|
Adxudicación definitiva POS |
|
|
|
luns, 27 outubro 2008 |
|
.- Adxudicación definitiva do expediente de contratación : POS 2008. Pavimentación y servicios Travesía de Os Olmos. Visto o acordo desta Xunta de Goberno Local de data 9 de setembro de 2008 polo que se prestou aprobación ó expediente e ós pregos de Cláusulas Administrativas para a adxudicación da obra “Pavimentación y servicios Travesía de Os Olmos” polo procedemento negociado sen publicidade. No mesmo acordo autorizouse o gasto que supón a adxudicación do mesmoExaminadas as ofertas presentadas no prazo concedido ó efecto pola empresa Cutuauga, S.L.
De conformidade co establecido no artigo 135.3 e a Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, por acordo desta Xunta de Goberno Local de 23 de setembro acordouse adxudicar provisionalmente o contrato á empresa Cutuauga, SL, polo prezo de 49.310,35 euros e 7.889,65 euros de IVE
Visto que con data 30 de setembro a adxudicación provisional publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Perfil de Contratante do órgano de contratación.
O adxudicatario constituíu garantía definitiva por importe de 2.860 euros e presentou os documentos xustificativos esixidos no prazo conferido ó efecto.
Examinada a documentación, visto o informe de Secretaría, e de conformidade co establecido no artigo 135.4 e na Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público,
A Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo Sr. Alcalde-Presidente con data 27 de xuño 2007 (B.O.P. do 21 xullo de 2007) por unanimidade e en votación ordinaria, acorda:
Primeira.- Elevar a definitiva a adxudicación provisional do contrato de obra aprobada por acordo desta Xunta de Goberno Local de 23 de setembro e publicada no BOP de 30 de setembro e no Perfil de Contratante.Segundo.- Dispoñer o gasto con cargo á partida 432.601.00 do presuposto vixente de gastos.Terceiro.- Notificar a adxudicación definitiva ós candidatos que non resultaran adxudicatarios e ó adxudicatario a obriga de formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva. Cuarto.- Publíquese este acordo no perfil de contratante.
|