|
venres, 12 novembro 2010 |
|
Decreto.- Monterroso, 12 de novembro de 2010.
No uso das atribucións que me confire a lexislación de réxime local
Logo de recibir o informe de valoración dos criterios do sobre “C” do comité de expertos no expediente de contratación para a adxudicación dos traballos de redacción do Plan Especial de Protección do casco histórico da vila de Monterroso
Resolvo
Convocar a Mesa de contratación para a apertura dos Sobres B o vindeiro martes, día 16, ás 9:30 horas, na Casa do Concello.
Mándao e asínao o señor alcalde do que eu secretaria dou fe.
O alcalde, A secretaria
Antonio E. Gato Soengas Mónica Vázquez Fandiño
|
|
|
martes, 26 outubro 2010 |
|
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A CONTRATACIÓN DO SUMINISTRO DUN “EQUIPO MULTIFUNCIÓN DE IMPRESIÓN” PARA OS SERVIZOS XERAIS” DO CONCELLO DE MONTERROSO
CLÁUSULA PRIMEIRA. Obxecto e calificación
O obxecto do contrato é a realización do suministro dun “Equipo multifunción de impresión” adscrito ós servizos xerais do Concello de Monterroso, mediante a modalidade de rentig. O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de suministro tal e como establece o artigo 9 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
CLÁUSULA SEGUNDA. Duración do contrato
O duración do contrato de renting fíxase en corenta e oito meses.
O importe do presuposto do contrato de suministro é de 5.600,00 euros, máis 1.008,00 euros de IVE, a satisfacer en 48 cotas mensuais. Os gastos que xenere a compra, como os seguros, impostos e taxas e calquera outro que grave o equipo, serán de conta do adxudicatario.
O prezo certo anterior queda desglosado nun valor estimado de 5.600,00 euros e no Imposto sobre o Valor Engadido de 1.008,00 euros.
O prezo máximo da páxina impresa en B/N é de 0,013 euros IVE 18% incluído
O prezo máximo da páxina impresa á cor é de 0,091 euros IVE 18% incluído
O prezo poderá ser obxecto de mellora á baixa polos licitadores. O prezo aboarase con cargo á aplicación presupostaria 920.205.00 do vixente presuposto municipal, existindo crédito dabondo (tres meses) debendo o órgano de contratación acordar o compromiso de habilitación de crédito presupostario nos exercicios 2011 a 2014.
CLÁUSULA CUARTA. Revisión de prezos
Atendendo á natureza do suministro, non procederá en ningún caso a revisión de prezos do presente contrato e por tanto non se aplicará ningunha fórmula de revisión.
CLÁUSULA QUINTA. Requisitos dos licitadores
Poderán concorrer por si ou por medio de representantes as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade de obrar non estean comprendidas nalgunha das circunstancias que enumera o artigo 43 e 49 da LCSP, e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica (ou estean debidamente clasificadas nos supostos a que se refire a cláusula seguinte).
A administración poderá contratar con unións de empresarios que se constitúan temporalmente para o efecto, de conformidade co establecido no artigo 48 da LCSP.
Para estes efectos cada unha das empresas que a compoñen deberán indicar nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato.
CLÁUSULA SEXTA. Procedemento de Selección e Adxudicación
A forma de adxudicación do contrato de suministro, mediante renting, do equipo multifunción de impresión, definido na cláusula primeira será o procedemento negociado sen publicidade, na que a adxudicación recaerá no candidato xustificadamente elixido polo órgano de contratación, tras efectuar consultas con diversos candidatos e negociar as condicións do contrato con un ou varios deles, de acordo co artigo 153.1 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
A adxudicación realizarase previa consulta, polo menos, a tres empresas capacitadas para a realización do obxecto do contrato.
CLÁUSULA SÉTIMA. Presentación de Ofertas e Documentación Administrativa
As ofertas presentaranse no Concello de Monterroso, Praza de Galicia, nº 1, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no prazo que se indique na invitación para participar, que será de dez días.
As ofertas poderán presentarse, por correo, por telefax, ou por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Cando as ofertas se envíen por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día, consignándose o número do expediente, título completo do obxecto do contrato e nome do candidato.
A acreditación da recepción do referido télex, fax ou telegrama efectuarase mediante dilixencia extendida no mesmo pola Secretaria municipal. Sin a concorrencia de ambos requisitos, non será admitida a proposición si é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado no anuncio de licitación. En todo caso, transcurridos dez días seguintes a esa data sin que se recibira a documentación, esta non será admitida.
Os medios electrónicos, informáticos e telemáticos utilizables deberán cumplir, ademáis, os requisitos establecidos na disposición adicional decimonovena da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
Cada candidato non poderá presentar máis dunha oferta. Tampouco poderá subscribir ningunha oferta en unión temporal con outros si o fixo individualmente ou figurara en máis dunha unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as ofertas por él subscritas.
A presentación dunha oferta supón a aceptación incondicionada polo empresario das cláusulas do presente Prego.
As ofertas para tomar parte na negociación presentaranse en dous sobres pechados, asinados polo candidato e con indicación do domicilio a efectos de notificacións, nos que se fará constar a denominación do sobre e a lenda «Oferta para negociar a contratación de suministro, mediante renting, de “Equipo multifunción de impresión” adscrito ós servizos xerais do Concello de Monterroso >>. A denominación dos sobres é a seguinte:
— Sobre «A»: Documentación Administrativa.
— Sobre «B»: Oferta Económica e Documentación Técnica.
Os documentos a incluir en cada sobre deberán ser orixinais ou copias autentificadas, conforme á lexislación en vigor.
Dentro de cada sobre, incluiranse os seguintes documentos así como unha relación numerada dos mesmos:
SOBRE «A»
DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA
a) Documentos que acrediten a personalidade xurídica do empresario.
b) Documentos que acrediten a representación.
— Os que comparezan ou asinen ofertas en nome de outro, presentarán copia notarial do poder de representación, bastanteado polo Secretario da Corporación.
— Se o candidato fora persoa xurídica, este poder deberá figurar inscrito no Rexistro Mercantil, cando sexa esixible legalmente.
— Igualmente a persoa con poder bastanteado a efectos de representación, deberá acompañar fotocopia compulsada administrativamente ou testimonio notarial do seu documento nacional de identidade.
c) Declaración responsable de non estar incurso nunha prohibición para contratar das recollidas no artigo 49 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
Esta declaración incluirá a manifestación de acharse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar ésta.
d) Documentos que xustifiquen o cumprimento dos requisitos de solvencia económica, financieira e técnica ou profesional.
SOBRE «B»
OFERTA ECONÓMICA E DOCUMENTACIÓN TÉCNICA
a) Oferta económica.
Presentarase conforme ó seguinte modelo:
«D. _________________________, con domicilio a efectos de notificacións en _____________, Rúa/ ____________________, n.º ___, con DNI n.º _________, en representación da Entidade ___________________, con CIF n.º ___________, recibindo invitación para a presentación de ofertas e enterado das condicións e requisitos que se esixen para a adxudicación por procedemento negociado do contrato de suministro, mediante renting, dun equipo multifunción de impresión adscrito ós servizos xerais do Concello de Monterroso fago constar que coñezo ó prego que serve de base ó contrato e o acepto integramente, comprometéndome a levar a cabo o obxecto do contrato polo importe de ______________ euros e ________ euros correspondentes ó Imposto sobre o Valor Engadido cun prazo de entrega de ___________________.
En ____________, a ___ de ________ de 2010.
Sinatura do candidato,
Asdo.: _________________».
b) Documentación técnica:
Memoria na que se relacionen, de forma detallada, as características técnicas do equipo que se oferta e fotografías ou catálogo do mesmo.
CLÁUSULA OITAVA. Aspectos Obxecto de Negociación coa Empresa
Para a valoración das ofertas e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase a varios aspectos de negociación.
1.- Oferta económica do seguinte xeito:
- Custo do total do alugamento (as 48 mensualidades) (ata 25 puntos)
- Custo por páxina en B/N (ata 11 puntos)
- Custo por páxina a cor (ata 4 puntos) ata 40 puntos
2.- Características técnicas do hardware ofertado. (Valorarase, sempre que superen os mínimos esixidos):
- Velocidades de impresión (ata 8 puntos)
- Tempo de primeira copia (ata 4 puntos)
- Número de gabetas (ata 3 puntos)
- Dúplex (ata 3 puntos)
- Capacidade das Gabetas (ata 2 puntos)
- Memoria (ata 2 puntos)
- Gramaxes e tamaños de papel permitidos (ata 2 puntos)
- Maiores volumes de copias que podan soportar ó mes (ciclo máximo) (ata 2 puntos)
- Outros (ata 4 puntos) ata 30 puntos
3.- Características do mantemento:
- Tempo de resposta e resolución de incidencias (ata 10 puntos)
- Mantementos preventivos das máquinas (ata 4 puntos)
- Prazos de garantía (ata 2 punto)
- Horario de atención (ata 2 punto)
- Canais de atención (ata 2 punto) ata 20 puntos
4.- Melloras: O licitador poderá achegar cantas melloras considere oportunas; entre outras, apúntanse as seguintes (ata 10 puntos):
Equipamento:
- Equipos e compoñentes de marcas recoñecidas no mercado
- Melloras nas características técnicas do equipos, dúplex, número de gabetas, velocidades, memoria, capacidade das Gabetas, gramaxes de
papel permitidos, tempo de primeira copia, tecnoloxía, etc.
- Robustez das máquinas, maiores volumes de copias que podan soportar ó mes (ciclo máximo).
- Tempos de resposta das incidencias.
- Tempos de resolución nas reparacións e substitucións.
- Mantementos preventivos das máquinas.
CLÁUSULA NOVENA. Prerrogativas da Administración
O órgano de contratación, de conformidade co artigo 194 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, ostenta as seguintes prerrogativas:
a) Interpretación do contrato.
b) Resolución das dúbidas que ofreza o seu cumprimento.
c) Modificación do contrato por razóns de interese público.
d) Acordar a resolución do contrato e determinar os efectos desta.
CLÁUSULA DÉCIMA. Apertura de ofertas e Adxudicación.
Nos procedementos negociados a adxudicación concretará e fixará os termos definitivos do contrato.
A apertura das ofertas deberá efectuarse no prazo máximo dun mes contado desde a data de remate do prazo para presentalas.
A adxudicación do contrato efectuarase consonte ó disposto no artigo 145.2 da LCSP; debendo notificarse ós candidatos e publicarse no Boletín Oficial da Provincia e no Perfil de Contratante.
CLÁUSULA UNDÉCIMA. Garantía Definitiva
Os que resulten adxudicatarios do contrato deberán constituír unha garantía do 5% do importe de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido.
Esta garantía poderá prestarse en algunha das seguintes formas:
a) En efectivo ou en valores de Débeda Pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta Lei. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas Delegacións de Economía e Facenda, ou nas Caixas ou establecementos públicos equivalentes das Comunidades Autónomas ou Entidades locais contratantes perante as que deban surtir efectos, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta Lei establezan.
b) Mediante aval, prestado na forma e condicións que establezan as normas de desenvolvemto desta Lei, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financieiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que deberá depositarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.
c) Mediante contrato de seguro de caución, celebrado na forma e condicións que as normas de desenvolvemento desta Lei establezan, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a anterior.
A garantía non será devolta ou cancelada hasta que se produza o vencimento do prazo de garantía e cumplido satisfactoriamente o contrato.
Esta garantía responderá ós conceptos incluidos no artigo 88 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público.
O anterior enténdese sen prexuízo da garantía técnica e mecánica que deberán ofrecer os licitadores para o ben suministrado. Dita garantía será obxecto de exposición detallada polos licitadores.
CLÁUSULA DUODÉCIMA. Adxudicación.
O órgano de contratación previo los informes técnicos que considere oportunos, valorará no seu conxunto as distintas ofertas e previa negociación dos aspectos económicos e técnicos, no seu caso, adxudicará o contrato motivadamente. Previamente requirirá ó licitador que presentara a oferta economicamente máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o seguinte a aquél en que recibira o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de seguridade social, de dispoñer efectivamente dos medios que comprometera adicar á execución do contrato, e ter constituída a garantía definitiva.
De non cumprimentarse axeitadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retira a súa oferta, procedéndose a recabar a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que quedaran clasificadas as ofertas.
O órgano de contratación deberá adxudicar o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación. Dita adxudicación deberá ser motivada, notificarase ós licitadores e publicarase no perfil do contratante.
CLÁUSULA DECIMOTERCEIRA. Formalización do Contrato
A formalización do contrato realizarase en documento administrativo que se axuste con exactitude ás condicións da licitación; constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público.
O contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos.
A formalización do contrato deberá efectuarse non máis tarde dos quince días hábiles seguintes a aquel en que recibira a nitificación da adxudicación.
Cando por causas imputables ao contratista non puidese formalizarse o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo, así como a incautación da garantía provisional que no seu caso se constituíse.
Cando por causas imputables ó contratista non puidera formalizarse o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución deste.
CLÁUSULA DECIMOCUARTA. Dereitos e Obrigas do Adxudicatario
Ademáis das obrigaciones generales derivadas del régimen jurídico del presente contrato, son obligas específicas do contratista as seguintes:
— O contratista está obrigado a dedicar ou adscribir a la ejecución del contrato los medios personales o materiales suficientes para elo (artigo 53.2 LCSP).
— O contratista está obrigado ó cumprimento dos requisitos previstos no artigo 210 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público para os supostos de subcontratación.
— A Administración ten a facultade de inspeccionar e de ser informada do proceso de fabricación ou elaboración do produto que deba ser entregado como consecuencia do contrato, podendo ordear ou realizar por sí mesma análises, ensaios e probas dos materiais que se vaian a empregar, establecer sistemas de control de calidade e ditar cantas disposicións estime oportunas para o estrito cumprimento do convido.
— O adxudicatario non terá dereito a indemnización por causa de pérdas, avarías ou perxuízos ocasionados nos bens antes da súa entrega á Administración, agás que ésta incurrira en mora ó recibilos.
Cando o acto formal da recepción dos bens, de acordo coas condicións do prego, sexa posterior á súa entrega, a Administración será responsable da custodia dos mesmos durante o tempo de medie entre unha e outra.
— O arrendador ou empresario asumirá durante o prazo de vixencia do contrato a obriga do mantemento do obxecto do mesmo.
— Gastos esixibles ó contratista. Son de conta do contratista, os gastos e impostos da formalización do contrato, así como calesquera outros que resulten de aplicación, según as disposicións vixentes na forma e contía que éstas sinalen.
— O prazo de entrega do vehiculo obxecto do contrato será de quince días, a contar desde o momento da sintatura do contrato.
CLÁUSULA DECIMOQUINTA. Prazo de Garantía
O prazo de garantía do equipo será ofrecido polo licitador na súa oferta, e iniciarase desde o día seguinte á sinatura da acta de recepción do suministro, si durante o mesmo se acredita a existencia de vicios ou defectos no suministro, a Administración terá dereito a reclamar a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos si fose suficiente.
Si a Administración estimase, durante o prazo de garantía, que os bens non son aptos para o fin pretendido como consecuencia dos vicios ou defectos observados e imputables ó empresario, e exista a presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito.
Rematado o prazo de garantía sin que a Administración formalizara algún dos reparos ou a denuncia a que se referen os apartados anteriores, o contratista quedará exento de responsabilidade por razón dos bens suministrados.
CLÁUSULA DECIMOSEXTA. Entrega, recepción e Execución do Contrato
Os gastos de entrega e transporte do ben obxecto do suministro ó lugar sinalado polo Concello de Monterroso serán de conta do contratista.
Si os bens non se atopan en estado de ser recibidos, farase constar así na Acta de recepción e daranse as instruccións precisas ó contratista para que subsane os defectos observados ou proceda a un novo suministro.
O contratista está obrigado a cumplir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización do mesmo.
A constitución en mora do contratista non precisará intimación previa por parte da Administración.
O equipo suministrado será recibido por un representante do Concello de Monterroso designado polo Sr. Alcalde e pola técnico municipal, extendéndose ó efecto a correspondente acta de recepción que será subscrita polos anteriores e polo representante do contratista.
CLÁUSULA DECIMOSÉTIMA. Modificación do Contrato
Cando como consecuencia das modificacións do contrato de suministro acordadas conforme ó establecido no artigo 202 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos del sector público, se produza aumento, redución ou supresión das unidades de bens que integran o suministro ou a substitución duns bens por outros, sempre que os mesmos estén comprendidos no contrato, estas modificacións serán obrigas para o contratista, sen que teña dereito algún en caso de supresión ou redución de unidades ou clases de bens a reclamar indemnización por ditas causas, sempre que non se atopen nos casos previstos no artigo 275.c).
CLÁUSULA DECIMOOITAVA. Penalidades por Incumprimento
— Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incurrira en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo do contrato.
Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades.
— Cuando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incumplira a execución parcial das prestacións definidas no contrato, a Administración poderá optar, indistintamente, pola súa resolución ou pola imposición das penalidades establecidas anteriormente.
As penalidades impoñeranse por acordo do órgano de contratación, que será inmediatamente executivo, e faranse efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban abonarse ócontratista.
CLÁUSULA DÉCIMONOVENA. Resolución do Contrato
A resolución do contrato terá lugar nos supostos que se sinalan neste Prego e nos fixados nos artigos 206 e 275 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público; e acordarase polo órgano de contratación, de oficio ou a instancia do contratista.
Cando o contrato se resolva por culpa do contratista, estarase á indemnización poos danos e perdas orixinados á Administración.
CLÁUSULA VIXÉSIMA. Réxime xurídico do contrato
Este contrato ten carácter administrativo e a súa preparación, adxudicación, efectos e extinción rexerase polo establecido neste Prego, e para o non previsto en el, será de aplicación a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.
A orde xurisdicional contencioso-administrativa será a competente para resolver as controversias que surxan entre as partes no presente contrato de conformidade co disposto no artigo 21.1 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público.
En Monterroso, a 18 de outubro de 2010
O alcalde,
Asdo. Antonio E. Gato Soengas
ANEXO I
PRESCRICIÓNS TÉCNICAS MÍNIMAS QUE REXERÁN PARA A ADQUISICIÓN DUN EQUIPO MULTIFUNCIÓN DE IMPRESIÓN, MEDIANTE RENTING, PARA OS SERVIZOS XERAIS DO CONCELLO DE MONTERROSO
velocidade ppm 31
tamaño max papel A3
resolución 1200PP
conexiones usb usb 2.0+ ethernet
disco duro 80 gb
escaner en rede si A3 color 50 ppm
alimentador automático con inversor
En Monterroso, a 18 de outubro de 2010
O alcalde,
Asdo. Antonio E. Gato Soengas
|
|
|
venres, 01 outubro 2010 |
|
PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARA A REDACCIÓN DUN PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN
1. OBXECTO
O presente documento ten por finalidade establece-los requisitos técnicos para a redacción dun plan especial de protección (en diante PEP) que teña por obxecto preservar o patrimonio cultural de asentamentos de carácter histórico ou de singular valor arquitectónico. O seu contido se axusta ao disposto na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (en diante LOUG) e na Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (en diante LPCG). Se axustará, así mesmo, ao Regulamento de planeamento aprobado por Real Decreto 2159/1978, de 23 de xuño (en diante RP), naquelas cuestións que non se opoñen ao disposto nas citadas leis e á Lei 9/2006, de 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. En todo o que non quede especificado neste prego serán de aplicación os preceptos da lexislación citada. Igualmente serán directamente aplicables as determinacións que conteñan as Normas Técnicas de Planeamento que sexan aprobadas pola Xunta de Galicia de acordo co previsto no artigo 50 da LOUG.
De acordo coa definición do artigo 69 da LOUG, os plans especiais de protección teñen por obxecto preservar o medio ambiente, as augas continentais, o litoral costeiro, os espazos naturais, as áreas forestais, os espazos produtivos, as vías de comunicación, as paisaxes de interese, o patrimonio cultural e outros valores de interese. Así mesmo, poderán ter como finalidade a protección, rehabilitación e mellora dos elementos máis característicos da arquitectura rural, das formas de edificación tradicionais, dos conxuntos significativos configurados por elas e dos núcleos rurais histórico-tradicionais.
Poderán afectar a calquera clase de solo e mesmo estenderse a varios termos municipais, co fin de abarcar ámbitos de protección completos, e poderán establecer as medidas necesarias para garantir a conservación e recuperación dos valores que se deban protexer, polo que impoñerán as limitacións que resulten necesarias, mesmo con prohibición absoluta de construír.
Estes plans ordenarán os conxuntos históricos que, de acordo co artigo 8.4 da LPCG, están constituídos pola agrupación de bens inmobles que forman unha unidade de asentamento, continua ou dispersa, condicionada por unha estrutura física representativa da evolución dunha comunidade humana, por ser testemuño da súa cultura ou constituír un valor de uso e gozo para a colectividade, aínda que individualmente non teñan unha especial relevancia.
Os plans especiais de protección tamén poderán ordenar os xardíns históricos, as zonas paleontolóxicas, os sitios ou territorios históricos, as zonas arqueolóxicas e os lugares de interese etnográfico, de acordo co artigo 48 da LPCG.
Así mesmo, estes plans poderán ordenar os núcleos rurais histórico-tradicionais e os conxuntos significativos da arquitectura rural tradicional, así como os bens de carácter etnográfico que constitúan restos físicos do pasado tecnolóxico, produtivo e industrial galego.
Estes plans conterán as determinacións esixidas pola lexislación sobre patrimonio cultural e, no seu caso, o catálogo previsto no artigo 75 da LOUG e deberán, en congruencia coa súa escala respectiva, estar en consonancia cos instrumentos para a protección, xestión e ordenación da paisaxe, segundo recolle a Lei 7/2008, de protección da paisaxe de Galicia.
Os concellos que obtivesen unha axuda da Xunta de Galicia para a elaboración dun PEP deberán integrar estas prescricións nos pregos de condicións que se empreguen no proceso de contratación. En consecuencia, estas prescricións técnicas serán de obrigado cumprimento para o contratista ao que se lle encomende a redacción do PEP, sen prexuízo doutras condicións que se lle impoñan.
2. PRESCRICIÓNS DE CARÁCTER XERAL
2.1 EQUIPO REDACTOR
2.1.1 COMPOSICIÓN
Sen prexuízo das demais condicións que conteña o prego de cláusulas económicas e administrativas, o equipo redactor do plan terá carácter multidisciplinar, composto por un mínimo de dous especialistas con titulación universitaria de segundo ou terceiro ciclo, dos que un deles será arquitecto.
2.1.2 SOLVENCIA TÉCNICA
Para os efectos de acreditar a súa solvencia técnica para a participación na licitación do contrato de redacción do plan especial de protección, e sen prexuízo das demais condicións que se impoñan, o equipo deberá acreditar o compromiso de ter como director do plan, con capacidade de representación suficiente, a un especialista con titulación universitaria de 2º ou 3º ciclo, responsable da dirección do equipo redactor durante todo o tempo de redacción do plan. Deberá acreditarse a experiencia do director do plan en proxectos de natureza análoga nos que participase, e para tal efecto se deberá achegar unha relación detallada na que se exprese:
• Os traballos de urbanismo realizados e aprobados definitivamente, diferenciando:
Plans especiais de protección.
Figuras de planeamento xeral (plan xeral de ordenación, proxecto de ordenación do medio rural, normas subsidiarias, delimitacións de solo urbano).
Traballos de planeamento de desenvolvemento (plans parciais, plans de sectorización, plans especiais).
• Outros traballos realizados no ámbito do urbanismo ou do patrimonio aprobados definitivamente.
Esta relación de traballos deberá acreditarse por medio de certificacións expedidas pola administración que contratou, tramitou ou aprobou o plan.
Non se valorará a experiencia profesional, aínda que estea correctamente acreditada, naqueles casos en que o planeamento redactado fose anulado por sentenza xudicial firme ou suspendido pola administración competente.
2.1.3 FUNCIÓNS
Ademais da súa función primordial de elaborar os documentos escritos e gráficos dos que se compón o PEP, o equipo redactor debe desenvolver estas outras funcións:
- Recompilación da información previa necesaria (cartográfica, fotográfica, documental, de campo, etc.).
- Asistencia e apoio ao Concello no proceso de información pública, así como emitir informe de cada unha das alegacións que se presenten neses trámites.
- Asesoramento técnico ao Concello nos procesos e trámites de elaboración do plan.
- Entrega ao Concello, en cada fase de tramitación, das copias completas do traballo que sexan precisas a fin de acadar informes sectoriais, someter a información ao público, etc. De non establecerse outra cousa no contrato, esta obriga se limita a 6 (seis) copias en cada unha das fases. As entregas realizaranse nas condicións que se detallan no apartado correspondente deste prego.
2.2 DOCUMENTOS
2.2.1 IDIOMA
Tódolos documentos integrantes do plan redactaranse en idioma galego, sen prexuízo de que polo concello se solicite, ademais, unha tradución ó castelán.
2.2.2 FORMATO
Textos:
Nos documentos escritos empregarase o procesador de textos e se presentarán en carpetas, con numeración de tomos e páxinas, e con índices; expresarán con claridade o seu título, orde dentro do conxunto, data de realización, fase á que se refiren, e identificación do equipo redactor. Deberán estar asinados polo menos polo director do equipo. Ademais das copias en papel se entregarán os ficheiros de texto correspondentes en soporte dixital.
Documentación gráfica:
Todos os planos se elaboraran mediante técnicas de debuxo asistido por ordenador. As follas dividiranse preferiblemente en tamaño DIN A1; en todas figurará unha cartela informativa que conteña como mínimo o nome do Concello e título do traballo, equipo redactor, data, fase, escalas e nome do plano; en todas figurará asemade a cartela de simboloxía, na que queden explicadas as significacións de tódolos símbolos gráficos empregados, así como un gráfico distribuidor de follas.
As copias en papel que se entreguen serán da máxima calidade de reprodución, de xeito que non se perda información da contida no orixinal. Os planos se presentarán pregados a tamaño DIN A4, soltos ou en funda individual, de xeito que poidan ser extraídos para o seu uso. Deberán estar asinados polo menos polo director do equipo.
Tamén se entregará toda a documentación nun soporte ou dispositivo electrónico, en formato de documento portátil e non modificable (PDF), cunha resolución suficiente que permita a súa impresión coa mesma definición e calidade que a documentación entregada en soporte papel (aconséllase un mínimo de 300 ppp.).
Así mesmo, se entregarán os ficheiros correspondentes nun soporte ou dispositivo electrónico, no formato vectorial xeoreferenciado (DWG, DXF ou DGN) ou shapefile (SHP) para os planos e no formato de creación dos arquivos para o resto dos documentos (DOC, XLS, JPEG, etc), todos eles sen protección, editables e con identificación de códigos. No proxecto de normas vectoriais, tódolos ficheiros deben depender dun directorio “:\ nome do proxecto” para a súa mellor xestión.
A estrutura, os campos os dominios e demais características dos datos espaciais e metadatos, se axustarán ás especificacións técnicas do anexo que se publique na páxina web da Xunta de Galicia.
Os planos elaboraranse ás escalas apropiadas para a mellor expresión dos contidos que a cada plano lle corresponden. Se empregará unha base cartografía analítica de recente elaboración, coas actualizacións que resulten necesarias a fin de que reflicta o estado actual do ámbito territorial. Estas fontes poden ser as elaboradas para estes efectos no contexto do contrato de elaboración do plan ou as que se poidan obter por outros procedementos (fontes catastrais, cartografía ou ortofotografía doutros organismos, elaboración propia), pero en calquera caso debe presentar a definición e detalle de dita escala.
2.2.3 FORMA DE PRESENTACIÓN
Os planos e os tomos de documentación escrita presentaranse dentro de caixas que faciliten o manexo conxunto do documento. O volume total da documentación distribuirase de modo que cada unha das caixas nunca supere os 6 quilogramos de peso, de acordo coas recomendacións en materia de seguridade e saúde no traballo.
3. FASES DE ELABORACIÓN DO PEP
Sen prexuízo da distribución dos aboamentos de honorarios, o proceso de elaboración técnica dos traballos de redacción do PEP se considerará pautado polas seguintes fases:
Se o plan debe someterse a avaliación ambiental, conforme ao establecido na lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, as fases serán as seguintes:
- INFORMACIÓN URBANÍSTICA E DIAGNÓSTICO.
- ANTEPROXECTO DE PLANEAMENTO COMO DOCUMENTO DE INICIO.
- INFORME DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL.
- DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL.
- PROPOSTA DE MEMORIA AMBIENTAL.
- DOCUMENTO PARA APROBACIÓN PROVISIONAL E PARA INFORME PREVIO Á APROBACIÓN DEFINITIVA (só preciso cando o plan xeral de ordenación municipal remita a ordenación detallada do solo urbano consolidado a un plan especial ou cando se trata dun plan especial non previsto no plan xeral).
- DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA
No caso de non ser preciso o sometemento a avaliación ambiental estratéxica, e sen prexuízo de adoptar as medidas que o órgano ambiental indique, as fases serán as seguintes:
- INFORMACIÓN URBANÍSTICA E DIAGNÓSTICO.
- DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL.
- DOCUMENTO PARA APROBACIÓN PROVISIONAL E PARA INFORME PREVIO Á APROBACIÓN DEFINITIVA (só preciso cando o plan xeral de ordenación municipal remita a ordenación detallada do solo urbano consolidado a un plan especial ou cando se trata dun plan especial non previsto no plan xeral).
- DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA
Información urbanística e diagnóstico:
A primeira fase consistirá na recollida da información de toda índole precisa para a elaboración dos traballos. Ademais dos aspectos aos que fai referencia o capítulo IX do título I do Regulamento de planeamento, recollerase toda a información precisada no punto correspondente deste documento, así como nos documentos e guías elaboradas polo órgano ambiental, para os efectos da avaliación ambiental estratéxica do plan, e pola consellería competente no patrimonio cultural.
Sen prexuízo de cal sexa a fonte de información (facilitada polo concello, pola consellería, por outros organismos, obtida sobre o terreo, etc.), esta versará sobre os aspectos ambientais, socioeconómicos, históricos, arqueolóxicos e todos aqueloutros que sexan de interese para a redacción do plan especial, o equipo redactor ten a obriga de procesala e formalizala de acordo coas prescricións que se detallarán neste documento, así como de efectuar os traballos de campo precisos para actualizala ou completala .
Sobre a base da información recollida e procesada, o equipo redactor realizará, en coordinación cos servizos técnicos municipais e, no seu caso, coa participación doutros organismos administrativos ou entidades sociais, o diagnóstico socioeconómico e territorial do ámbito obxecto de protección, expresando a estrutura territorial básica, amosando os problemas detectados e sinalando as alternativas de acción posibles, o que constituirá o elemento central da memoria xustificativa do plan e peza fundamental para a súa avaliación ambiental estratéxica.
Anteproxecto de planeamento como documento de inicio:
No caso de que o plan deba someterse a avaliación ambiental estratéxica, unha vez realizado o primeiro diagnóstico para o plan, o equipo redactor elaborará un anteproxecto de planeamento como documento de inicio. O documento de inicio ten por finalidade servir de orientación para a elaboración e avaliación ambiental do plan, e en consecuencia, conterá un estudo detallado do ámbito obxecto do plan especial e das súas relacións territoriais, así como da descrición e avaliación dos procesos de formación e transformación históricos e recentes da estrutura e do alcance, do contido e dos obxectivos da planificación, así como das propostas e alternativas formuladas. Conterá, así mesmo, unha avaliación do seu desenvolvemento previsible, dos seus efectos ambientais e dos efectos que se prevexan que poida ter sobre os elementos estratéxicos do territorio, a planificación sectorial e territorial implicada e as normas aplicables.
Daráselle traslado ao órgano ambiental, que o someterá ao público e a outros organismos para posibles suxestións ou propostas, e elaborará o “documento de referencia”. Así pois debe ser redactado coa intención de ser claro, de tal modo que nos seus documentos se poidan observar as liñas mestras da ordenación (estratexia, directrices e obxectivos xerais do plan), sen necesidade de descender ó grao de detalle propio do documento definitivo.
O documento de inicio ou anteproxecto amosará os problemas detectados e ofrecerá unha primeira aproximación das decisións de ordenación que deban adoptarse, sinalando, as alternativas avaliadas na planificación. Estará integrado polos seguintes documentos:
- Memoria: expresará o diagnóstico socioeconómico e territorial efectuado, no que atinxe á dinámica poboacional e económica, ós problemas de índole territorial e urbanístico detectados, ás potencialidades do ámbito que cómpre desenvolver, á situación e solucións de mellora das dotacións da poboación (espazos libres, equipamentos e servizos), etc. Expresará, así mesmo, a análise do planeamento vixente ou en redacción en relación coas determinacións do plan especial e a vía que propón artellar para lle dar resposta ó diagnóstico elaborado. Nese senso adiantará unha proposta non de detalle da cualificación de solo proposta para todas as alternativas previstas, de cualificación de dotacións e da programación de accións.
O esbozo das alternativas previstas na planificación non será válido se unicamente se expresan como alternativas a “0” (sen planeamento), e a alternativa a desenvolver.
En calquera caso, na elaboración desta memoria do documento de inicio, o mesmo que nas restantes fases do traballo, se buscará a maior claridade, precisión e síntese. Neste sentido, evitaranse as referencias ou descricións xenéricas ou universais, debéndose centrar nos datos e as circunstancias propias e concretas do concello ao que se refire o PEP. Evitarase, así mesmo, reiterar ou reproducir contidos da lexislación ou outros de carácter xeral.
- Planos: incluiranse os planos que sexan precisos nos que se reflectirán a información básica e o diagnóstico elaborado, incluíndo os referidos á proposta de recualificación e medidas de protección para as alternativas previstas, afondando na que se prevé como seleccionada. Para tal efecto conterán polo menos a identificación dos asentamentos de poboación (distinguindo os urbanos dos núcleos rurais), dos sistemas xerais que integran a estrutura xeral e orgánica do territorio (viario, redes de infraestruturas e transportes, espazos libres públicos e equipamentos públicos), das áreas que deben ser protexidas (espazos naturais, rede hidrográfica, franxa litoral, zonas afectadas por incendios, montes, concentración parcelaria, fitos e sendas paisaxísticas, etc.), das edificacións existentes, redes de infraestruturas e transportes, espazos libres públicos e equipamentos públicos, etc, así como planos descritivos dos elementos de interese patrimonial.
Informe de sustentabilidade ambiental:
No caso de que o plan deba someterse a avaliación ambiental estratéxica, atendendo aos criterios contidos no documento de referencia redactado polo órgano ambiental e de conformidade co establecido no artigo 8 da lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, se redactará o informe de sustentabilidade ambiental (ISA), que se configurara sobre a base dos criterios que se establezan no documento ambiental de referencia que redacte o órgano ambiental, e que determinará a amplitude e o nivel de detalle do documento, así como os criterios ambientais estratéxicos e indicadores dos obxectivos ambientais e principios de sustentabilidade aplicables en cada caso. Igualmente conterá a información, de ser o caso, da congruencia cos instrumentos establecidos na Lei 7/2008 de protección da paisaxe de Galicia.
Documento para aprobación inicial:
O plan aprobado con todos os documentos integrantes do expediente tramitado incluído o informe de sustentabilidade ambiental -no caso de que o plan deba someterse a avaliación ambiental estratéxica- será, así mesmo, o que se someta, simultaneamente, ao trámite de información pública previsto na Lei 9/2002 e –se é o caso- ás consultas previstas no documento de referencia.
Logo de realizarse a devandita información pública, o equipo redactor deberá emitir informes nos que se valore o contido das alegacións ou suxestións presentadas, e se propoña a súa estimación ou desestimación, así como no seu caso as modificacións que cumpriría introducir no plan. Igualmente, o equipo redactor elaborará un informe ou valoración dos informes de carácter sectorial que se teñan recibido dos organismos competentes.
Proposta de memoria ambiental:
No caso de que o plan deba someterse a avaliación ambiental estratéxica, o concello promotor, una vez transcorrido o período de consultas e de información pública, enviaralle ao órgano ambiental a documentación completa do plan que tome en consideración o informe de sustentabilidade ambiental, as alegacións e os informes presentados no período de consultas, así como unha proposta de memoria ambiental de conformidade co disposto no artigo 12 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. Deberá tamén enviar os informes sectoriais e un informe sobre o proceso de participación pública.
A memoria ambiental elaborarase para os efectos previstos na lexislación sobre avaliación ambiental estratéxica; conterá as determinacións finais que deban incorporarse á proposta do plan e terase en conta no plan antes da súa aprobación definitiva.
Documento para aprobación provisional e definitiva:
De acordo coas instrucións que para tal efecto lle indique o órgano municipal competente, o equipo redactor introducirá nos documentos do plan os cambios derivados das alegacións e suxestións presentadas no período de información pública e consultas, así como dos informes sectoriais emitidos e das determinacións finais da memoria ambiental que deban incorporarse á proposta do plan –se é o caso-, para o que se redactará un anexo sobre a adecuación a ditas determinacións. Segundo se trate dun plan especial previsto ou non no plan xeral, o procedemento será:
- Os plans especiais previstos no plan xeral se elevarán ao órgano municipal competente para que resolva sobre a súa aprobación definitiva.
- A aprobación de plans especiais non previstos polo plan xeral ou aqueles aos que o plan xeral remita a ordenación detallada do solo urbano consolidado, de acordo co establecido no artigo 69.4 da Lei 9/2002, requirirá en todo caso a previa emisión do informe preceptivo e vinculante no que se refira ao control da legalidade e á tutela dos intereses supramunicipais, así como o cumprimento das determinacións establecidas nas directrices de ordenación do territorio e dos plans territoriais e sectoriais.
Para estes efectos, o órgano municipal competente aprobará provisionalmente o contido do plan coas modificacións que fosen pertinentes e someterallo, co expediente completo debidamente dilixenciado, á persoa titular da consellaría competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio para o seu informe preceptivo, que deberá ser emitido no prazo de dous meses, contados desde a entrada do expediente completo no rexistro da consellaría. Transcorrido este prazo sen que se comunicase o informe solicitado, entenderase emitido con carácter favorable e poderá continuar a tramitación do plan.
A consellaría, no prazo dun mes, examinará con carácter previo a integridade tanto do proxecto de plan coma do expediente e das actuacións administrativas realizadas. De apreciarse a omisión ou defectuosa formalización dalgún trámite ou a existencia dalgunha deficiencia na documentación do proxecto, requirirá a emenda das deficiencias observadas e fixará prazo para o efecto. Ata o cumprimento efectivo do requirimento non comezará o cómputo do prazo legal para a emisión do informe autonómico.
Cando, con posterioridade ao trámite de información pública, se pretendan introducir modificacións que supoñan un cambio substancial do documento inicialmente aprobado abrirase un novo trámite de información pública.
Cumpridos os trámites sinalados nas alíneas precedentes, o concello procederá á súa aprobación definitiva.
4. DOCUMENTOS QUE INTEGRAN O PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN
De acordo co disposto na LOUG e no RP, o plan estará integrado polos seguintes documentos, precedidos por un índice paxinado ou relación de toda a documentación:
- Memoria descritiva e xustificativa.
- Planos de información.
- Planos de ordenación.
- Normas urbanísticas.
- Estratexia de actuación e estudo económico.
- Catálogo.
- Informe ou memoria de sustentabilidade económica.
- Informe de sustentabilidade ambiental e memoria ambiental ou, no caso de que o plan non deba someterse a avaliación ambiental estratéxica, Estudo de sustentabilidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico.
- Documento de síntese
Ademais dos expresados, que se consideran para tódolos efectos como documentación mínima, o plan conterá aqueles outros documentos que segundo o caso se puideran considerar necesarios, de acordo coas condicións concretas establecidas no contrato ou de acordo ao disposto pola lexislación específica, como é o caso das memorias xustificativas de adecuación ás normas de accesibilidade e habitabilidade.
Para cada un dos documentos expresados se establecen a continuación as prescricións técnicas sobre o seu contido.
Memoria descritiva e xustificativa:
A memoria do plan especial debe conte-la información urbanística xeral, o seu diagnóstico e a exposición e xustificación das solucións de ordenación adoptadas. Así mesmo expresará, en cada fase, o resultado dos trámites anteriormente producidos (exposicións ó público, informes sectoriais, etc). A memoria estará composta de:
Información urbanística:
O equipo debe recoller toda a información urbanística que resulte necesaria para a correcta elaboración do plan, no relativo ó medio físico, poboación, infraestruturas, edificacións e construcións, usos do solo, interese e valores culturais, etc., tanto recompilando os datos existentes en arquivos ou outros fondos como efectuando os traballos de campo precisos para a actualización ou complemento deses datos. Conterá todos os datos precisos referentes aos seguintes aspectos:
- Evolución histórica e antecedentes na tramitación do planeamento.
- Obxectivos, determinacións e criterios dos instrumentos da ordenación territorial.
- Planeamento vixente e determinacións do planeamento xeral.
- Elementos inventariados, catalogados e declarados de interese cultural.
- Características naturais do territorio: xeolóxicas, topográficas, climáticas e outras.
- Características da poboación e as actividades económicas e previsións sobre a súa evolución. Analizarase particularmente o estado do parque actual de vivendas e a dinámica de creación e ocupación de vivenda nos últimos anos.
- Estado e características das edificacións e construcións existentes (usos, alturas, tipoloxías, materiais, criterios compositivos, cubertas, cores, etc.). Naqueles elementos inventariados, describiranse polo miúdo todos os elementos,
- Inventario dos espazos libres e equipamentos existentes, identificando cada elemento, a súa superficie, titularidade e estado actual. Estudo sobre a actual cobertura dotacional, no que se detecten as posibles carencias ou disfuncionalidades existentes.
- Análise da incidencia da lexislación sectorial vixente en materia de patrimonio cultural, protección do medio ambiente, espazos naturais, costas, estradas, augas, cemiterios, defensa, ou calquera outra de aplicación no ámbito do plan especial.
- Análise das previsións sobre actuacións programadas por organismos públicos ou por entidades privadas no ámbito: declaracións de áreas de rehabilitación integral, creación de infraestruturas ou servizos, actuacións públicas de urbanización, etc.
- Estado actual da rede viaria, diferenciando as distintas xerarquías e titularidades.
- Estado actual dos servizos (abastecemento de auga, saneamento, distribución de enerxía eléctrica, telefonía, gas, alumeado público), así como estudo técnico sobre a capacidade destes servizos para satisfacer tanto as demandas actuais como as derivadas da ordenación do plan.
- Se é o caso, información e diagnose para establece-las medidas tendentes á conservación e mellora das potencialidades intrínsecas do medio rural, é dicir, dos seus valores ecolóxicos, ambientais, paisaxísticos, históricos, etnográficos, culturais, ou do seu potencial como medio de produción económica (agropecuaria, forestal, mineira, enerxética, turística, etc). Se deberá analizar a morfoloxía, infraestruturas e dotacións urbanísticas existentes, número e carácter das súas edificacións, consolidación pola edificación e densidade de vivendas, patrimonio arquitectónico e cultural e calquera outra circunstancia urbanística relevante para xustificar as determinacións.
Descrición da ordenación:
Exposición descritiva dos obxectivos e criterios do plan, da súa conformidade cos instrumentos de ordenación territorial e das solucións de ordenación adoptadas para cada unha das súas determinacións básicas.
Descrición clara e exhaustiva do ámbito e das partes ou elementos integrantes e definición das súas relacións coa área territorial á que pertence, así como a protección dos accidentes xeográficos e elementos naturais que conformen o seu contorno, que aparecerá delimitado tamén graficamente, en atención á súa adecuada protección, contemplación e estudio.
Medidas encamiñadas á recuperación integral do ámbito e daquelas zonas concretas que, de ser o caso, requiran a previsión de delimitar áreas de rehabilitación integrada que permitan a recuperación da área residencial e das actividades económicas adecuadas.
O plan especial establecerá para tódolos usos públicos a orde prioritaria da súa instalación nos edificios e espazos que fosen aptos para iso. Igualmente preverá as posibles áreas de rehabilitación integrada.
Se establecerán os criterios relativos á conservación de fachadas e cubertas e instalacións sobre elas, así como daqueles elementos máis significativos existentes no interior.
Se determinarán as medidas de mantemento da estrutura urbana e arquitectónica do conxunto e as características xerais do ambiente e da silueta paisaxística. Non se permitirán modificacións de aliñacións, alteracións da edificabilidade, parcelacións nin agregacións de inmobles, agás que contribúan á conservación xeral do carácter do conxunto.
Excepcionalmente, o plan de protección dun conxunto histórico poderá permitir remodelacións urbanas, pero solo en caso de que impliquen unha mellora das súas relacións co entorno territorial ou urbano ou eviten os usos degradantes para o propio conxunto, polo que se manterán a estrutura urbana y arquitectónica, as características ambientais e as aliñacións urbanas existentes.
Se recollerán as normas específicas para a protección do patrimonio arqueolóxico, que preverán, polo menos, a zonificación de áreas de fertilidade arqueolóxica, solucións técnicas e financeiras.
Se preverán especificamente as instalacións eléctricas, telefónicas ou calquera outra, que deberán ser soterradas. As antenas de televisión, as pantallas de recepción de ondas e os dispositivos similares situaranse en lugares que non prexudiquen a imaxe urbana ou do conxunto. Só se autorizarán aqueles rótulos que anuncien servizos públicos, os de sinalización e os comerciais, que serán harmónicos co conxunto, quedando prohibidos calquera outro tipo de anuncios ou rótulos publicitarios.
De xeito específico deberán expresarse os seguintes extremos:
- Cadro no que se expresen as superficies de cada ámbito característico, especificando as correspondentes a cada unha das categorías e ordenanzas de solo establecidas.
- Dotacións urbanísticas (espazos libres, equipamentos, prazas de aparcamento) diferenciando entre tipos de dotacións e expresando para cada unha a súa superficie (ou número de unidades), condición (sistema xeral ou dotación local), carácter (existente ou previsto) e titularidade (pública ou privada).
Xustificación das determinacións:
Na xustificación do contido do plan especial de protección se deben motivar as decisións ao respecto de cada determinación básica, tralo análise ponderado das distintas alternativas; rexéndose pola adecuación á lexislación específica e sectorial, aos instrumentos de ordenación territorial e planificación sectorial e tomando como principios reitores a protección do patrimonio cultural e natural e a recuperación das estruturas desconformes.
Especificamente deberán quedar detallados os seguintes extremos:
- Motivación das decisións de tipo discrecional: xustificacións polas que se optou por unha ou outra alternativa das diferentes posibles ó respecto de cada determinación básica.
- Xustificación do cumprimento dos estándares, indicadores, criterios ou límites establecidos pola lexislación de ordenación do territorio, urbanística e sectorial vixente.
- Congruencia da ordenación cos obxectivos e fins fixados polo plan xeral e o propio plan especial, adaptación do plan ás características e complexidade do ámbito territorial e requisitos xerais de calidade da ordenación e das medidas de xestión.
- Obxectivos da ordenación proposta.
- Se é o caso, estudo comparativo dos estándares resultantes da ordenación do plan cos establecidos pola LOUG.
- Xustificación de que a ordenación establecida responde ós criterios expostos nos artigos 46.1, 47.3, 48 e 104 da Lei 9/2002, 45 e 46 da Lei 8/1995 e 20 e 21 da Lei 16/1985.
- Xustificación das medidas adoptadas en materia de xestión urbanística.
- Determinación da compatibilidade dos usos coa correcta conservación dos bens.
- Previsións para a intervención en espazos e inmobles de titularidade pública. Establecemento, para tódolos usos públicos, da orde prioritaria da súa instalación nos edificios e espazos que fosen aptos para iso.
- Previsión das posibles áreas de rehabilitación integrada que permitan a recuperación da área residencial e das actividades económicas adecuadas.
- Criterios relativos ao mantemento da estrutura urbana e arquitectónica do conxunto histórico e as características xerais do ambiente e da silueta paisaxística. Non se permitirán modificacións de aliñacións, alteracións da edificabilidade, parcelacións nin agregacións de inmobles, agás que contribúan á conservación xeral do carácter do conxunto.
- Accións encamiñadas a corrixir os posibles déficits de dotacións (espazos libres e equipamentos) e infraestruturas de servizo.
- Estudio do tráfico, trazado e características da rede viaria, previsións para a promoción de sistemas de mobilidade non motorizada (áreas peonís, ciclistas, etc) e previsión de aparcadoiros públicos, xustificando a súa localización en relación coa planificación do transporte público e demais condicionantes urbanísticos.
- Análise xustificativo das consecuencias sociais e económicas da execución do plan e, concretamente, da incidencia das medidas no control dos procesos de terciarización e xentrificación e marxinalidade.
- Xustificación detallada do cumprimento da lexislación sectorial que afecte á ordenación urbanística. Especificamente da lexislación de patrimonio, accesibilidade e habitabilidade, incorporando accións tendentes á mellora das condicións de habitabilidade, accesibilidade e á supresión de barreiras arquitectónicas, tanto das edificacións como dos espazos públicos, compatibles cos criterios de protección.
Determinacións pormenorizadas das edificacións:
No caso de que o nivel de protección do ámbito así o aconselle, o plan deberá conter unha ficha individualizada de tódalas edificacións, espazos públicos e baleiros, na que se exprese o estado da edificación, o nivel de protección e os elementos singulares, as condicións volumétricas (tanto da edificación existente coma da permitida pola ordenación); indicando os elementos desconformes que deban ser eliminados, ordenanza aplicable e os usos e obras permitidos. Así mesmo, conterá as fotografías en cor precisas de cada unidade.
Planos de información:
Deberán elaborarse os planos de información precisos para completar a información escrita, reflectindo todos aqueles aspectos que a súa comprensión precisa dun soporte gráfico:
- Recompilación da cartografía e planos históricos do ámbito.
- Inserción territorial.
- Delimitación completa da área de ordenación, con referencia explícita ao planeamento xeral, as clases e categorías de solo e ás súas determinacións estruturais predefinidas.
- Topografía, pendentes e xeomorfoloxía.
- Plano de usos do solo do ámbito territorial, no que se expresen os actuais usos do solo e os valores e potencialidades que presentan, con especial mención dos aproveitamentos agrícolas e forestais.
- Estado actual do asentamento, con expresión das edificacións existentes con expresión das tipoloxías, estado de conservación, antigüidade, descrición do interese arquitectónico e histórico, alturas, características das cubertas, usos, grao de ocupación, réxime de tenencia, estrutura viaria e parcelaria, zonas de cultivo e arbóreas lindeiras, etc.
- Plano no que se recollan os elementos inventariados dos elementos arqueolóxicos.
- Plano no que se identifiquen os elementos e conxuntos de interese patrimonial, cultural, artístico ou histórico.
- Identificación dos elementos e espazos de interese natural.
- Trazado e características actuais da rede viaria, incluída a peonil, coa definición de perfís e aliñacións lonxitudinais e transversais, trazado de prazas, espazos urbanos, aparcamentos e, excepcionalmente, a apertura de novos viais, identificando cada vía, expresando as titularidades e grafando as súas zonas de protección de acordo coa lexislación en materia de estradas.
- Identificación e descrición das infraestruturas ferroviarias, portuarias, transporte por estrada, telecomunicacións, xestión de residuos sólidos, defensa nacional ou outras infraestruturas e delimitación das súas zonas de afección.
- Estado actual dos servizos de abastecemento de auga, saneamento e distribución de enerxía eléctrica, telecomunicacións e outras infraestruturas: trazado, capacidade, estado, grao de utilización e dimensións das redes, localización e características dos elementos funcionais (depósitos, depuradoras, subestacións eléctricas, vertedoiros, etc.).
- Mapa de riscos naturais de orde hidrolóxica, xeotécnica, incendios ou calquera outra e identificación dos riscos vinculados aos establecementos ou instalacións susceptibles de producir accidentes graves.
- Concas hidrográficas, dominio público hidráulico e zonas de servidume. Expresará ademais as zonas con riscos de inundación, así como as zonas onde existan augas subterráneas a protexer.
- Identificación dos bens de titularidade pública, espazos libres e equipamentos existentes no ámbito territorial.
- Alzados a escala non inferior a 1:200 da totalidade da totalidade das fachadas das edificacións e construcións existentes.
- Deberán elaborarse planos, a escala non inferior a 1:500, sobre os servizos urbanísticos. Nestes planos debe reflectirse o trazado e características das redes de servizos existentes (abastecemento de auga, saneamento, electricidade, alumeado público, rede de gas, telefonía, etc), sinalando correctamente a localización de elementos tales como rexistros, pozos de impulsión, depósitos, ou calquera outro punto das instalacións, e expresando detalladamente tanto as seccións dos condutos como o seu material.
- Especificacións para a rede de saneamento: diámetro do tramo, capacidade, estado material, pendente e grao de utilización, localización dos pozos de bombeo, arquetas ou rexistros.Deberán diferenciarse as redes que recollen pluviais, fecais ou mixtas. Se localizarán os puntos de depuración existentes, especificando tipo de instalación (estación depuradora, fosa séptica, pozo de filtración...), capacidade, antigüidade, estado de conservación e suficiencia.
- Especificacións para a rede de abastecemento de auga: deberá quedar especificado para cada tramo o diámetro, material e antigüidade, localización de rexistros, arquetas de derivación ou control. Localizaranse os puntos de abastecemento, especificando tipo (depósito, manancial, estación de tratamento, etc), capacidade, antigüidade e condicións de potabilidade.
Planos de ordenación:
O plan deberá expresar graficamente aquelas das súas determinacións normativas que así o precisen para garanti-lo seu mellor entendemento. Deberán elaborarse obrigatoriamente os seguintes planos de ordenación, nas condicións expresadas neste prego:
Plano de delimitación do ámbito.
Delimitación completa da área de ordenación, con referencia explícita ao planeamento xeral, as clases e categorías de solo e ás súas determinacións estruturais predefinidas.
Plano de estrutura xeral e orgánica.
Nel se representarán todos os elementos integrantes de cada un dos sistemas xerais de comunicacións, infraestruturas, equipamentos e espazos libres. Cada elemento deberá quedar debidamente identificado en relación cos listados incluídos na parte escrita do plan. Este plano pode presentarse independentemente (escala 1:2000) ou fundi-lo seu contido no plano de ordenación.
Planos de ordenación.
Estes planos se elaborarán sobre a base cartográfica non inferior a 1:500 e deberán conter as determinacións esixidas polo PXOM e a lexislación urbanística aplicable. Éstas se trazarán sobre a base topográfica, acoutando o viario e as alturas das edificacións.
Se diferenciará as distintas clases e categorías do solo.
As zonas ordenadas de xeito detallado incluirán a cualificación (ordenanza) correspondente a cada zona, a asignación de usos detallados, a delimitación de espazos libres e ámbitos dotacionais (incluídos os aparcamentos), aliñacións e rasantes da rede viaria e espazos públicos (definindo o seu carácter), así como outros datos precisos para completar detalladamente a ordenación (alturas, fondos, cubertas, usos específicos, zonas singulares como soportais, pasos, etc). Así mesmo, se concretará a apertura de novos viais e deseño detallado dos espazos públicos.
O tratamento gráfico das actuacións permitidas se expresará sobre as edificacións existentes e sobre os espazos baleiros, con detalles sobre a ocupación, planta, características das fachadas e cubricións.
Quedarán debidamente delimitados e cualificados todos os ámbitos destinados polo plan a viario, infraestruturas, equipamentos ou espazos libres (sistemas xerais ou dotacións locais).
Deberán quedar identificados os elementos integrantes do catálogo de bens protexidos. Os arqueolóxicos comprenderán tanto as áreas de elementos coñecidos como as áreas de potencialidade arqueolóxica.
Así mesmo, este plano deberá conter as liñas delimitadoras das zonas de servidume legal establecidas pola lexislación sectorial en materia de costas, augas, estradas, cemiterios, patrimonio cultural, ou calquera outra de aplicación.
Se identificarán os elementos incluídos no catálogo.
Alzados.
Alzados a escala non inferior a 1:200 da totalidade das fachadas das edificacións existentes (podendo integrar os planos de información), indicando a volumetría proposta polo plan e sinalando aqueles elementos que o plan propón eliminar. Tamén se realizarán as perspectivas oportunas do ámbito territorial nas que sexa posible comparar o estado actual coas actuacións que se deseñen na área. Estas poderán ser substituídas polas imaxes obtidas dunha maqueta ou modelo territorial.
Planos de xestión.
Deberán delimitarse os ámbitos de xestión establecidos, con indicación das áreas de rehabilitación integral.
Delimitaranse as áreas dos núcleos rurais nos que se prevexa a realización de actuacións de carácter integral e os correspondentes polígonos.
Tamén se incluirá un plano de etapas de execución das accións proxectadas.
Estes contidos poderán recollerse en planos independentes, ou ben incorporados nos planos de ordenación municipal, do solo urbano e dos núcleos rurais. Neste caso, deberá comprobarse que a superposición de informacións e tramas non reduza a comprensión do plano.
Planos de trazado e características das redes de servizos previstas.
O plan deberá reflectir o trazado e características dos novos elementos das redes de servizos que teña previsto que se executen, cumprindo os mesmos requisitos expresados para os planos de información sobre servizos.
Normas urbanísticas:
A normativa urbanística é a expresión literal dos contidos da ordenación, polo que a súa redacción debe guiarse polo criterio da claridade e seguridade de interpretación, neste sentido, deben quedar claramente definidos os termos empregados. O contido da normativa axustarase ás especificacións e modelos que se establezan para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. A normativa deberá referirse, polo menos, aos seguintes aspectos :
- Normas de carácter xeral: vixencia, obrigatoriedade, consulta do seu contido, interpretación dos seus documentos, etc.
- Normas sobre usos: clasificación dos usos previstos, expresando as categorías establecidas para cada un deles, e a regulación detallada das condicións de desenvolvemento de cada unha. Se expresarán as condicións de compatibilidade entre usos. A regulación detallada de cada uso deberá atender á lexislación sectorial vixente sobre a materia en cuestión.
- Normas xerais de edificación: regulación xeral das condicións das edificacións, no que atinxe a aspectos dimensionais, accesibilidade, habitabilidade, seguridade, infraestrutura, estética, etc.
- Normas de parcelación, nas que se regulen as operacións de agregación ou segregación que excepcional mente se poidan realizar na medida en que contribúan á conservación xeral de carácter do conxunto
- De ser o caso, normas sobre o planeamento de desenvolvemento do plan: prazos e condicións ás que se deben suxeitar os correspondentes instrumentos de desenvolvemento e criterios e condicións para o desenvolvemento do plan.
- Normas particulares para cada clase e cualificación de solo (ordenanzas): se establecerán separadamente para cada cualificación diferente establecida. As ordenanzas deberán ser completas e especialmente claras no seu contido, evitando duplicacións ou contradicións. O réxime de usos debe realizarse por referencia aos tipos e categorías expresados na regulación xeral de usos. Conterán os gráficos que resulten precisos para a súa interpretación ou entendemento.
- Normas referentes a proteccións, condicións de composición ou acabado das edificacións, etc., que resulten de aplicación común a todas ou varias das ordenanzas particulares. Se establecerán tres niveis de protección: ambiental, estrutural e integral, determinando para cada un deles as posibles actuacións que, en todo caso, se adaptarán ás instrucións da consellería competente en patrimonio cultural. Conterán determinacións relativas aos seguintes aspectos:
- Criterios relativos á conservación de fachadas e cubertas e instalacións sobre elas, así como daqueles elementos máis significativos existentes no interior.
- Previsión especifica das instalacións eléctricas e de telecomunicacións ou calquera outra, que deberán ser soterradas. As antenas de telecomunicacións e os dispositivos similares situaranse en lugares que non prexudiquen a imaxe urbana ou do conxunto.
- Caracterización dos espazos aptos para a publicidade, nos que só se autorizarán aqueles rótulos que anuncien servizos públicos, os de sinalización e os comerciais, que serán harmónicos co conxunto, quedando prohibidos calquera outro tipo de anuncios ou rótulos publicitarios.
- Medidas encamiñadas á conservación, consolidación e rehabilitación. Se evitarán os intentos de reconstrución, salvo cando se utilicen partes orixinais dos mesmos e poida probarse a súa autenticidade. Se se engadisen materiais ou partes indispensables para a súa estabilidade ou mantemento, as adiccións deberán ser recoñecibles e evitar as confusións miméticas.
- As reestruturacións respectarán as achegas de todas as épocas existentes. A eliminación dalgunha delas soamente se autorizará con carácter excepcional e sempre que os elementos que traten de suprimirse supoñan unha evidente degradación do ben e a súa eliminación fose necesaria para permitir unha mellor interpretación histórica do mesmo. As partes suprimidas quedarán debidamente ben documentadas.
- Normas específicas para a protección do patrimonio arqueolóxico, que preverán, polo menos, a zonificación de áreas de potencialidade arqueolóxica, solucións técnicas e financeiras. Os proxectos arqueolóxicos preceptivos para a realización de calquera tipo de obra que afecte ás zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, conterán un programa detallado e coherente, que acredite a conveniencia e o interese científico da intervención e avale a idoneidade técnica do arqueólogo director. Se establecerán condicións específicas para cada unha das áreas de protección arqueolóxica, en atención ás súas singularidades.
- Condicións para as obras de urbanización: expresarán os requisitos mínimos para os proxectos de urbanización que se redacten. Estes requisitos referiranse tanto ó contido dos proxectos como, especialmente, ás características das propias obras, no relativo a criterios de deseño e construción de viario, redes de servizos, axardinamento, mobiliario urbano, sinalización, e cantas outras resulten necesarias para garanti-la adecuación funcional e estética dos espazos e servizos urbanos. Especificamente se detallarán as prescricións tendentes a dar cumprimento á lexislación en materia de accesibilidade e supresión de barreiras e habitabilidade. As normas se acompañarán, preferiblemente, de cantos esquemas ou gráficos resulten precisos para detalla-lo seu contido.
- Ordenanzas de seguridade, salubridade e ornato das edificacións, construcións, instalacións, urbanizacións, espazos libres, terreos e soares.
Estratexia de actuación e estudo económico
A estratexia de actuación, ten por finalidade establece-las previsións para o desenvolvemento coherente do plan. Para tal fin debe conter:
- Un listado no que estean recollidas todas as actuacións de desenvolvemento previstas.
- Para cada actuación de desenvolvemento urbanístico se expresarán as actuacións de infraestruturas que se deben realizar previa ou simultaneamente. Igualmente se expresará, de darse o caso, se existen outras actuacións previstas que dependan da considerada ou que, á inversa, deban ser executadas necesariamente con anterioridade.
- A relación de actuacións urbanísticas preferentes, expresando para cada unha delas o motivo da prioridade (actuación pública programada ou concerto con particulares), os prazos para o seu desenvolvemento e as condicións especificas establecidas para o mesmo.
O plan debe conter un estudo económico no que se recollerán, para cada unha das actuacións do listado definido na estratexia de actuación, os seguintes extremos:
- Custo económico previsto, expresando o correspondente a obtención de terreos e execución de obras, así como o total.
- Iniciativa de financiamento: privada ou pública. Se é privada expresarase o ámbito de xestión ó que está vinculada. Se é pública se expresará a Administración ou organismo concreto ó que lle corresponde.
Para xustifica-las previsións de financiamento atribuídas ó propio Concello, realizarase unha análise sobre a capacidade financeira municipal baseada nas previsións de ingresos e estimación de capacidades de investimento, ou extrapolando os datos dos presupostos dos últimos exercicios.
Para todas as previsións de financiamento atribuídas expresamente a outras Administracións, o estudo debe incorpora-la documentación coa que quede acreditado o compromiso daquelas.
Catálogo:
Consideracións xerais
O plan especial de protección deberá incluír un catálogo no que queden recollidos todos aqueles elementos e conxuntos naturais, arquitectónicos, históricos, arqueolóxicos, etnográficos, artísticos, paisaxísticos, etc. que merezan someterse a protección para a súa protección, conservación, mellora ou recuperación.
Se definirán os tipos de intervención posible sobre os elementos unitarios que conforman o conxunto, tanto inmobles edificados como espazos libres exteriores ou interiores, ou outras estruturas significativas, así como os compoñentes naturais que o acompañan. Aos elementos singulares se les dispensará una protección integral. Para o resto dos elementos se fixará, en cada caso, un nivel adecuado de protección.
O catálogo debe organizarse agrupando as fichas dos elementos en primeiro termo por tipoloxías, en segundo por parroquias ou barrios, e por último polo seu código de identificación. No caso de que a organización por parroquias ou barrios resulte confusa por situarse algúns elementos catalogados en varias parroquias ou barrios poderase omitir esta clasificación.
Os bens catalogados están constituídos tanto polo propio ben como por aqueles elementos sen os que o ben quedaría descontextualizado (fincas muradas anexas ás construcións, eiras, camiños ou espazos nos que se ubican os hórreos, canles e depósitos nos muíños, etc...). Deste xeito na ficha de catálogo correspondente débense recoller e protexer tamén estes elementos.
No caso das igrexas, a catalogación dos conxuntos igrexa-adro debe estenderse a outros elementos relacionados como a reitoral, cruceiros e outros, non podéndose xeneralizar a extensión da protección aos cemiterios na súa totalidade, nos cales se deben protexer unicamente aquelas partes e enterramentos de carácter histórico e singular, permitindo que o resto poidan ser modificados, transformados ou eliminados.
De cada elemento se elaborará unha ficha individualizada, cuxo contido se axustará ao establecido pola consellería competente en patrimonio cultural. Como mínimo debe conter:
Planos de situación, emprazamento e delimitación do ben
Os planos incorporados nas fichas do catálogo serán os de ordenación a escala 1/500. Nas fichas que, pola dimensión dos elementos que catalogan ou do seu contorno de protección non sexa adecuada esta escala, poderase empregar outra.
Incluirán a representación diferenciada do ben principal catalogado e das construcións e elementos singulares sen os cales o ben quedaría descontextualizado.
No caso concreto de casas, pazos ou similares con fincas, deberase grafar o límite exacto da parcela, cunha liña de trazo diferenciado á que delimita o perímetro de protección, que se establecerá a partir dese muro exterior de peche.
Conterán a delimitación do contorno de protección do ben catalogado correspondente, o cal se establecerá, en base a un estudio individualizado do contorno de cada elemento, seguindo as pegadas físicas existentes (camiños, ríos, regatos, cómaros e outros).
Fotografías descritivas
Deberán ser representativas e no caso de elementos illados, como igrexas e capelas, debese incorporar máis dunha perspectiva.
Aquelas edificacións que posúan escudos, petos de ánimas, molduras, relevos, e outros elementos similares que sexan significativos deberán incorporar fotos de detalle de cada un deles.
Polo menos unha fotografía terá un tamaño mínimo de 7,5 x 10 cm.
Datos do ben
Incluiranse os seguintes datos na ficha:
- Denominación do ben.
- Código de identificación: o ben identificarase mediante un código, que será o mesmo que figure nos planos de ordenación.
- Localización: incluiranse o topónimo, o lugar e a parroquia de ubicación. Ademais conterá as coordenadas UTM do centro do ben, así como o código do plano de ordenación no que se atopa situado. No caso dos xacementos arqueolóxicos este coincidirá co que figura nas fichas do Inventario.
- Descrición detallada do ben que conterá:
- data ou período histórico de creación do ben orixinal e das súas transformacións posteriores,
- tipoloxía e características principais do ben,
- singularidade e valoración do ben,
- conxunto de elementos que o forman,
- descrición do contorno,
- referencias inmateriais en elementos de carácter etnográfico
- existencia de sinerxías con outros elementos de interese patrimonial,
- elementos conxunturais que achegan valor ó inmoble (bibliografía, importancia social) e
- outros factores que dan valor ó ben de carácter non patrimonial (turismo, situación nun lugar con valores ambientais,...)
- Descrición do estado actual do ben incluíndo o seu uso actual, o estado de conservación, a súa titularidade (comunal, privada ou pública) e, no seu caso, as causas que motivaron o deterioro do ben. Tamén se incluirá unha descrición dos elementos discordantes
Clasificación e cualificación urbanística
A ficha conterá os seguintes datos urbanísticos:
- Clase e categoría de solo correspondente.
- Cualificación urbanística.
Protección do ben
En relación ó réxime de protección do ben a ficha incluirá:
- Categoría de catalogación: declarado BIC ou inventariado
- Grao de protección: ambiental, estrutural ou integral.
- Norma ou instrumento en virtude do cal se encontra catalogado o elemento
- Relación de actuacións e usos permitidos
- Relación de actuacións e usos prohibidos
- Determinacións encamiñadas á conservación do ben, incluíndo as posibles accións de cara á eliminación de elementos discordantes.
Informe ou memoria de sustentabilidade económica:
No informe ou memoria de sustentabilidade económica se ponderará o impacto das actuacións programadas polo plan nas Facendas Públicas afectadas pola implantación e mantemento das infraestruturas necesarias ou a posta en marcha e a prestación dos servizos resultantes, así como a suficiencia e adecuación do solo destinado a usos produtivos.
Documentación ambiental:
Deberá elaborarse un estudo de sostibilidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico. No caso de que o plan deba someterse a avaliación ambiental estratéxica, este documento será substituído polo informe de sostibilidade ambiental e memoria ambiental.
Nesta documentación ambiental se deberan identificar, describir e avaliar os probables efectos significativos que poidan derivarse da aplicación das determinacións do plan sobre o medio ambiente, así como as medidas protectoras e correctoras necesarias para minimizalos.
O plan integrará a consideración da paisaxe, conforme ós criterios da Lei 7/2008 de 7 de xuño de protección da paisaxe de Galicia, considerando a perspectiva global e integral da paisaxe. Realizará un estudo da paisaxe urbana, prestado especial atención ás tipoloxías edificatorias, ás medianeiras vistas e aos peches, aos materiais das fachadas, pavimentos dos espazos públicos, ás zonas verdes e arborado, ao mobiliario urbano, ao alumeado público, aos tendidos aéreos, e ao tráfico e aparcamento de vehículos. Así mesmo, identificará as oportunidades para a incorporación das manifestacións artísticas á mellora da imaxe do territorio prestando especial atención ás posibilidades existentes para restaurar ámbitos deteriorados.
A documentación ambiental, como parte integrante do plan, deberá ser doadamente comprensible para o público e para as administracións públicas, e conterá un mapa de riscos naturais, así como a información referida a os seguintes aspectos:
- Un esbozo do contido, obxectivos principais do plan e a relación con outros plans ou programas conexos.
- Os aspectos relevantes da situación actual do medio ambiente e a súa probable evolución no caso de non aplicar o plan.
- As características ambientais das zonas que poidan verse afectadas de xeito significativo.
- Calquera problema ambiental existente que sexa relevante para o plan, en concreto os relacionados con calquera zona de particular importancia ambiental, de conformidade cos criterios establecidos na Lei 9/2001, de conservación da natureza, ou da lexislación reguladora dos espazos naturais, a flora e a fauna.
- Os obxectivos de protección ambiental fixados nos ámbitos internacional, comunitario ou nacional que garden relación co plan e o xeito en que tales obxectivos se tiveron en conta durante a súa elaboración.
- Os probables efectos significativos no ambiente, incluídos aspectos como a biodiversidade, a poboación, a saúde humana, a fauna, a flora, a terra, a auga, o aire, os factores climáticos, os bens materiais, o patrimonio cultural, incluído o patrimonio histórico, a paisaxe e a interrelación entre todos estes factores.
- As medidas previstas para previr, reducir e, na medida do posible, contrarrestar calquera efecto significativo negativo no ambiente pola aplicación do plan.
- Un resumo das razóns da selección das alternativas previstas.
- Un informe sobre a viabilidade económica destas alternativas e das medidas dirixidas a previr, reducir ou paliar os efectos negativos do plan.
Se o plan se somete a avaliación ambiental estratéxica, seguirase a estrutura establecida no Documento de referencia.
No caso de ser preciso someter o plan a avaliación ambiental estratéxica, elaborarase a proposta de memoria ambiental que terá por obxecto vincular as determinacións do plan ao contido do informe de sustentabilidade ambiental, ao resultado das consultas e alegacións, así como aos informes emitidos no trámite de información pública, en consecuencia, conterá as determinacións finais que deban incorporarse ao documento que se aprobe provisionalmente e definitivamente.
Finalmente, deben incorporarse á proposta do plan as determinacións finais da memoria ambiental elaborada polo órgano ambiental, para o cal se redactará un apartado ou anexo específico.
Documento de síntese:
Incluirá os planos precisos para delimitar os ámbitos nos que a ordenación proxectada altera a vixente, coa descrición e alcance de dita alteración.
No seu caso, planos dos ámbitos nos que se suspendan a ordenación ou os procedementos de execución ou de intervención urbanística e a duración de dita suspensión.
Cadro-resume de datos xerais derivados da información urbanística (superficie, poboación, usos do solo, dotacións existentes, etc).
Táboas de datos xerais da ordenación (superficies de solo, usos, tipoloxías, afeccións, aproveitamentos, capacidade residencial e demais características específicas) referidos a cada ámbito específico determinado polo plan (clases e categorías de solo, ámbitos de xestión, sistemas xerais e locais, etc.).
|
|
|
venres, 01 outubro 2010 |
|
PREGOS DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES DO CONTRATO DE SERVIZOS PARA A REDACCIÓN DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO CASCO HISTORICO DA VILA DE MONTERROSO
I.-Obxecto do contrato.
É obxecto do contrato a “Elaboración do plan especial de protección do casco histórico da vila de Monterroso”.
Polo tanto, este contrato encádrase na categoría de contrato administrativo típico de “servizos”, de conformidade cos artigos 10 e 227 e seguintes da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público ( LCSP ).
II.-Forma de adxudicación.
O contrato será adxudicado polo procedemento aberto tramitación ordinaria, de conformidade cos artigos 93, 94, Libro III Tit.I Cap.I Seccs. I e II da LCSP.
No procedemento aberto todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato, de acordo co artigo 141 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase a varios criterios directamente vinculados ao obxecto do contrato, de conformidade co artigo 134.1 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e co establecido na cláusula novena do presente Prego.
III.-Perfil de contratante.
Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, este Concello conta co Perfil de Contratante ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web seguinte: www.monterroso.es.
IV.-Financiamento e importe do contrato.
As labores obxecto deste contrato teñen un tipo de licitación de 147.000 euros, dos que 22.423,73 euros son de IVE e financiaranse con cargo á correspondente partida orzamentaria.
O importe abonarase con cargo á partida correspondente do vixente Presuposto Municipal; existindo crédito suficiente hasta o importe aprobado polo Concello, quedando acreditada a plena disponibilidade das aportacións que permiten financiar o contrato, existindo unha resolución de 21 de maio de 2010, da Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia de concesión dunha subvención por importe de 147.000,00 euros. A estes efectos a documentación que se elabore polo adxudicatario deberá cumplir os requisitos técnicos precisos para a súa aceptación pola xunta de Galicia como Entidade subvencionadora do Planeamento obxecto de contratación.
Entenderase que as ofertas dos licitadores comprenden tanto o prezo do contrato como os gastos da entrega e transporte dos bens obxecto do servizo, o Imposto sobre o Valor Engadido e demáis tributos que sexan de aplicación según as disposicións vixentes. A cantidade correspondente ó IVE figurará como partida independente
O prezo do contrato distribuirase nas seguintes anualidades:
- ano 2010: 29.400,00 euros
- ano 2011: 44.100,00 euros
- ano 2012: 44.100,00 euros
- ano 2013: 29.400,00 euros
V.-Duración do contrato.
Os contratos de servizos non poderán tener un prazo de vixencia superior a catro anos coas condicións e límites establecidos nas respectivas normas presupostarias das Administracións Públicas. Poderá preverse no mesmo contrato a súa prórroga por mutuo acordo das partes antes do remate daquél, sempre que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non exceda de seis anos, e que as prórrogas non superen, illada ou conxuntamente, o prazo fixado orixinariamente. A celebración de contratos de servizos de duración superior á sinalada poderá ser autorizada excepcionalmente polo Consello de Ministros ou polo órgano autonómico competente de forma singular, para contratos determinados, ou de forma xenérica, para certas categorías.
O contrato deberá ser executado polo contratista nos prazos previstos na resolución de 21 de maio de 2010 da Secretaría xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo que establece o seguinte cronograma de traballos:
- agosto de 2011: aprobación inicial.
- abril de 2012: remisión do plan para informe
- febreiro de 2013: aprobación definitiva.
O contratista estará tamén obrigado ó cumprimento dos prazos parciais recollidos nos Pregos de Prescricións Técnicas.
Dado o carácter suficientemente folgado dos prazos previstos nos Pregos de Prescricións Técnicas (tanto do prazo total como dos prazos parciais), non será admisible ningunha demora pola parte do contratista, salvo que a demora estea plenamente xustificada e non sexa imputable ó contratista. Neste caso, será tamén obrigatorio para o contratista que avise ó Concello previamente e por escrito, sinalando a duración da demora, e as causas debidamente xustificadas.
O incumprimento dos prazos de execución pola parte do contratista dará lugar á aplicación do réxime de demora na execución, previsto nos artigos 196 e seguintes da LCSP.
Asemade, de apreciarse pola Administración unha incorrecta execución do contrato, requirirá ó contratista (pudendo este manifesta-lo que estime conveniente) para que proceda á súa subsanación no período de tempo oportuno. Superado o mesmo, aplicarase o réxime de demora na execución previsto nos artigos 196 e seguintes da LCSP.
VI.-Capacidade para contratar.
Están capacitados para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica y técnica nos termos dos artigos 63 e seguintes da LCSP, e non estean afectados por ningunha das prohibicións para contratar enumeradas no artigo 49 da LCSP.
O Concello poderá contratar con Unións de Empresas que se constitúan Temporalmente ó efecto (UTEs). Estas Unións Temporais de Empresas deberán designar un representante ou apoderado único, e todas as empresas que a integren responderán solidariamente das súas obrigacións como licitador ou contratista.
Non é preciso que a Unión Temporal de Empresas teña formalizada a súa unión en escritura pública durante a fase do procedemento anterior á adxudicación, pero sí en todo caso antes de que a adxudicación se produza.
Poderán presentar proposicións as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en prohibicións de contratar, e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.
A inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado acreditará fronte a todos os órganos de contratación do sector público, a tenor do nel reflectido e salvo proba en contrario, as condicións de aptitude do empresario en canto á súa personalidade e capacidade de obrar, representación, habilitación profesional ou empresarial, solvencia económica e financeira, e clasificación, así como a concorrencia ou non concorrencia das prohibicións de contratar que deban constar no mesmo. A inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas dunha Comunidade Autónoma acreditará idénticas circunstancias a efectos da contratación coa mesma, cos restantes entes, organismos ou entidades do sector público dependentes dunha e outras. A proba do contido dos Rexistros Oficiais de Licitadores e Empresas Clasificadas efectuarase mediante certificación do órgano encargado do mesmo, que poderá expedirse por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos
1. A capacidade de obrar dos empresarios acreditarase:
a) A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas, mediante a escritura ou documento de constitución, os estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
b) A capacidade de obrar dos empresarios non españois que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, pola súa inscrición no rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde están establecidos, ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou un certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación.
c) Os demais empresarios estranxeiros, con informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa.
2. A proba por parte dos empresarios da non concorrencia dalgunha das prohibicións de contratar do artigo 49 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, poderá realizarse:
a) Mediante testemuña xudicial ou certificación administrativa, segundo os casos, e cando dito documento non poida ser expedido pola autoridade competente, poderá ser substituído por unha declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado.
b) Cando se trate de empresas de Estados membros da Unión Europea e esta posibilidade estea prevista na lexislación do Estado respectivo, poderá tamén substituírse por unha declaración responsable, outorgada ante unha autoridade xudicial.
3. A solvencia do empresario:
3.1 A solvencia económica e financeira do empresario poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes:
a) Declaracións apropiadas de entidades financeiras ou, no seu caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.
b) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán aportar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados.
c) Declaración sobre o volume global de negocios e, no seu caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ao obxecto do contrato, referido como máximo aos tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida en que se dispoña das referencias de dito volume de negocios.
3.2. Nos contratos de servizos, a solvencia técnica dos empresarios acreditarase por un ou varios dos seguintes medios:
a) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente.
b) Indicación do persoal técnico ou das unidades técnicas, integradas ou non na empresa, participantes no contrato, especialmente aqueles encargados do control de calidade.
c) Descrición das instalacións técnicas, das medidas empregadas polo empresario para garantir a calidade e dos medios de estudo e investigación da empresa.
d) Cando se trate de servizos ou traballos complexos ou cando, excepcionalmente, deban responder a un fin especial, un control efectuado polo órgano de contratación ou, en nome deste, por un organismo oficial ou homologado competente do Estado en que estea establecido o empresario, sempre que medie acordo de dito organismo. O control versará sobre a capacidade técnica do empresario e, se fose necesario, sobre os medios de estudo e de investigación de que dispoña e sobre as medidas de control da calidade.
e) As titulacións académicas e profesionais do empresario e do persoal directivo da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución del contrato.
f) Nos casos adecuados, indicación das medidas de xestión medioambiental que o empresario poderá aplicar ao executar o contrato.
g) Declaración sobre o cadro de persoal medio anual da empresa e a importancia do seu persoal directivo durante os tres últimos anos, acompañada da documentación xustificativa correspondente.
h) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se dispoñerá para a execución dos traballos ou prestacións, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente.
i) Indicación da parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar.
VII.- Clasificación do contratista.
Non se esixe.
VIII.- Presentación de proposicións e documentación administrativa.
As ofertas presentaranse no Concello, Praza de Galicia, 1, en horario de atención ao público, dentro do prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Perfil de contratante.
As proposicións poderán presentarse, por correo, por telefax, ou por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Cando as proposicións se envíen por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día, consignándose o número do expediente, título completo do obxecto do contrato e nome do licitador.
A acreditación da recepción do referido télex, fax ou telegrama efectuarase mediante dilixencia estendida no mesmo polo Secretario municipal. Sen a concorrencia de ambos requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado no anuncio de licitación. En todo caso, transcorridos dez días seguintes a esa data sen que se recibise a documentación, esta non será admitida.
Os medios electrónicos, informáticos e telemáticos utilizables deberán cumprir, ademais, os requisitos establecidos na disposición adicional décimo novena da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
Cada licitador non poderá presentar máis dunha proposición, sen prexuízo dos establecido nos artigos 131 e 132 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en unión temporal con outros se o fixo individualmente ou figurara en máis dunha unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas.
A presentación dunha proposición supón a aceptación incondicionada polo empresario das cláusulas do presente Prego.
As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse en tres sobres pechados, asinados polo licitador e con indicación do domicilio a efectos de notificacións, nos que se fará constar a denominación do sobre e a lenda «Proposición para licitar á contratación do servizo de Elaboración do Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Monterroso». A denominación dos sobres é a seguinte:
— Sobre «A»: Documentación Administrativa.
— Sobre «B»: Proposición Económica e Documentación Cuantificable de Forma Automática.
— Sobre «C»: Documentación cuxa Ponderación Depende dun Xuízo de Valor.
Os documentos a incluír en cada sobre deberán ser orixinais ou copias autentificadas, conforme á Lexislación en vigor.
Dentro de cada sobre, incluiranse os seguintes documentos así como unha relación numerada dos mesmos:
SOBRE «A»
DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA
a) Documentos que acrediten a personalidade xurídica do empresario.
b) Documentos que acrediten a representación.
— Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro, presentarán copia notarial do poder de representación, bastanteado polo Secretario da Corporación.
— Se o licitador fose persoa xurídica, este poder deberá figurar inscrito no Rexistro Mercantil, cando sexa esixible legalmente.
— Igualmente a persoa con poder suficientemente verificado a efectos de representación, deberá acompañar fotocopia compulsada administrativamente ou testemuño notarial do seu documento nacional de identidade.
c) Declaración responsable de non estar incurso nunha prohibición para contratar das recollidas no artigo 49 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ao corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta.
d) Documentos que xustifiquen o cumprimento dos requisitos de solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.
e) Resgardo acreditativo de ter constituído a garantía provisional por importe de 3.737,29 euros.
f) As empresas estranxeiras presentarán declaración de someterse á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ao licitador.
SOBRE «B»
PROPOSICIÓN ECONÓMICA E DOCUMENTACIÓN CUANTIFICABLE DE FORMA AUTOMÁTICA.
a) Proposición económica.
Presentarase conforme ao seguinte modelo:
«D. _________________________, con domicilio a efectos de notificacións en _____________, r/ ____________________, n.º ___, con DNI n.º _________, en representación da Entidade ___________________, con CIF n.º ___________, coñecedor do expediente para a contratación do servizo de Elaboración do Plan Especial de Protección do Casco Histórico de monterroso por procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, anunciado no Boletín Oficial da Provincia n.º ___, con data _______ e no Perfil de contratante, fago constar que coñezo o Prego que sirve de base ao contrato e o acepto integramente, tomando parte da licitación e comprometéndome a levar a cabo o obxecto do contrato polo importe de ____________ euros e ___________ euros correspondentes ao Imposto sobre o Valor Engadido.
En ____________, a ___ de ________ de 20__.
Sinatura do licitador,
Asdo.: _________________».
b) Documentos relativos aos criterios de valoración, distintos do prezo, que se deban cuantificar de forma automática.
SOBRE «C»
DOCUMENTACIÓN PONDERABLE A TRAVÉS DE XUÍZOS DE VALOR
Incluirá aqueles documentos que sexan precisos para a valoración dos criterios que dependan dun xuízo de valor.
IX.- Garantía Provisional.
Os licitadores deberán constituír unha garantía provisional por importe de 3.737,29 euros que responderá do mantemento das súas ofertas ata a adxudicación provisional do contrato.
A garantía provisional depositarase:
— Na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas Delegacións de Economía e Facenda, ou na Caixa ou establecemento público equivalente das Comunidades Autónomas ou Entidades locais contratantes ante as que deban producir efecto cando se trate de garantías en efectivo.
— Ante o órgano de contratación, cando se trate de certificados de inmobilización de valores anotados, de avais ou de certificados de seguro de caución.
A garantía provisional extinguirase automaticamente e será devolta aos licitadores inmediatamente despois da adxudicación definitiva do contrato. En todo caso, a garantía será retida ao adxudicatario ata que proceda á constitución da garantía definitiva, e incautada ás empresas que retiren inxustificadamente a súa proposición antes da adxudicación.
O adxudicatario poderá aplicar o importe da garantía provisional á definitiva ou proceder a unha nova constitución desta última, neste caso a garantía provisional cancelarase simultaneamente á constitución da definitiva.
X.- Criterios de adxudicación.
Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente más vantaxosa atenderase a varios criterios de adxudicación.
A.- Criterios cuantificables automaticamente, puntuaranse en orde decrecente:
- Melloras: De 0 a 10 puntos. Melloras a ofertar polo licitador e que ,en caso de adxudicacion, consideraranse prestacións obrigatorias do contrato: de 0 a 5 puntos. Non se consideraran as melloras que resulten ambiguas ou inconcretas e aquelas nas que o licitador non sinale o valor economico que estime a cada unha delas. Serán rexeitadas as melloras que non respondan a un prezo ou valor de mercado, obxectivamente considerado, para o servizo ofertado.
- Composicion interna do equipo conformado para a execución do traballo. De 0 a 15 puntos. O equipo debera estar dirixido por un Arquitecto Superior con experiencia en planeamento tanto xeral como de cascos historicos, e debera contar como minimo cos seguintes profesionais ben en relación laboral ou contractual ou con compromisos de colaboración:
- Arquitecto superior
- Asesor Xurídico
- Economista
- Arqueólogo
A valoración do equipo mínimo referido será de 10 puntos, outorgándose 0 puntos por este concepto ós licitadores que non acrediten, ou o fagan insuficientemente a composición interna do equipo responsable da execución do traballo. A valoración máxima por este apartado será de ata 15 puntos.
Para a evaluación deste apartado poderá asignarse dentro da puntuación máxima de 15 puntos, 1 punto por cada técnico superior engadido ó equipo mínimo antes citado e 0,50 puntos por cada técnico medio engadido ó equipo mínimo sempre que se acredite a relación laboral ou contractual ou se aporten compromisos de colaboración.
B.- Criterios cuxa ponderación dependa dun xuízo de valor:
- Memoria metodolóxica de prestación da asistencia (ata 50 puntos)
O licitador presentará unha Memoria de prestación do servizo, na que desenvolverá pormenorizadamente o modo e medios no que prestaría o servizo de resultar adxudicatario.
A execución do contrato debe facerse con estrita suxeición ós Pregos de Prescricións Técnicas, ós Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares, e á normativa que lle sexa de aplicación (en particular, a Lei 9/2002 e a Lei 8/1995) e asemade con suxeición á Memoria de prestación do servizo, en todo o que mellore os Pregos de Prescricións Técnicas.
Este criterio de valoración será ponderado do seguinte xeito:
--Metodoloxía proposta, análise e diagnóstico da situación do ámbito do PEP (ata 25 puntos)
--Idoneidade da proposta de presentación gráfica con mostras de outros traballos similares (ata 2,50 puntos).
--Claridade do Plan de traballo e cronograma (ata 2,50 puntos).
--Emprego de sistemas interactivos avanzados, ferramentas GIS, bases de datos, etc, que permitan o posterior manexo interactivo do PEP para a xestión na oficina técnica municipal (ata 2,50 puntos).
--Aportación innovadora na elaboración de estratexias (ata 2,50 puntos).
--Proceso de participación pública deseñado e realización de documentos informáticos interactivos durante a tramitación do PEP ou logo de se aprobar: CD interactivos, integración en páxinas Web en formatos facilmente navegables, etc. (ata 15 puntos).
- Capacidade de adicación e xestión ó traballo proposto (ata 25 puntos)
Valoraranse os seguintes aspectos:
Co fín de asegurar no posible unha maior adicación ó traballo e á relación co organismo contratante, teranse en consideración os seguintes aspectos:
- -Traballos actualmente en realización (10 puntos)
-- Características profesionais dos concursantes (5 puntos)
-- Experiencia de intervención en procesos de participación pública (5 puntos).
-- Efectividade dos traballos realizados en función do grao de tramitación acadado e demáis incidencias (5 puntos)
Este apartado valorarase ata un máximo de 25 puntos.
Como nesta licitación se atribúe ós criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas unha ponderación inferior á correspondente ós criterios cuxa cuantificación dependa dun xuízo de valor, constituirase un comité de expertos non integrados no órgano propoñente do contrato e con cualificación apropiada, ó que corresponderá realizar a avaliación das ofertas conforme a estes últimos criterios,
Dito comité estará formado por: Dª Carmen Rodríguez Geada,arquitecta asesora da Corporación, don Carlos Longarela Sanfiz, arquitecto colexiado nº 2577, e un representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
A avaliación das ofertas conforme ós criterios cuantificables mediante a mera aplicación de fórmulas realizarase tras efectuar previamente a daqueles outros criterios en que non concorra esta circunstancia, deixándose constancia documental diso.
As proposicións deberán presentarse de forma que fagan posible esta valoración separada.
XI.- Mesa de Contratación.
A Mesa de Contratación, de acordo co establecido no punto 10 da Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, en relación co artigo 21.2 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público estará presidida por un membro da Corporación ou un funcionario da mesma e actuará como Secretario un funcionario da Corporación. Formarán parte dela, polo menos catro vogais, entre os cales estará o Secretario ou, no seu caso, o titular do órgano que teña atribuída a función de asesoramento xurídico, e o Interventor, así como aqueles outros que se designen polo órgano de contratación entre o persoal funcionario de carreira ou persoal laboral ao servizo da Corporación, ou membros electos da mesma.
Conforman a Mesa de Contratación os seguintes membros:
— D. Antonio E. Gato Soengas, alcalde do Concello, que actuará como Presidente da Mesa.
— Dª. Mónica Vázquez Fandiño, vogal, secretaria da Corporación.
— D. José Luis Mato Vázquez, vogal , xefe do negociado de contabilidade da Corporación.
— D. Jaime García Rojo, vogal, concelleiro delegado de obras e servizos na vila.
— Un representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Vogal.
— Dª.Blanca Mª Vázquez Enríquez, que actuará como Secretaria da Mesa.
XII.- Prerrogativas da Administración.
O órgano de contratación, de conformidade co artigo 194 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, ostenta as seguintes prerrogativas:
a) Interpretación do contrato.
b) Resolución das dúbidas que ofreza o seu cumprimento.
c) Modificación do contrato por razóns de interese público.
d) Acordar a resolución do contrato e determinar os efectos desta.
En todo caso darase audiencia ao contratista, debendo seguirse os trámites previstos no art. 195 da Lei 30/2007, de 30 de outubro.
XIII.- Apertura de Proposicións e adxudicación do contrato.
A apertura das proposicións deberá efectuarse no prazo máximo dun mes contado desde a data de finalización do prazo para presentar as ofertas.
A Mesa de Contratación constituirase o terceiro día hábil tras a finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 10:00 horas, procederá á apertura dos Sobres «A» e cualificará a documentación administrativa contida nos mesmos.
Se fose necesario, a Mesa concederá un prazo non superior a tres días para que o licitador corrixa os defectos ou omisións corrixibles observados na documentación presentada.
Posteriormente, procederá á apertura e exame dos sobres «C», que conteñen os criterios cuxa ponderación dependen dun xuízo de valor.
Se se detectasen erros ou omisións na documentación presentada no Sobre «C», a Mesa concederá para efectuala un prazo inferior a sete días, segundo o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio.
Tras a lectura de ditas proposicións, a Mesa solicitará o informe do comité de expertos, para a valoración das mesmas de acordo aos criterios e ás ponderacións establecidas neste Prego.
Reunida de novo a Mesa de Contratación, darase a coñecer a ponderación asignada aos criterios dependentes dun xuízo de valor. A continuación procederase á apertura dos sobres «B».
Á vista da valoración dos criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor (Sobre «C») e dos criterios cuxa ponderación é automática (Sobre «B»), a Mesa de Contratación propoñerá ó órgano de contratación o licitador que realice a oferta economicamente máis vantaxosa.
A continuación, o órgano de contratación requirirá ó licitador que presentara a oferta economicamente máis vantaxosa para que dentro dos dez días hábiles seguintes a aquél en que recibira o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de seguridade social, de dispoñer efectivamente dos medios que comprometera adicar á execución do contrato, e ter constituída a garantía definitiva.
De non cumprimentarse axeitadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retira a súa oferta, procedéndose a recabar a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que quedaran clasificadas as ofertas.
O órgano de contratación deberá adxudicar o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación. Dita adxudicación deberá ser motivada , notificarase ós licitadores e publicarase no perfil do contratante.
XIV.- Garantía definitiva.
Os que resulten adxudicatarios provisionais dos contratos deberán constituír unha garantía do 5% do importe de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido.
Esta garantía poderá prestarse nalgunha das seguintes formas:
a) En efectivo ou en valores de Débeda Pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta Lei. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas Delegacións de Economía e Facenda, ou nas Caixas ou establecementos públicos equivalentes das Comunidades Autónomas ou Entidades locais contratantes ante as que deban producir efectos, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta Lei establezan.
b) Mediante aval, prestado na forma e condicións que establezan as normas de desenvolvemento desta Lei, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que deberá depositarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.
c) Mediante contrato de seguro de caución, celebrado na forma e condicións que as normas de desenvolvemento desta Lei establezan, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a anterior.
A garantía non será devolta ou cancelada ata que se producise o vencemento do prazo de garantía e cumprido satisfactoriamente o contrato.
Esta garantía responderá aos conceptos incluídos no artigo 88 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
XV.- Formalización do contrato.
A formalización do contrato realizarase en documento administrativo que se axuste con exactitude ás condicións da licitación; constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público.
O contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos.
A formalización do contrato deberá efectuarse non máis tarde dos quince días hábiles seguintes a aquel en que recibira a nitificación da adxudicación.
Cando por causas imputables ao contratista non puidese formalizarse o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo, así como a incautación da garantía provisional que no seu caso se constituíse.
XVI.- Dereitos e obrigas do adxidicatario.
O contrato executarase con suxeición ao establecido nas súas cláusulas e nos pregos, e de acordo coas instrucións que para a súa interpretación dese ao contratista o órgano de contratación.
O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato.
Ademais son obrigacións específicas do contratista as seguintes:
— O contratista está obrigado a dedicar ou adscribir á execución do contrato os medios persoais ou materiais suficientes para elo (artigo 53.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público).
— Gastos esixibles ao contratista. Son de conta do contratista, os gastos e impostos do anuncio ou anuncios de licitación e adxudicación e formalización do contrato, así como calquera outros que resulten de aplicación, segundo as disposicións vixentes na forma e contía que estas sinalen.
— O contratista está obrigado ao cumprimento dos requisitos previstos no artigo 210 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público para os supostos de subcontratación.
XVII.- Revisión de prezos.
Non procede.
XVIII.- Prazo de garantía.
O obxecto do contrato quedará suxeito a un prazo de garantía de un ano, a contar desde a data de recepción ou conformidade do traballo, prazo durante o cal a Administración poderá comprobar que o traballo realizado axústase ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento e ao estipulado no presente Prego e no de Prescricións Técnicas. Transcorrido o prazo de garantía sen que se formulasen reparos aos traballos executados, quedará extinguida a responsabilidade do contratista.
Se durante o prazo de garantía se acreditase á existencia de vicios ou defectos nos traballos efectuados o órgano de contratación terá dereito a reclamar ao contratista a corrección dos mesmos.
XIX.- Execución do contrato.
O contrato executarase con suxeición ao establecido neste prego de condicións e no Prego de Prescricións Técnicas, e de acordo coas instrucións que se darán ao contratista para a súa interpretación polo órgano de contratación.
XX.- Modificación do contrato.
A Administración poderá modificar o contrato por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. As modificacións non afectarán ás condicións esenciais do contrato.
As modificacións do contrato formalizaranse de conformidade co establecido no artigo 140 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
XXI.- Penalidades por incumprimento:
— Cando o contratista, por causas imputables ao mesmo, incorrese en demora respecto ao cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias nas proporcións previstas no artigo 196.4 LCSP: de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo do contrato.
Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades.
— Cando o contratista, por causas imputables ao meso, incumprise a execución parcial das prestacións definidas no contrato, a Administración poderá optar, indistintamente, pola súa resolución ou pola imposición das penalidades establecidas anteriormente.
— Cando o contratista incumprise a adscrición á execución do contrato de medios persoais ou materiais suficientes para elo, impoñeranse penalidades na proporción de hasta o 10% do orzamento do contrato.
As penalidades impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptado a proposta do responsable do contrato que será o alcalde da Corporación, que será inmediatamente executivo, e faranse efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban abonarse ao contratista ou sobre a garantía que, no seu caso, se constituíse, cando non poidan deducirse das mencionadas certificacións.
XXII.- Resolución do contrato.
A resolución do contrato terá lugar nos supostos que se sinalan neste Prego e nos fixados nos artigos 206 e 284 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público; e acordarase polo órgano de contratación, de oficio ou a instancia do contratista.
Cando o contrato se resolva por culpa do contratista, incautarase a garantía definitiva, sen prexuízo da indemnización polos danos e prexuízos orixinados á Administración, no que excedan do importe da garantía.
XXIII.- Réxime Xurídico do contrato.
Este contrato ten carácter administrativo e a súa preparación, adxudicación, efectos e extinción rexerase polo establecido neste Prego, e para o non previsto nel, será de aplicación a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (modificada por lei 34/2010), o Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e o Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas en todo o que non se opoña á Lei 30/2007 e estea vixente tras a entrada en vigor do Real Decreto 817/2009; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.
A Orde Xurisdicional Contencioso-Administrativo será a competente para resolver as controversias que xurdan entre as partes no presente contrato de conformidade co disposto no artigo 21.1 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
Monterroso, 20 de setembro de 2010.
O alcalde,
Asdo. Antonio E. Gato Soengas
|
|
|