O pasado fin de semana clausuráronse en Monterroso o Fútbol Sala Escolar na zona Sur-Occidental de Lugo, organizado como todos os anos pola Delegación en Lugo da Secretaría Xeral para o Deporte que se encarga da organización destas Ligas Escolares en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete masculino e femenino, asumindo os gastos de transporte, arbitraxes e cobertura sanitaria.
O Concello de Monterroso correu cos gastos de trofeos e cesión de instalacións desta xornada, na que participaron perto de 50 equipos e máis de 500 rapaces, en equipos de Clubes, Apas, Colexios e Escolas Deportivas Municipais de Chantada, Taboada, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Friol, Guntín, Portomarín, Paradela, Guitiriz e Sarria.
Ao final da xornada (onde se celebraron máis de 25 partidos en todas as categorías) o Xefe Provincial de Deportes José Manuel Rozas, o Alcalde de Monterroso Gato Soengas e o Concelleiro de Deportes de Chantada Ildefonso Piñeiro, fixeron entrega de trofeos a TODOS os equipos participantes.
A título informativo a entidade con máis participantes esta tempada foron as Escolas Municipais de Chantada, que inscribiron a 13 equipos.
Ademáis os equipos máis destacados foron os seguintes:
- Meigallos de Sarria Infantil feminino, que conqueríu o campeonato provincial ao gañar a Ribadeo e logrou a medalla de bronce no Campeonato Galego.
-Escolas Municipais de Chantada Cadete feminino, campeonas provinciais logo de gañar a Viveiro e proclamouse subcampeón galego logo de perder a final contra Ourense.
-Escolas Deportivas Municipais de Chantada de categoría alevín, que se proclamou subcampeón provincial, logo de empatar na final contra o Azkar Lugo a 3-3 e perder a penaltis.
Destacar que o Fútbol Sala Escolar é a actividade deportiva máis paracticada con diferencia no Sur de Lugo, por enriba de calquera outra disciplina deportiva escolar ou federada (incluida o Fútbol), pois se sumamos a zona de Val de Lemos, participaron perto do millar de rapaces en máis de 80 equipos masculino e femeninos de 7 a 16 anos.
|