Feira de Santos, declarada festa de interese turístico galego
Inicio
sábado, 04 febreiro 2012
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo
Zona económica
Perfil do Contratante
Emprego Público
Contacto
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
Turismo Rural: casas rurais, arte e cultura, historia, gastronomia, espazos naturais Area empresarial: directorio on-line das iniciativas máis destacadas Fototeca: paisaxes, xente, infraestructuras, arte, costumes e recunchos do concello en imaxes Concello en liña: Trámites e xestións, descarga de formularios, suxerencias...
HOMENAXE A L. VARELA E C. ENRIQUEZ PDF Imprimir
luns, 15 decembro 2008

Pablo Milanés participa en Monterroso nunha homenaxe organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación e o concello lugués a Curros Enríquez e Lorenzo Varela

No acto participaron ademais, o secretario xeral de Comunicación, o alcalde do municipio, o grupo A Quenlla con Mini e Mero, e Emilio Batallán, entre outros

A Secretaría Xeral de Comunicación e o concello de Monterroso homenaxearon aos dous poetas e xornalistas cando se cumpren 100 e 30 anos dos seus falecementos

Pablo Milanés interpretou, xunto con Emilio Batallán, dous poemas en lingua galega, ‘Do mar pola orela’ e ‘O maio’

Fernando Salgado destacou a presenza en Monterroso ‘dunha das voces máis poderosas de América Latina’


Pablo Milanés participa en Monterroso nunha homenaxe organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación e o concello lugués a Curros Enríquez e Lorenzo Varela

Monterroso (Lugo), 13 de decembro de 2008.- O cantautor cubano Pablo Milanés participou este mediodía en Monterroso nunha homenaxe organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación e o concello lugués aos poetas e periodistas galegos Curros Henríquez e Lorenzo Varela. No acto participaron ademais, o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, o alcalde do concello de Monterroso, Antonio Gato, así como o profesor Gregorio Ferreiro, o catedrático Alonso Montero e José Ángel García López, autor do último libro sobre Lorenzo Varela. Ademais de Pablo Milanés, o acto estivo amenizado polo grupo A Quenlla con Mini e Mero e por Emilio Batallán.

Na súa intervención, o secretario xeral de Comunicación primeiramente agradeceu a presenza en Monterroso “dunha das voces máis poderosas de América Latina”. Así mesmo, trazou un paralelismo entre Curros Enríquez e Lorenzo Varela, existente, sobre todo, na súa poesía, “unha poesía civil, de combate”.

Fernando Salgado destacou que Lorenzo Varela “é capaz de facer milagres, ou, cando menos, inducilos”. Así referiuse a unha das últimas viaxes do presidente da Xunta a Arxentina na que presentou no Tortoni unha biografía do poeta monterrosino. Sorprendentemente, destacou Fernando Salgado, autor daquela biografía, o acto contou coa presenza do gran escritor Ernesto Sábato, no que sería a súa última intervención pública. Sábato quixo estar, expuxo, “para render homenaxe ao seu amigo Lorenzo Varela e a todos os exiliados galegos.

O segundo dos milagres, explicou o secretario xeral de Comunicación, “produciuse hoxe, pois contamos coa presenza dunha das voces máis poderosas de América Latina e tamén coas actuacións de Mini e Mero co seu grupo A Quenlla e Emilio Batallán, quen mellor musicaron a Curros Enríquez e Lorenzo Varela”.

Na súa actuación, Pablo Milanés interpretou xunto a Emilio Batallán dúas pezas en galego, Do mar pola orela, poesía que Curros dedicou a Rosalía e O maio.

Por último, Fernando Salgado referiuse á vinculación existente entre ambos os xornalistas con Cuba, a terra de Pablo Milanés. Así, recordou a morte de Curros en 1908 en La Habana e o gran festival de poesía organizado por Lorenzo Varela en 1946 no que participaron grandes poetas como Rafael Alberti, Pablo Neruda ou Nicolás Guillén, entre outros.

Homenaxe a Curros Enríquez e Lorenzo Varela
O profesor Gregorio Ferreiro explicou que a homenaxe que a Secretaría Xeral de Comunicación e o concello de Monterroso organizaron responde a que en 2008 se cumpren 100 e 30 anos respectivamente da morte de Curros e Varela. “Ambos foron poetas, xornalistas e persoas comprometidas co momento histórico que lles tocou vivir”. “Falamos de dous grandes humanistas que entenderon que podían contribuír a que o mundo fose mellor”, destacou.

José Ángel García López, pola súa banda, foi o encargado de presentar o libro Repertorio Bibliográfico de Lorenzo Varela. Trátase, segundo relatou, dunha chave para que os estudosos teñan referencias sobre a súa obra e análises, así como sobre os comentarios e traballos que esta suscitou.

Como novidades, o volume recolle as colaboracións de Lorenzo Varela en volumes de arte, artigos sobre literatura galega ou traducións do francés ou do portugués, entre outros.

FONTE: XUNTA DE GALICIA

PARA VER MÁIS FOTOS DA EXPSICIÓN CLIQUE AQUÍ http://www.flickr.com/photos/monterroso/


 
< Ant.   Seg. >
Trámites en liña
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
© Concello de Monterroso