Inicio arrow Historia e arte
Thursday, 11 March 2010
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo
Orzamento
Perfil do Contratante
Emprego Público
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
HISTORIA E ARTE PDF Imprimir
Thursday, 09 November 2006

Fotografía da igrexa de Penas

O nome que lle deron os antigos que habitaban nestas terras está ligado ás características do relevo e provén das formas latinas, monte(m) russu(m) ou monte(m) russeu(m), aludindo ben á cor da terra, ben á cor rosácea das urces e carrascas dos seus montes. Esta denominación non aparece ata polo menos mediados do século XII onde Monterroso era o nome dun monte, que nun momento determinado pasou a denominar a un lugar de asentamento humano. É un labor bastante difícil saber cando aconteceu isto o que si sabemos é que o documento máis antigo relacionado con esta comarca é do ano 572 e refírese á confirmación da división da diocese lucense en doce condados. Segundo estudos realizados o territorio de Monterroso abranguía a comarca da Ulloa, é dicir os actuais concellos de Antas de Ulla e Palas de Rei, e ultrapasaría os seus límites, polo menos nalgún momento, cara á Terra de Melide e cara ao Miño.

Fotografía da portada da igrexa de Bidouredo>


Da importancia destas terras dan boa fe a cantidade de pazos e casas señoriais existentes en todo o municipio, en cuxos muros se observan os brasóns das principais familias nobres de Galicia: Ulloa, Traba, Salgado, Noguerol e Andrade, entre outros. Tamén as 20 igrexas románicas construídas entre finais do século XII e principios do XIII fan referencia a outro feito indiscutible: a transmisión artística do Camiño de Santiago que, desde Ventas de Narón se dirixe cara a Ligonde.
Os característicos cruceiros marcan o término municipal sendo algúns de gran interese como o de Lameiros, preto de Ligonde, en pleno Camiño de Santiago, ten no pedestal unha inscrición co nome de Ulloa xunto cos instrumentos da Paixón de Cristo, a continuación o fuste e o capitel coa imaxe de Cristo nunha cara e a Virxe das Dores noutra; outros cruceiros de interese son o de Fente, Frameán ou San Breixo.



 
Axenda
« < Marzo 2010 > »
L M Mc X V D D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4
© Concello de Monterroso