|
DECRETO.- Monterroso, 14 de xaneiro de 2009.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 26 de febreiro de 2008 e publicadas no BOP de Lugo o 25 de marzo de 2008 para a provisión de unha praza de Oficial 1ª-Capataz vacante no cadro de persoal laboral fixo deste Concello, polo presente
RESOLVO
PRIMEIRO.- Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección ao abeiro de canto se dispón na base 4.2 das bases xerais de convocatoria.
Aspirante admitido:
Apelidos e nome DNI
1) García Taboada, Luciano 33.860.628-H
Aspirantes excluídos:
Non hai.
A referida lista queda exposta ao público no taboleiro de editos do Concello.
SEGUNDO.- Nomear os membros do Tribunal cualificador que terá aos seguintes membros:
Presidente:
Titular: don José Antonio Barrio Cabana, oficial de servizos múltiples do Concello de Monterroso.Suplente: don Jorge Sobrado Moreiras, encargado de mantemento do Concello de Taboada.Secretario: Titular: dona Mónica Vázquez Fandiño, secretaria-interventora do Concello de Monterroso.Suplente: don José Luis Vázquez Méndez, secretario interventor dos Concellos de Guntín e Portomarín.Vogais:1º.- Titular: don José Luis Mato Vázquez, administrativo xefe de negociado do Concello de Monterroso.Suplente: dona Blanca Mª Vázquez Enríquez, tesoreira do Concello de Monterroso.2º.- Titular: don José Benito Rodríguez Porral, administrativo xefe de negociado do Concello de Monterroso.
Suplente: dona dona Carmen Vázquez García, funcionaria do Concello de Begonte.
3º.- Titular: dona Carmen Rodríguez Geada, arquitecta colexiada número 2440.Suplente: don Carlos Longarela Sanfiz, do arquitecto colexiado número 2577.
Os aspirantes poderán recusar estes nomeamentos ao abeiro do disposto no artigo 29 da lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; os compoñentes do tribunal deberán absterse cando concorra algún dos casos previstos no artigo 28 do mesmo corpo legal.
TERCEIRO: Citar aos membros do tribunal cualificador para a súa constitución e para proceder á valoración dos méritos, o día 3 de marzo de 2009 ás 11:00 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.CUARTO: Citar aos membros do tribunal cualificador e aos aspirantes admitidos para a realización da entrevista da fase de oposición o día 3 de marzo ás 11:15 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.
QUINTO: Citar aos membros do tribunal cualificador e aos aspirantes admitidos para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 3 de marzo ás 11:30 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.
SEXTO: Publicar este acordo no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Contra o primeiro parágrafo da parte dispositiva desta resolución, que resulta definitiva en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de reposición diante do señor alcalde no prazo dun mes contado a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia ou ben, recurso contencioso administrativo diante da Sala do Contencioso administrativo do tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Mándao e asínao o señor alcalde do que eu, secretaria dou fe.
O alcalde A secretaria
Asdo. Antonio E. Gato Soengas Asdo. Mónica Vázquez Fandiño
|