Inicio arrow Localización
Thursday, 11 March 2010
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo
Orzamento
Perfil do Contratante
Emprego Público
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA PDF Imprimir
Thursday, 09 November 2006

 

O Concello de Monterroso é un dos municipios integrantes da comarca de A Ulloa, comarca cunha extensión considerable, 447,6 Km2 con algo máis de 500 entidades de poboación xunto con Palas de Rei e Antas de Ulla. O Concello de Monterroso conta cunha extensión de 114,6 Km2 e sitúase no Suroeste da provincia de Lugo. A súa situación dentro da Comunidade Autónoma de Galicia é privilexiada, situándose practicamente no centro desta.

 


Xeograficamente Monterroso limita cos seguintes concellos:


Norte: Guntín e Palas de Rei
Oeste: Palas de Rei e Antas de Ulla.
Este: Portomarín, Taboada e Guntín.
Sur: Taboada e Antas de Ulla.


En canto aos aspectos físicos, cabe dicir que Monterroso é pouco accidentado, relativamente aplanado; aínda que nos límites comonterroso.jpg Norte e co Oeste aparecen algunhas elevacións; e tamén no Este, onde se atopa o monte Castelo de Vilameñe, con 800 metros de altitude. As principias elevacións de Monterroso son os Montes de Vacaloura, San Cristovo, Castelo de Ambarrías, Pedralba, San Simón ou Marzán, Orgoso, Cumbraos e Vilanova; sen que ningún supere os 800 metros de altitude.
Entre as características hidrográficas do Concello de Monterroso, cabe destacar fundamentalmente o Río Ulla, que nace na parroquia de Olveda ( Antas de Ulla ), e cruza o Concello de sureste a noroeste, formando unha fronteira natural entre os concellos de Monterroso e de Antas de Ulla. De aí que o conxunto dos tres concellos reciba o nome de Comarca da Ulloa.
Os afluentes principias do Río Ulla que pasan por Monterroso son: Parteme e o Lavandelo, completando a súa rede fluvial os ríos Sucastro, Sirgal, Lourentín, As Pozas, Salgueiral e Rial.

Monterroso conta cunha boa comunicación na rede de estradas:
Estrada N-640 (Vegadeo-Pontevedra-Porto de Vilagarcía).
Comarcal de Palas e Taboada.
Estradas locais que anoan coa de Santiago e a de Ourense.
Rede doutras estradas que comunican a todas as parroquias do municipio.

Ademais conta tamén con varias liñas de autobuses que viaxan a Bilbao, Vigo, A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela.


Se non ve a animación é porque precisa actualizar o Flash Player Descargue o plugin de flash desde aquí se vostede o desexa.
 
Axenda
« < Marzo 2010 > »
L M Mc X V D D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4
© Concello de Monterroso