15 de setembro, polo que se regulan as mesas locais de comercio (DOG de 30 de setembro) establece na DT única que os Concellos disporán dun prazo de dous meses a partir da entrada en vigor deste decreto para a constitución e adecuación, se é o caso, das mesas locais de comercio ao disposto nel. Ditos órganos configúranse como lugar de encontro, un foro de debate e participación onde terán voz e voto o comercio de proximidade, os consumidores e o propio concello.

 

En cumprimento deste mandato resolvo:

 

Primeiro.- Convocar a Mesa Local de Comercio de Monterroso para o vindeiro día 11 de novembro de 2011 coa seguinte orde do día:

 

1º) Constitución da Mesa Local de Comercio de Monterroso.

2º) Fixación da data na que debe celebrar sesión ordinaria anual.

3º) Rolda aberta de intervencións

 

Segundo.- Que se cite para o día 11 de novembro de 2011, ás 11:00 horas ás seguintes persoas:

 

Secretaria da Mesa: Mª del Pilar Silva del Río, técnico local de emprego.

Vogais:

-          Álvaro Coego González, presidente da ACIM

-          Victoria Pardo Télez, presidenta da Asociación de Consumidores e Usuarios.

-          José Antonio Rodríguez Guerra, 1º tenente de alcalde

-          Ana de Azevedo Novo, 2º tenente de alcalde

-          José Manuel Vázquez Leirado, xefe territorial da Consellería de Economía e Industria.

 

Mándao e asínao o señor alcalde do que eu, secretaria dou fe.

 

O alcalde                                                                             A secretaria

 

 

 

Antonio Edelmiro Gato Soengas                        Mónica Vázquez Fandiño

En el día de hoy se convoca también al representante de + Noite, que falta en el decreto  

 
Actividades de Tempo libre
martes, 08 novembro 2011

Aínda quedan prazas para participar nas actividades organizadas polas Escola de Música, Escolas Deportivas, Aula Multimedia, Aulas da Terceira Idade, Actividades para Adultos.

Se estades interesados podedes participar en cursos, seminarios e obradoiros de Piano, Acordeón, Violín, Guitarra, Trompeta, Frauta,... na Escola de Música; Karate, Tenis, Futbol, Patinaxe, Psicomotricidade, ... nas Escolas Deportivas, informática para nenos e adultos na Aula Multimedia; Manualidades, Pintura, Ximnasia, Informática, Teatro, Memoria,... nas Aulas da Terceira Idade e Inglés, Tenis, Karate,... nas Actividades para Adultos.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Fin >>

Resultados 1 - 6 de 66
Trámites en liña
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
© Concello de Monterroso