|
1.- Elevación a definitiva da adxudicación provisional do expediente de contratación de maquinaria de obras públicas baixo a modalidade de arrendamento financieiro con opción de compras (leasing).
Vista a proposta de servizo de data 20 de abril para a contratación da subministración epigrafada. Acreditado que o dito equipo resulta imprescindible para o cumprimento e realización dos seguintes fins: mantemento e conservación das vías, estradas e accesos de titularidade municipal, así como, de espazos e prazas públicas, tendo en conta que o termo municipal de Monterroso conta cunha extensión de 118 quilómetros cadrados e 28 parroquias.
Tramitado procedemento negociado con publicidade.
Visto que mediante acordo desta Xunta de Goberno Local de data 21 de abril de 2009 aprobouse o expediente e os pregos de cláusulas administrativas para a adxudicación da suministración de maquinaria de obras públicas baixo a modalidade de arrendamento financieiro con opción de compra (leasing), por procedemento negociado con publicidade. O anuncio de licitación publicouse no BOP de Lugo de 12/05/09.
Visto que con data 2 de xuño a Xunta de Goberno Local adxudicou provisionalmente a favor da entidade “BBVA” por ser a oferta economicamente máis vantaxosa, polo prezo de 65.500,00 euros e 10.480,00 euros correspondentes a IVE, nas seguintes condicións: tipo de xuro nominal anual euribor 90 días+1,35, exento de comisións, tipo de saída primeiro ano 3%, 48 cotas mensuais (47 cotas e unha última de opción de compra), exento de comisións.
Con data 15 de decembro, e dentro do prazo conferido, o adxudicatario “BBVA”, constituíu garantía definitiva por importe de 3.275,00 euros e presentou os documentos xustificativos esixidos.
Examinada a documentación que a acompaña, visto o informe de Secretaría, e de conformidade co establecido no artigo 135.4 e na Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público,
A Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo señor Alcalde-presidente con 27 de xuño de 2007 (BOP 21/07/07), por unanimidade e en votación ordinaria, acorda:
Primeira.- Elevar a definitiva a adxudicación provisional do contrato de suministración de maquinaria de obras públicas aprobada por acordo de Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 2 de xuño e publicada no perfil do contratante o 4 de xuño
Segundo.- Dispoñer o gasto con cargo á partida 511.204.00 do presuposto vixente de gastos.
Terceiro.- Notificar a adxudicación definitiva aos candidatos que non resultaran adxudicatarios.
Cuarto.- Notificar a D. Francisco Galván Pérez, no nome e representación de BBVA, adxudicatario provisional do contrato, o presente acordo e citarlle para a sinatura do contrato que terá lugar no Concello o día 15 de xullo de 2009.
Quinta.- Publicar a adxudicación definitiva do contrato de suministración de maquinaria de obras públicas no Perfil de contratante.
Sexto.- Comunicar os datos básicos do contrato ao Rexistro de Contratos do Sector Público, de conformidade co disposto no artigo 308.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
|