|
|
|
mércores, 11 novembro 2009 |
|
 Hoxe foi presentada para os medios de comunicación esta actividade no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade de Monterroso

Día da Castaña
Monterroso, 14 de Novembro 2009
Nesta, a nosa comarca, onde abondan os castiñeiros, é tempo de recoller os seus froitos que son moi apreciados ca chegada do frío. Por este motivo pretendemos recuperar a excelencia que a Castaña xa tiña na nosa mesa moito antes da chegada da pataca, sendo protagonista de innumerables receitas.Creamos con este gaio o “Día da Castaña” en Monterroso, un día no que se pretende dar a coñecer todas as posibilidades que ten este froito.Nesta xornada téñense preparadas varias actividades, dende as gastronómicas máis coidadas ata as tradicións máis populares como é o Magosto. Programa: 12:00 Apertura da exposición e venda de productos elaborados con Castañas, para o que contamos con varios expositores e empresas adicadas a traballa-la Castaña. Xantar: degustación nos establecementos hosteleiros da vila que prepararán pratos elaborados con Castañas. 17:00 Xornada de Xogos Populares. 21:00 Magosto popular a cargo da Asociación O Cairon, no que haberá castañas, torresmos, doces, viño e queimada. 22:30 Actuación musical a cargo do “Duo Dalia” Todos os actos, a excepción da degustación gastronómica nos establecementos hosteleiros, levaranse a cabo na “Cupula”. Temos que agradecer a colaboración da asociación O Cairon, que todos os anos organiza o Magosto na vila e este ano ofreceuse a formar parte de esta iniciativa que asumimos por primeira vez.Tamén agradecer a colaboración dos expositores, e especialmente de Alibós, por votar unha man e ser dos primeiros en tomar a iniciativa en canto a idea xurdiu, proporcionando as castañas para o Magosto e para a elaboración dos pratos que teremos a oportunidade de degustar esta fin de semana da man dos establecementos hosteleiros participantes. Creamos así unha octaviña na que ademais de reflexar o programa tamén temos un mapa para que así sexa máis fácil localizar os establecementos e saber que especialidade vai ter cada un.
|
|
|
mércores, 16 setembro 2009 |
|
SAÚDA DO ALCALDE
Outra volta chegan as Festas do San Miguel. Chegan coas uvas, coma sempre, e veñen boas. Este ano tamén a Comisión de Festas, coma outras veces, fixo un traballo excepcional, que o alcalde agradece, e sei tamén que os veciños e veciñas aplauden. O traballo feito dará froitos e verémolos todos. Agradezo tamén outras iniciativas, que, coma as dos mozos e mozas do Clube ciclista, enriquecen unhas festas, que todos desexamos que cheguen e que non acaben, aínda que este ano teñamos moitos días de festexos. Debemos acordarnos, un chisco máis do que sentimos a diario, dos monterrosinos e monterrosinas que están fóra, especialmente os que se atopan máis lonxe, tamén para eles estas festas sei que teñen algo especial. A miña consideración para todos os veciños e veciñas, que coa súa xenerosidade, fan posible que Monterroso se convirta, un ano máis, no centro de atención festeira do noso país. Só me resta desexar a todas e todos, ledicia, disfrute, amizade renovada, felicidade. Unha aperta.
Para ver mais fotos clique aquí http://www.flickr.com/photos/monterroso/
|
|
|
xoves, 13 agosto 2009 |
O Concello de Monterroso rendirá homenaxe a Ángel Soengas Villanueva, o promotor das dúas mallas populares que se realizaron no concello. O acto terá lugar o vindeiro día 20 de agosto, despois de haber sido aprobada a proposta onte nunha xunta de Goberno Local. Antonio Gato, Alcalde de Monterroso, destaca que "a proposta realizouse para agradecer e recoñecer a gran contribución deste veciño de San Breixo e polo seu inxenio"
Ángel Suengas foi o artifice da idea de recuperar a celebración popular, e como apunta Antonio Gato, "aportou todo o preciso para recuperar este traballo dos nosos ancestros". Ademais, sinala que a súa contribución favoreceu a "transmisión dos oficios tradicionais ás novas xeracións, para que vexan esta forma de economía de subsisencia e que participen na recreación da malla da que xa fixemos dúas edicións".
Suengas recibirá unha praca conmemorativa, así como os veciños que se acerquen ó acto o día 20 "poderán tomar unha copa de viño". Do mesmo modo, el alcalde explica que "tamén felicitarei aos participantes na malla, xa que sen toda esta xente non sería posible e o pasado domingo foi un éxito".
Fonte: El Progreso 13/08/09
Para ver mais fotos clique aquí http://www.flickr.com/photos/monterroso/
|
|
|
sábado, 08 agosto 2009 |
|
Tralo éxito acadado na primeira edición desta Feira de Oportunidades celebrada no mes de abril, acabamos de inaugurar a segunda edición, quedando así configurado o programa para Semana Santa e Agosto dos seguintes anos.
Esta feira estará aberta ata mañá domingo ás 20:00 h. esperamos que veñan e aprobiten esta oportunidade de beneficiarse das mellores ofertas do mecado en Monterroso.
Para ver mais fotos da II FEIRA DE OPORTUNIDADES. STOCK MONTERROSO, clique eiquí http://www.flickr.com/photos/monterroso/
|
|
|
xoves, 06 agosto 2009 |
|
NOTA:
A actuación do día 22 de agosto celebraráse no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade de Monterroso
Para máis información pinche aquí programa_concertos
|
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Fin >>
| | Resultados 37 - 42 de 66 | |
|