|
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS QUE HAN DE REXER NA ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DO CONTRATO DE SERVIZOS PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO TÉCNICO PARA A CONSTRUCIÓN DUN POLIDEPORTIVO E PISCINA CLIMATIZADA
1.-OBXECTO DO CONTRATO
O presente prego de clausulas administrativas ten por obxecto a realización dun contrato de servizos para seleccionar unha empresa que se encargue da redacción do proxecto técnico para a redacción dun polideportivo e piscina climatizada tal e como se establece nos pregos de prescripcións técnicas do anexo I.
A contratación regularase polo establecido nos presentes pregos, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, polo Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas e demais normativa de aplicación.
2. -ORZAMENTO MÁXIMO DE LICITACIÓN, REVISIÓN DE PREZOS E DURACIÓN
O prezo tipo fixado pola Corporación contratante é de 47.218,70 euros, sendo o valor estimado de 40.705,78 euros e 6.512,92 euros correspondente ao IVE
O contrato terá unha duración máxima de DOUS MESES.
A revisión de prezos non se estima procedente, dada a duración do contrato
3.-FINANCIACIÓN
O contrato financiarase mediante unha subvención da Deputación Provincial de Lugo.
O prezo aboarase con cargo á partida 522.622.00
4.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN.
O contrato adxudicarase mediante procedemento negociado sen publicidade, de conformidade nos artigos 122 e 154 hasta 161 da lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público (LCSP), por ser o seu valor estimado inferior a 60.000 € e tramitación ordinaria, no que a adxudicación recaerá no candidato xustificadamente elixido polo órgano de contratación, tras efetuar consultas con diversos candidatos e negociar as condicións do contrato con un ou varios de eles según o prescrito no artigo 153.1 da LCSP.
Non será necesario dar publicidade ao procedemento asegurándose a concorrencia, e dícir, será necesario solicitar ofertas, alomenos, a tres empresarios capacitados para a realización do obxecto do contrato, sempre que sexa posible.
5.- ÓRGANO DE CONTRATACIÓN
O órgano competente para contratar é a Xunta de Goberno Local en base a delegación conferida pola Alcaldía a través do decreto de 27 de xuño de 2007.
O mencionado órgano ten a facultade para adxudicar o correspondente contrato administrativo e, en consecuencia, ostenta as prerrogativas de interpretalo, resolver as dúbidas que ofreza a súa execución, modificalo e acordar a súa resolución, con subxección á normativa aplicable. Os acordos que a este respecto dicte serán executivos, sen perxuizo do dereito do contratista á súa impugnación perante a Xurisdición competente.
Con fundamento no establecido no artigo 41 da Lei 30/2007, de 30 de outubro (LCSP) designase responsable do contrato a don Antonio E. Gato Soengas, alcalde do Concello.
6.-CONSULTA DE PREGOS E OBTENCIÓN DE COPIAS
Os interesados poderán consultar os pregos no perfil do contratante na web www.monterroso.es e nas dependencias de secretaría na Casa Consistorial.
7.- ACREDITACIÓN DA APTITUDE PARA CONTRATAR
Entenderase que están capacitadas as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou extranxeiras que teñan plena capacidade de obrar, non se atopen incursas nunha prohibición para contratar e acrediten a súa solvencia económica, financeira, técnica ou profesional.
7.1. Poderán concorrer por sí ou por medio de representantes autorizados, as persoas físicas ou xurídicas que non se atopen incursas en ningunha das prohibicións para contratar e incompatibilidades ás que se refire o artígo 49 da LCSP/07 e, en xeral, as que reúnan as condicións de aptitude previstas nos artigos 43 e seguintes do mesmo texto legal
7.2. Unións de empresarios:
Se varios empresarios acuden a licitación como unha unión temporal, cada un deles deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, acompañando todos os documentos a que se refire a cláusula 9 do presente prego, indicando o porcentaxe de cada un deles, así como a designación dun representante ou apoderado único da unión, con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven hasta a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan otorgar as empresas para cobros e pagos de contías significativas.
Para a presentación de ofertas por parte da unión de empresarios non se esixe a formalización da unión en escritura pública. Non obstante no caso de resultar adxudicataria, deberá formalizarse a unión de empresarios en escritura pública dentro do prazo máximo de 15 días a contar dende a notificación da adxudicación do contrato. Aplicarase o réxime previsto no artigo 48 da lei LCSP.
7.3. Non poderán concorrer á licitación as empresas que participaran na elaboración das especificacións técnicas.
8.-LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As proposicións para poder tomar parte na licitación presentaranse en dous sobres pechados no Rexistro Xeral da Corporación, en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo de dez días naturais a partir do seguinte a aquel en que lle sexa notificada ao contratista a invitación para presentar a súa proposición económica.
No suposto de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de Correos, e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora de remate do prazo sinalado na invitación.
Os envíos das proposicións a que se refire o apartado anterior deberán remitirse mediante correo urxente, a fin de non dilatar o acto de apertura de plicas e a adxudicación do contrato. Transcorridos, non obstante, 10 días naturais seguintes á indicada data e hora de remate do prazo sinalado na invitación sen terse recibido a proposición, esta non será admitida en ningún caso.
A presentación das proposicións presume á aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das clausulas deste prego sen salvedade algunha.
9.-PROPOSICIÓNS: DOCUMENTACIÓN Á PRESENTAR POLOS LICITADORES E CRITERIOS DE NEGOCIACIÓN.
Cada candidato non poderá presentar máis que unha oferta. Tampouco poderá suscribir ningunha oferta en unión temporal con outros se o fixo individualmente ou figurara en mais dunha unión temporal. A infracción destas normas dará lugar a non admisión de tódalas ofertas por él suscritas.
Cada licitador presentará dous sobres pechados e asinados por el mesmo ou persoa que o represente, nos que se indicarán ademáis da razón social e denominación da Entidade concursante, o título do concurso, e conterán: o primeiro (sobre A) a documentación esixida para tomar parte no concurso, e o segundo (sobre B) a correspondente á proposición económica e documentación técnica.
Os documentos a incluir en cada sobre deberán ser orixinais ou copia autentificadas, conforme a lexislación en vigor.
9.1.- SOBRE A, titularase: “Documentación xeral para a adxudicación do contrato de servizos para a realización de actividades formativas e de divulgación de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte e defensa e prevención de incendios forestais”
Deberase incluír a seguinte documentación:
A.-Personas Físicas:
Fotocopia do DNI / N.I.F., debidamente compulsadas.
B- Personas xurídicas:
B.1)-Escritura de Constitución ou Modificación no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fora esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fora: escritura ou documento de constitución, de modificación, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso no correspondente Rexistro Oficial.
Deberá quedar debidamente xustificado que o obxeto social da entidade comprende o desenvolvemento de todas as actividades que constitúen o obxeto do contrato.
A acreditación de dispor dos datos relativos á personalidade xurídica e á capacidade de obrar poderá realizarse medicante certificación da inscripción no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas, que deberá ir acompañada dunha declaración responsable do licitador na que se manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non sufriron variación.
- Fotocopia da Tarxeta de Código de Identificación Fiscal (C.I.F.), debidamente compulsada.
B-2) Empresas non españolas de estados membros da unión Europea.
A capacidade de obrar das empresas non españolas de Estados Membros da Unión Europea acreditarase mediante a inscripción nos Rexistros Profesionais ou Comerciais ou con presentación das certificacións que se indican no Anexo 1 do RGLCAP ou certificado comunitario de clasificación, en función dos diferentes contratos. Ditas certificacións deberán ir acompañadas dunha declaración responsable do licitador na que se manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non sufriron variación, que deberá reiterarse, no caso de resultar adxudicatario, no documento no que se formalice o contrato.
B-3) Empresas non españolas de estados signatarios do Acordo sobre el Espacio Económico Europeo (Islandia, Liechtenstein e Noruega).
A capacidade de obrar das empresas non españolas do Estado Signatarios do acordo sobre o Espacio Económico Europeo acreditaráse mediante a inscripción nos Rexistros profesionais ou Comerciais ou con presentación das certificacións que se indican no Anexo 1 del RGLCAP, en función dos diferentes contratos.
B-4) Restantes empresas extranxeiras.
A capacidade de obrar das empresas extranxeiras non comprendidas nos apartados anteriores, acreditaráse mediante informe expedido pola Misión Diplomática Permanente española, que se acompañará á documentación que se presente, que o Estado de procedencia da empresa extranxeira admite a súa vez a participación de empresas españolas na contratación coa Administración e cos entes, organismos ou entidades do sector público asimilables ás enumeradas no artigo 3 LCSP, en forma sustancialmente análoga.
B-5) Disposición común a empresas extranxeiras (comunitarias ou non comunitarias): declaración de sometemento á xurisdición de tribunais e xulgados españois.
As empresas extranxeiras deberán presentar una declaración de sometemento á xurisdición dos Tribunais e xulgados españois de calquera orde, para todalas incidencias que de modo directo ou indirecto poideran xurdir do contrato, con renuncia no seu caso, ao foro xurisdicional extranxeiro que poidera corresponder ao licitante (art. 130 LCSP).
C) Poderes:
Cando o licitador non actúe en nome propio ou se trate de sociedade ou persoa xurídica, deberá acompañarse poder notarial para representar á persoa ou entidade en cuxo nome concorre ante a Administración contratante. Se o licitador é persoa xurídica este poder deberá estar inscrito no Rexistro Mercantil. Se se trata dun poder para un acto concreto non é precisa a inscripción no Rexistro Mercantil, de acordo co artigo 94.1.5 do Regulamento do Rexistro Mercantil.
D) Bastanteo de poderes:
Os poderes a que se refire o apartado c) da presente cláusula, deberán bastantearse previamente ante notario ou ante a secretaria do Concello de Monterroso previo pago da taxa correspondente.
E) Prohibicións para contratar ou incompatibilidades:
Declaración responsable de non estar incurso o licitador nas prohibicións para contratar recollidas no artigo 49 da LCSP na data de conclusión do prazo de presentación de solicitudes de participación. Esta declaración tamén debe comprender expresamente a circunstancia de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen perxuízo de que a xustificación acreditativa deste requisito, debe presentarse antes da adxudicación definitiva polo empresario a cuxo favor se vaia a facer ésta. A proba desta circunstancia poderá facerse por calquera dos medios sinalados no artigo 62 da LCSP.
F) Clasificación e solvencia
Non se esixe clasificación. Non obstante e de conformidade co establecido no artigo 63.2 da LCSP, a clasificación do empresario acreditará a súa solvencia para a celebración de contratos do mesmo tipo que aqueles para os que se obtivera e para cuxa celebración non se esixa estar en posesión dela.
A solvencia económica e financieira poderá acreditarse por calquera dos medios previstos no artigo 64 da LCSP, que poderán ser:
F.1) Solvencia económico-financieira.
Acreditarase por calquera dos seguintes medios:
a) Declaración apropiada de entidades financieiras ou, no seu caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.
b) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas nos Rexistros oficiais poderán aportar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados.
c) Declaración sobre o volume global de negocios no ámbito da actividade que corresponda ó obxecto do contrato, referida como máximo ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio de actividades polo empresario, na medida en que se dispoña das referencias a dito volume de negocio.
F.2) Solvencia técnica e profesional:
Deberán acreditarse os seguintes medios:
1.- Relación dos principais servizos ou traballos realizados nos tres últimos anos, con indicación do importe, datas e destinatario, público ou privado dos mesmos. Estes servizos deberán ser acreditados mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Estes certificados poderán ser comunicados diretamente ao órgano de contratación pola autoridade competente ou ben polo propio interesado.
2.- Indicación do persoal técnico ou unidades técnicas integradas no contrato, con referencia ás titulacións académicas e profesionais dos encargados da execución do contrato.
3.- Declaración de maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución dos traballos ou prestacións, á que se adxuntará a documentación acreditativa pertinente, así como declaración de asumir o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios personais e materiais suficientes para levala a cabo axeitadamente, medios cuxa efectiva adscripción se considera obligación esencial aos efetos previstos no artigo 206.g) da LCSP
G) Rexistros ou listas oficiais de contratistas:
As empresas que figuren inscritas no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas da Comunidade Autónoma de Galicia quedarán dispensadas de presenta-los documentos referenciados nos apartados: A), B), C), D), E) ,sempre que os citados documentos estean vixentes. A estes efectos acompañarase certificación do órgano encargado do rexistro que poderá expedirse por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos.
As empresas que presenten certificados comunitarios de clasificación ou documentos semellantes que acrediten a inscripción en listas oficiais de empresarios autorizados para contratar establecidas por Estados membros da Unión Europea dispensarán ao empresario de acreditar as prohibicións de contratar previstas nos apartados a), b), c) e e) do artigo 49.1 LCSP, a capacidade de obrar e habilitación profesional do artigo 43 LCSP e a solvencia á que se refieren os apartados b) e c) do artigo 64 LCSP.
Os documentos poderán presentarse orixinais, copias auténticas ou copias compulsadas conforme á lexislación vixente
9.2.- As ofertas económicas deberán ser redactadas segundo o modelo establecido no presente prego, sen erros ou tachaduras que dificulten coñecer claramente o que o órgano de contratación estime fundamental para considerar as ofertas, e que, de producirse, provocarán que a proposición sexa rexeitada.
Na proposición deberá indicarse, como partida independente, o importe do IVE que deba ser repercutido.
9.2.1.-As ofertas presentaranse nun sobre que deberá especificar “Sobre B: Proposición económica para e documentación técnica para a adxudicación do contrato de servizos para redacción de proxecto técnico para construción dun polideportivo e piscina climatizada”, estará pechado e asinado polo empresario ou persoa que o represente, indicando razón social e denominación da Entidade licitadora.
O modelo de proposición é o seguinte:
D/DONA...................., con DNI núm. …………..e domicilio na rúa ...................., núm ............, de ...................., Código Postal ............, Provincia ...................., País ...................., Teléfono ............, Fax ............, maior de idade, en nome propio o actuando en representación da empresa ...................., con Código de Identificación Fiscal ............, e domicilio social na rúa ...................., núm ............, de ...................., Código Postal ............, Provincia ...................., País ...................., Teléfono ............, Fax ............, enterado dos Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares que rexen o contrato de servizos para redacción de proxecto técnico para construción dun polideportivo e piscina climatizada, que se adxudicará mediante procedemento negociado e sen publicidade, aceptando as súas cláusulas en toda a súa totalidade, comprométese a asumir o cumprimento do citado contrato polo prezo de…………..….euros, cun IVE de.......euros.
Lugar, data e sinatura do propoñente”
9.2.2.-Xunto coa oferta o licitador deberá incluír no sobre B aqueles documentos que permitan ao órgano de contratación valorar as condicións das ofertas segundo os aspectos de negociación e que serán:
1.- Memoria descriptiva e valorada das principais características técnicas das edificacións que se proxectan.
2.- Memoria das prestacións adicionais que se inclúan na oferta por riba do establecido nos pregos de prescripcións técnicas e que non supoñan custe algún para a Administración. As melloras deberán estar directamente relacionadas co obxecto do contrato supoñendo unha mellora na prestación de tipo técnico, calidade ou aumento de unidades do contrato ou do material gráfico.
3.- Memoria de compromisos medioambientais na execución do contrato; con carácter voluntario o contratista poderá presentar unha memoria de aspectos salientables na execución do contrato que reflitan un compromiso co medioambiente na liña de promoción da sostibilidade na que se enmarca o Concello de Monterroso. Ditos compromisos medioambientais non poderán ser incluídos ao mesmo tempo na memoria de prestacións adicionais.
10.-CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN
Os criterios sobre os que o órgano de contratación adxudicará o contrato e que servirán á Mesa de Contratación, no seu caso, para facer a súa proposta de adxudicación son os seguintes:
1. Memoria descriptiva das características técnicas que conforman a prestación….40%
2. Memoria de prestacións adicionais por riba dos pregos de prescripcións técnicas…………….40%
3. Memoria de compromisos medioambientais……………………….10%
4. Menor prazo de execución …………………………………………..10%
A puntuación total por cada oferta será de 100 puntos. Outorgarase a máxima puntuación en cada apartado á mellor oferta, distribuíndo a puntuación proporcionalmente nas demais por unha regra de tres simple.
11.-MESA DE CONTRATACIÓN.
Consonte o disposto no artigo 295.1 da LCSP non se constitúe Mesa de Contratación.
12.-CALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL
Concluído o prazo de presentación de solicitudes, o órgano de contratación procederá, á calificación da documentación xeral, e se observase defectos materiais na documentación presentada, notificarallo por fax, telegrama ou correo electrónico ao interesado correspondente, deixando constanza de dita notificación no expediente, concedéndolle un prazo non superior a tres días hábiles para que o subsane. Se a documentación dalgún interesado contivera defectos substanciais ou deficiencias materiais non subsanables, non será admitido ao procedemento de adxudicación.
Á marxe da subsanación á que se refiere o párrafo anterior, o órgano de contratación, aos efetos de completar a acreditación da solvencia dos solicitantes, poderá recabar destes as aclaracións que estime oportunas sobre as certificacións e documentos presentados, así como requerirllos para a presentación doutros documentos complementarios, requerimento que deberá ser cumplimentado no prazo máximo de cinco días naturais e sempre antes da declaración de admisión das solicitudes de participación.
O órgano de contratación, unha vez calificada a documentación e realizadas as subsanacións e, no seu caso, aportadas as aclaracións ou documentos complementarios requiridos, ou transcorrido o prazo que se conferira ao efeto, procederá a efetuar a avaliación das ofertas presentadas aplicando os criterios de negociación e adxudicación previstos na clausula 10 podendo acordar que se estableza unha fase de negociación con determinados licitadores, velando porque todos os interesados reciban igual trato.
Rematada a fase de negociación, de levarse a cabo, unha vez estudiadas as ofertas presentadas, o órgano de contratación formulará a pertinente proposta de adxudicación provisional.
13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL:
Despois de solicitar, no seu caso, os informes técnicos que estime convenientes, órgano de contratación ditará adxudicación provisional do contrato no prazo máximo de dous meses a contar dende a apertura das proposicións. Ditos prazos ampliaranse en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 136.3 LCSP.
De non producirse a adxudicación nos prazos sinalados os licitadores terán dereito a retirar a súa proposición.
O órgano de contratación clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, atendendo aos criterios de negociación e adxudicación, a cuxos efetos poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes e adxudicará provisionalmente o contrato ao licitador que presentara a oferta economicamente máis vantaxosa.
O órgano de contratación non poderá declarar deserta unha licitación cando exista algunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego.
A adxudicación ao licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando, de conformidade co previsto nestes pregos, o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados.
A adxudicación provisional será acordada polo órgano de contratación en resolución motivada que deberá notificarse aos candidatos ou licitadores e publicarse nun diario oficial ou no perfil do contratante, sendo de aplicación o previsto no artigo 137 LCSP en canto á información que debe facilitarse a aqueles, inda que o prazo de remisión será de cinco días hábiles.
A adxudicación provisional deberá concretar os termos definitivos do contrato.
14.-RENUNCIA OU DESESTIMENTO:
Corresponde ao órgano de contratación por razóns de interese público debidamente xustificadas renunciar a celebrar o contrato antes da adxudicación provisional; non podendo promoverse, neste caso unha nova licitación do seu obxecto en tanto subsistan as razóns alegadas para fundamentar a renuncia. Tamén poderá desistir da adxudicación antes da adxudicación provisional cando se aprecie unha infracción non subsanable das normas de preparación do contrato ou das reguladoras do procedemento de adxudicación, notificándoo aos licitadores ou candidatos, indemnizando aos candidatos de conformidade cos principios xerais que rixen a responsabilidade da Administración. O desestimento non impedirá a iniciación inmediata dun novo procedemento de licitación.
15.- CONSTITUCIÓN DA GARANTÍA DEFINITIVA E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACION POLO ADXUDICATARIO PROVISIONAL
15.1.-O adxudicatario provisional deberá presentar, no prazo de 15 días hábiles desde que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da páxina Web do órgano de contratación, a documentación xustificativa de acharse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que compromera adscribir á execución do contrato conforme ao artigo 53.2 LCSP, que lle reclame o órgano de contratación, así como constituír a garantía definitiva polo importe do 5% do importe da adxudicación, excluído o IVE. A garantía poderá constituirse en calquera das formas establecidas no artigo 84 LCSP, cos requisitos establecidos no artigo 55 e seguintes do RGLCAP, de 1 de marzo, ou mediante a garantía global cos requisitos establecidos no artigo 86 LCSP. De non cumprir estes requisitos por causas imputables ao mesmo, declararase resolto o contrato.
Así mesmo, poderá exixirse motivadamente ao adxudicatario que acredite de novo a súa personalidade e capacidade para contratar.
Para a xustificación do cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social deberase presentar a seguinte documentación en orixinais ou copias auténticas:
1.- Obrigas coa Seguridade Social e tributarias:
Certificacións administrativas en vigor expedidas polo órgano competente en cada caso, coa forma e cos efectos previstos nos artigos 13, 4, 15 e 16 do RGLCAP.
2.- As demais obrigas tritutarias acreditaranse mediante unha certificación administrativa positiva de non ter débedas de natureza tributaria pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia en período executivo, ou no caso de contribuíntes contra os que non proceda a vía de apremio, débedas non atendidas en período voluntario.
3.- IAE: Alta do imposto de Actividades Económicas cando se exerzan actividades suxeitas a dito imposto no epígrafe correspondente ao obxecto do contrato, referida ao exercicio corrente, e, no seu caso, presentación do último recibo do Imposto, completado cunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto, conforme o artigo 15 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas (cando a empresa non estea obrigada a presentar dito documento, acreditarase esta circunstancia mediante declaración responsable).
Se no prazo anteriormente sinalado non se recibise esta documentación ou o licitador non xustificase que se atopa ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, o órgano de contratación adxudicará o contrato ao licitador ou licitadores seguintes por orde da súas ofertas.
Os extranxeiros, sexan personas físicas ou xurídicas, pertencentes ou non a Estados membros da Unión Europea que non teñan domicilio fiscal en España, deberán presentar certificación expedida por autoridade competente no país de procedencia, acreditativa de acharse ao corrente no cumprimento das correspondentes obrigas tributarias. Así mesmo, haberán de presentar certificación, tamén expedida por autoridade competente, na que se acredite que se achan ao corrente no cumprimento das obrigas sociais que se exixan no país da súa nacionalidade. Toda a documentación relacionada neste apartado haberá de referirse aos doce últimos meses.
15.2.- Cando, a consecuencia da modificación do contrato, experimente variación o seu prezo, reaxustarase a garantía no prazo de quince días, contados dende a data en que se notifique ao adxudicatario a resolución de modificación do contrato, de acordo co disposto no artigo 87 de la LCSP.
15.3.- No prazo de quince días, contado dende a data en que se fagan efectivas, no seu caso, as penalidades ou indemnizacións, o adxudicatario deberá repoñer ou ampliar a garantía constituída na contía que corresponda, incorrendo, en caso contrario, en causa de resolución.
16.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA
16.1.- Dentro dos 10 días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo de 15 días hábiles para a presentación da documentación do adxudicatario provisional, a que se refire a cláusula anterior, o órgano de contratación deberá dictar resolución de adxudicación definitiva a favor do adxudicatario provisional, sempre que este presentara dita documentación e acreditado que reúne as condicións esixidas ao efecto.
16.2.- Cando non proceda a adxudicación definitiva do contrato ao interesado que resultara adxudicatario provisional, por non cumprir este as condicións necesarias para iso, a Administración, de conformidade co establecido no artigo 135.5 LCSP, poderá efectuar unha nova adxudicación provisional ao interesado ou interesados seguintes a aquel, por orde en que quedaran clasificadas as súas ofertas, sempre que fora posible e que o novo adxudicatario prestara a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumplimentar o sinalado na cláusula 15.
17.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
O adxudicatario queda obrigado a asinar, dentro do prazo de 10 dias naturais, dende a data de notificación da adxudicación definitiva o correspondente contrato administrativo, do que formarán parte os presentes pregos de cláusulas administrativas particulares e as prescripcións técnicas. Cando o adxudicatario sexa unha unión temporal de empresarios, dentro do mesmo prazo e con anterioridade á sinatura do contrato, deberá aportar escritura pública de constitución como tal.
O contrato formalizarase en todo caso en documento administrativo, que constitúe título válido para acceder a calquera Rexistro Público. Nembargantes, o contrato formalizarase en escritura pública cando así o solicite o contratista, sendo a súa costa os gastos derivados do seu outorgamento, debendo entregar ao órgano de contratación copia da mesma.
No caso de que a persoa con poderes que se presente á sinatura do contrato non se atope incluída no bastanteo expendido pola Secretaria, que se acompañou no intre en que se realizou a oferta, deberá aportar novo bastanteo de poder conferido ó seu favor. Se a adxudicación recae nunha U.T.E., aportarase bastanteo de poder da U.T.E., segundo a escritura de constitución da referida U T E.
Se por causa imputable ao adxudicatario non se podera formalizar o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo, seguindo a tal efecto o procedemento establecido no artigo 109 do Real Decreto 108/2001 (RGLCAP). En tal suposto, procederá a incautación da garantía provisional, de ter sido esixida, e a indemnización dos danos e perdas ocasionados.
Non se poderá iniciar a execución do contrato sen a súa previa formalización, agás nos supostos previstos nos artigos 96 e 97 LCSP.
Nestes casos, a Administración, de conformidade co establecido no artigo 135.5 da LCSP, poderá efectuar unha nova adxudicación provisional nos termos do expresado na cláusula 16.2.
No suposto de que no expediente recaera declaración de urxencia poderase, previa constitución da garantía definitiva cando fora esixible, iniciar a execución do contrato sen a previa formalización, de acordo co previsto no artigo 96.2.c LCSP.
18.- GASTOS DE ANUNCIOS E TRIBUTOS
O adxudicatario verase obrigado a pagar os gastos de publicación de anuncios nos Diarios Oficiais, da mesma maneira que deberá aboar os tributos que pesen sobre o contrato ou no seu caso sobre o obxeto do contrato.
19.- MATERIAIS
O adxudicatario deberá realizar as actividades coa adscripción daqueles medios ou elementos técnicos aos que se compromete na súa oferta, os cales deberán estar nun estado óptimo para a realización da prestación, debendo repoñer na maior brevidade posible todos aqueles efectos que non cumpran ditos requisitos.
Os gastos de entrega e transporte de ditos medios ou elementos serán da conta do contratista.
20.- EXECUCIÓN DO CONTRATO: OBRIGAS DO CONTRATISTA
20.1.- O contrato executarase con estrita suxeción ás cláusulas estipuladas neste prego, observando fielmente o establecido no prego de prescripcións técnicas, así como as instrucións que, no seu caso, lle dera o responsable do contrato designado polo órgano de contratación.
O contrato non se entenderá cumplido polo contratista deica non teña realizado a totalidade do seu obxeto, executándose ao seu risco e ventura.
Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e perdas que se causen, por si ou por persoal ou medios dependentes do mesmo, a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. Cando tales danos e perxuízos foran ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración será responsable da mesma dentro dos límites sinalados nas leis.
O contratista será responsable igualmente dos danos e perxuízos que se orixinen durante a execución do contrato, tanto para a Administración como para terceiros, por defetos o insuficiencias técnicas do seu traballo, ou polos erros materiais, omisións e infraccións de preceptos legais ou regulamentarios nos que o traballo incorrera, de acordo co establecido no artigo 281 LCSP. Se o contrato se executara de forma compartida con máis dun profesional, todos responderán solidariamente das responsabilidades ás que se refiere esta cláusula.
20.2.- O contratista deberá cumprir, baixo a súa exclusiva responsabilidade, as disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social e de seguridade e hixiene no traballo, debendo ter ao seu cargo o persoal necesario para a realización do obxecto do contrato, respecto do que ostentará, a todos os efetos, a condición de empresario.
20.3.- O contratista deberá gardar sixilo respecto aos datos ou antecedentes que, non sendo públicos ou notorios, estean relacionados co obxecto do contrato e chegaran ao seu coñecemento con ocasión do mesmo.
20.4.- A execución defectuosa e demora do contratista rexerase polo establecido no artigo 196 da LCAP.
21.- GASTOS E IMPOSTOS POR CONTA DO CONTRATISTA
21.1.- Son de conta do contratista todos os gastos derivados da publicación da licitación que o órgano de contratación decida realizar en Boletíns Oficiais e nun periódico de cada provincia por unha soa vez (art. 67.2.g) RG), así como os de formalización do contrato, se este se elevase a escritura pública.
Os citados gastos de publicación descontaranse no primeiro pago efectuado a favor do contratista, agás que o mesmo acredite o seu ingreso nas arcas municipais.
21.2.- Tanto nas ofertas presentadas polos interesados, como nos orzamentos de adxudicación enténdense comprendidos todas as taxas e impostos, directos e indirectos, e arbitrios municipais que graven a execución do contrato, que correrán por conta do contratista, agás o IVE, que se indicará como partida independiente. (art. 129.5 LCSP)
Considerarase tambén incluídos todos os gastos que resultasen necesarios para a execución do contrato, incluídos os posibles desprazamentos.
22.- ABONOS AO CONTRATISTA (art. 200 LCSP)
22.1.- O pago do prezo do contrato realizarase contra unha única factura, expedidas de acordo coa normativa vixente, previa efectiva realización do servizo, previo informe favorable ou conformidade do responsable do contrato.
Ademais da factura por realización do obxecto do contrato, o contratista deberá facer entrega das facturas e documentos xustificativos esixidos no Convenio asinado coa Deputación Provincial de Lugo, sen os cales a execución realizada terá a consideración de defectuosa.
22.2.- A Administración deberá abonar o importe das facturas dentro dos sesenta días seguintes á data de expedición dos correspondentes documentos que acrediten a realización total ou parcial do contrato, e, se se demorase, deberá abonar ao contratista, a partir do cumprimento do devandito prazo de 60 días, os intereses de demora e a indemnización polos costes de cobro nos termos previstos na Lei pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade
Se a factura contivera algún erro ou omisión, o cómputo do prazo para esixir o interés de demora non se iniciará hasta que se subsanen os defectos que contuvera a factura.
Se a demora no pago fose superior a catro meses, contados a partir do vencimento dos dous meses aos que se refiere o párrafo anterior, o contratista poderá proceder, no seu caso, á suspensión do cumprimento do contrato, debendo comunicar á Administración cun mes de antelación, tal circunstancia, a efetos do recoñecemento dos dereitos que poidan derivarse de dita suspensión, nos termos establecidos na LCSP.
Se a demora da Administración fose superior a oito meses, contados a partir do vencemento do prazo de dous meses ao que se refiere o párrafo primeiro da presente cláusula, o contratista terá dereito, asimesmo, a resolver o contrato e ao resarcimento dos perxuízos que como consecuencia diso se lle orixinen.
22.3.- O contratista poderá ceder a un terceiro, por calquera dos medios legalmente establecidos, o seu dereito a cobrar o prezo do contrato, pero para que dita cesión surta efectos, e a Administración expida o mandamento de pago a favor do cesionario, é preciso que se lle notifique fehacientemente a esta última o acordo de cesión. (art. 201 LCSP)
23.- EXECUCIÓN DEFECTUOSA E CUMPRIMIENTO DOS PRAZOS
Estarase ao previsto no artigo 196 LCSP
24.- SUBCONTRATACIÓN
O contratista non poderá subcontratar con terceiros a execución parcial do contrato.
25.- MODIFICACIÓN DO CONTRATO
O contrato poderase modificar por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas debidamente xustificadas, de acordo co establecido nos artigos 194 e 202 da LCSP. Neses casos estarase ao disposto nos artigos 140 e 202 da LCSP.
26.- SUSPENSIÓN DO TRABALLO OBXECTO DO CONTRATO
Se a Administración acordase a suspensión do contrato ou aquela tivera lugar pola aplicación do disposto no artigo 200.5 da LCSP y la cláusula 22.2 do presente prego, levantarase unha acta na que se consignarán as circunstancias que a motivaran e a situación de feito na execución de aquel.
Acordada a suspensión, a Administración aboará ao contratista, no seu caso, os danos e perxuízos efectivamente sofridos por este, os cales se cifrarán con arranxo ao disposto nos apartados 2 e 3 do artigo 285 da LCSP.
27.- CUMPRIMENTO DO CONTRATO (arts.205, 283 LCSP y arts.108, 203.2 y 204.3 RG)
27.1.- O contrato entenderase cumprido polo contratista cando este teña realizada a totalidade do seu obxecto, de conformidade co establecido neste prego e no de prescricións técnicas e á satisfacción da Administración, cuxa conformidade se fará constar de forma expresa dentro do prazo dun mes de haberse producido a realización do obxecto do contrato, mediante informe favorable do responsable do contrato.
27.2.- Se os servizos non se hachan en condicións de ser recibidos ou non se considera conforme a prestación recibida, deixarase constanza expresa de tal circunstancia e daranse as instruccións precisas ao contratista para que subsane os defectos observados, ou proceda a unha nova execución de conformidade co pactado. Se pese a iso, os traballos efectuados non se adecúan á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ao contratista, a Administración poderá rexeitala, quedando exenta da obriga de pago, e tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito ata entón.
28.- PRAZO DE GARANTÍA
28.1.- O obxecto do contrato quedará suxeito a un prazo de garantía de SEIS MESES a contar dende a data de recepción ou conformidade do traballo, prazo durante o cal a Administración poderá comprobar que o traballo realizado se axusta ao contratado e ao estipulado no presente prego e no de prescripcións técnicas. Transcorrido o prazo de garantía sen que se formularan reparos aos traballos executados, quedará extinguida a responsabilidade do contratista.
28.2.- Durante o período de garantía, o contratista estará obrigado a subsanar, á súa costa, todas as deficiencias que se poidan observar no executado, con independencia das consecuencias que se puideran derivar das responsabilidades en que puidera incorrer, de acordo ao establecido no presente prego e no artigo 281 da LCSP.
29.- RESOLUCIÓN E EXTINCIÓN DO CONTRATO
29.1.- Ademais dos supostos de cumprimento, o contrato extinguirase pola súa resolución, acordada pola concurrenza dalgunha das causas previstas nos artigos 206 e 284 da LCSP dando lugar aos efetos previstos nos artigos 207 e 285 da LCSP.
Producirá igualmente a resolución do contrato, o incumprimento polo contratista da obriga de gardar sixilo a que se refiere a cláusula 20.3, respecto aos datos ou antecedentes que, non sendo públicos ou notorios, estean relacionados co obxecto do contrato e chegaran ao seu coñecemento con ocasión do mesmo.
29.2.- Á extinción dos contratos de servizos, non poderá producirse en ningún caso a consolidación das personas que realizaran os traballos obxecto do contrato como persoal da Administración contratante. (art. 277.4 LCSP)
30.- DEVOLUCIÓN OU CANCELACIÓN DA GARANTÍA DEFINITIVA (art. 90 LCSP)
30.1.- Cumpridas polo contratista as obrigas derivadas do contrato, se non resultasen responsabilidades que haxan de exercitarse sobre a garantía definitiva, e transcorrido o periodo de garantía, ditarase acordo de devolución ou cancelación daquela.
30.2.- Transcorridos seis meses dende a data de terminación do contrato sen que a recepción formal tivera lugar por causas non imputables ao contratista, procederase, sen máis demora, á devolución ou cancelación das garantías, sempre que non se produciran as responsabilidades ás que se refiere o artigo 88 da LCSP.
31.- RÉXIME XURÍDICO.
O presente contrato ten carácter administrativo, e ambas partes quedan sometidas expresamente á lexislación de contratos do sector público e no seu caso da Comunidade Autónoma de Galicia nos términos do artígo 149.1.18 da Constitución e disposicións de desenvolvemento, en especial o Regulamento Xeral de Contratos das Administracions Públicas aprobado por Real Decreto 1098/2001 de 12 de outubro, así como ao establecido no Convenio asinado coa Deputación Provincial de Lugo; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.
As cuestions litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resoltos polo órgano de contratación, cuxos acordos poñerán fin á vía administrativa e contra os mesmos haberá lugar a recurso Contencioso-Administrativo, conforme ao disposto pola Lei Reguladora de dita Xurisdición, previa interposición, no seu caso, do recurso de reposición potestativo e sen perxuizo da interposición de calquera outro recurso que os interesados estimen procedente.
ANEXO Nº 1 CADRO DE CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO
OBXECTO: Contrato de servizos para redacción do proxecto técnico para construción dun polideportivo e piscina climatizada.
EPÍGRAFE 1: custo estimado sen IVE: 40.705,78 €
EPÍGRAFE 2: Aplicación orzamentaria: 522.622.00
EPÍGRAFE 3: Revisión de Prezos: Non procede
EPÍGRAFE 4: Consulta de pregos:
- Nas dependencias municipais de secretaría poderase consultar este prego de cláusulas económico-administrativas particulares e tamén as prescripcións técnicas e no perfil do contratante da web www.monterroso.es.
-Lugar de obtención de copia: Nas dependencias de secretaría.
EPÍGRAFE 5.- Lugar de presentación de ofertas: Rexistro xeral do Concello de Monterroso ou por correo nos termos establecidos nos pregos.
EPÍGRAFE 6: Prazo de presentación de ofertas: 10 días naturais a contar a partir do seguinte á recepción da invitación a participar
EPÍGRAFE 7: Mostras: No se esixen
EPÍGRAFE 8: Garantía provisonal: non se esixe.
EPÍGRAFE 9: Apertura de plicas: A calificación da documentación realizarase, na primeira XGL que se celebre, ás 9:00 horas. Se houbera algunha incidencia ou cambio nesta data comunicarase ós licitadores por vía FAX.
Os trámites de avaliación de ofertas se tivesen que desenvolverse en datas distintas será comunicado por vía FAX e exposto no taboleiro de editos do Concello.
EPÍGRAFE 10: Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación excluído o IVE.
EPÍGRAFE 11: Lugar de realización da prestación e entrega de materiais: As instalacións que determine o Concello de Monterroso a través do responsable do contrato.
EPÍGRAFE 12: Outras informacións:
Servizos admistrativos do Concello de Monterroso. Télefono 982- 377001- FAX 982 377617
ANEXO II
PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DO CONTRATO DE SERVIZOS DE REDACCIÓN DO PROXECTO TÉCNICO PARA CONSTRUCIÓN DE POLIDEPORTIVO E PISCINA CLIMATIZADA
O contrato contemplará a redacción de proxecto técnico para a construción de polideportivo e piscina climatizada.
Dito proxecto técnico deberá a ter un presuposto máximo de execución por contrata de 1.276.486 euros.
Instalacións:
a) Pista polideportiva de 40mx20m
b) Gradas para 500 persoas.
c) Ximnasio de 100 metros cadrados de superficie mínima.
d) Vestiarios de 140 metros cadrados de superficie mínima.
e) Piscina de 20x10m de dimensións mínimas sen conta coas praias.
f) Zona administrativa 30 metros cadrados.
Localización: Polígono industrial de Monterroso, manzanas nº 12 e 13. superificie 5.680 metros cadrados.
DILIXENCIA: Póñoa eu, secretaria, para deixar constancia de que os presentes pregos de cláusulas administrativas e prescripcións técnicas foron aprobados en sesión da xunta de goberno local de 28/7/2009.
Monterroso, 28 de xullo de 2009
A secretaria
Mónica Vázquez Fandiño
|