Feira de Santos, declarada festa de interese turístico galego
Inicio
martes, 07 febreiro 2012
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo
Zona económica
Perfil do Contratante
Emprego Público
Contacto
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
Adxudicacións provisionais
Suminitros PDF Imprimir
luns, 22 novembro 2010

Suministración para contratación de oficinas municipais

fotocopiadora

 
Adxudicación provisional do contrato de obras de Rehabilitación de viario del núcleo de Ligonde PDF Imprimir
xoves, 09 setembro 2010

Adxudicación provisional

Descargar en PDF informacion_publica_adx_prov_cultural

 

Información pública

Por acordo de Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o día 7 de setembro, aprobouse a adxudicación provisional do contrato de obras de “Rehabilitación de viario del núcleo de Ligonde”, o que se publica ós efectos do artigo 135.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos del Sector Público.

1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Monterroso
b) Dependencia que tramita el expediente: Secretaría
c) Dirección de Internet do Perfil de Contratante: www.monterroso.es

2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: Obras.
b) Descripción: Rehabilitación de viario del núcleo de Ligonde.
c) CPV: 45230000
d) Data de publicación do anuncio de licitación: BOP de Lugo 5 de agosto de 2010.

3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: Ordinaria.
b) Procedemento: Aberto, multicriterio.

4. Presuposto base de licitación. Importe neto 344.827,60 euros. IVE 18 % 62.068,97 euros. Importe total 406.896,57 euros.

5. Adxudicación provisional.
a) Data: 7 de setembro de 2010.
b) Contratista: Antalsis, SL.

Monterroso, 8 de setembro de 2010
O alcalde,

Asdo. Antonio E. Gato Soengas
 

 
adxudicación do contrato de subministración de Pala Retroexcavadora Mixta de Obra 4x4 PDF Imprimir
luns, 09 agosto 2010

Decreto.- Monterroso, 5 de agosto de 2010.

No uso das atribucións que me confire o artigo 21 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, e 61 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, e tendo en conta o previsto no artigo 14 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, estando actualmente delegada na Xunta de Goberno Local a contratación de obras e servizos de competencia desta alcaldía, teño a ben avocar para este caso concreto a adxudicación das mesmas, dada a dificultade de reunir ós membros da Xunta de Goberno Local e axilizar o procedemento do que trata o presente expediente. Sirva esta motivación como notificación previa ó interesado antes de pasar a resolver sobre ao acordo que se pretende, sen prexuízo de que esta avocación poida ser impugnada ca resolución que poña fin a este procedemento
Visto o acordo desta Xunta de Goberno Local de data 15 de xuño de 2010 polo que se prestou aprobación ao expediente e aos pregos de Cláusulas Administrativas para a adxudicación do contrato de subministración de Pala Retroexcavadora Mixta de Obra 4x4 adscrita ó servizo de obras do Concello de Monterroso” polo procedemento negociado sen publicidade. No mesmo acordo autorizouse o gasto que supón a adxudicación do mesmo
No dito acordo acordouse Solicitar ofertas ás seguintes empresas: AUTOMOCIÓN LA JUNQUERA LUGO, SL; MOTIVO JBC GALICIA, SA; TRANSCALOPA, SL; TALLERES CARAIMA; e COVELUMA, SL
Transcorrido o prazo concedido para presentar ofertas, ningunha das empresas invitadas acepta participar na licitación convocada
Visto o acordo da Xunta de Goberno Local de 13 de xullo que na súa parte dispositiva terceira di “Terceiro.- Abrir un novo prazo de solicitude de ofertas a empresas capacitadas para a realización do obxecto do contrato, que serán: GESTRUCK, SL; ZENTROMACHINE, SA; e HIDRAMOTOR”
Visto que con data 23 de xullo de 2010, presentouse unha oferta pola mercantil Hidramotor e examinada a oferta presentada en canto a valoración dos aspectos obxecto de negociación en orde á determinación da oferta economicamente máis vantaxosa, deu o seguinte resultado por ser a única presentada:
- Hidramotor: Subministración de Pala Retroexcavadora Mixta de Obra 4x4, marca Case, modelo 580 Super LE, cun prezo valor estimado 25.399 euros e 4.571,82 euros en concepto de IVE, coas seguintes melloras :
- Garantía adicional de 1 mes
- Balancín extenxible
- Instalación auxiliar de doble efecto
- Enganche rápido
- Cortacorrentes
- Asento de luxo con suspensión, cinturón e apoiabrazos
De conformidade co establecido no artigo 135.5 e a Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público,
A Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo señor Alcalde-presidente con 27 de xuño de 2007 (BOP 21/07/07), por unanimidade e en votación ordinaria, acorda:
Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o contrato de subministración de “Pala Retroexcavadora mixta de obra 4x4” adscrito ó servizo de obras do Concello de Monterroso á entidade “HIBRA MOTOR, S.A.L” por ser a oferta economicamente máis vantaxosa, polo prezo dun valor estimado 25.399 euros  e 4.571,82  euros en concepto de IVE, coas seguintes melloras:
- Garantía adicional de 1 mes
- Balancín extenxible
- Instalación auxiliar de doble efecto
- Enganche rápido
- Cortacorrentes
- Asento de luxo con suspensión, cinturón e apoiabrazos
Segundo.- Notificar a adxudicación provisional a todos os candidatos que non resultaran adxudicatarios.
Terceiro.- Notificar e requirir a D. José Manuel Iglesias Pazos e D. José Luis Selas Couto no nome e representación da Entidade HIDRA MOTOR, S.A.L, adxudicatario provisional do contrato, para que presente, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da recepción da presente notificación, a documentación xustificativa de acharse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calesquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar, así como constituír a garantía definitiva.
Cuarto.- Publicar a adxudicación provisional do contrato mediante anuncio no perfil do contratante.
Quinto.- Realizados os trámites anteriores, que por Secretaría se emita Informe-proposta para resolver ó respecto.

Mándao e asínao o señor alcalde do que eu, secretaria, dou fe.
O 1º Tte alcalde por delegación     A secretaria Acctal
(Decreto 15/07/10)


Asdo. Darío Rodríguez Vázquez   Asdo. Blanca Vázquez Enríquez

 
adxudicación provisional obra pos 2010 PDF Imprimir
venres, 09 xullo 2010

Adxudicación provisional da obra do POS 2010 “Acondicionamiento y mejora en camino de Arada a Fental y caminos de acceso al núcleo de Sandolfe”.

Visto o acordo desta Xunta de Goberno Local  de data 15 de xuño de 2010 polo que se prestou aprobación ó expediente e ós pregos de Cláusulas Administrativas para a adxudicación da obra “Acondicionamiento y mejora en camino de Arada a Fental y caminos de acceso as núcleo de Sandolfe” polo procedemento negociado sen publicidade. No mesmo acordo autorizouse o gasto que supón a adxudicación do mesmo
Examinadas as ofertas presentadas no prazo concedido ó efecto polas empresas OBRAS Y VIALES BASCUAS, SL; SONDEOS CHARQUEIRO, S.L.; OGASA VIALES DE LUGO, S.L, o órgano de contratación estima incompleta a documentación administrativa por Obras y Viales Bascuas, SL e Sondeos Charqueiro, S.L.
Examinada a documentación presentada por OGASA VIALES DE LUGO, S.L o órgano de contratación estima completa a presentada no sobre A
De seguido procédese á apertura do sobre B que contén o seguinte resultado: prezo do contrato 51.801,22 euros e 9.324,22 euros de IVE, prazo de execución dous meses; e melloras por importe de 2.100 euros.
De conformidade co establecido no artigo 135.3 e a Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público

A Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo Sr. Alcalde-Presidente con data 27 de xuño 2007 (B.O.P. do 21 xullo de 2007) por unanimidade e en votación ordinaria, acorda:

Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o contrato de obra “Acondicionamiento y mejora en camino de Arada a Fental y caminos de acceso as núcleo de Sandolfe” á empresa OGASA VIALES DE LUGO, S.L. por ser a única oferta admitida, polo prezo de 51.801,22 euros e 9.324,22 euros de IVE.
Segundo.- Notificar a adxudicación provisional a todos os candidatos que no resultaran adxudicatarios.
Terceiro.- Notificar e requirir a D. José Reinaldo Lema Rodríguez, no nome e representación de Ogasa Viales de Lugo, S.L., adxudicatario provisional do contrato, para que presente, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da data de publicación da adxudicación provisional no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, a documentación xustificativa de acharse ó corrente no cumprimiento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e aqueles outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar, así como constituír a garantía definitiva.
Cuarto.- Publicar a adxudicación provisional do contrato mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Quinto.- Realizados os trámites anteriores, que por Secretaría se emita Informe-proposta e se dea conta ó alcalde para resolver al respecto.

 
Adxudicación provisional subministro formigón con fibra PDF Imprimir
xoves, 20 maio 2010
Descargar: 20100520_decreto_adx_subministracion
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Fin >>

Resultados 1 - 9 de 15
Trámites en liña
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
© Concello de Monterroso