|
4.- Segunda adxudicación provisional da subministración de furgón isotérmico para o servizo de comidas no fogar. Arrendamento financieiro con opción de compra.Visto que mediante acordo desta Xunta de Goberno Local de data 9 de setembro de 2008 aprobouse o expediente e os pregos de cláusulas administrativas para a adxudicación da suministración de furgón Combi 6 isotérmico con adaptación de parte traseira para o servizo de comidas no fogar baixo a modalidade de arrendamento financieiro con opción de compra (leasing), por procedemento negociado sen publicidade
Examinadas as ofertas presentadas en canto a valoración dos aspectos obxecto de negociación en orde á determinación da oferta economicamente máis vantaxosa, deu o seguinte resultado
La Caixa Caixa Galicia BBVA-BCLOferta económica 36,52 45 36,79Características técnicas 35 31,78 33,95Menores costes 20 0,52 20 Total 91,52 77,30 90,74
Por acordo desta Xunta de Goberno Local de 21 de outubro acordouse adxudicar provisionalmente o contrato de subministración de arrendamento financieiro con opción de compra (leasing) de furgón isotérmico Combi 6 con adaptación de parte traseira para o servizo de comidas no fogar á entidade “La Caixa” por ser a oferta economicamente máis vantaxosa, polo prezo de 31.989,18 euros e 5.118,27 euros correspondentes a IVE, nas seguintes condicións: tipo de xuro fixo 5,60%, 48 cotas mensuais, exento de comisións.
A adxudicación provisional deste contrato foi publicado no perfil do contratante e no BOP de Lugo de data 05/11/08, e notificada individualmente a todos e cada un dos licitadores
Transcorrido o prazo de quince días hábiles que establece o artigo 135.4 da LCSP, a entidade “La Caixa” non presenta os documentos xustificativos da súa aptitude para contratar nin a garantía definitiva do contrato
Visto o informe de secretaría de 26 de novembro e amosada a conformidade do licitador seguinte en orde de puntuaciónDe conformidade co establecido no artigo 135.5 e a Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, A Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo señor Alcalde-presidente con 27 de xuño de 2007 (BOP 21/07/07), por unanimidade e en votación ordinaria, acorda:Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o contrato de subministración de arrendamento financieiro con opción de compra (leasing) de furgón isotérmico Combi 6 con adaptación de parte traseira para o servizo de comidas no fogar á entidade “BBVA-BCL” por ser a oferta economicamente máis vantaxosa, polo prezo de 31.034,48 euros e 4.965,52 euros correspondentes a IVE, nas seguintes condicións: tipo de xuro euribor anual + 0,49 %, 48 cotas mensuais (47 cotas e unha última de opción de compra), exento de comisións.Segundo.- Notificar a adxudicación provisional a todos os candidatos que non resultaran adxudicatarios. Terceiro.- Notificar e requirir a D. Eduardo Fernández Sierra, no nome e representación da Entidade BBVA-BCL, adxudicatario provisional do contrato, para que presente, dentro dos dez días hábiles seguintes ó da recepción da presente notificación, a documentación xustificativa de acharse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calesquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar, así como constituír a garantía definitiva.Cuarto.- Publicar a adxudicación provisional do contrato mediante anuncio no perfil do contratante.Quinto.- Realizados os trámites anteriores, que por Secretaría se emita Informe-proposta para resolver ó respecto.
|