|
Páxina 2 de 3
Todo o concello é un museo de arquitectura medieval o cal resulta difícil resumir. Así pois, os monumentos máis destacados son:
A casa torre de Monterroso ou pazo de laxe, construído por Alonso
de Gundín e a súa dona en 1520. Sufriu diversas reformas, ampliada
posiblemente con pedras do castro de Sirgal. Consta de torre
cuadrangular de tres plantas e capela con pórtico románico. Nos seus
xardíns consérvanse as cadeas do señorío de Rosende, que esta casa
ostentou. Pertence á familia Salgado.
A igrexa de Esporiz, data de metade do século XIII e de estilo románico.
O pazo de Podente, que na actualidade perdeu o seu carácter para
transformarse nunha casa de labranza. Conserva un bello corredor e
escudos coas armas dos Rivera e os Salgado.
En Bidouredo consérvanse importantes restos da Torre Pazo dos marqueses
de Castelar. Aquí sitúa Cabanillas o seu poema "A noite Castellar". A
igrexa parroquial é de orixe románica, metade do século XII.
A torre de Penas, unha das mellores conservadas de todo o territorio
lucense, con tres plantas. O pazo co que se comunica ten escudos coas
armas do Ribadeneira e Taboada. Crese que esta torre tiña por
obxectivo poder comunicarse por medio de sinais coa torre de Amarante.
Da torre de Fente só quedan un montón de pedras. Foi cárcere de Monterroso e A Ulloa.
O monumento relixioso máis destacado que conserva Monterroso é a igrexa de Novelúa.
|