|
Información pública
A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 23 de marzo de 2010 prestou aprobación ás bases xerais para o acceso en propiedade ás prazas vacantes de funcionarios de carreira/persoal laboral fixo, en quenda de consolidación de emprego, de acordo co disposto na disposición transitoria cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, para prazas de carácter estrutural dos distintos corpos, escalas ou categorías, que estean dotados presupostariamente no Concello de Monterroso e se atopen desempeñadas interina ou temporalmente con anterioridade ó 1 de xanerio de 2005 e as bases específicas de consolidación dos seguintes: Traballador/a Social; Mestre/a de Educación Infantil; Auxiliar da Oficina Municipal de Información Xuvenil; e Capataces GMIR, incluídas na oferta de emprego público para o ano 2010, que figuran como vacante no cadro de persoal para 2010, ordeando a publicación íntegra das citadas bases:
“BASES XERAIS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE FUNCIONARIOS/PERSOAL LABORAL DO EXCMO. CONCELLO DE MONTERROSO, EN QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL
PRIMEIRA.- OBXECTO.
O obxecto destas bases xerais é a regulación do procedemento xeral para o acceso en propiedade ás prazas vacantes de funcionarios de carreira/persoal laboral fixo, en quenda de consolidación de emprego, de acordo co disposto na disposición transitoria cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, para prazas de carácter estrutural dos distintos corpos, escalas ou categorías, que estean dotados presupostariamente no Concello de Monterroso e se atopen desempeñadas interina ou temporalmente con anterioridade ó 1 de xanerio de 2005. A regulación contida nestas bases completarase co previsto nas correspondentes bases específicas e convocatorias.
SEGUNDA.- CONTIDO MÍNIMO DAS BASES ESPECÍFICAS.
As bases específicas haberán de regular os aspectos particulares do proceso de selección atendendo ás peculiaridades das prazas a que se refiran, de acordo cos criterios contidos nestas bases xerais, que só poderán modificarse por resolución motivada fundada en concretas especialidades da praza de que se trate. As bases específicas recollerán, como mínimo, os seguintes contidos:
1º.- Denominación da praza.
2º.- Escala, subescala, clase, rama ou especialidade e demais características propias das prazas.
3º.- Grupo de titulación.
4º.- Sistema selectivo elixido.
5º.- Requisitos, titulacións e outras condicións específicas que han de reunir os aspirantes.
6º.- Modelo de solicitude de participación no proceso selectivo.
7º.- Determinación das probas que deben superar os aspirantes, con indicación do seu carácter obrigatorio ou voluntario, eliminatorio ou non eliminatorio.
8º.- Programa temario de materias específicas, de acordo co número de temas e coa distribución destes entre materias comúns e materias específicas contidas nestas bases xerais.
9º.- Determinación das características, contidos xerais e criterios de avaliación dos cursos de formación e período de prácticas, no caso de que se establezan.
TERCEIRA.- CONTIDO MÍNIMO DAS CONVOCATORIAS.
O señor alcalde, unha vez publicada a oferta de emprego público nos diarios oficiais que proceda, convocará os correspondentes procesos selectivos. As convocatorias conterán, como mínimo, as seguintes especificacións: Corporación convocante; denominación da praza; número de prazas convocadas; escala, subescala, clase, rama ou especialidade e demais características propias das prazas; grupo de titulación; sistema selectivo elixido, de acordo coas bases xerais e específicas aprobadas para cada praza; titulación e demais requisitos que han de reunir os aspirantes.
CUARTA.- NORMATIVA DE APLICACIÓN.
Os correspondentes procesos selectivos regularanse polo disposto nestas bases xerais e polas específicas de cada praza e a convocatoria. No que non estea previsto nelas, pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do Empregado Público, pola Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xuño; pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, na redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril; polo Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril; polo Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, de regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local, e supletoriamente, nos artigos que sexan de aplicación, polo Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aprobou o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ó Servizo da Administración Xeral do Estado, e polo Decreto 95/1991, do 23 de marzo, da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, polo que se aprobou o Regulamento de Selección de Persoal.
QUINTA.- PUBLICIDADE.
As bases xerais e as específicas, así como as convocatorias, publicaranse no BOP (Boletín Oficial da Provincia) de Lugo.
Os anuncios das convocatorias publicaranse no BOE (Boletín Oficial do Estado) cos requisitos recollidos no art. 6.2º do Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, xunto coa súa publicación no DOGA.
SEXTA.- SISTEMA SELECTIVO.
O procedemento selectivo será o de concurso oposición libre conforme ó establecido na DT 4ª da lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
Á fase de concurso aplicaráselle o correspondente baremo que figura como anexo destas bases. A fase de concurso non terá carácter eliminatorio e non poderá terse en conta para superar as probas da fase de oposición. A valoración dos méritos ou nivel de experiencia non suporá, con relación ás probas selectivas, máis dun 40% da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición. É así que, no caso de superarse esta porcentaxe, os puntos que excedan non serán tidos en conta. As prazas que quedasen vacantes no proceso de consolidación de emprego, acumularanse no seu caso ás convocadas por quenda libre. Co fin de asegurar a debida idoneidade das persoas aspirantes, estas deberán superar, na fase de oposición, a puntuación mínima establecida para as respectivas probas selectivas.
SÉTIMA.- REQUISITOS DO PERSOAL ASPIRANTE.
Para tomar parte nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
a).- Ter a nacionalidade española. Os nacionais dos estados membros da Unión Europea poderán acceder como persoal funcionario, en igualdade de condicións que os españois ós empregos públicos, con excepción daqueles que directa ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou nas funcións que teñan por obxecto a salvagarda dos intereses do Estado ou das administracións públicas. É así que, nas convocatorias específicas, se determinará o acceso ou non ás prazas por parte dos nacionais dos estados membros da Unión Europea. Isto mesmo aplicarase, calquera que sexa a súa nacionalidade, ó cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito e ós seus descendentes e ós do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes. Estenderase igualmente ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos nos parágrafos precedentes, e tal e como se dispón no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
b).- Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas.
As persoas con minusvalías compatibles coas tarefas e funcións correspondentes á praza convocada poderán concorrer en igualdade de condicións que o resto dos/as aspirantes, e aplicarase o establecido na Orde PRE/1.822/2006, do 9 de xuño, publicada no BOE do 13 de xuño de 2006, polo que se establecen os criterios para adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ó emprego público de persoas con discapacidade. Para estes efectos, os tribunais poderán requirir informe ou colaboración doutros órganos administrativos ou da Administración Sanitaria.
c).- Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder, se é o caso, da idade máxima de jubilación forzosa, excepto naqueles casos en que por Lei veña establecida outra idade para a cobertura de determinadas prazas.
d).- Posuír a titulación esixida.
e).- Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargo público por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionarios, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.
f).- Os requisitos concretos que se establezan nas convocatorias específicas.
OITAVA.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.
Os interesados e interesadas en participar nos correspondentes procesos selectivos deberán presentar instancia dirixida ó señor alcalde no Rexistro Xeral do Concello Monterroso; así mesmo, poderán remitirse na forma determinada polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Ás solicitudes de participación deberá xuntárselle a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados membros da Unión Europea.
b) Xustificante do ingreso dos dereitos de exame. Os interesados e/ou interesadas deberán unirlle á solicitude o xustificante de ter ingresados os dereitos de exame, cuxo importe se fará efectivo en calquera conta corrente aberta ó nome do Concello de Monterroso tal e como fixa a base novena, e deberase indicar no impreso o nome e apelidos da persoa aspirante e a categoría á que opta. O importe dos dereitos de exame só será devolto a quen non fose admitido por falla dalgún dos requisitos esixidos para tomar parte nelas.
c) Fotocopia compulsada da titulación esixida.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados dende o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
NOVENA.- DEREITOS DE EXAME.
O importe a abonar por dereito de exame serán os establecidos na ordenanza reguladora da taxa por dereitos de exame. O aboamento deste importe farase en calquera das oficinas de Caixa Galicia, La Caixa, Banco de Galicia, Banesto, Banco Pastor e Banco de Santander, nos de número de conta titularidade deste Concello.
DÉCIMA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
Para ser admitido e, de ser o caso, tomar parte nas probas selectivas, será necesario que os/as aspirantes presenten unha instancia tal e como figura na base oitava, xunto coa documentación que nela se sinala, e manifesten nas súas instancias que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidos na base sétima, así como os específicos que se esixan nas bases específicas e en cada convocatoria individualizada, requisitos que se entenderán referidos sempre ó día en que remate o prazo de presentación de instancias, e que se comprometan, no caso de ser propostos para o correspondente nomeamento, a prestar xuramento ou promesa de acordo co que determina o R. D. 707/1979, do 5 de abril.
Se en calquera momento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria, logo de audiencia previa ó interesado, o tribunal deberá darlle coñecemento ó señor alcalde, das anomalías observadas, para os efectos de adoptar, no prazo de vintecatro horas, a resolución que proceda en relación coa continuación do aspirante no procedemento selectivo.
UNDÉCIMA.- LISTA DE ADMITIDOS. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS.
Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía, ditará resolución pola que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, con indicación do motivo de exclusión, e sinalarase un prazo de dez días hábiles para enmendas, de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. No prazo de enmendas, unicamente poderán corrixir os requisitos indispensables para participar no proceso selectivo.
A data, hora e lugar de celebración do primeiro exercizo poderá publicarse conxunta ou separadamente coa lista provisional de admitidos e excluídos.
Estas resolucións deberán ser publicadas no BOP de Lugo.
Os sucesivos anuncios publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello e nos locais onde se celebrou a proba anterior.
DUODÉCIMA.- TRIBUNAIS CUALIFICADORES.
1) Composición e nomeamento dos tribunais.
De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, a composición dos tribunais cualificadores deberá axustarse ós principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, atendendo á paridade entre homes e mulleres, non podendo formar parte dos mesmos o persoal de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual. Os tribunais estarán compostos por 5 membros, dos cales un será o Presidente, outro o Secretario e os outros tres serán Vogais. A composición dos tribunais será predominantemente técnica e os vogais deberán poseer titulación ou especialización iguais ou superiores ás esixidas para o acceso ás prazas convocadas. Ningunha persoa integrante do tribunal terá titulación inferior á esixida para a admisión ás probas. Os tribunais non poderán estar compostos maioritariamente por personal funcionario dos corpos ou escalas de que se trate.
Para cada un dos membros do tribunal será designado un suplente. Este actuará nos supostos de que o titular non poida asistir á correspondente sesión do órgano de selección.
O nomeamento dos tribunais farase por Resolución da Alcaldía, que se publicará no BOP de Lugo e que poderá ser conxunta ou independente da de aprobación de aspirantes admitidos e excluídos.
2) Abstención e recusación.
Os membros dos tribunais deberán absterse de formar parte destes cando concorran as circunstancias previstas na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, circunstancia que se lle notificará á autoridade convocante, e tamén deberán absterse cando realizasen tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación das respectivas convocatorias.
Os/as aspirantes poderán recusar ós membros dos tribunais nos termos previstos na mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
3) Actuación dos tribunais.
Ningún tribunal poderá constituírse nin actuar sen a asistencia, como mínimo, do presidente e do secretario ou de quen legalmente os substitúa, e da metade, cando menos, do resto dos seus membros, titulares ou suplentes.
Os tribunais poderán dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas que estimen necesario. Estes asesores limitarán a súa actuación á colaboración cos tribunais exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas.
O tribunal resolverá todas as dúbidas que pudiesen xurdir no desenvolvemento do proceso selectivo.
As resolucións dos tribunais serán inmediatamente executivas e vincularán á Administración convocante, sen prexuízo de que esta poida proceder á súa revisión de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Contra as resolucións e actos dos tribunais e os seus actos de trámite que impidan continuar o procedemento ou produzan indefensión, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o señor Alcalde.
O tribunal poderá valerse de persoal auxiliar durante o desenvolvemento material dos exercizos.
DÉCIMO TERCEIRA.- MODALIDADES DAS PROBAS DOS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS.
As bases específicas de convocatoria haberán de contemplar as probas selectivas que deberá superar o persoal aspirante, as cales poderán ser de carácter obrigatorio e eliminatorio, obrigatorio e non eliminatorio ou voluntario e non eliminatorio.
En todo caso, existirá un exercicio teórico de carácter obrigatorio e eliminatorio sobre materias comúns, e un tamén obrigatorio e eliminatorio que deberá ter carácter práctico.
As probas irán dirixidas a determinar a aptitude e coñecementos do aspirante para o concreto desempeño da praza que se convoque. Neste sentido, as convocatorias poderán incluír os seguintes tipos de probas:
A) Probas selectivas de aptitude e coñecementos xerais e específicos, as cales poderán ter carácter físico, teórico ou práctico.
a) As probas físicas serán as determinadas en cada suposto concreto polas bases e convocatorias específicas de acordo coa natureza da praza convocada, e poderán consistir en probas de forza, resistencia, velocidade, habilidade e, en xeral, calquera outra que permita determinar as condicións físicas dos aspirantes.
b) As probas teóricas poderán adoptar calquera das seguintes modalidades:
- Exposición por escrito dunha ou máis preguntas de desenvolvemento elexidas polo tribunal de entre o temario da parte común ou específica.
- Exposición, por escrito ou oral, dun ou máis temas extraídos ó chou de entre as materias comúns e específicas contidas no programa, de acordo co que determinen as bases específicas e as convocatorias.
- Contestación a un cuestionario, que poderá ser referido a cuestións concretas relacionadas co contido do programa (resposta curta) ou adoptar a forma de cuestionario tipo test, con respostas alternativas.
c) As probas prácticas determinaranse segundo a natureza e características das prazas, e poderán consistir na redacción de informes ou proxectos, solución de supostos prácticos, redacción de documentos administrativos, e outros de carácter análogo.
Tamén poderán consistir na execución material de determinadas tarefas, tales como mecanografado, tratamento de textos, etc., e outras destinadas a comprobar a destreza no oficio dos aspirantes.
Nas bases de convocatoria ou nos anuncios de celebración das probas, determinaranse os medios materiais cos que deberán acudir provistos os aspirantes para realizar as probas prácticas.
B) Coñecemento da lingua galega. A proba de coñecemento do idioma galego unicamente será obrigatoria para o persoal aspirante que non acredite o título de perfeccionamento de galego ou a validación correspondente, ou estar en posesión do Celga 4. O exercicio de galego para os/as aspirantes que deban realizar a proba de coñecemento do idioma galego cualificarase como apto ou non apto. Os que non o superen terán dous anos para facer os cursos de perfeccionamento de galego ou o Celga 4. De non facelos, non poderán participar en ningún proceso de promoción ou provisión de postos que se convoquen.
C) Probas voluntarias. As bases específicas poderán conter probas de carácter voluntario e non eliminatorio relacionadas coas funcións propias das prazas convocadas.
D) Período de prácticas e curso selectivo. As bases específicas poderán establecer un período de prácticas ou curso selectivo, que os aspirantes deberán superar para obter o nomeamento como funcionario de carreira ou a formalización do contrato laboral, con determinación das características, duración e prazo máximo para o comezo, así como o centro ou órgano responsable da avaliación do período de prácticas ou curso selectivo.
DÉCIMO CUARTA.- PROGRAMAS.
Todos os exercicios versarán sobre as materias contidas nos programas ós que se axustarán as convocatorias.
Os programas conterán unha parte común a todas as prazas correspondentes a un mesmo grupo de titulación (materias comúns), de acordo co establecido nestas bases xerais, e unha parte específica (materias específicas), relacionada co contido das funcións e tarefas atribuídas á praza convocada e que serán aprobadas nas correspondentes bases específicas.
As materias comúns constituirán unha quinta parte do total das materias do programa. O número mínimo de temas e a distribución entre materias comúns e materias específicas, atendendo ó grupo de titulación, será da seguinte forma:
Comúns/ Específicas/ Total temas GRUPO A (Subgrupo A1) 18/ 72/ 90
GRUPO A (subgrupo A2) 12/ 48/ 60
GRUPO C (subgrupo C1) 8/ 32/ 40
GRUPO C (subgrupo C2) 4/ 16/ 20
Agrupacións profesionais da DA 7ª da Lei 7/2007, do Estatuto básico (antigo grupo E) 2/ 8/ 10
Nas probas selectivas para o acceso á escala de administración xeral, dúas quintas partes do total dos temas do programa desenvolverán en profundidade algunha ou algunhas das materias comúns.
DÉCIMO QUINTA.- TEMARIO DE MATERIAS COMÚNS.
As probas selectivas convocadas para a cobertura de prazas desenvolveranse, en función do grupo de titulación, de acordo co seguinte temario de materias comúns.
MATERIAS COMÚNS DO GRUPO A (subgrupo A1).
TEMA 1.- A Constitución Española de 1978: Estrutura e contido. A reforma constitucional. A Coroa. Sucesión. O Rei: as súas funcións.
TEMA 2.- Dereitos fundamentais e liberdades públicas.
TEMA 3.- As Cortes Xerais. As funcións das Cortes. O funcionamento das Cortes.
TEMA 4.- O Goberno e a Administración. O Goberno: composición e funcións. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais.
TEMA 5.- O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Constitucional. Organización e funcións. Recursos e procesos ante o Tribunal Constitucional.
TEMA 6.- A Comunidade Autónoma Galega. O Estatuto de Autonomía. O Parlamento de Galicia.
TEMA 7.- Administración autonómica de Galicia. Organización e estrutura básica.
TEMA 8.- O réxime local español. Principios constitucionais. As entidades locais: a provincia e outras entidades locais.
TEMA 9.- O municipio de Monterroso. Poboación e termo municipal. Organización e competencias. Servizos municipais.
TEMA 10.- O municipio de Monterroso. Organización municipal específica: Pleno, Alcalde, Xunta de Goberno Local, tenentes de Alcalde e concelleiros delegados. Comisións do Pleno e outros órganos complementarios. Poboación e termo municipal.
TEMA 11.- Bens, actividades e servizos das entidades locais. A contratación local. O persoal ó servizo das entidades locais.
TEMA 12.- A potestade regulamentaria dos entes locais. Regulamento orgánico. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Procedemento de elaboración e aprobación. Límites da potestade regulamentaria.
TEMA 13.- O procedemento administrativo común. Principios. Estrutura.
TEMA 14.- O procedemento administrativo común: Fases.
TEMA 15.- Procedemento administrativo sancionador.
TEMA 16.- A responsabilidade patrimonial da Administración pública. Especial referencia á Administración local.
TEMA 17.- A revisión dos actos administrativos. Os recursos administrativos. A xurisdición contencioso administrativa: o recurso contencioso administrativo.
TEMA 18.- As facendas locais. Recursos das facendas locais. Especial referencia ós recursos do municipio. O orzamento das entidades locais. Contido e aprobación. Control e fiscalización do gasto público.
MATERIAS COMÚNS DO GRUPO A (subgrupo A2).
TEMA 1.- A Constitución Española de 1978: Estrutura e contido. A reforma constitucional. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.
TEMA 2.- A Coroa. As Cortes Xerais. As funcións das Cortes Xerais. O Goberno e a Administración. O Goberno: composición e funcións. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais.
TEMA 3.- O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Constitucional. Organización e funcións. Recursos e procesos ante o Tribunal Constitucional.
TEMA 4.- A Comunidade Autónoma Galega. O Estatuto de Autonomía. O Parlamento de Galicia. Administración autonómica de Galicia. Organización e estrutura básica.
TEMA 5.- O réxime local español. Principios constitucionais. As entidades locais. A potestade regulamentaria dos entes locais. Ordenanzas, regulamentos e bandos.
TEMA 6.- As entidades locais territoriais. O municipio. Poboación e termo municipal. Organización e competencias. A provincia e outras entidades locais territoriais.
TEMA 7.- O municipio de Monterroso. Organización municipal específica: Pleno, Alcalde, Xunta de Goberno Local, tenentes de Alcalde e concelleiros delegados. Comisións do Pleno e outros órganos complementarios. Poboación e termo municipal.
TEMA 8.- Bens, actividades e servizos das entidades locais. A contratación local. O persoal ó servizo das entidades locais.
TEMA 9.- O procedemento administrativo común. Principios. Estrutura. Fases do procedemento administrativo.
TEMA 10.- Procedemento administrativo sancionador. A responsabilidade patrimonial da Administración pública. Especial referencia á Administración local.
TEMA 11.- A revisión dos actos administrativos. Os recursos administrativos. A xurisdición contencioso administrativa: o recurso contencioso administrativo.
TEMA 12.- As facendas locais. Recursos das facendas locais. Especial referencia ós recursos do municipio. O orzamento das entidades locais. Contido e aprobación. Control e fiscalización do gasto público.
MATERIAS COMÚNS DO GRUPO C (subgrupo C1).
TEMA 1.- A Constitución Española de 1978: Estrutura e contido. A reforma constitucional. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.
TEMA 2.- A Coroa. As Cortes Xerais. As funcións das Cortes Xerais. O Goberno e a Administración. O Goberno: composición e funcións. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. O poder xudicial.
TEMA 3.- A Comunidade Autónoma Galega. O Estatuto de Autonomía. O Parlamento de Galicia. Administración autonómica de Galicia. Organización e estrutura básica.
TEMA 4.- O réxime local español. Principios constitucionais. As entidades locais. O municipio. Poboación e termo municipal. Organización e competencias. A provincia e outras entidades locais territoriais.
TEMA 5.- O municipio de Monterroso. Organización municipal específica: Pleno, Alcalde, Xunta de Goberno Local, tenentes de Alcalde e concelleiros delegados. Comisións do Pleno e outros órganos complementarios. Poboación e termo municipal.
TEMA 6.- Bens, actividades e servizos das entidades locais. A contratación local. O persoal ó servizo das entidades locais.
TEMA 7.- O procedemento administrativo común. Principios. Estrutura. Fases do procedemento administrativo. A revisión dos actos administrativos.
TEMA 8. - As facendas locais. Recursos das facendas locais. Especial referencia ós recursos do municipio. O orzamento das entidades locais. Contido e aprobación. Control e fiscalización do gasto público.
MATERIAS COMÚNS DO GRUPO C (subgrupo C2)
TEMA 1.- A Constitución Española de 1978: Dereitos fundamentais e liberdades públicas. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno.
TEMA 2.- A Comunidade Autónoma Galega: O Parlamento de Galicia. Administración autonómica de Galicia. Organización e estrutura básica.
TEMA 3.- O réxime local español: Principios constitucionais. As entidades locais. O municipio. Poboación e termo municipal. Organización e competencias. Servizos municipais. O municipio de Monterroso.
TEMA 4.- O procedemento administrativo común: principios. Estrutura. Fases do procedemento administrativo. A revisión dos actos administrativos: Os recursos. O orzamento das entidades locais. Contido e aprobación. Control e fiscalización do gasto público.
MATERIAS COMÚNS DAS AGRUPACIÓNS PROFESIONAIS ÁS QUE FAI REFERENCIA A DA SÉTIMA DO EBEP
TEMA 1.- A Constitución Española de 1978: Dereitos fundamentais e liberdades públicas. Estrutura da organización do Estado. O Estatuto de Autonomía de Galicia: Título II.
TEMA 2.- O réxime local: o municipio. O procedemento administrativo común: fases. A revisión dos actos administrativos: Os recursos. O orzamento das entidades locais: Contido e aprobación. Control e fiscalización do gasto público.
DÉCIMO SEXTA.- DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS.
Unha vez feita a publicación sinalada na base undécima, os sucesivos anuncios publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e nos locais onde se celebrou a proba anterior, cando menos, con doce horas de antelación ó comezo deste, se se trata do mesmo exercizo, ou vintecatro horas se se trata dun novo exercicio.
Os aspirantes convocaranse para cada exercicio nun único chamamento, e quedarán decaídos no seu dereito os/as opositores/as que non comparezan ó ser chamados.
Os/as aspirantes terán que presentarse para a realización de cada exercicio provistos do orixinal do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados membros da Unión Europea, así como dos medios materiais esixidos para a práctica dos exercicios na convocatoria u polos tribunais.
En calquera momento, o tribunal poderá requirirlles ós opositores que acrediten a súa identidade.
Os exercizos terán lugar a porta pechada, sen outra asistencia que a dos membros do tribunal, os colaboradores designados por este e os aspirantes. Serán públicos os exercizos de exposición oral e aqueles que pola súa natureza se desenvolvan en lugares abertos, e o tribunal poderá acordar a lectura pública dos exercizos celebrados por escrito.
Dende a total conclusión dun exercizo ata o comezo do seguinte non poderán transcorrer máis de corenta e cinco días naturais, e deberá transcorrer un prazo mínimo de 72 horas, prazo ó que poderán renunciar os directamente afectados.
DÉCIMO SÉTIMA.- CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS.
Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios será cualificado de acordo coa puntuación que figure nas bases específicas correspondentes, segundo as seguintes regras:
A) Probas preselectivas: Serán cualificadas de apto ou non apto, de acordo co previsto nos cadros de exclusión ou cos resultados das probas que, de ser o caso, se realicen de acordo coas características das prazas convocadas. Os cualificados como non aptos quedarán automaticamente excluídos do proceso selectivo.
B) Probas selectivas: Serán cualificadas de acordo co seguinte:
a) Probas físicas: Puntuaranse segundo o disposto nas táboas que se determinen nas bases específicas.
b) Probas teóricas e prácticas: Os exercizos realizados cualificaranse de 0 a 10 puntos.
Os que non acaden a puntuación de 5 figurarán como non aptos.
Nos exercicios realizados polo sistema de cuestionario con resposta alternativa, os tribunais, con anterioridade á celebración do exercicio, deberán determinar, en función do número total de preguntas, a puntuación por resposta acertada e a penalización por resposta errónea, que deberá indicarse no encabezamento do exame. A resposta en branco terá puntuación cero.
C) Os exercicios voluntarios cualificaranse entre 0 e 2 puntos.
As cualificacións de cada un dos exercizos dos aspirantes serán as resultantes da puntuación global asignada polo tribunal a cada aspirante.
Os resultados das cualificacións dos exercicios faranse públicos no taboleiro de anuncios do Concello e nos locais onde se celebrou a proba anterior. Os aspirantes que non acaden a cualificación de aptos nas probas de carácter obrigatorio e eliminatorio non poderán realizar os exercicios seguintes, e quedarán eliminados do proceso selectivo. A cualificación final, na fase de oposición, de cada aspirante será a resultante da suma das cualificacións de cada un dos exercicios superados e, de ser o caso, das probas voluntarias.
DÉCIMO OITAVA.- RELACIÓN DE APROBADOS.
Rematada a cualificación final dos aspirantes, o tribunal fará pública a relación de aprobados, por orde de puntuación, no taboleiro de anuncios do Concello e, simultaneamente, elevaraa á Alcaldía, para os efectos de publicación no BOP. No suposto de empate nas puntuacións totais finais de dous ou máis aspirantes, este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no terceiro exercizo e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida no segundo e primeiro exercicio sucesivamente, ata que o empate se resolva. De persistir o empate, este resolverase coa realización dunha nova proba a decidir polo tribunal entre os aspirantes empatados en puntuación.
O tribunal non poderá propoñer o acceso á condición de funcionario/persoal laboral fixo dun número superior de aprobados ó de prazas convocadas, excepto cando así se prevexa na propia convocatoria.
Non obstante o anterior, sempre que o tribunal teña proposto o nomeamento de igual número de aspirantes que de prazas convocadas, e co fin de asegurar a súa cobertura, cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados, antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir do tribunal relación complementaria dos aspirantes que sigan ós propostos, para o seu posible nomeamento como funcionario de carreira. Este requirimento poderá tamén facerse ó tribunal cando os aspirantes aprobados, dentro do prazo fixado na base décimo novena, agás casos de forza maior, non presentasen a documentación establecida na devandita base ou dela se deducise que carecen dos requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, así como cando o aspirante non tomase posesión no período sinalado na base vixésima por causas a él imputables e salvo causa de forza maior.
DÉCIMO NOVENA.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.
No prazo de vinte días naturais contados dende o seguinte a aquel no que se publicou a relación de aprobados no BOP de Lugo, os/as aspirantes propostos /as deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello de Monterroso, ou en calquera das formas previstas no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os seguintes documentos acreditativos das condicións de capacidade e demais requisitos esixidos na convocatoria.
a) Declaración xurada de non estar separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso en ningún punto das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
b) Certificado que acredite non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función.
c) Dúas fotografías tamaño carné.
d) Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social (no caso de ter estado de alta).
Quen tivese xa a condición de funcionario público estará exento de xustificar as condicións e os requisitos acreditados para obter o seu anterior nomeamento, e deberá presentar soamente unha certificación que acredite a súa condición de funcionario e demais circunstancias que constan no seu expediente persoal e a xustificación dos requisitos específicos esixidos para o acceso.
Ademais da documentación xeral, no caso de funcionarios de estados membros da Unión Europea deberán presentar a documentación esixida pola Lei do 23 de decembro de 1993.
Os/as aspirantes aprobados que, dentro do prazo indicado, agás casos de forza maior, non presentasen a documentación esixida ou dela se deducise que carecen dos requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, non poderán ser nomeados, e quedarán anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade na súa instancia.
VIXÉSIMA.- NOMEAMENTO E TOMA DE POSESIÓN
Cumpridos os requisitos precedentes, a o Alcalde nomeará ós aspirantes propostos, que deberán tomar posesión, no prazo dun mes contado dende o día seguinte a aquel en que lle sexa notificado o nomeamento.
No caso de que o aspirante non tomase posesión ou non formalizase o contrato no período sinalado, salvo causa de forza maior, perderá todos os dereitos derivados de participación no procedemento selectivo e do nomeamento outorgado á súa persoa.
VIXÉSIMO PRIMEIRA.- PERÍODO DE PRÁCTICAS OU CURSO SELECTIVO.
Cando as bases específicas establezan un período de prácticas ou un curso selectivo, a Xunta de Goberno Local nomeará funcionarios en prácticas os aspirantes propostos ou establecerá un período de proba (formación ou prácticas) no respectivo contrato. O nomeamento como funcionarios de carreira ou a formalización definitiva do contrato poderá unicamente efectuarse unha vez superado con aproveitamento ben o período en prácticas, ben o curso selectivo, de acordo co establecido nas bases específicas.
Os aspirantes que non superen o período de prácticas ou o curso selectivo, de acordo co procedemento de avaliación previsto nas bases específicas, perderán o dereito ó seu nomeamento como funcionario de carreira ou á contratación como persoal laboral, mediante resolución da Xunta de Goberno Local, de ser o caso, a proposta do órgano responsable do seguimento das prácticas ou da avaliación do curso.
Os aspirantes que non puidesen realizar o curso selectivo ou período de prácticas por causa de forza maior, debidamente xustificada e apreciada pola Alcaldía, poderán incorporarse ó inmediatamente posterior que se celebre intercalándose no lugar correspondente á puntuación obtida.
VIXÉSIMO SEGUNDA.- INCOMPATIBILIDADES.
Os aspirantes que resulten nomeados para cubrir as prazas convocadas quedarán suxeitos dende o momento da súa toma de posesión ó réxime de incompatibilidades vixente e non poderán simultanear o exercizo desta co de calquera outra praza, postos, emprego ou actividade remunerada, nos termos previstos na lexislación sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.
VIXÉSIMO TERCEIRA.- RÉXIME DE RECURSOS.
As bases xerais, as específicas, as convocatorias e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999.
DISPOSICIÓN FINAL.-
Estas bases entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, e rexerán para todos os procesos selectivos para o acceso en propiedade, a prazas do cadro de funcionarios e de persoal laboral fixo do Excmo. Concello de Monterroso convocados con posterioridade á data da súa publicación.
Estas bases xerais derrogan cantas disposicións do mesmo carácter foran aprobadas polo Concello de Monterroso con anterioridade á súa entrada en vigor.
ANEXO
BAREMO DA FASE DE CONCURSO DOS PROCESOS CONVOCADOS PARA CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL
A valoración desta fase de concurso non suporá, con relación ás probas selectivas, máis dun 40% da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición. É así que no caso de superarse esta porcentaxe os puntos que excedan non serán tidos en conta. Co fin de asegurar a debida idoneidade do persoal aspirante, este deberá superar, na fase de oposición, a puntuación mínima establecida para as respectivas probas selectivas.
A) Experiencia profesional:
Os servizos efectivos prestados no Concello de Monterroso, na mesma praza, categoría ou realizando as mesmas funcións que a praza á que se opta e sempre referidos a servizos prestados interina ou temporalmente e iniciados con anterioridade ó 1 de xaneiro de 2005, e que de maneira ininterrompida continúen prestándose na data de finalización do prazo de presentación de instancias, valoraranse a razón de 0,10 puntos por cada mes de servizo. Os servizos efectivos prestados en calquer outro Concello ou Administración Pública, na mesma praza, categoría ou realizando as mesmas funcións que a praza á que se opta, valoraranse a razón de 0,05 puntos por cada mes de servizo, ata un máximo de 4 puntos.
B) Formación:
Cursos de formación e perfeccionamento, expedidos ou homologados por organismos oficiais, directamente relacionados coas funcións propias da praza convocada, excluidos os cursos relacionados coa informática, nos que se expedira diploma, certificación de asistencia ou, se é o caso, de aproveitamento ata un máximo de 2 puntos de conformidade cos seguintes criterios:
- Ata 20 horas de duración 0,10 puntos
- De 21 a 40 horas de duración 0,20 puntos
- De 41 a 60 horas de duración 0,30 puntos
- De 61 a 80 horas de duración 0,40 puntos
- De 81 a 100 horas de duración 0,50 puntos
- De 101 ou máis horas de duración 0,60 puntos
C) Entrevista curricular:
A entrevista valorarase ata un máximo de 2 puntos e terá por obxecto acreditar o dominio dos coñecementos, formación e experiencia acreditada no currículo en relación acoa praza/posto/funcións á que optan e ó posto a desempeñar. Valorarase principalmente a aptitude e actitude para o posto que se convoca.
EXCMO. CONCELLO DE MONTERROSO
SOLICITUDE PARA A PROVISIÓN DE PRAZAS DE PERSOAL FUNCIONARIO (QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL)
Don/Dona ………………………………………………………………………………, maior de idade, con DNI (ou pasaporte) número ………………………………, con domicilio a efectos de notificación en ………………………………….………………………………………………………., código postal ………………………, teléfono/s número ……………………….., ante Vostede comparece e EXPÓN:
Que, coñecida a convocatoria de concurso-oposición, na quenda de consolidación de emprego, efectuada polo Concello de Monterroso para a provisión dunha praza de …………………………………………………...., según o anuncio publicado pola Alcaldía deste Concello no Boletín Oficial do Estado número……………, correspondente ó día……….de…………………de 2010, e desexando tomar parte nesta convocatoria, fai constar que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases xerais e específicas que a rexen, acompañando a esta solicitude os documentos esixidos nas citadas bases.
Así mesmo, para os efectos da fase de concurso, alega os méritos que se detallan no dorso desta solicitude e adxunta os documentos acreditativos destes.
Polo exposto, SOLICÍTALLE a Vostede ser admitido/a á convocatoria pública para a provisión, mediante concurso-oposición, da praza indicada, así como ó proceso selectivo correspondente, de acordo coa convocatoria anteriormente citada.
………………………………………, ……..de…………………..de 2010
Asdo:………………………………………………………………………..
MÉRITOS ALEGADOS
A) Experiencia profesional.
1.- Os servizos efectivos prestados no Concello de Monterroso, na mesma praza, categoría ou realizando as mesmas funcións que a praza á que se opta e sempre referidos a servizos prestados interina ou temporalmente e iniciados con anterioridade ó 1 de xaneiro de 2005, e que de maneira ininterrompida continúen prestándose na data de finalización do prazo de presentación de instancias:
TOTAL MESES
2.- Os servizos efectivos prestados en calquer outro Concello ou Administración Pública, na mesma praza, categoría ou realizando as mesmas funcións que a praza á que se opta:
TOTAL MESES
B) Formación.
Cursos de formación e perfeccionamento, expedidos ou homologados por organismos oficiais, directamente relacionados coas funcións propias da praza convocada, excluídos os cursos relacionados coa informática, nos que se expedira diploma, certificación de asistencia ou, se é o caso, de aproveitamento:
DENOMINACIÓN DO CURSO Nº DE HORAS
SEÑOR ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONTERROSO”.
“BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A UNHA PRAZA DE TRABALLADOR SOCIAL, EN QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO, PERTENCENTE Ó CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE MONTERROSO.
1º.- OBXECTO.-
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para o acceso, como funcionario/a de carreira, a unha praza de TRABALLADOR SOCIAL, do cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Monterroso, en todo o que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE FUNCIONARIOS DO CONCELLO DE MONTERROSO, EN QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL”.
O órgano competente da Corporación poderá adscribir ó/á aspirante nomeado/a, través do correspondente procedemento regulamentario, a calquera posto de traballo que, de acordo co seu grupo de titulación, teña asignadas funcións propias desta categoría profesional.
2º.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA E COMETIDO FUNCIONAL.
a) Denominación da praza: Traballador social.
b) Grupo de titulación: GRUPO A (subgrupo A2).
c) Outras características:- Escala: Administración especial.
- Subescala: Técnica.
- Clase: Media.
O cometido funcional da praza consiste en:
- Informar, asesorar e orientar ós individuos, grupos e á comunidade en xeral sobre os dereitos, obrigas e recursos existentes en materia de servizos sociais, así como sobre os procedementos para o seu exercicio e, se é o caso, a intermediación necesaria para que sexan efectivos.
- A análise da realidade para a detección das necesidades e carencias sociais na zona de influencia do centro.
- O desenvolvemento de servizos preventivos dirixidos á poboación en xeral e de forma especial a aqueles colectivos que se atopen en situación de risco.
- A detección e a avaliación das problemáticas, e o establecemento das solucións de acordo cos recursos sociais existentes ou, se é o caso, a súa derivación ós servizos sociais especializados.
- A promoción da vida asociativa.
- A coordinación de todas e todos os profesionais do equipo do centro e coas responsables técnicas e técnicos dos servizos sociais municipais, servindo de canle de transmisión da información necesaria para o cumprimento dos obxectivos dos diferentes programas, así como das posibles dificultades encontradas en cada un deles, facilitando a información necesaria para novas programacións, avaliacións etc.
- Traballar para conseguir os obxectivos que establece o decreto que regula os servizos sociais de atención primaria.
- Desenvolver os programas propios dos servizos sociais de atención primaria (información, orientación e asesoramento, programa de axuda no fogar, programas de inserción social etc.).
- Calquera outra propia do seu grupo profesional que se lle encomende.
3º.- SISTEMA SELECTIVO.
De conformidade co previsto no plan de reordenación de recursos humanos e nas bases xerais aprobadas por este Concello de Monterroso, na quenda de consolidación de emprego temporal, o sistema selectivo será o de concurso oposición.
4º.- TITULACIÓN ESIXIDA PARA O ACCESO Á PRAZA.
Para ser admitidos á realización destas probas selectivas os aspirantes deberán reunir, ademais dos requisitos xerais para o acceso á función pública local e dos esixidos nas bases xerais de consolidación de emprego temporal do Concello de Monterroso, os seguintes requisitos:
a) Diplomado en traballo social.
5º.- SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN.
As solicitudes para participar no correspondente proceso selectivo haberán de axustarse ó modelo aprobado polo Concello de Monterroso. As solicitudes de participación deberán adxuntar a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados membros da Unión Europea.
b) Fotocopia compulsada da titulación esixida.
c) Xustificante do ingreso dos dereitos de exame. Os interesados e interesadas deberán unirlle á solicitude o xustificante de ter ingresados os dereitos de exame. O importe a satisfacer será de 25 euros. O aboamento deste importe farase en calquera das oficinas con conta corrente aberta a nome deste Concello.
d) Deberán xuntárselle á instancia os méritos que a persoa aspirante desexe que se teñan en conta na fase de concurso.
d) Para a puntuación da experiencia profesional na fase de concurso presentarase un certificado de servizos pretados expedido pola Administración Pública na que se traballou no que se indique que foi na mesma praza, categoría ou realizando as mesmas funcións que a praza á que se opta.
e) Para a puntuación da formación na fase de concurso presentarase copia compulsada do diploma, certificado de asistencia ou no seu caso de aproveitamento dos cursos de formación e perfeccionamento, expedidos ou homologados por organismos oficiais, directamente relacionados coas funcións propias da praza convocada, excluidos os cursos relacionados coa informática.
f) Título de perfeccionamento de galego ou a validación correspondente, ou acreditación de estar en posesión do Celga 4. As persoas que non acrediten este punto terán a obrigatoriedade de realizar unha proba de coñecemento da lingua galega, tal e como establece a base décimo terceira das bases Xerais.
6º.- PROCESO SELECTIVO.
1.- Fase de oposición.
As probas da fase de oposición que deberá superar o persoal aspirante á praza á que se refiren estas bases específicas son as seguintes:
A) DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO:
PRIMEIRO EXERCICIO, teórico: Contestación a un cuestionario tipo test composto por 20 preguntas a decidir polo tribunal de entre o temario de materias comúns. O temario de materias comúns intégrano 12 temas, e figuran na base décimo quinta das bases xerais xa mencionadas, que rexerán nos procesos para o acceso en propiedade a prazas pertencentes ó cadro de funcionarios e persoal laboral do Concello de Monterroso en quenda de consolidación de emprego temporal. Cada pregunta deste cuestionario terá 3 respostas das cales só unha será a verdadeira. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de unha hora.
SEGUNDO EXERCICIO, teórico: Consistirá en desenvolver por escrito, nun período máximo de noventa minutos un tema a elixir entre dous extraídos ao chou polo tribunal sobre o contido dos temas da parte específica do programa, podendo ser convocados os aspirantes polo tribunal para a súa lectura pública. Este exercicio valorarase de 0 a 10 puntos sendo eliminados os aspirantes que non alcancen unha puntuación mínima de 5 puntos.
TERCEIRO EXERCICIO, práctico: Consistirá en realizar, durante un período máximo de 60 minutos, un suposto práctico que formulará o tribunal, e que estará relacionados cos contidos do programa e coas funcións propias dos titulares desta praza. No anuncio de convocatoria deste exercicio, o tribunal determinará os medios materiais dos que deberá ou poderá ir provisto o persoal aspirante para a súa realización.
Os exercicios obrigatorios e eliminatorios cualificaranse de apto ou non apto, e deberá acadarse unha puntuación mínima de 5 para a súa superación. Os exercicios que obteñan a cualificación de apto serán puntuados de 5 a 10 puntos.
2. - Fase de concurso.
Para a fase de concurso estarase ó disposto na base sexta das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Monterroso en quenda de consolidación de emprego temporal. O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios do Concello, inmediatamente despois da realización do derradeiro exame da fase de oposición, a relación de puntos obtida na fase de concurso por cada un dos aspirantes.
B) COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.
Na realización deste exercicio e na súa valoración haberá que aterse ó disposto na base décimo terceira letra B das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Monterroso en quenda de consolidación de emprego temporal.
A cualificación final de cada aspirante será a resultante da suma das cualificacións de cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso.
7º.- PROGRAMA TEMARIO DE MATERIAS ESPECÍFICAS.
TEMA 1.- O marco legal dos servizos sociais, na Constitución, no Estatuto de Autonomía de Galicia. A Lei de Bases de Réxime Local. A Lei de Administración Local de Galicia.
TEMA 2.- A Política Social na Unión Europea. A Carta Social Europea. O Fondo Social Europeo.
TEMA 3.- A Lei galega de medidas básicas para a inserción social. Antecedentes e fundamentación. Estrutura e contido. Normas de desenvolvemento.
TEMA 4.- O sistema español de seguridade social. Lei protectora. Prestacións. Pensións contributivas. Pensións non contributivas.
TEMA 5.- A Lei de Servizos Sociais de Galicia. Principios inspiradores. O sistema de servizos sociais. Estrutura dos servizos sociais. Dereitos e deberes dos usuarios. A participación social.
TEMA 6.- O traballo social, concepto, fundamentos e principios. Suxeitos e contido. Niveis de intervención. Antecedentes históricos dos servizos sociais. A acción social municipal
TEMA 7.- Os servizos sociais de atención primaria. Concepto, principios que os inspiran e obxectivos, competencias e organización. Equipamentos e prestacións básicas que garanten. Equipos técnicos.
TEMA 8.- Os servizos sociais de atención especializada. Definición, equipamentos e programas específicos.
TEMA 9.- Entidades prestadoras dos servizos sociais. Centros de Servizos Sociais. Autorización e acreditación de centros.
TEMA 10.- O plan concertado para o desenvolvemento das prestacións básicas de servizos sociais nas Corporacións Locais. Concepto e obxectivos.
TEMA 11.- A dependencia. Definicións. Niveis de protección. Recoñecemento da situación de dependencia. Prestacións.
TEMA 12.- Proceso metodolóxico no traballo social. Correntes metodolóxicas. Proceso metodolóxico na planificación, aproximación á realidade social. Formulación de prioridades.
TEMA 13.- Código deontolóxico. Segredo profesional no traballo social. A protección de datos.
TEMA 14.- A investigación en traballo social. As necesidades sociais. Tipoloxía, identificación e medidas. Obxectivización. Técnicas aplicables.
TEMA 15. Técnicas de traballo social. Instrumentos de coñecemento, de intervención e de avaliación.
TEMA 16.- Ficha e informe social. Definición e obxectivos.
TEMA 17.- O apoio informático nos servizos sociais. O sistema de Información de usuarios de servizos sociais (SIUSS) e manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS).
TEMA 18.- A entrevista. Concepto. Características. Estrutura e proceso da entrevista. Habilidades. Condicións formais.
TEMA 19.- Interdisciplinariedade, concepto e obxectivos. O traballador social como membro dun equipo interdisciplinar, fundamento, funcións e principios.
TEMA 20.- Prestacións, axudas e subvencións. Financiamento.
TEMA 21.- O servizo de axuda no fogar. Definición e obxectivos. Beneficiarios. Prestacións e tarefas. Funcións do Traballador Social.
TEMA 22.- Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar no Concello de Monterroso. Especial referencia ás funcións das auxiliares de axuda no fogar. Procedemento de concesión, suspensión, baixa e extinción do servizo.
TEMA 23.- A Lei galega de medidas básicas para a inserción social. Estrutura e contido.
TEMA 24.- A renda de integración social de Galicia. Definición, requisitos, proxecto de inserción.
TEMA 25.- As axudas para situacións de urxencia social. Definición e requisitos.
TEMA 26.- Estrutura social. Análise da estrutura social española. Clases sociais.
TEMA 27.- Importancia da demografía na planificación da intervención social. Conceptos básicos da natalidade, mortandade e emigración. A distribución da poboación: o crecemento cero. Mobilidade social e mobilidade xeográfica.
TEMA 28.- Desemprego: integración laboral e social. Subsidios de desemprego. O emprego social protexido.
TEMA 29.- Cobertura de asistencia sanitaria ás persoas sen recursos económicos suficientes en situación de desemprego e estranxeiros.
TEMA 30.- A vellez, necesidades sociais das persoas maiores. Recursos. Centros de persoas maiores. Requisitos e tipoloxía. Turismo social. Termalismo social. Vacacións para maiores.
TEMA 31.- Convenios de colaboración en materia de reserva e ocupación de prazas en centros residenciais e vivendas tuteladas para a terceira idade.
TEMA 32.- O Consello Galego de persoas maiores. Funcións.
TEMA 33.- O Consorcio Galego de Servizos Sociais e Benestar.
TEMA 34.- O cheque asistencial. Definición e obxectivos. Entidades prestadoras do cheque asistencial.
TEMA 35.- As axudas individuais non periódicas: Terceira idade e minusválidos. Programa de acollemento familiar: Terceira idade e minusválidos.
TEMA 36.- Concepto de minusvalía. Minusválidos físicos, psíquicos e sensoriais. A Lei de integración social do minusválido. Integración socio-laboral. A Lei de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas de Galicia. Estrutura e contido.
TEMA 37.- Recoñecemento e cualificación do grao de minusvalía. Certificado de minusvalía.
TEMA 38.- Regulación da Saúde Mental en Galicia. Obxectivos e Directrices Xerais. Problemática do enfermo mental. Tipos de enfermidades mentais. Intervención do traballador social. Dispositivos básicos de saúde mental e funcións.
TEMA 39.- A mediación familiar. Concepto. A figura do mediador. A Lei Galega de mediación familiar.
TEMA 40.- Os malos tratos na infancia. Definición. Tipoloxía. Factores de risco. O proceso de intervención durante os malos tratos infantís. Prevención, detección e tratamento social. O papel dos servizos sociais de atención primaria. As axudas periódicas á familia para a integración do menor. A adopción nacional e internacional.
TEMA 41.- O traballo social con familias e grupos. Normativa de apoio á conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras. Familia numerosa, regulación, recursos e procedemento de tramitación. Exencións aplicables no municipio do Incio ás familias numerosas.
TEMA 42.- Orde de protección de vítimas de violencia doméstica. Protocolo de actuación para a atención de mulleres que sofren violencia de xénero. Intervención social con vítimas de violencia de xénero.
TEMA 43.- A Lei galega sobre drogas. Estrutura e contido. Alcoholismo. Factores psicosociais. Problemática sociolaboral e familiar do paciente alcohólico. Fórmulas de apoio e intervención social.
TEMA 44.- Programas e axudas aos galegos residentes no estranxeiro. Características. Programas para emigrantes retornados. Características.
TEMA 45.- Vivenda de protección oficial de carácter público. Requisitos de acceso. Axudas ás entidades locais para a erradicación do chabolismo e da infravivenda rural.
TEMA 46.- Voluntariado social. Concepto. A lei galega do voluntariado social. Organizacións non gubernativas. Concepto e tipos.
TEMA 47.- A Fundación Galega para a tutela de adultos.
TEMA 48.- As necesidades sociais no municipio de Monterroso”.
“BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A UNHA PRAZA DE MESTRE ESCOLA INFANTIL, EN QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO, PERTENCENTE Ó CADRO DE PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE MONTERROSO.
1º.- OBXECTO.-
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para o acceso, como persoal laboral, a unha praza de MESTRE DE EDUCACIÓN INFANTIL, do cadro de persoal laboral do Excmo. Concello de Monterroso, en todo o que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE FUNCIONARIOS/PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE MONTERROSO, EN QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL”.
O órgano competente da Corporación poderá adscribir ó/á aspirante nomeado/a, través do correspondente procedemento regulamentario, a calquera posto de traballo que, de acordo co seu grupo de titulación, teña asignadas funcións propias desta categoría profesional.
2º.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA E COMETIDO FUNCIONAL.
a) Denominación da praza: Mestre/a.
b) Grupo de titulación: GRUPO A (subgrupo A2).
O cometido funcional da praza consiste en:
- Control de comidas, limpeza e material.
- Velar pola conservación do edificio e instalacións.
- Realizar as funcións administrativas referidas a solicitudes, prazos, expedientes, subvencións, trámite de facturas, informes e memoria de actividades.
- Supervisar e coordinar o correcto desenvolvemento das actividades da escola.
- Atender as nenas e os nenos –tanto asistencial como educativa- cando sexa preciso: falta de persoal, adaptación, comidas, saídas da escola, talleres, actividades que requiran máis atención personalizada.
- Exercer a garda das menores e dos menores da escola cumprindo coa lexislación vixente.
- En colaboración coas educadoras e cos educadores e cos técnicos e técnicas en xardín de infancia, elaborar o proxecto educativo da escola e dos centros de interese.
- Calquera outra propia do seu grupo profesional que se lle encomende.
3º.- SISTEMA SELECTIVO.
De conformidade co previsto no plan de reordenación de recursos humanos e nas bases xerais aprobadas por este Concello de Monterroso, na quenda de consolidación de emprego temporal, o sistema selectivo será o de concurso oposición.
4º.- TITULACIÓN ESIXIDA PARA O ACCESO Á PRAZA.
Para ser admitidos á realización destas probas selectivas os aspirantes deberán reunir, ademais dos requisitos xerais para o acceso á función pública local e dos esixidos nas bases xerais de consolidación de emprego temporal do Concello de Monterroso, os seguintes requisitos:
a) Diplomada/o na titulación universitaria oficial de Mestre, especialidade educación infantil.
5º.- SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN.
As solicitudes para participar no correspondente proceso selectivo haberán de axustarse ó modelo aprobado polo Concello de Monterroso. As solicitudes de participación deberán adxuntar a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados membros da Unión Europea.
b) Fotocopia compulsada da titulación esixida.
c) Xustificante do ingreso dos dereitos de exame. Os interesados e interesadas deberán unirlle á solicitude o xustificante de ter ingresados os dereitos de exame. O importe a satisfacer será de 25 euros. O aboamento deste importe farase en calquera das oficinas con conta corrente aberta a nome deste Concello.
d) Deberán xuntárselle á instancia os méritos que a persoa aspirante desexe que se teñan en conta na fase de concurso.
d) Para a puntuación da experiencia profesional na fase de concurso presentarase un certificado de servizos pretados expedido pola Administración Pública na que se traballou no que se indique que foi na mesma praza, categoría ou realizando as mesmas funcións que a praza á que se opta.
e) Para a puntuación da formación na fase de concurso presentarase copia compulsada do diploma, certificado de asistencia ou no seu caso de aproveitamento dos cursos de formación e perfeccionamento, expedidos ou homologados por organismos oficiais, directamente relacionados coas funcións propias da praza convocada, excluidos os cursos relacionados coa informática.
f) Título de perfeccionamento de galego ou a validación correspondente, ou acreditación de estar en posesión do Celga 4. As persoas que non acrediten este punto terán a obrigatoriedade de realizar unha proba de coñecemento da lingua galega, tal e como establece a base décimo terceira das bases Xerais.
6º.- PROCESO SELECTIVO.
1.- Fase de oposición.
As probas da fase de oposición que deberá superar o persoal aspirante á praza á que se refiren estas bases específicas son as seguintes:
A) DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO:
PRIMEIRO EXERCICIO, teórico: Contestación a un cuestionario tipo test composto por 20 preguntas a decidir polo tribunal de entre o temario de materias comúns. O temario de materias comúns intégrano 12 temas, e figuran na base décimo quinta das bases xerais xa mencionadas, que rexerán nos procesos para o acceso en propiedade a prazas pertencentes ó cadro de funcionarios e persoal laboral do Concello de Monterroso en quenda de consolidación de emprego temporal. Cada pregunta deste cuestionario terá 3 respostas das cales só unha será a verdadeira. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de unha hora.
SEGUNDO EXERCICIO, teórico: Consistirá en desenvolver por escrito, nun período máximo de noventa minutos un tema a elixir entre dous extraídos ao chou polo tribunal sobre o contido dos temas da parte específica do programa, podendo ser convocados os aspirantes polo tribunal para a súa lectura pública. Este exercicio valorarase de 0 a 10 puntos sendo eliminados os aspirantes que non alcancen unha puntuación mínima de 5 puntos.
TERCEIRO EXERCICIO, práctico: Consistirá en realizar, durante un período máximo de 60 minutos, un suposto práctico que formulará o tribunal, e que estará relacionados cos contidos do programa e coas funcións propias dos titulares desta praza. No anuncio de convocatoria deste exercicio, o tribunal determinará os medios materiais dos que deberá ou poderá ir provisto o persoal aspirante para a súa realización.
Os exercicios obrigatorios e eliminatorios cualificaranse de apto ou non apto, e deberá acadarse unha puntuación mínima de 5 para a súa superación. Os exercicios que obteñan a cualificación de apto serán puntuados de 5 a 10 puntos.
2. - Fase de concurso.
Para a fase de concurso estarase ó disposto na base sexta das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Monterroso en quenda de consolidación de emprego temporal. O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios do Concello, inmediatamente despois da realización do derradeiro exame da fase de oposición, a relación de puntos obtida na fase de concurso por cada un dos aspirantes.
B) COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.
Na realización deste exercizo e na súa valoración haberá que aterse ó disposto na base décimo terceira letra B das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Monterroso en quenda de consolidación de emprego temporal.
A cualificación final de cada aspirante será a resultante da suma das cualificacións de cada un dos exercizos obrigatorios e eliminatorios coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso.
7º.- PROGRAMA TEMARIO DE MATERIAS ESPECÍFICAS.
Tema 1.- O marco legal dos servizos sociais, na Constitución, no Estatuto de Autonomía de Galicia. A Lei de Bases de Réxime Local. A Lei de Administración Local de Galicia.
Tema 2.- A Lei de Servizos Sociais de Galicia. Principios inspiradores. O sistema de servizos sociais. Estrutura dos servizos sociais. Dereitos e deberes dos usuarios. A participación social.
Tema 3. Visión actual da infancia desde as ciencias humanas. As necesidades básicas da infancia.
Tema 4.- Os dereitos na infancia. As funcións do/da mestre/mestra na Educación Infantil. Papel do educador infantil.
Tema 5. Desenvolvemento e coidados. A saúde na infancia antes do nacemento da nena ou neno. O acabado de nacer e os nenos nos seus primeiros anos de vida (0 a 3 anos).
Tema 6.- As enfermidades infecciosas e a súa prevención. Enfermidades trasmisibles. Enfermidades frecuentes na etapa de 0 a 3 anos.
Tema 7.- Hixiene. Adquisición de hábitos de limpeza e hixiene na etapa de 0 a 3 anos.
Tema 8.- A alimentación e a nutrición dos 0 a 3 anos. Transtornos relacionados coa alimentación.
Tema 9.- Os accidentes na infancia e a súa prevención.
Tema 10.- O descanso nos nenos de 0 a 3 anos. Ritmos de sono.
Tema 11 A psicoloxía evolutiva na Educación Infantil de 0 a 3 anos. Características xerais da infancia aos 3 anos.
Tema 12.- Principais factores que interveñen no desenvolvemento das nenas e nenos. Etapas e momentos máis significativos.
Tema 13. O desenvolvemento psicomotor aos 3 anos. A psicomotricidade no currículo de Educación Infantil.
Tema 14. O desenvolvemento cognitivo aos 3 anos. O coñecemento da realidade. A observación e a exploración do mundo físico natural e social.
Tema 15. O desenvolvemento da linguaxe. Linguaxe e pensamento. A evolución da comprensión e da expresión.
Tema 16.- A comunicación non verbal. Problemas máis frecuentes da linguaxe infantil.
Tema 7. O desenvolvemento afectivo, emocional y e as relacións sociais nos nenos e nenas de 0 a 3 anos. O desenvolvemento da autonomía. O neno descobre a outro nenos.
Tema 18.- Proceso de descubrimento de vinculación e aceptación. Establecemento de vínculos afectivos e pertenza ao grupo. A escola como institución socializadora.
Tema 19. A educación afectivo-sexual na etapa de Educación Infantil. Descubrimento e identificación co propio sexo. A construción dos roles masculino e feminino. Estratexias educativas para evitar a discriminación de xénero.
Tema 20. O papel da familia no desenvolvemento das nenas e dos nenos, como primeiro axente de socialización. Pautas para unha adecuada relación con familia-escola. A función titorial e a comunicación coas familias. Canles e vías de comunicación.
Tema 21. O proxecto educativo do centro. Funcións e elementos que o forma. O proceso de eleboración do PEC. O sentido de programar no equipo.
Tema 22. Principios da intervención educativa na educación infantil. O enfoque globalizador. Sentido e significatividade da aprendizaxe. Metodoloxía baseada na observación e na experimentación. A concreción no marco do proxecto curricular.
Tema 23. A programación no primeiro ciclo de Educación Infantil. Obxectivos, contidos e propostas metodolóxicas máis adecuadas para este ciclo.
Tema 24. As distintas unidades de programación. Medidas curriculares e vías de coordinación. Coordinación co 2º ciclo de Educación Infantil.
Tema 25. O xogo no primeiro ciclo de Educación Infantil. Xogos e xoguetes para estas idades.
Tema 26. A organización dos espazos e do tempo. Criterios para unha adecuada distribución e organización espacial e temporal. Ritmos e rutinas cotiás. Agrupamentos. A avaliación dos espazos e do tempo.
Tema 27. A atención á diversidade. As necesidades específicas de apoio educativo. As respostas desde a escola a estas necesidades. A importancia da atención temperá.
Tema 28. A situación socilingüística: definición e descrición. Papel dinamizador da escola. A normalización lingüística como elemento transversal nas estratexias educativas.
Tema 29. A lexislación lingüística no ensino infantil: A Lei de normalización lingüística e o Decreto 329/2005, de 28 de xullo, pola que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia. O Plan Xeral de Normalización da lingua galega.
Tema 30. O ensino e a aprendizaxe da lingua na Educación Infantil. Técnicas e recursos para a comprensión e a expresión oral.
Tema 31. A literatura infantil. O conto: o seu valor educativo. A poesía na educación dos nenos e das nenas. Criterios para a selección de empleo destes recursos
Tema 32. A educación musical na Educación Infantil. O descubrimento do sonido e do silencio. Coñecemento das propiedades sonoras do corpo, dos obxectos e de algúns instrumentos musicais.
Tema 33. Características e criterios de selección das actividades musicales. Os recursos didácticos. A tradición musical propia e doutras culturas. Deseño e desenvolmento de experiencias educativas para a primeira infancia (0-3 anos).
Tema 34. Evolución da expresión plástica nos nenos e nenas. Elementos básicos da linguaxe plástica.
Tema 35. Obxectivos, contidos, materiais, actividades, estratexias metodolóxicas e de avaliación da expresión plástica.
Tema 36. A expresión corporal. O xesto e o movemento. A expresión corporal como axuda na construción da identidade e da autonomía persoal.
Tema 37. O xogo simbólico e o xogo dramático. As actividades dramáticas adecuadas para a infancia de 0 a 3 anos.
Tema 38. Formación de capacidades relacionadas co desenvolvemento lóxico-matemático. Recursos didácticos e actividades adecuadas á etapa de Educación Infantil.
Tema 39. O coñecemento do medio físico, natural e do contorno sociocultural dende a manipulación, a experimentación e de relación cos demais. Recursos didácticos e concreción curricular na etapa dos 0 a 3 anos.
Tema 40. A educación para a igualdade como elemento transversal nas estratexias educativas. A Lei galega para a igualdade de homes e mulleres: implicacións no currículo da Educación Infantil.
Tema 41. Educación para a saúde. Actitudes e hábitos referidos ao descanso. Hixiene e actividades infantís.
Tema 42. Prevención de accidentes, primeiros auxilios e enfermidades infantís. Criterios para a intervención.
Tema 43. A resolución pacífica de conflitos, o coidado do medio ambiente, de si mesmo e dos demais; a educación vial como elementos transversais ás estrategias educativas.
Tema 44. A avaliación. Funcións, estratexias e recursos para levala a cabo.
Tema 45. A Lei orgánica de educación (LOE). Normativa en vigor relacionada coa Educación Infantil en Galicia.
Tema 46. Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais
Tema 47.- O Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á primeira infancia.
Tema 48.- O Regulamento da Escola Infantil Municipal de Monterroso”.
“BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A UNHA PRAZA DE AUXILIAR DA OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL, EN QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO, PERTENCENTE Ó CADRO DE PERSOAL LABORAL FIXO DO CONCELLO DE MONTERROSO.
1º.- OBXECTO.-
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para o acceso, como persoal laboral fixo, a unha praza de AUXILIAR DA OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL, do cadro de persoal laboral fixo Concello de Monterroso, en todo o que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE FUNCIONARIOS/PERSOAL LABORAL FIXO DO CONCELLO DE MONTERROSO, EN QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL”.
O órgano competente da Corporación poderá adscribir ó/á aspirante nomeado/a, través do correspondente procedemento regulamentario, a calquera posto de traballo que, de acordo co seu grupo de titulación, teña asignadas funcións propias desta categoría profesional.
2º.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA E COMETIDO FUNCIONAL.
a) Denominación da praza: Auxiliar Oficina Información Xuvenil.
b) Grupo de titulación: GRUPO C (subgrupo C2).
O cometido funcional da praza consiste en:
- Coñecer a realidade sociocultural e económica da zona de influencia do centro, de maneira que lle permita organizar e xestionar servizos de información de interese para a mocidade.
- Elaborar e propoñer proxectos para o desenvolvemento sociocultural da comunidade.
- Promover iniciativas sociocomunitarias prestándolles apoio e asesoramento técnico.
- Dinamizar as asociacións, grupos, colectivos e poboación en xeral, e os mozos e mozas en particular, para a participación activa na vida comunitaria, .
- Traballar no equipo técnico do centro en relación coas súas competencias profesionais.
- A promoción da vida asociativa.
- Elaborar a proposta da programación de actividades de animación sociocultural do centro.
- Calquera outra propia do seu grupo profesional que se lle encomende.
3º.- SISTEMA SELECTIVO.
De conformidade co previsto no plan de reordenación de recursos humanos e nas bases xerais aprobadas por este Concello de Monterroso, na quenda de consolidación de emprego temporal, o sistema selectivo será o de concurso oposición.
4º.- TITULACIÓN ESIXIDA PARA O ACCESO Á PRAZA.
Para ser admitidos á realización destas probas selectivas os aspirantes deberán reunir, ademais dos requisitos xerais para o acceso á función pública local e dos esixidos nas bases xerais de consolidación de emprego temporal do Concello de Monterroso, os seguintes requisitos:
a) Graduado en educación xeral básica ou educación secundaria obrigatoria.
5º.- SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN.
As solicitudes para participar no correspondente proceso selectivo haberán de axustarse ó modelo aprobado polo Concello de Monterroso. As solicitudes de participación deberán adxuntar a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados membros da Unión Europea.
b) Fotocopia compulsada da titulación esixida.
c) Xustificante do ingreso dos dereitos de exame. Os interesados e interesadas deberán unirlle á solicitude o xustificante de ter ingresados os dereitos de exame. O importe a satisfacer será de 15 euros. O aboamento deste importe farase en calquera das oficinas con conta corrente aberta a nome deste Concello.
d) Deberán xuntárselle á instancia os méritos que a persoa aspirante desexe que se teñan en conta na fase de concurso.
d) Para a puntuación da experiencia profesional na fase de concurso presentarase un certificado de servizos pretados expedido pola Administración Pública na que se traballou no que se indique que foi na mesma praza, categoría ou realizando as mesmas funcións que a praza á que se opta.
e) Para a puntuación da formación na fase de concurso presentarase copia compulsada do diploma, certificado de asistencia ou no seu caso de aproveitamento dos cursos de formación e perfeccionamento, expedidos ou homologados por organismos oficiais, directamente relacionados coas funcións propias da praza convocada, excluidos os cursos relacionados coa informática.
f) Título de perfeccionamento de galego ou a validación correspondente, ou acreditación de estar en posesión do Celga 4. As persoas que non acrediten este punto terán a obrigatoriedade de realizar unha proba de coñecemento da lingua galega, tal e como establece a base décimo terceira das bases Xerais.
6º.- PROCESO SELECTIVO.
1.- Fase de oposición.
As probas da fase de oposición que deberá superar o persoal aspirante á praza á que se refiren estas bases específicas son as seguintes:
A) DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO:
PRIMEIRO EXERCICIO, teórico: Contestación a un cuestionario tipo test composto por 20 preguntas a decidir polo tribunal de entre o temario de materias comúns. O temario de materias comúns intégrano 4 temas, e figuran na base décimo quinta das bases xerais xa mencionadas, que rexerán nos procesos para o acceso en propiedade a prazas pertencentes ó cadro de funcionarios e persoal laboral do Concello de Monterroso en quenda de consolidación de emprego temporal. Cada pregunta deste cuestionario terá 3 respostas das cales só unha será a verdadeira. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de unha hora.
SEGUNDO EXERCICIO, teórico: Consistirá en desenvolver por escrito, nun período máximo de noventa minutos un tema a elixir entre dous extraídos ao chou polo tribunal sobre o contido dos temas da parte específica do programa, podendo ser convocados os aspirantes polo tribunal para a súa lectura pública. Este exercicio valorarase de 0 a 10 puntos sendo eliminados os aspirantes que non alcancen unha puntuación mínima de 5 puntos.
TERCEIRO EXERCICIO, práctico: Consistirá en realizar, durante un período máximo de 60 minutos, un suposto práctico que formulará o tribunal, e que estará relacionados cos contidos do programa e coas funcións propias dos titulares desta praza. No anuncio de convocatoria deste exercicio, o tribunal determinará os medios materiais dos que deberá ou poderá ir provisto o persoal aspirante para a súa realización.
Os exercicios obrigatorios e eliminatorios cualificaranse de apto ou non apto, e deberá acadarse unha puntuación mínima de 5 para a súa superación. Os exercicios que obteñan a cualificación de apto serán puntuados de 5 a 10 puntos.
2.- Fase de concurso.
Para a fase de concurso estarase ó disposto na base sexta das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Monterroso en quenda de consolidación de emprego temporal. O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios do Concello, inmediatamente despois da realización do derradeiro exame, a relación de puntos obtida na fase de concurso por cada un dos aspirantes.
B) COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.
Na realización deste exercizo e na súa valoración haberá que aterse ó disposto na base décimo terceira letra B das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Monterroso en quenda de consolidación de emprego temporal.
A cualificación final de cada aspirante será a resultante da suma das cualificacións de cada un dos exercizos obrigatorios e eliminatorios coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso.
7º.- PROGRAMA TEMARIO DE MATERIAS ESPECÍFICAS.
TEMA 1.- O perfil sociolóxico da realidade xuvenil.
TEMA 2.- Observatorios de mocidade. O observatorio galego da mocidade.
TEMA 3.- A planificación da información xuvenil: plan, programa, proxecto.
TEMA 4.-.Técnicas de investigación social no ámbito da mocidade.
TEMA 5.- Animación sociocultural.
TEMA 6.- A participación dos mozos nos Servizos de Información Xuvenil (SIX)
TEMA 7.- Intervención en espazos virtuais nun servizo de Información Xuvenil (SIX).
TEMA 8.- Mocidade e medios de comunicación.
TEMA 9.- Deseño e organización das campañas informativas para a mocidade.
TEMA 10.- A emancipación xuvenil desde o ámbito da información xuvenil.
TEMA 11.- Contexto da información xuvenil no ámbito da educación.
TEMA 12.- Planificación de actividades formativas no ámbito da información xuvenil.
TEMA 13.- Coordinación con outros axentes informativos.
TEMA 14.- Avaliación da formación non formal para a xuventude.
TEMA 15.- Fomento e apoio asociativo.
TEMA 16.- A ordenanza reguladora do Consello Municipal da Mocidade. O regulamento do rexistro municipal de Asociacións do Concello de Monterroso. O Regulamento da Sala Municipal de Exposicións. Ordenanza Reguladora da concesión de subvencións do Concello de Monterroso”.
“BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A TRES PRAZAS DE CAPATACES GMIR, EN QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO, PERTENCENTE Ó CADRO DE PERSOAL LABORAL FIXO DO CONCELLO DE MONTERROSO.
1º.- OBXECTO.-
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para o acceso, como persoal laboral fixo, a tres prazas de CAPATACES GMIR, do cadro de persoal laboral fixo Concello de Monterroso, en todo o que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE FUNCIONARIOS/PERSOAL LABORAL FIXO DO CONCELLO DE MONTERROSO, EN QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL”.
O órgano competente da Corporación poderá adscribir ó/á aspirante nomeado/a, través do correspondente procedemento regulamentario, a calquera posto de traballo que, de acordo co seu grupo de titulación, teña asignadas funcións propias desta categoría profesional.
2º.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA E COMETIDO FUNCIONAL.
a) Denominación da praza: Capataces GMIR.
b) Grupo de titulación: GRUPO C (subgrupo C1).
O cometido funcional da praza consiste en:
- Intervención en materia de incendios forestais e urbanos, con manexo de vehículos de titularidade municipal adscritos a este servizo.
- Intervención para manter en condicións óptimas para a circulación da rede de estradas de titularidade municipal, mediante a súa limpeza e retirada de obxectos, especialmente en caso de accidente, utilizando para elo os medios e materiais que se requiran, de xeito que se asegure unha perfecta limpeza da estrada.
- Intervención en situacións derivadas de riscos naturais, nevadas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra, situacións de seca.
- Colaboración e, no seu caso, intervencións en situacións derivadas de riscos inducidos polo home.
- Intervencións en aglomeracións de persoas en temas de seguridade vial.
- Colaboración e apoio de calquera situación que implique riscos para persoas, bens ou medio ambiente.
- Calquera outra competencia do Concello en materia de protección civil, medio ambiente, vías e obras, servizos sociais, sanidade, cultura, educación, e deporte.
- Calquera outra propia do seu grupo profesional que se lle encomende.
3º.- SISTEMA SELECTIVO.
De conformidade co previsto no plan de reordenación de recursos humanos e nas bases xerais aprobadas por este Concello de Monterroso, na quenda de consolidación de emprego temporal, o sistema selectivo será o de concurso oposición.
4º.- TITULACIÓN ESIXIDA PARA O ACCESO Á PRAZA.
Para ser admitidos á realización destas probas selectivas os aspirantes deberán reunir, ademais dos requisitos xerais para o acceso á función pública local e dos esixidos nas bases xerais de consolidación de emprego temporal do Concello de Monterroso, os seguintes requisitos:
a) Graduado en educación xeral básica ou educación secundaria obrigatoria.
b) Permisos de conducir tipo BTP, C, e de mercancías perigosas.
5º.- SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN.
As solicitudes para participar no correspondente proceso selectivo haberán de axustarse ó modelo aprobado polo Concello de Monterroso. As solicitudes de participación deberán adxuntar a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados membros da Unión Europea.
b) Fotocopia compulsada da titulación esixida e dos carnés esixidos.
c) Xustificante do ingreso dos dereitos de exame. Os interesados e interesadas deberán unirlle á solicitude o xustificante de ter ingresados os dereitos de exame. O importe a satisfacer será de 15 euros. O aboamento deste importe farase en calquera das oficinas con conta corrente aberta a nome deste Concello.
d) Deberán xuntárselle á instancia os méritos que a persoa aspirante desexe que se teñan en conta na fase de concurso.
d) Para a puntuación da experiencia profesional na fase de concurso presentarase un certificado de servizos pretados expedido pola Administración Pública na que se traballou no que se indique que foi na mesma praza, categoría ou realizando as mesmas funcións que a praza á que se opta.
e) Para a puntuación da formación na fase de concurso presentarase copia compulsada do diploma, certificado de asistencia ou no seu caso de aproveitamento dos cursos de formación e perfeccionamento, expedidos ou homologados por organismos oficiais, directamente relacionados coas funcións propias da praza convocada, excluidos os cursos relacionados coa informática.
f) Título de perfeccionamento de galego ou a validación correspondente, ou acreditación de estar en posesión do Celga 4. As persoas que non acrediten este punto terán a obrigatoriedade de realizar unha proba de coñecemento da lingua galega, tal e como establece a base décimo terceira das bases Xerais.
6º.- PROCESO SELECTIVO.
1.- Fase de oposición.
As probas da fase de oposición que deberá superar o persoal aspirante á praza á que se refiren estas bases específicas son as seguintes:
A) DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO:
PRIMEIRO EXERCICIO, teórico: Contestación a un cuestionario tipo test composto por 20 preguntas a decidir polo tribunal de entre o temario de materias comúns. O temario de materias comúns intégrano 4 temas, e figuran na base décimo quinta das bases xerais xa mencionadas, que rexerán nos procesos para o acceso en propiedade a prazas pertencentes ó cadro de funcionarios e persoal laboral do Concello de Monterroso en quenda de consolidación de emprego temporal. Cada pregunta deste cuestionario terá 3 respostas das cales só unha será a verdadeira. O tempo máximo para a realización deste exercizo será de unha hora.
SEGUNDO EXERCICIO, teórico: Consistirá en desenvolver por escrito, nun período máximo de noventa minutos un tema a elixir entre dous extraídos ao chou polo tribunal sobre o contido dos temas da parte específica do programa, podendo ser convocados os aspirantes polo tribunal para a súa lectura pública. Este exercicio valorarase de 0 a 10 puntos sendo eliminados os aspirantes que non alcancen unha puntuación mínima de 5 puntos.
TERCEIRO EXERCICIO, práctico: Consistirá en realizar, durante un período máximo de 60 minutos, un suposto práctico que formulará o tribunal, e que estará relacionados cos contidos do programa e coas funcións propias dos titulares desta praza. No anuncio de convocatoria deste exercicio, o tribunal determinará os medios materiais dos que deberá ou poderá ir provisto o persoal aspirante para a súa realización.
Os exercicios obrigatorios e eliminatorios cualificaranse de apto ou non apto, e deberá acadarse unha puntuación mínima de 5 para a súa superación. Os exercicios que obteñan a cualificación de apto serán puntuados de 5 a 10 puntos.
2.- Fase de concurso.
Para a fase de concurso estarase ó disposto na base sexta das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Monterroso en quenda de consolidación de emprego temporal. O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios do Concello, inmediatamente despois da realización do derradeiro exame, a relación de puntos obtida na fase de concurso por cada un dos aspirantes.
B) COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.
Na realización deste exercizo e na súa valoración haberá que aterse ó disposto na base décimo terceira letra B das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Monterroso en quenda de consolidación de emprego temporal.
A cualificación final de cada aspirante será a resultante da suma das cualificacións de cada un dos exercizos obrigatorios e eliminatorios coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso.
7º.- PROGRAMA TEMARIO DE MATERIAS ESPECÍFICAS.
TEMA 1.- O termo municipal de Monterroso.
TEMA 2.- Plan de emerxencias municipal. Plan de emerxencias contra o lume.
TEMA 3.- Lei de emerxencias de Galicia.
TEMA 4.- A Axencia Galega de Emerxencias.
TEMA 5.- Lei 2/1985, de Protección Civil.
TEMA 6.- Decreto 56/2000, do 3 de marzo polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e actuación de voluntarios, agrupoacións de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil de Galicia.
TEMA 7.- Coordinación dos servizos de emerxencias de protección civil.
TEMA 8.- Actuacións en accidentes de tráfico. Accidentes con vehículos implicados de transporte de mercadorías perigosas.
TEMA 9.- Axentes extintores líquidos, sólidos e gaseosos. Equipos de extición de incendios.
TEMA 10.- Salvamento e rescate de vítimas. Equipos de excarceración. Material básico.
TEMA 11.- Primeiros auxilios: conceptos xerais, e criterios de urxencia e emerxencia.
TEMA 12.-. Técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP). Atragantamentos.
TEMA 13.- Traumatismos. Queimaduras. Feridas.
Tema 14.- Hemorraxias. Intoxicacións. Shock. Ataques epilépticos. Insolación. Vendaxes.
TEMA 15.- Conceptos básicos de electricidade. Conceptos magnéticos. Aparatos de medidas eléctricas. O Polímetro. Instalacións eléctricas
TEMA 16.- Emerxencias sísmicas”.
RECURSOS: As presentes convocatorias e cantos actos administrativos se deriven delas e das actuacións dos Tribunais, poderán ser impugnados polos interesados, interpoñendo potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Alcalde no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación desta no BOP, ou recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación Reguladora da dita Xurisdición, sen prexuízo de que poidan interpor calquera outro que estimen procedente.
Monterroso, 15 de abril de 2010,
O alcalde,
Asdo. Antonio E. Gato Soengas
|