Feira de Santos, declarada festa de interese turístico galego
Inicio arrow Emprego Público
martes, 07 febreiro 2012
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo
Zona económica
Perfil do Contratante
Emprego Público
Contacto
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
Emprego Público
BASES AUXILIAR SERVIZOS XERAIS PDF Imprimir
venres, 16 abril 2010

Información pública

A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 23 de marzo de 2010 prestou aprobación ás bases específicas que rexeran no proceso de provisión, polo procedemento de promoción interna, mediante concurso-oposición, dunha praza de Auxiliar de servizos xerais, da escala de administración especial, incluída na oferta de emprego público para o ano 2010, que figura como vacante no cadro de persoal para 2010, ordeando a publicación íntegra das citadas bases:

“BASES REGULADORAS DO CONCURSO-OPOSICIÓN PARA PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE FUNCIONARIO, ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL-SUBESCALA SERVIZOS XERAIS, POR PROMOCIÓN INTERNA.

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.
É obxecto da convocatoria a provisión, polo procedemento de promoción interna, mediante concurso-oposición, dunha praza de Auxiliar de servizos xerais, da escala de administración especial, incluída na oferta de emprego público para o ano 2010.

2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA, FUNCIÓNS E INCOMPATIBILIDADES.
As prazas convocadas corresponden ao Grupo C: Subgrupo C2 dos establecidos no artigo 76 da Lei 7/2007, de 12 de abril,  e está dotada conforme se establece no cadro de persoal, aprobado xunto co Orzamento Xeral para 2010.
Está encadrada na Escala de Administración Especial Subescala Servizos Especiais.
O cometido funcional desta praza e a súa extensión consistirá na realización das tarefas predominantemente de apoio nos distintos sectores de actuación da Corporación en materia de servizos xerais así como a supervisión e mantemento dos distintos servizos municipais e outros que, dentro da súa competencia lle poidan ser encomendadas polo Concello, entre outros, manexo máquina fotocopiadora, fax, manexo de cartografía e planimetría, asistencia a planos, xestión da correspondencia interna e externa.
O/a aspirante que resulte nomeado para esta praza quedará sometido, desde o momento da súa toma de posesión á Lei 53/1994, do 26 de decembro, quedando sometido a incompatibilidade absoluta con calquera outra actividade pública ou privada.

3.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Para ser admitidos á realización destas probas selectivas os aspirantes deberán reunir, ademais dos requisitos xerais para o acceso á función pública local, os seguintes requisitos:
Pertencer á subescala de Servizos Especiais da administración especial, grupo E, e estar no momento no que remate o prazo de presentación de instancias en situación de servizo activo nesta Corporación.
Estar en posesión do título educación secundaria obrigatoria ou de Formación Profesional de 1º grao ou equivalente, ou ter unha antigüidade de dous anos na subescala auxiliar neste Concello.
Ser funcionario de carreira da subescala do Grupo E, desta corporación, cunha antigüidade de a lo menos 2 anos de servizos efectivos na devandita subescala.
Os requisitos establecidos deberán posuírse no momento de rematar o prazo de presentación de instancias e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

4.- DEREITOS DE EXAME.
Para participar na presente convocatoria os aspirantes deberán facer aboamento en concepto de dereitos de exame a cantidade de 10 euros, directamente nas oficinas municipais ou mediante transferencia bancaria ao nº de conta 0660000173 do Banco de Galicia de Monterroso ou mediante xiro postal dirixido á Tesourería desta Entidade.
Os aspirantes acompañarán á solicitude documento acreditativo de ter feito o ingreso dos dereitos de exame. A non acreditación do citado aboamento ou do ingreso realizado fora de prazo será causa de exclusión da lista provisional de admitidos.
En ningún caso a presentación e pagamento dos dereitos de exame substituirá a obriga de presentar en tempo a solicitude.

5.- ÓRGANO DE SELECCIÓN.
O Tribunal Cualificador estará constituído da forma seguinte atendendo á paridade entre homes e mulleres.
- Presidente: Un funcionario de carreira Corporación designado pola alcaldía.
- Vogais: Tres funcionarios designados pola alcaldía.
- A Secretaria da Corporación, quen, así mesmo actuará como Secretaria do tribunal, ou funcionario en quen delegue.
O Tribunal non se poderá constituir nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, debendo figurar necesariamente, entre estes o presidente e o secretario.
A actuación do Tribunal axustarase ás bases desta convocatoria; non obstante, o tribunal resolverá as dúbidas que poidan xurdir da súa aplicación e poderá tomar acordos para os supostos non establecidos nestas bases.

6.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.
O proceso selectivo constará de dúas fases: a primeira corresponderá á fase de concurso e a segunda, ós exercicios da oposición.

Fase de concurso:
 Esta fase será previa á de oposición, publicándose no Taboleiro de Edictos do Concello as puntuacións outorgadas aos aspirantes antes da celebración das diferentes probas da fase de oposición.
Para o citado concurso acompañarase relación dos méritos que se aleguen, xuntando á devandita relación os documentos acreditativos destes, que terán que ser orixinais ou fotocopias compulsadas. Non se tomarán en consideración nin serán convalidados aqueles que non se acrediten no prazo de presentación de instancias, sen prexuizo de que puidesen constar no expediente persoal do interesado.
Sen carácter eliminatorio, consistirá en puntuar os méritos profesionais dos/as aspirantes de acordo co seguinte baremo:
Méritos profesionais
Por cada ano de servizos prestados no Concello de Monterroso na subescala de servizos especiais de administración especial: 0,5 puntos por ano de servizo, valorándose as fraccións inferiores ó ano en 0,08.
A puntuación máxima na fase de concurso non poderá exceder de 8 puntos.
A puntuación obtida nesta fase publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello e en ningún caso poderá aplicarse coa finalidade de superar os exercicios da fase de oposición.

Fase de oposición:
Primeiro exercicio: Consistirá en contestar por escrito un test de 20 preguntas con tres respostas alternativas propostas polo tribunal, mediante sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por aquel e referidos ó contido do programa que se une como anexo a estas bases durante un tempo máximo de unha hora.
Segundo exercicio: Consistirá en desenvolver, nun periodo máximo de unha hora, unha proba práctica proposta polo tribunal e que será plantexada por este antes do comenzo do exercicio.
Terceiro exercicio: Tendente á demostración do coñecemento do idioma galego por parte de aqueles aspirantes que non xustifiquen a posesión do título acreditativo do perfeccionamento expedido por organismo oficial, ou título acreditativo expedido por entidade académica. O exercicio consistirá en traducir por escrito un texto do castelán ó galego, nun tempo máximo de unha hora. A calificación deste exercicio será apto ou non apto.
A superación deste exercicio será requisito imprescindible para poder puntuar os outros tres de que consta a fase de oposición.

Os tres exercicios a que se refire a fase de oposición, agás o disposto para a proba do idioma galego, serán calificados de 0 a 10 puntos cada un, sendo eliminados os aspirantes que non alcancen unha puntuación mínima de 5 puntos en cada un dos exercicios.
A cualificación definitiva estará determinada pola suma das puntuación obtidas en cada un dos exercicios que compoñen a fase de oposición e a puntuación resultante da fase de concurso, e faranse públicas no Taboleiro de Edictos do Concello de Monterroso.
No caso de producirse empate nas puntuacións obtidas por varios/as aspirantes, decidirá a puntuación obtida na fase de oposición. En caso de que persista o empate decidirase por sorteo.

7.- NOMEAMENTO
Rematadas as probas, o tribunal proporá o nomeamento do aspirante que, na suma total de puntuacións asignadas na fase de concurso e oposición obtivese a maior puntuación.
O tribunal non poderá declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

ANEXO

TEMARIO ESPECÍFICO

Tema 1.- Atención ó público. Acollida e atención ó cidadán.
Tema 2.- A información administrativa. Información xeral e particular ó cidadán. Iniciativas, reclamacións e queixas.
Tema 3.- Recepción e telefonía. Coñecemento, utilización e atención dun servizo telefónico. Manexo e utilización de guías telefónicas.
Tema 4.- Dos dereitos dos cidadáns: artigo 35 da lei 30/1992, de 26 de novembro.
Tema 5.- A documentación administrativa. Análise dos princiapis documentos: instancia, certificado, anuncio, informe, resolución, comunicación e notificación.
Tema 6.- A notificación de documentos administrativos. A práctica da notificación.
Tema 7.- Correspondencia. Tipos de envíos. Franqueo, certificados. Xustificantes de recepción. Telegramas, reembolsos, xiros.
Tema 8.- Traballos con material e maquinaria de oficina (I). Reprografía. Destrución de documentación.
Tema 9.- Traballos con material e maquinaria de oficina (II). Ensobrado. Etiquetado. Guillotinado. Encadernación. Grampado. Taladro. Tipos de papel.
Tema 10.- Responsabilidade das autoridades e do persoal ó servizo das Administracións Públicas.

RECURSOS: A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados, interpoñendo potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Alcalde no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación desta no BOP, ou recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación Reguladora da dita Xurisdición, sen prexuízo de que poidan interpor calquera outro que estimen procedente.

Monterroso, 15 de abril de 2010,
O alcalde,


Asdo. Antonio E. Gato Soengas

 
BASES AUXILIARES SAF PDF Imprimir
venres, 16 abril 2010

Información pública

A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 23 de marzo de 2010 prestou aprobación ás bases para a selección de persoal laboral fixo para cinco postos de traballo de auxiliares de axuda no fogar, incluídas na oferta de emprego público para o ano 2010, que figuran como vacante no cadro de persoal para 2010, ordeando a publicación íntegra das citadas bases:

“BASES PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO PARA CINCO POSTOS DE TRABALLO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE MONTERROSO.

PRIMEIRA.- NORMAS XERAIS
1.1. Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección de persoal laboral fixo para cubrir cinco postos de traballo de auxiliares de axuda no fogar do Concello de Monterroso, polo sistema de concurso oposición libre, vacantes na Relación de Postos de Traballo e na Plantilla desta Corporación e incluídas na Oferta de Emprego Público para o ano 2008, aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello de Monterroso de data 30 de decembro de 2008 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de 29 de xaneiro de 2009, coas seguintes características sinaladas na base seguinte, denominación: auxiliares de axuda no fogar do Concello de Monterroso e número de vacantes: cinco.
1.2. Normas de aplicación: As probas selectivas regularanse polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido; na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Legislativo 781/1986, de 13 de xuño; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, no Real Decreto Legislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da Función Pública de Galicia, na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; Con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña ó Real Decreto Legislativo 1/2008 de 13 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da Función Pública de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demáis disposicións aplicables.
1.3. O sistema de selección dos aspirantes será de concurso oposición libre.
1.4. A presente convocatoria, publicarase íntegra no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e un extracto da mesma no Boletín Oficial do Estado e no DOGA. O resto das publicacións a que faga referencia a lexislación vixente se entenderán referidas exclusivamente ó Boletín Oficial da Provincia de Lugo e/ou no Taboleiro de Anuncios do Concello de Monterroso.

SEGUNDA.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO, FUNCIÓNS E INCOMPATIBILIDADES
2.1.- Os postos de traballo atópanse encadrados no Grupo 05/E, agrupacións profesionais, para as que conforme á Disposición Adicional Sétima d Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, non se esixe estar en posesión de nungunha das titulacións previstas no sistema educativo. Está dotada no Orzamento vixente, correspondéndolle as contías que anualmente se fixen polos conceptos retributivos establecidos no artigo 22 Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e as disposicións aplicables nesta materia.
2.2.- O cometido funcional deste posto de traballo estará intergrado polas funcións propias do Servizo de Axuda a Domicilio, atendendo, nun sentido amplo, ás persoas con problemas de dependencia, no seu domicilio, baixo a dirección e control da Alcaldía ou concelleiro/a delegado/a, e en calquera caso, todas aquelas que lle sexan encomendadas estos dacordo co seu nivel de coñecementos, titulación, grupo e categoría profesional.
2.3.- Incompatibilidades.
O aspirante que obteña o posto de traballo á que se refire esta Convocatoria estará sometido ó réxime de incompatibilidades que determinan as disposicións vixentes. (Lei 53/84, de 26 de decembro e concordantes).

TERCEIRA.- CONDICIÓNS OU REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
a) Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57  do EBEP.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarese coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.
c) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das  Administracións Públicas, ou dos órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Estar no posesión do certificado de escolaridade e do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente ou estar en condición de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
f) Estar en posesión do permiso de conducir da categoría B, e dispoñer de vehículo propio.

CUARTA.- SOLICITUDES
4.1. A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustárase ó modelo que figura como Anexo II ás presentes Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e na páxina web, e dirixirase ao Sr. Alcalde do Concello de Monterroso.
Presentarase, debidamente cuberta, no Rexistro Xeral do Concello, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto desta  convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). Se o ultimo día fose domingo ou festivo, o prazo rematará o primeiro día habil seguinte.
Poderanse, así mesmo, remitir na forma determinada no artigo 38.4 de Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común (LRXAP e PAC).
4.2 Ás solicitudes achegaranse os documentos que a continuación se indican e de acordo coa seguinte orde:
a) Fotocopia compulsada do DNI ou pasaporte.
Ademais, os aspirantes estranxeiros deberán presentar documento que acredite que é nacional da Unión Europea ou dalgún Estado ó cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación á libre circulación de traballadores.
b) Fotocopia compulsada do certificado de escolaridade, do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente e do permiso de conducir.
c) Declaración na que manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base 3ª, referidos sempre ao día en que remate o prazo de presentación de instancias. Así mesmo, os aspirantes comprométense no caso de ser propostos para a formalización do correspondente contrato de traballo, a prestar xuramento ou promesa de acordo co que determina o Real Decreto 707/1979, do 5 de abril. Esta declaración queda incorporada ó modelo de solicitude.
d) Xustificante de ter aboado os dereitos de exame por importe de 10 €, de conformidade coa Ordenanza reguladora da taxa por dereitos de exame. A súa falla determinará a exclusión do aspirante. O aboamento poderase facer directamente nas oficiñas do Concello ou mediante transferencia bancaria a número de conta de titularidade deste Concelllo ou mediante xiro postal dirixido á Tesourería desta Entidade.
Os aspirantes acompañarán á solicitude, o documento acreditativo de ter feito o ingreso da taxa dentro do prazo de presentación das solicitudes, debendo expresarse con claridade os datos do/a aspirante a quen corresponde o ingreso e a convocatoria á que se atribúe o pagamento.
En ningún caso, o simple pago dos dereitos de exame suporá a sustitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude ante o Alcalde-Presidente.

QUINTA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de un mes, declarando aprobada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Esta resolución publicarase no Boletín Oficial de Provincia e no taboleiro de edictos da casa do Concello sinalándose un prazo de dez (10) días hábiles contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución no BOP, conforme ao disposto no art. 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, para subsanar os defectos que motivaron a súa exclusión.
Resoltas estas reclamacións publicaranse as listas definitivas na mesma forma que no caso anterior. Na resolución pola que se publicarán as listas definitivas, sinalarase o lugar e a data do comezo do primeiro exercizo.
Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá potestativamente interpoñerse recurso de reposición, no prazo de un mes, ante o órgano que ditou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, contados a partires do día seguinte ó da publicación do edicto no BOP.

SEXTA.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.
O tribunal estará constituido por un número impar de membros, funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de suplentes, un dos cales actuará coma presidente e outro coma secretario do tribunal.  A súa composición axustarase ao previsto no artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público. A súa designación nominal se publicará no Boletín Oficial da Provincia conxuntamente coa fixación da data do primeiro exercicio. O nomeamento dos membros do tribunal e os seus suplentes, realizarase por Decreto do Sr. Alcalde.
Consonte co artigo 60 da Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público, o tribunal terá a seguinte composición:
Presidente: Un empregado público con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ó posto convocado, pertencente ó Concello de Monterroso ou doutras Administracións Públicas distintas do Concello de Monterroso.
Secretario: o da Corporación.
Vogais:
Tres empregados públicos con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ó posto convocado, pertencentes ó Concello de Monterroso ou doutras Administracións Públicas distintas do Concello de Monterroso.
Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles, circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 29 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
O tribunal non poderá constituírse, nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a Presidente/a e do/a Secretario/a ou dos que legalmente os substitúan.
Os tribunais poderán dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores, actuarán con voz e sen voto limitándose ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal.
Os membros do Tribunal así como os asesores ou colaboradores que se incorporen a este, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, tendo en conta as actualizacións desta, vixentes na data da realización das probas.
O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias para garantir a debida orde nas mesmas.

SÉTIMA.- DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS
Quince días antes como mínimo do comezo do primeiro exercicio, anunciarase no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello, o día, hora e lugar en que terá lugar. Os anuncios sucesivos publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello.
Dende a total conclusión dun exercizo ata o comezo do seguinte deberá de transcurrir un prazo mínimo de setenta e dúas horas e máximo de corenta e cinco días naturais.
Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditar a súa personalidade.
Os/as aspirantes serán convocados para cada exercizo en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparecesen, agás nos casos debidamente xustificados e libremente valorados polo tribunal. As razóns ou probas xustificativas formularanse dentro das vinte e catro (24) horas seguintes á celebración do exercicio ao que non compareceran.
Os exercicios escritos poderán ser lidos publicamente, se así o acordase o tribunal, podendo este dialogar co/a aspirante coa fin de determinar os seus coñecementos sobre o contido do exposto.
Para establecer a orde na que terán que actuar os aspirantes naqueles exercicios nos que non poidan actuar conxuntamente, estarase ó sorteo que se realice pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ó abeiro do artigo 9 do decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de personal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

OITAVA.- SISTEMA DE SELECCIÓN E CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS.
O sistema de selección dos aspirantes será de concurso oposición libre.
a) A fase oposición constará de tres exercicios. Os exercicios obrigatorios e eliminatorios cualificaranse de apto ou non apto, e deberá acadarse unha puntuación mínima de 5 para a súa superación. Os exercicios que obteñan a cualificación de apto serán puntuados de 5 a 10 puntos. Serán os seguintes:
PRIMEIRO EXERCICIO: De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá na contestación a un cuestionario tipo test de 15 preguntas con respostas alternativas, sendo unha delas a correcta, relacionado ca parte común do programa unido ás presentes bases, durante o periodo máximo de noventa minutos. As preguntas en branco non se contabilizan.
SEGUNDO EXERCICIO: De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá na contestación a un cuestionario tipo test de 20 preguntas con respostas alternativas, sendo unha delas a correcta, relacionado ca parte específica do programa unido ás presentes bases, durante o periodo máximo de noventa minutos. As preguntas en branco non se contabilizan.
TERCEIRO EXERCICIO: De carácter obligatorio e eliminatorio.
Consistirá en desenvolver nun periodo máximo de unha hora, un suposto práctico a elixir entre dous propostos polo tribunal e que serán plantexados por este antes do comenzo do exercicio.
b) A Fase de concurso non terá carácter eliminatorio e celebrarase despois da fase de oposición.
Cualificarase de acordo cos méritos e valoracións especificados no Anexo I desta convocatoria sen que a cualificación poida exceder dos seis puntos na súa totalidade.
c) Proba de Galego.- Tendente á demostración do coñecemento do idioma galego por parte de aqueles aspirantes que non xustifiquen a posesión do título acreditativo do perfeccionamento expedido por organismo oficial, ou título acreditativo expedido por entidade académica. O exercicio consistirá en traducir por escrito, sen diccionario, un texto do castelán ó galego, nun tempo máximo de unha hora. A calificación deste exercicio será apto ou non apto.
Os que non o superen terán dous anos para facer os cursos de perfeccionamento de galego ou o Celga 4. De non facelos, non poderán participar en ningún proceso de promoción ou provisión de postos que se convoquen.
A cualificación definitiva estará determinada pola suma das puntuacións obtidas en cada un dos exercicios que compoñen a fase de oposición e a puntuación resultante da fase de concurso, e faranse públicas no Taboleiro de Edictos do Concello de Monterroso.
No caso de producirse empate nas puntuacións obtidas por varios/as aspirantes, decidirá a puntuación obtida na fase de oposición. En caso de que persista o empate decidirase por sorteo.
A calificación dos exercicios será a media aritmética da puntuación outorgada por cada membro do Tribunal.

NOVENA.- RELACIÓN DE APROBADOS.
O resultado final do concurso oposición virá determinado pola suma das puntuacións obtidas nas dúas fases do proceso selectivo.
Finalizadas as probas selectivas o tribunal fará pública nos lugares determinados, a relación definitiva dos aspirantes aprobados pola orde da puntuación obtida. Esta relación elevarase ao señor alcalde-presidente. Ó mesmo tempo remitirá á citada autoridade a acta de sesión.
Os tribunais non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ao dos postos de traballo que se convocaran.

DÉCIMA.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.
Os/as aspirantes propostos/as, achegarán no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir da publicación da lista de aprobados/as, no Rexistro Xeral da Corporación, os documentos seguintes:
1) Fotocopia (que deberá presentarse xunto co original para a súa compulsa) do DNI ou pasaporte.
2) Certificado médico acreditativo de posúir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.
3) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, o acceso ó emprego público.
4) Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente ós efectos da contratación.
Os/as aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificado dos órganos competentes que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.
A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base, e agás nos caso de forza maior, ou cando do exame da mesma se dedúza que carecen dalgún dos requisitos sinalados nas bases, non poderán ser contratados e quedarán anuladas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorreran por falsidade na solicitude de participación.

UNDÉCIMA.- FORMALIZACIÓN DOS CONTRATOS DE TRABALLO
Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polos interesados, o Sr. Alcalde resolverá o proceso selectivo e se procederá a formalización dos contratos laborais conforme a lexislación vixente.
Para adquirir a condición de pesoal laboral fixo o/a aspirante seleccionado/a, deberá superar satisfactoriamente un periodo de proba dun mes. No caso de non superalo, a Administración comunicarallo por escrito motivado. A rescisión durante este periodo non dará lugar a indemnización.

DUODÉCIMA.- IMPUGNACIÓN.
Contra as presentes bases, sendo que o seu acordo aprobatorio é definitivo en via administrativa, poderase interpor polos interesados lexítimados os seguintes recursos:
Con carácter potestativo recuso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto recurrido no prazo dun mes a contar dende o dia seguinte ó da publicación das bases no BOP. Si transcurrira un mes dende o día siguiente ó da interposición do recurso de reposición sen que este fora resolto, poderán entenderse que foi desestimado e interpor recurso contencioso-administrativo á súa elección ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de seis meses.
Recurso contencioso-administrativo á súa elección perante o Xulgado do Contencioso administrativo de Lugo dentro do prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da publicación das bases no BOP.
Contra cantos actos administrativos se deriven das bases e da actuación do Tribunal, poderán ser interpostos polos interesados os oportunos recursos nos casos e na forma establecidas na Lei 30/1992 de 26 de novembro e na Lei 29/98 de 13 de xullo reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.


 

ANEXO I.- PROGRAMA DE MATERIAS

PARTE COMÚN

Tema 1.- A Constitución Española. Estrutura e Principios Xerais. Os dereitos e deberes fundamentais dos españois. Garantías e Suspensión.
Tema 2.- O Estatuto de Autonomía de Galicia.
Tema 3.- O municipio: concepto e elementos. O termo municipal. A poboación. Especial referencia ó territorio de Monterroso.

PARTE ESPECÍFICA

Tema 4.- Aspectos xerais do envellecemento. O ancián como enfermo crónico. Necesidades sociais e humanas no envellecemento.
Tema 5.- O servizo de axuda a domicilio (SAD). A auxiliar de axuda a domicilio.
Tema 6.- Actuacións da auxiliar de axuda a domicilio: de carácter doméstico, de carácter persoal e actuacións de carácter xeral.
Tema 7.- Fisiopatoloxía no ancián.
Tema 8.- Psicoxeriatría.
Tema 9.- Rehabilitación. Terapia ocupacional.
Tema 10.- O doente terminal. Asistencia ós doentes crónicos e terminais. Coidados post mortem. O dó.

 


ANEXO II

BAREMO DA FASE DE CONCURSO

A valoración desta fase de concurso non suporá, con relación ás probas selectivas, máis dun 40% da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición. É así que no caso de superarse esta porcentaxe os puntos que excedan non serán tidos en conta. Co fin de asegurar a debida idoneidade do persoal aspirante, este deberá superar, na fase de oposición, a puntuación mínima establecida para as respectivas probas selectivas.

A) Experiencia profesional por servizos prestados en igual ou similar praza a que se convoca.
- Por servizos prestados na Administración Local, mediante relación funcionarial ou laboral, en postos da mesma ou superior categoría, con funcións análogas ás da praza que se oferta, acreditados con informe de vida laboral ó que se deberá unir o correspondente certificado expedido polo órgano competente ou contrato laboral: 0,06 puntos por cada mes completo de servizos, non valorándose as fraccións inferiores ao mes.
 A puntuación total por experiencia profesional non superará os 3 puntos

B) Entrevista curricular:
A entrevista valorarase ata un máximo de 3 puntos e terá por obxecto acreditar o dominio dos coñecementos, formación e experiencia acreditada no currículo en relación coa praza/posto/funcións á que optan e ó posto a desempeñar. Valorarase principalmente a aptitude e actitude para o posto que se convoca.


 
ANEXO III

MODELO DE SOLICITUDE.

D/Dona ……………….................. co D.N.I. núm. ……………...... e con enderezo a efecto de notificacións en .......................................... teléfono………………....
Enteirado da convocatoria para cubrir cinco postos de traballo de Auxiliares de Axuda no Fogar do Concello de Monterroso, mediante concurso oposición libre, publicada no BOP núm. .... de data…………………………, no DOGA número……e data…………………e no BOE número……de data………………………

DECLARA:

Que coñece o contido das bases reguladoras desta convocatoria,
Que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes cumpre todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases,
Que se compromete caso de ser seleccionado a prestar xuramento ou promesa, segundo o establecido no Real Decreto 707/1979 de 5 de abril.
Xunto coa presente solicitude, acompaño:
- fotocopia compulsada do DNI,
- fotocopia compulsada dos certificados de escolaridade e de profesionalidade e do carne de conducir esixido nas bases.
- xustificante de ter aboados os dereitos de exame.
- relación de méritos que alega pola orden establecida na convocatoria

En vista do que SOLICITA:

Que se admita a presente solicitude, xunto coa documentación adxunta, para concurrrir ó proceso selectivo incoado ó efecto para a selección de persoal laboral fixo para o posto de traballo convocado.

En Monterroso, a……..de…………………………….de 20

 

Asdo.

 


Ó SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONTERROSO”

 

 

RECURSOS: A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados, interpoñendo potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Alcalde no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación desta no BOP, ou recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación Reguladora da dita Xurisdición, sen prexuízo de que poidan interpor calquera outro que estimen procedente.

Monterroso, 15 de abril de 2010,
O alcalde,


Asdo. Antonio E. Gato Soengas

 

 
Proposta Alcaldía oferta emprego público 2010 PDF Imprimir
luns, 22 marzo 2010
.- Proposta de Alcaldía relativa á aprobación oferta emprego público 2010.
Polos membros da Xunta de Goberno Local examinouse a proposta de alcaldía que se transcribe:
“PROPOSTA DE ALCALDÍA RELATIVA Á APROBACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO CORRESPONDENTE Ó ANO 2010.
Visto o cadro de persoal comprensivo dos postos de traballo reservados a funcionarios, e persoal laboral deste Concello, xunto co Presuposto para o ano 2010, que foi aprobado pola Corporación en sesión plenaria do día 22 de decembro de 2009,
Visto o Plan de ordenación de recursos humanos do Concello de Monterroso, aprobado na mesma sesión plenaria citada, e publicado o seu contido coa modificación e aprobación do cadro de persoal no BOP de 13 de febreiro de 2010
Vista a oferta de emprego público de 2008 acordada pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 30 de decembro de 2008 publicada no BOP de 29/01/09 e no DOG de 10/02/09
Procede pois dar cumprimento ó preceptuado no artigo 70 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, en relación co artigo 91 da Lei de Bases de Réxime Local, aprobando e publicando a oferta anual de emprego do persoal ó servizo deste Concello
 Polo exposto, proponse á Xunta de Goberno Local a adopción do seguinte acordo
Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Monterroso para o ano 2010 no sentido que se indica:
 PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA
 a) Quenda promoción interna:
- Grupo consonte o artigo 76 da Lei 7/2007: C Subgrupo C2. Clasificación: Escala de Administración Especial, subescala Auxiliar.
Número de vacantes: Unha.
Denominación: Auxiliar Servizos Xerais.
 b) Quenda libre- consolidación de emprego temporal:
- Grupo consonte o artigo 76 da Lei 7/2007: A Subgrupo A2. Clasificación: Escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais.
Número de vacantes: Unha.
Denominación: Traballador/a Social.
 PERSOAL LABORAL FIXO
 a) Quenda libre-consolidación de emprego temporal.
- Un Mestre/a escola infantil (OEP 2008)
- Tres Capataces GRUMIR.
- Un/ha auxiliar OMIX.
b) Concurso oposición libre:
- Cinco Auxiliares de Axuda no fogar (OEP 2008)
A Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo Sr. Alcalde-Presidente con data 27 de xuño de 2007 (B.O.P. do 21 xullo de 2007), por unanimidade e en votación ordinaria, acorda:
Prestar aprobación a proposta de alcaldía que se transcribe resolvéndoa nos seus propios termos.
 
Decreto 14/01/09-3 PDF Imprimir
luns, 19 xaneiro 2009

DECRETO.- Monterroso, 14 de xaneiro de 2009.

 

            Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 26 de febreiro de 2008 e publicadas no BOP de Lugo o 25 de marzo de 2008 para a provisión de duas prazas de peóns no cadro de persoal laboral fixo deste Concello, polo presente

 

            RESOLVO

 

            PRIMEIRO.- Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección ao abeiro de canto se dispón na base 4.2 das bases xerais de convocatoria.

Aspirantes admitidos:

Apelidos e nome                                                                      DNI  

1) Expósito Castro, Jesús                                              76.574.980-E

2) Fernández Vila, Óscar                                                33.349.091-B

3) Castiñeira Viña, Manuel Luis                                     33.304.223-Q

Aspirantes excluídos:

Non hai.

A referida lista queda exposta ao público no taboleiro de editos do Concello.

 

SEGUNDO.- Nomear os membros do Tribunal cualificador que terá aos seguintes membros:

Presidente:

Titular: don José Benito Rodríguez Porral, administrativo xefe de negociado do Concello de Monterroso.

Suplente: don Carlos García Carballo, Alguacil-Auxiliar do Concello de Monterroso.Secretario: Titular: dona Mónica Vázquez Fandiño, secretaria-interventora do Concello de Monterroso.Suplente: don José Luis Vázquez Méndez, secretario interventor dos Concellos de Guntín e Portomarín.Vogais:1º.- Titular: dona Blanca Mª Vázquez Enríquez, tesoreira do Concello de Monterroso.Suplente: don José Luis Mato Vázquez, administrativo xefe de negociado do Concello de Monterroso.2º.- Titular: don José Antonio Barrio Cabana, oficial de servizos múltiples do Concello de Monterroso.Suplente: don Jorge Sobrado Moreiras, encargado de mantemento do Concello de Taboada.3º.- Titular: dona Carmen Rodríguez Geada, arquitecta colexiada número 2440.Suplente: don Carlos Longarela Sanfiz, do arquitecto colexiado número 2577.

Os aspirantes poderán recusar estes nomeamentos ao abeiro do disposto no artigo 29 da lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; os compoñentes do tribunal deberán absterse cando concorra algún dos casos previstos no artigo 28 do mesmo corpo legal.

TERCEIRO: Citar aos membros do tribunal cualificador para a súa constitución e para proceder á valoración dos méritos, o día 3 de marzo de 2009 ás 13:00 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.CUARTO: Citar aos membros do tribunal cualificador e aos aspirantes admitidos para a realización da entrevista da fase de oposición o día 3 de marzo ás 13:15 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.

QUINTO: Citar aos membros do tribunal cualificador e aos aspirantes admitidos para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 3 de marzo ás 13:30 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.

SEXTO: Publicar este acordo no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Contra o primeiro parágrafo da parte dispositiva desta resolución, que resulta definitiva en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de reposición diante do señor alcalde no prazo dun mes contado a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia ou ben, recurso contencioso administrativo diante da Sala do Contencioso administrativo do tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia.

 

Mándao e asínao o señor alcalde do que eu, secretaria dou fe.

O alcalde                                                                              A secretaria

    

Asdo. Antonio E. Gato Soengas                          Asdo. Mónica Vázquez Fandiño

 
 
Decreto 14/01/09-2 PDF Imprimir
luns, 19 xaneiro 2009

DECRETO.- Monterroso, 14 de xaneiro de 2009.

 

            Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 26 de febreiro de 2008 e publicadas no BOP de Lugo o 25 de marzo de 2008 para a provisión de unha praza de Oficial 1ª-Capataz vacante no cadro de persoal laboral fixo deste Concello, polo presente

 

            RESOLVO

 

            PRIMEIRO.- Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección ao abeiro de canto se dispón na base 4.2 das bases xerais de convocatoria.

Aspirante admitido:

Apelidos e nome                                                                                          DNI  

1) García Taboada, Luciano                                                         33.860.628-H

Aspirantes excluídos:

Non hai.

A referida lista queda exposta ao público no taboleiro de editos do Concello.

 

SEGUNDO.- Nomear os membros do Tribunal cualificador que terá aos seguintes membros:

Presidente:

Titular: don José Antonio Barrio Cabana, oficial de servizos múltiples do Concello de Monterroso.Suplente: don Jorge Sobrado Moreiras, encargado de mantemento do Concello de Taboada.Secretario: Titular: dona Mónica Vázquez Fandiño, secretaria-interventora do Concello de Monterroso.Suplente: don José Luis Vázquez Méndez, secretario interventor dos Concellos de Guntín e Portomarín.Vogais:1º.- Titular: don José Luis Mato Vázquez, administrativo xefe de negociado do Concello de Monterroso.Suplente: dona Blanca Mª Vázquez Enríquez, tesoreira do Concello de Monterroso.2º.- Titular: don José Benito Rodríguez Porral, administrativo xefe de negociado do Concello de Monterroso.

Suplente: dona dona Carmen Vázquez García, funcionaria do Concello de Begonte.

3º.- Titular: dona Carmen Rodríguez Geada, arquitecta colexiada número 2440.Suplente: don Carlos Longarela Sanfiz, do arquitecto colexiado número 2577.

Os aspirantes poderán recusar estes nomeamentos ao abeiro do disposto no artigo 29 da lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; os compoñentes do tribunal deberán absterse cando concorra algún dos casos previstos no artigo 28 do mesmo corpo legal.

TERCEIRO: Citar aos membros do tribunal cualificador para a súa constitución e para proceder á valoración dos méritos, o día 3 de marzo de 2009 ás 11:00 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.CUARTO: Citar aos membros do tribunal cualificador e aos aspirantes admitidos para a realización da entrevista da fase de oposición o día 3 de marzo ás 11:15 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.

QUINTO: Citar aos membros do tribunal cualificador e aos aspirantes admitidos para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 3 de marzo ás 11:30 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.

SEXTO: Publicar este acordo no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Contra o primeiro parágrafo da parte dispositiva desta resolución, que resulta definitiva en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de reposición diante do señor alcalde no prazo dun mes contado a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia ou ben, recurso contencioso administrativo diante da Sala do Contencioso administrativo do tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia.

 

Mándao e asínao o señor alcalde do que eu, secretaria dou fe.

O alcalde                                                                              A secretaria

   

Asdo. Antonio E. Gato Soengas                          Asdo. Mónica Vázquez Fandiño

 
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Fin >>

Resultados 10 - 17 de 17
Trámites en liña
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
© Concello de Monterroso