|
3.- Adxudicación provisional do “contrato de servizos para a redacción do proxecto técnico para a cosntrución dun polideportivo e piscina climatizada”.
Visto que mediante acordo desta Xunta de Goberno Local de data 28 de xullo de 2009 aprobouse o expediente e os pregos de cláusulas administrativas para a adxudicación do contrato de servizos citado, por procedemento negociado sen publicidade
No mesmo acordo autorizouse o gasto que supón a adxudicación do mesmo, e acordouse cursar invitación aos seguintes técnicos: dona Elena Ampudia Aixendrí, don Javier Fernando Ozores Pardo, e don Carlos Longarela Sanfíz.
Examinado o contido dos sobres A das ofertas presentadas no prazo concedido ao efecto polo invitado don Carlos Longarela Sanfiz, e considerando completa a documentación presentada.
Vista a oferta presentada e admitida.
De conformidade co establecido no artigo 135.3 e a Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público,
A Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo señor Alcalde-presidente con 27 de xuño de 2007 (BOP 21/07/07), por unanimidade e en votación ordinaria, acorda:
Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o contrato de servizos para redacción de do proxecto técnico para a construción dun polideportivo e piscina climatizada”, a don Carlos Longarela Sanfiz, arquitecto colexiado nº 2577 por ser a única oferta e polo tanto, oferta economicamente máis vantaxosa, polo prezo de 40.705,78 euros e 6.512,92 euros correspondentes a IVE, nas seguintes condicións:
Prazo de execución: Un mes
Prestacións adicionais: Redación dos proxectos modificados necesarios no caso de modificación das necesidades básicas previstas para os edificios sen custe algún para a administración, así como a asunción do levantamento topográfico e estudo xeotécnico necesario para a redación do proxecto.
Segundo.- Notificar e requirir a D. Carlos Longarela Sanfiz, adxudicatario provisional do contrato, para que presente, dentro dos quince días hábiles seguintes ao da data de publicación da adxudicación provisional no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, a documentación xustificativa de acharse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calesquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar, así como constituír a garantía definitiva.
Terceiro.- Publicar a adxudicación provisional do contrato mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no perfil do contratante. Notífiquese tamén aos licitadores non adxudicatarios.
Cuarto.- Realizados os trámites anteriores, que por Secretaría se emita Informe-proposta para resolver ao respecto.
|