Feira de Santos, declarada festa de interese turístico galego
Inicio
venres, 18 maio 2012
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo e PXOM
Zona económica
Perfil do Contratante
Emprego Público
Contacto
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
PREGO CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES SERVIZO AUGA PDF Imprimir
mércores, 21 outubro 2009

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES, QUE REXERÁ A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA CONCESIÓN DOS SERVIZOS DE ABASTECEMENTO DE AUGUA POTABLE E REDE DE SUMIDOIROS DO MUNICIPIO DE MONTERROSO

ÍNDICE

CAPÍTULO PRIMERO. DISPOSICIÓNS XERAIS
Cláusula 1 Obxecto do contrato
Cláusula 2  Necesidades administrativas por satisfacer
Cláusula 3 Canon da concesión e tipo de licitación
Cláusula 4 Existencia de crédito presupuestario e responsable do contrato
Cláusula 5  Duración do contrato e data de inicio
CAPÍTULO SEGUNDO. PROCEDEMIENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN
Cláusula 6  Procedemento e forma de adxudicación do presente contrato 
Cláusula 7  Documentación que se facilitará aos licitadores 
Cláusula 8  Publicidade da licitación 
Cláusula 9 Presentación de proposicións 
Cláusula 10 Ofertas: Normas xerais 
Cláusula 11 Proposiciós: Documentación 
Cláusula 12  Apertura, exame das ofertas e adxudicación
Cláusula 13 Criterios para a adxudicación 
Cláusula 14 Ofertas con valores anormales ou desproporcionados 
Cláusula 15 Comisión de Seguimento 
Cláusula 16 Protección de datos: Documentación 
Cláusula 17 Confidencialidade 
CAPÍTULO TERCEIRO. RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO 
Sección primeira. Forma de xestión e carácter do servizo 
Cláusula 18  Forma de xestión 
Cláusula 19 Carácter del servizo
Sección segunda. Réxime económico da concesión 
Cláusula 20 Retribución do concesionario 
Cláusula 21 Tarifas do servizo equilibrio económico da concesión 
Cláusula 22 Revisión de tarifas 
Cláusula 23 Modificación do contrato e mantemento do seu equilibrio económico 
Sección tercera. Dereitos e obrigas do concesionario 
Cláusula 24 Obrigas do concesionario 
Cláusula 25 Dereitos do concesionario 
Sección cuarta. Dereitos e obrigas do Concello 
Cláusula 26 Titularidade do servizo 
Cláusula 27 Uso da  vía pública 
Cláusula 28 Protección do servizo 
Cláusula 29 Dereitos e potestades 
Sección quinta. Intervención do servizo
Cláusula 30 Concepto, duración e alcance da intervención do servizo 
Cláusula 31 Supostos en que é procedente la intervención do servizo 
Cláusula 32 Procedemento para declarar a intervención do servizo 
Sección sexta. Extinción da concesión 
Cláusula 33 Causas xerais de extinción 
Cláusula 34 Extinción por fin do período de tempo 
Cláusula 35 Extinción da concesión por causa imputable ao concesionario
Cláusula 36 Efectos da extinción 
Sección sétima. Rescate da concesión e supresión do servizo 
Cláusula 37 Rescate da concesión e supresión do servizo 
Sección octava. Reversión 
Cláusula 38 Reversión 
Sección novena. Réxime de sancións 
Cláusula 39 Sancións 
Cláusula 40 Infraccións leves 
Cláusula 41 Infraccións graves 
Cláusula 42 Infraccións moi graves 
Cláusula 43 Resolución do contrato 
CAPÍTULO CUARTO. DA ORGANIZACIÓN E O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO 
Sección primera. Instalacións do servizo 
Cláusula 44 Instalacións do servizo 
Cláusula 45 Utilización das instalacións do servizo 
Sección segunda. Organización do servizo 
Cláusula 46 Orixe da auga: calidade e cantidade 
Cláusula 47 Explotación do servizo e conservación das instalacións 
Cláusula 48 Obras de ampliación e renovación do abastecemento 
Cláusula 49 Obras necesarias para atender a novos subministros e á expansión da  rede de

distribución 
Cláusula 50 Continuidade do servizo 
Cláusula 51 Persoal do servizo 
Cláusula 52 Oficinas do servizo 
Sección tercera. Prestación do servizo 
Cláusula 53 Contratación de subministro
Cláusula 54 Relacións cos  usuarios do servizo 
Cláusula 55 Conexións de servizo 
Cláusula 56 Contadores 
Cláusula 57 Petición de subministro e instalación de contadores 
Cláusula 58 Lectura de contadores 
Cláusula 59 Realización e cobro de recibos 
Cláusula 60 Conservación de contadores e conexións de servizo 
Cláusula 61 Servizos municipais 
CAPÍTULO QUINTO. DISPOSICIÓNS FINAIS 
Cláusula 62 Tribunais 
Cláusula 63 Interpretación do contrato 
Cláusula 64 Continuidade do servizo 
Cláusula 65 Prazo de garantía 
Cláusula 66 Responsabilidade perante terceiros 
Cláusula 67 Normas supletorias 
ANEXO 1. Modelo de proposición económica
ANEXO 2. Modelo do estudo económico  financiero da oferta 
ANEXO 3. Tarifas vixentes 
ANEXO 4. Instalacións do servizo
ANEXO 5. Relación do persoal que deberá asumir o adxudicatario do concurso
ANEXO 6. Obras de mellora do servizo que deberá executar o concesionario
ANEXO 7. Regulamento do Servizo de Auga Potable 
ANEXO 8. Regulamento do Servizo da Rede de sumidoiros

 

CONTRATO DE XESTIÓN DE SERVIZO PÚBLICO DE ABASTECEMENTO DE AUGA E REDE DE SUMIDOIROS, MEDIANTE A MODALIDADE DE CONCESIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA, VARIOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN

CAPÍTULO PRIMEIRO. DISPOSICIÓNS XERAIS

Cláusula 1. Obxecto do contrato
Constitúe o obxecto do presente contrato a regulación do procedemento aberto para a

adxudicación da xestión do servizo municipal de abastecemento de auga potable e rede de

sumidoiros ao municipio mediante xestión indirecta e en réxime de concesión de conformidade

co que determina o artigo 253.a da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector

público (no sucesivo LCSP).
A concesión comprende a explotación da rede de abastecemento de agua e rede de sumidoiros do

Concello, e está integrada polas instalacións que se relacionan no anexo 4.
Consideranse como obxecto do contrato de concesión a xestión de todas as redes de

titularidade municipal e demáis instalacións dos distintos núcleos rurais e demáis núcleos

de poboación que conten cos citados servizos municipais.
Así mesmo, formará parte do obxecto da concesión a Estación Depuradora de Augas Residuais

(EDAR) a partir do 1 de outubro de 2011, data na que remata o contrato da actual

concesionaria.
Comprende polo tanto, a referida concesión:
a) En abastecemento de auga: a captación, condución, tratamento, depuración, depósito e

distribución de auga potable, tanto das instalacións actuais, como das ampliacións e

melloras futuras das mesmas durante o tempo da concesión.
b) En saneamento: condución das augas residuais e pluviais ata a entrada na depuradora

de augas residuais, tanto das instalacións actuais, como das ampliacións e melloras futuras

das mesmas durante o tempo da concesión.
De conformidade co previsto polo artigo 67.2.a) do Regulamento xeral da lei de contratos das

administracións públicas (RXLCAP), aprobado polo Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro,

faise constar que as ditas actividades correspóndense cos códigos 41001 e 90001 da

Clasificación Nacional de Produtos por Actividades 1996 (CNPA-96), de conformidade co Real

decreto 81/1996, de 26 de xaneiro, de Clasificación Nacional de Produtos por Actividades.

Cláusula 2. Necesidades administrativas por satisfacer
O concesionario quedará expresamente facultado e obrigado a realizar, por conta propia, as

operacións necesarias de captación de auga potable, elevación, tratamento se for preciso,

acumulación, impulsión e distribución de auga e mantemento da rede de sumidoiros no

referente ao funcionamento e á prestación do servizo, así como no referente á conservación

das instalacións. A partir do 1 de outubro de 2011 quedará tamén obrigado
Non entanto, o Concello fai constar explicitamente que a contratación das actividades que no

presente Prego de Condicións se detallan non implica de ningún xeito a cesión da

titularidade dos servizos municipais de aguas e rede de sumidoiros nin tampouco a propiedade

das instalacións, que corresponderán sempre en todo momento ao Concello.
O concesionario asumirá a xestión ou explotación do servizo municipal de abastecemento de

agua e rede de sumidoiros, baixo o seu propio risco, e achegará os medios persoais,

materiais e técnicos necesarios. Esta mesma obriga de xestión e explotación asumirá a partir

do 1 de outubro de 2011 respecto da EDAR.
O Concesionario estará obrigado igualmente a recadar por vía voluntaria os ingresos

municipais pola prestación dos servizos de recollida de residuos sólidos urbanos, así como

tamén outros tributos de calquera natureza que puideran ser susceptibles de ser recollidos

no recibo da agua, deberase ingresar o seu importe neste Concello ou Organismo

correspondente de acordo co dispuesto pola Intervención Municipal ou normativa vixente.

Cláusula 3. Canon da concesión e tipo de licitación.
Dada a natureza do contrato, e o procedemento de contratación establécese un canon inicial

na cantidade de 400.000,00 euros, en concepto de compensación polas instalacións que o

Concello pon a disposición do concesionario para a prestación do servizo. Dito canon ten

carácter de mínimo, podendo os licitadores incrementalo nas súas ofertas, valorándose

conforme o disposto na cláusula 13ª deste prego. O canon fixarase libre de impostos de

acordo ó estudo xustificativo esixido no presente prego. A proposta económica deberá

confeccionarse segundo o modelo que figura no anexo I do presente prego.
O cen por cen do canon da concesión, deberá ser ingresado no Concello polo Concesionario, no

momento da firma do contrato de concesión

Cláusula 4. Existencia de crédito orzamentario e responsable de contrato
Tendo en conta o réxime económico da concesión, o presente contrato non require dotación de

crédito orzamentario nos estados de gastos do orzamento da Corporación.
Desígnase como responsable do contrato ao funcionario de carreira- Oficial de servizos

múltiples, a quen corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións pertinentes

e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación

pactada, dentro do ámbito das facultades que se lle atribúen.

Cláusula 5. Duración do contrato e data de inicio
O contrato iniciarase o día da súa sinatura. A duración do contrato é improrrogable e

establécese en 25 anos, que se contarán a partir da súa data de inicio, máximo legal

vixente, que se establece no artigo 254.a da LCSP.
Ao rematar o contrato, as instalacións devolveranse ao Concello en correcto estado de

funcionamento. Con ese obxecto, un ano antes da finalización do contrato, o Concello

designará un interventor técnico para que supervise a conservación das obras  das

instalacións e para que informe á Corporación das actuacións de mantemento necesarias para

que estean nas condicións previstas.

CAPÍTULO SEGUNDO. PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN

Cláusula 6. Procedemento e forma de adxudicación do presente contrato
O presente contrato adxudicarase por tramitación ordinaria e procedemento aberto, de acordo

coas prescripcións establecidas pola LCSP.

Cláusula 7. Documentación que se facilitará aos licitadores
Desde o día da publicación do anuncio do procedemento aberto, as empresas interesadas

poderán examinar na Secretaría municipal de Monterroso, tel. 982377001, fax 982377617 e no

perfil do contratante www.monterroso.es, a documentación que rexerá o presente procedemento.

A devandita documentación incluirá os seguintes documentos:
- O presente Prego de Claúsulas Económico Administrativas.
- Bases Técnicas
- Anexos
Os licitadores poderán adquirir, ao seu cargo, copias da documentación nomeada.
De conformidade co artigo 142 da LCSP, o Concello quedará obrigado a remitir aos licitadores

que o requiran os pregos ou outra documentación complementaria no prazo de seis días a

partir da recepción da solicitude neste sentido, sempre que licitador o solicitara 15 días

antes de que finalice o prazo para presentar as ofertas.

Cláusula 8. Publicidade da licitación
A presente licitación publicarase por medio dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia,

consonte establece o artigo 126.1 y 4 da LCSP.
O importe dos gastos de publicidade da licitación e adxudicación do contrato será a cargo ao

adxudicatario.

Cláusula 9. Presentación de proposicións
A data límite de presentación de proposicións será de 15 días naturais contados a partir do

día seguinte ao último anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
A documentación que deban presentar os licitadores entregarase no Rexistro Xeral do Concello

antes das 14 horas do día límite para a presentación de proposicións. Aos licitadores

entregaráselles unha dilixencia acreditativa da presentación da plica en que figurarán a

data e a hora de presentación.
Así mesmo, as proposicións poderán presentarse, por correo, por telefax, ou por medios

electrónicos, informáticos o telemáticos, en calquera dos lugares establecidos no  artigo

38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común.
Cando as proposicións se envíen por correo, o empresario deberá xustificar a data de

imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación que remita a

oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día, consignándose o número do expediente,

título completo do obxecto do contrato e o nome do licitador.
A acreditación de ter recibido o télex, o fax ou o telegrama efectuaraa a Secretaría

municipal mediante dilixencia extendida. Sen a concorrencia de ambos requisitos, non se

admitirá a proposición se o órgano de contratación a recibiu  con posterioridade á data de

terminación do prazo sinalado no anuncio de licitación. En todo caso, transcorridos os dez

días seguintes a esa data sen que se recibira a documentación, esta non será admitida.

Cláusula 10. Ofertas: Normas xerais
Poderán participar no procedemento as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou

estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar de conformidade co que establece o artigo

43 e seguintes da LCSP, que non estean incursas nunha das prohibicións de contratar que se

recollen nos artigos 49 y 50 da mesma norma, e que acrediten, ademais, que teñen a solvencia

económica, financeira técnica requirida neste Prego de Condicións.
Así mesmo, poderán participar no procedemento unións de empresas que se constitúan

temporalmente para o efecto, sen ser precisa a súa formalización na escritura pública ata

que se efectuara a adxudicación ao seu favor. En calquera caso, achegarán un compromiso,

subscrito por todas as empresas, de constituírse formalmente en unión temporal no caso de

resultar adxudicatarias, indicando os nomes e as circunstancias das  que a constituirían,

así como a súa participación. As ditas empresas estarán obrigadas solidariamente perante o

Concello de Monterroso e deberán nomear un representante ou apoderado da unión, coas

facultades suficientes para exercer os dereitos e cumprir coas obrigas que se deriven do

contrato ata a súa extinción.
No caso de que as ofertas se envíen por correo dentro de prazo, os licitadores deberán

xustificar que a data e a hora de imposición do envío na oficina de Correos son, como

máximo, as sinaladas nos boletíns oficiais e deberán anuncialas ao Concello Monterroso

mediante telegrama, telefax ou correo electrónico, o Concello de Monterroso deberá recibilo

dentro de prazo. O anuncio por correo electrónico só será válido se existe constancia da súa

transmisión e da súa recepción, das súas datas e do contenido íntegro das comunicacións, e

se se identifica indubidablemente o remitente e o destinatario. De non concorrer estes

requisitos, a oferta non será admitida se o Concello de Monterroso a recibe con

posterioridade ao prazo sinalado no anuncio. Se a proposición enviada por correo ao Concello

de Monterroso non chegara logo dos 10 días naturais desde que rematou o prazo de

presentación de proposicións, non sería admitida en ningún caso.
Todos os licitadores deben sinalar no momento de presentar a súas proposicións un domicilio,

un teléfono, un fax e unha caixa de correo electrónico para as comunicacións e as relacións

que polo xeral se deriven do procedemento ou que poida afectarlle dalgún xeito  ao

licitador.
As proposicións deberán tener unha validez mínima de 6 meses, que se contarán a partir do

día da súa apertura. Unha vez transcorrido este prazo, ou o prazo superior indicado por cada

licitador na súa proposición, sen que o Concello de Monterroso acordara a adxudicación do

contrato ou a resolución do procedemento noutro sentido, os licitadores admitidos terán

dereito a retirar a súa proposición, e a que se lles devolva a garantía provisional, sempre

e cando o soliciten por escrito ao Concello de Monterroso. As proposicións que no sexan

retiradas entenderanse válidas e vinculantes para o licitador para todos os efectos

previstos neste Prego de Condicións.
As proposicións constarán de tres (3) sobres pechados e asinados polo licitador ou polo seu

representante. En cada sobre farase constar o seu contenido e o nome do licitador
As proposicións presentaranse escritas a máquina ou mediante outro tipo de impresión

mecánica ou informática. Non se aceptará ningún documento manuscrito nin con omisións, erros

ou emendas que non permitan coñecer claramente as condicións para valorar a oferta.
Ningún licitador poderá presentar máis dunha proposición nin subscribir ningunha proposición

en unión temporal con outros se o fixo individualmente, así como tampouco poderá figurar en

máis dunha unión temporal. No caso de facelo, será causa de non admisión de todas as

proposicións subscritas por este.
Non se admitirán, de ningún xeito, as proposicións daquelas persoas en quen concorra algunha

das circunstancias previstas no artigo 49 de la LCSP.
A presentación de proposicións implica a aceptación incondicional polos licitadores do

contenido da totalidade da documentación obxecto do presente procedemento.

Cláusula 11. Proposicións: Documentación
Deberán presentarse tres (3) sobres pechados co contido que se relaciona a continuación.
Os tres sobres introduciranse nun contedor pechado, no que figurará o texto seguinte:
“Proposición que presenta [nome ou razón social do licitador] para o procedemento aberto

para a adxudicación do contrato de xestión do servizo municipal de abastecemento de auga

potable e da rede de sumidoiros de Monterroso coa modalidade de concesión”. No exterior dos

sobres figurará claramente a documentación que contén (documentación administrativa,

proposición técnica ou proposición económica) e estarán asinados polo licitador.

11.1. Sobre nº 1 (pechado)
Título: Documentación xeral - (Título do contrato)

Contido (Todas as declaracións e compromisos achegados irán debidamente asinados polo

licitador ou polo seu representante. No caso de unións temporais de empresas, deberán asinar

todos os seus compoñentes):

11.1.1. Documentación acreditativa da personalidade e capacidade do licitador
No caso de que o licitador sexa unha persoa xurídica, achegará a escritura de constitución

e, se os houber, as modificacóns pertinentes inscritas no Rexistro Mercantil, cando este

requisito sexa esixible segundo a lexislación mercantil de aplicación e se cumprira,

achegarase a escritura ou o documento de constitución, os estatutos ou a acta fundacional na

que figuren as súas normas de funcionamento, con inscrición, se cómpre, no correspondente

rexistro oficial.
Ademais, a persoa xurídica licitadora deberá acreditar que as prestacións do contrato

atópanse dentro dos obxectivos, o obxecto ou ámbito de actividade que lle sexan propios,

segundo os seus estatutos ou regras fundacionais.
Tamén se achegará o documento ou documentos que acrediten a lexítima e suficiente

representación da persoa que asina a oferta.
Os licitadores poderán presentar a documentación esixida, se é notarial, terá que axustarse

aos requisitos que establece a lei e o regulamento notarial, con respecto á legalización. No

caso de documentos administrativos, poderán presentarse por medio de orixinal ou copia

debidamente autenticada por fedatario público.
No caso de que o licitador sexa unha persoa física, achegarase copia compulsada da súa

tarxeta del número de identificación fiscal.
Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea ou de Estados

asinantes do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, deberán acreditar a súa inscrición nos

rexistros ou presentar as certificacións que se indican no  punto 1 do anexo nº I. do Real

Decreto 1098/2001, de 12 de outubro.
Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe

expedido pola Misión Diplomática Permanente ou a Oficina Consular de España do lugar do

domicilio da empresa, no que conste que se encontran inscritos no rexistro local

profesional, comercial ou análogo ou, no seu defecto, que actúan habitualmente no ámbito das

actividades obxecto dos contratos. Neste supuesto, ademais, será preciso acompañar un

informe da Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio

Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición do Estado de procedencia da

empresa como Estado asinante do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial do

Comercio ou, pola contra, que admite a participación de empresas españolas na contratación

coa Administración, de forma sustancialmente análoga. Así mesmo, deberán acreditar ter unha

sucursal aberta en España, con designación de apoderados ou representantes para as súas

operacións e estar inscritas no  Rexistro Mercantil.
No caso de unións temporais, cada un dos seus compoñentes acreditará a súa capacidade de

conformidade co exposto neste apartado.
No caso de que toda ou parte da documentación relacionada a continuación xa se entregara ao

Concello de Monterroso e non fose obxecto de ningunha modificación ou actualización, sendo

polo tanto aínda vixente, non cumprirá volver a presentala, sempre que se acompañe,

debidamente cuberta e baixo a súa responsabilidade, a debida certificación da vixencia da

devandita documentación.
Os licitadores tamén deberán presentar a seguinte documentación:
1. Declaración responsable sobre prohibicións de contratar. Acreditación de non

incorrer nas prohibicións para contratar coa Administración sinaladas no  artigo 49 da LCSP,

que se pode obter mediante testemuño xudicial ou certificación administrativa, segundo os

casos, e cando este documento non poida ser expedido pola autoridade competente, poderá

substituirse por unha declaración responsable outorgada perante unha autoridade

administrativa, un notario público ou un organismo profesional cualificado. A nomeada

declaración deberá conter expresamente o feito de estar ao día no cumprimento das obrigas

tributarias ou da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Cando se trate

dunha empresa pertencente a un Estado membro da Unión Europea e esta posibilidade estea

prevista na lexislación do Estado respectivo, esta certificación poderá tamén substituírse

por unha declaración responsable outorgada perante unha autoridade xudicial.
2. Compromiso de que antes da sinatura do contrato terá subscritas as pólizas de

seguros, de acordo co previsto no presente Prego de Cláusulas.
3. Submisión xurisdicional das empresas estranxeiras. As empresas estranxeiras

achegarán unha declaración de submisión á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de

calquera orde, para todas as incidencias que directa ou indirectamente se derivaran dos

contratos, con renuncia, se cómpre, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese

corresponderlle ao licitador.
4. Documentación contractual. Declaración por parte do licitador de que acepta a

documentación nomeada no presente Prego, que terá carácter contractual.
5. Declaración onde o licitador manifeste que tivo en conta para a elaboración da súa

oferta as obrigas vixentes en materia de protección do traballo, condicións de traballo e

prevención de riscos laborais e protección do medio ambiente.

11.1.2. Acreditación da solvencia económica e financeira e técnica
Para xustificar a solvencia técnica, deberá presentarse unha relación das principais

xestións de servizos públicos municipais de abastecemento de agua potable a domicilio e

saneamento realizados nos tres últimos anos.
Con respecto á solvencia económica financeira, acreditarase por un dos medios especificados

polo artigo 64 da LCSP.
No caso de unións temporais, atenderase ás características acumuladas de cada un dos seus

integrantes, expresadas nas súas respectivas certificacións.
Se unha unión temporal está constituída por empresarios nacionais, estranxeiros non

comunitarios ou estranxeiros comunitarios ou de estados asinantes do Acordo sobre o Espazo

Económico Europeo, os empresarios nacionais deberán acreditar os requisitos esixidos de

solvencia económica e financeira, e técnica ou profesional, e o resto deberán achegar os

documentos que se sinalan a continuación.
No caso de que fose un licitador non español dun estado membro da Unión Europea, dun estado

asinante do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou dun licitador estranxeiro non

comunitario, deberán presentarse os seguintes documentos:
a) Informe de entidades financeiras ou, se cómpre, xustificante da existencia dun

seguro de indemnización por riscos profesionais.
b) Contas anuais ou extracto dos cinco últimos anos, que deberán acreditar que a

anualidade do contrato non superará o 40 % da facturación media da empresa durante os

últimos 5 anos.
Con respecto aos licitadores que concorran coa unión temporal de empresas, entenderase que

cumpre este requisito se se acredita que polo menos unha das que conforman a agrupación

posúe a solvencia económica esixida, sempre e cando esta teña unha participación mínima dun

25%.
c) Declaración sobre o volume global de negocios relativa a como mínimo os tres (3)

últimos exercicios.
Con respecto aos licitadores que concorran con unión temporal de empresas, entenderase que

se cumpren estes requisitos se se acredita que polo menos unha das que conforman a

agrupación posúe a experiencia esixida, sempre que esta teña unha participación mínima dun

25%.
Para acreditar a devandita experiencia, os licitadores deberán presentar certificados

oficiais de boa execución extendidos pola propiedade ou o organismo oficial en cuestión. No

caso de achegar experiencia como membro dunha unión temporal de empresas, xuntarase copia do

acto de compromiso de constitución con detalle da porcentaxe de participación.
d) Relación das obras executadas no transcurso dos últimos cinco anos acompañada de

certificados de boa execución para as máis importantes. O dito certificado deberá cumprir os

requisitos establecidos no artigo 65.a da LCSP, é dicir, estas certificacións  indicarán o

importe, as datas e o lugar de execución das obras e se se realizaron segundo as regras que

rexen a profesión e se  se levaron a bo termo; e no seu caso, o dito certificado enviarao a

autoridade competente ao órgano de contratación.
e) Declaración dos técnicos ou das unidades técnicas, integrados ou non na  empresa, a

disposición do empresario para a execución das obras, especialmente os responsables do

control de calidade, xunto cos documentos correspondentes.
f) Titulacións académicas e profesionais do empresario e dos directivos da empresa e,

en particular, do responsable ou dos responsables do contrato.
g) Declaración sobre os efectivos persoais medios anuais da empresa, en que se

indicará, se é o caso, o grao de estabilidade na súa utilización e a importancia dos seus

equipos directivos nos tres últimos anos, acompañada da documentación xustificativa

correspondente.
h) Solvencia técnica medioambiental. Os licitadores deberán demostrar a súa solvencia

técnica medioambiental. Para tal efecto, deberán acreditar que dispoñen do rexistro EMAS, da

certificación ISO 14001 ou doutras certificacións equivalentes ou outras probas ou medidas

de xestión ambiental que inclúan como mínimo a política ambiental aprobada pola Dirección da

empresa, a asignación de responsabilidades, os procedementos referentes á identificación de

aspectos ambientais significativos e de identificación dos requisitos legais e as accións

previstas do seguemento e control ambiental que aplica na  prestación dos servizos obxecto

de licitación.
De conformidade co artigo 52 da LCSP  poderase acreditar a solvencia baseándose na solvencia

e nos medios doutras entidades, con independencia da natureza xurídica dos vínculos

existentes, sempre que se demostre que, para a execución do contrato, se dispón

efectivamente dos ditos medios.

11.1.3. Garantía provisional
O licitador deberá constituír a disposición do Concello de Monterroso unha garantía

provisional de doce mil (12.000 €), de acordo co que se sinala no cadro-resume.
A garantía citada poderá ser constituída:
a) En metálico ou en valores públicos ou privados.
A acreditación efectuarase mediante a entrega do resgardo emitido.
A garantía constituída en valores debe axustarse ao que dispón o artigo 55 do Real decreto

1098/2001, de 12 de outubro, e aos modelos que figuran no anexo III y IV de dita norma.
Mediante un aval prestado por algún dos bancos, caixas de aforro, cooperativas de crédito,

establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para

intervir en España. O avalista deberá cumprir os requisitos sinalados no parágrado do artigo

55 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro.
b) Mediante contrato de seguro de caución, celebrado cunha entidade aseguradora

autorizada para intervir en España no ramo do seguro de caución.
Este seguro deberase formalizar coa correspondente póliza que se concretará nun certificado,

a compañía aseguradora deberá cumprir os requisitos sinalados no  parágrafo 1 do artigo 57

do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro.
No caso de unións temporais de empresarios, as garantías provisionais poderán constituírse

por unha ou varias das empresas participantes, sempre que en conxunto abrangan a contía

requirida e garantan solidariamente a todos os integrantes da unión temporal.

11.2. Sobre nº 2 (pechado)

Título: Proposta técnica - (Título do contrato)

1. Avance do Plan de Melloras na Eficiencia Hidráulica do Abastecemento de auga potable

e mantemento da rede de sumidoiros no que se indicarán as actuacións que o licitador ten

previsto levar a cabo para reducir e controlar os  niveis  de perdas e reducir as

incidencias na rede de sumidoiros municipal con actuacións previsoras de posta a punto da

dita rede. Así mesmo, incluirase un detalle das melloras e investimentos a realizar para o

correcto funcionamento dos servizos obxecto da concesión.
2. Memoria da xestión do servizo, con indicación do persoal, medios materiais e

organización proposta para o servizo.
3. Estrutura de apoio que o licitador ten previsto dispoñer na comarca, no caso de que

resulte adxudicatario e que estará a disposición do servizo se xurdira algunha incidencia ou

eventualidade.
4. Investimento en investigación e desenvolvemento efectuada polo licitador, na que

indicará as previsións que neste campo considere conveniente realizar, así como os traballos

ou programas de busca levados a cabo en materias relacionadas co ciclo integral da agua, e

nas publicacións científicas nas mesmas materias, así como o investimento efectuado polo

licitador nos últimos anos en termos económicos en I+D.
5. Avance do Plan de Incorporación ao Servizo Municipal do Crecemento Urbanístico

Futuro do Municipio. Neste documento estudarase e efectuaranse propostas razoadas de

actuacións que deban executarse para poder incorporar ao servizo os sectores urbanísticos de

novo desenvolvemento programados polo planeamento urbanístico vixente do municipio de

Monterroso.
6. Avance do Plan de Emerxencias do Abastecemento e da rede de sumidoiros de

Monterroso, no que se sinalarán os puntos que o licitador considera críticos das

instalacións actuais e unha descrición breve do protocolo de actuacións no caso de

incidencias nestes puntos.
7. Plan de Prevención de Riscos Laborais específico do abastecemento e rede de

sumidoiros de Monterroso,  no que se sinalará o prazo máximo en que  licitador se compromete

a acreditar, no caso de resultar adxudicatario, que o seu centro de traballo de Monterroso

superou con éxito a auditoría á que fai referencia o capítulo V do Real decreto 39/1997, de

17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Servizos de Prevención de Riscos

Laborais.
8. Avance do Plan de Implantación dun Sistema de Xestión da Calidade, no que se

sinalará o prazo máximo en que o licitador se compromete a achegar, no caso de resultar

adxudicatario, a certificación acreditativa de que o sistema de xestión da calidade

implantado no abastecemento de Monterroso resulta  conforme coas  esixencias da norma UNE-EN

ISO 9001:2000, e experiencia en sistemas de xestión da calidade implantados polo licitador

en abastecementos similares.


11.3. Sobre n.º 3 (pechado)

Título: Proposta económica - (Título do contrato)

Contido:

1. Proposición económica, redactada integramente conforme o modelo sinalado no anexo 1

deste Prego.

2. Estudo económico financieiro, redactado conforme o guión contido mínimo sinalado no

anexo 2 deste Prego.

Quedarán excluídas do procedemento as proposicións que non estean asinadas, as proposicións

incompletas (por falta dalgúns dos datos que se oferten), así como aquelas proposicións que

se presenten  un prazo superior ao de licitación. As proposicións presentadas por unións

temporais de empresas deben ir asinadas polos representantes de todas as empresas que a

compoñen.
No prezo ofertado estarán incluídos todos os gastos necesarios para a execución do contrato.
Os datos ou informes que se estimen de interese para unha adecuada apreciación da

proposición.
Os tres sobres incluiranse nun contedor pechado, no que figurará o texto “Proposición que

presenta [nome ou razón social do licitador] ao procedemento aberto para a adxudicación do

contrato de xestión do servizo municipal de abastecemento de agua potable e da rede de

sumidoiros de Monterroso baixo a modalidade de concesión”. No  exterior dos sobres figurará

claramente a documentación que conteñen (documentación administrativa, proposición técnica

ou proposición económica) e irán firmados polo licitador.

Cláusula 12. Apertura, exame das ofertas  adxudicación 
12.1. Logo da constitución da Mesa de Contratación que se realizará o quinto día hábil

seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas. Se cadrara en sábado realizarase o

primeiro día hábil seguinte, o presidente ordenará a apertura dos sobres que conteñan a

documentación administrativa (contida no sobre n º 1), para o efecto de verificar a achega

da documentación esixida e de cualificar a súa  validez formal.
12.2. Seguidamente, se cómpre, comunicarase aos licitadores (por fax) a existencia de

defectos ou omisións emendables, e fixarase un prazo para que os licitadores poidan

presentar a oportuna emenda. O dito prazo non poderá ser baixo ningún concepto superior a

tres días hábiles que comezarán a contar desde a data da referida comunicación.
Non se considerará defecto emendable a falta de presentación da garantía nin a presentación

desta por un medio diferente aos previstos neste Prego. Tampouco se poderán emendar os

defectos consistentes na carencia dos requisitos esixidos, e se se poderá poñer solución aos

que fagan referencia á simple falta de acreditación.
Ademais, a Mesa de Contratación poderá pedir ao licitador aclaración sobre os certificados

ou documentos presentados ou poderá requirirlle a presentación de documentos

complementarios, requirimiento que deberá cubrirse ante a Mesa de Contratación.
As ofertas que correspondan a empresarios excluídos da licitación por defectos, omisións non

emendables ou por falta de rectificación quedarán fóra do procedemento de adxudicación.
Así mesmo, a Mesa de Contratación procederá á apertura da documentación técnica (sobre nº

2), e remitirá o seu contido aos  técnicos competentes para a súa avaliación. 
12.3. Na data e hora sinalados pola mesa de contratación e logo da notificación aos

licitadores, a Mesa de Contratación abrirá as proposicóns económicas presentadas (sobre n º

3) nun acto público na sede do Concello de Monterroso, Praza Galicia num. 1, Monterroso.
A Mesa estará integrada por:
- O alcalde, que actuará como presidente da Mesa.
- Un concelleiro, como vogal, representante da oposición.
- O concelleiro delegado de obras e servizos na vila, vogal.
- A secretaria municipal, vogal.
- O Oficial de servizos múltiples.
- A arquitecta asesora municipal.
- Secretario: Un funcionario da Corporación.
As proposicións serán valoradas pola Mesa de Contratación, que poderá solicitar todas as

aclaracións que considere oportunas sobre as ofertas presentadas.
Tras a lectura das proposicións económicas, darase por finalizado o acto, entregarase o

expediente ós servizos técnico-económicos municipais ou servizo de asistencia e cooperación

cos Concellos da Deputación Provinvial de Lugo, que emitirá o informe no  prazo máximo de

vinte días hábiles sobre os méritos acreditados polos licitadores as iniciativas que

propoñen para o desenvolvemento da prestación dos servizos obxecto deste Prego.
12.4. A adxudicación da licitación corresponde ao Pleno do Concello, despois da proposta da

Mesa de Contratación, competencia actualmente delegada na Xunta de Goberno Local.
  De conformidade co establecido no artigo 134 da LCSP, a adxudicación do

procedemento recaerá no licitador que, en conxunto, ofreza a oferta economicamente máis

vantaxosa, en opinión do Concello, para a prestación do servizo obxecto do presente Prego,

sen atender exclusivamente ao valor económico da oferta e sen prexuízo do dereito a

renunciar á celebración do contrato ao desistir do procedemento aténdose aos termos

previstos no artigo 139 de la LCSP.
12.5. O Órgano de Contratación adxudicará provisionalmente o contrato mediante resolución

motivada, nun prazo máximo de dous meses desde a apertura de proposicións, en cumprimento do

que establece o artigo 145 de la LCSP. A adxudicacións  provisionais notificaranse a todos

os licitadores.
A adxudicación definitiva non poderá producirse antes de que transcurrira o prazo mínimo de

15 días hábiles que se contarán desde a data de publicación da adxudicación provisional.

Neste prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación seguinte:
a) Alta do imposto de actividades económicas no epígrafe correspondente ao obxecto do

contrato último recibo, sempre que exerza actividades suxeitas ao citado imposto, non

exentas.
b) Certificación expedida pola Axencia Tributaria en que conste que se está ao corrente en

materia de obrigas tributarias, de acordo co artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro,

Xeral Tributaria.
c) Certificado positivo, emitido polo órgano competente, de encontrarse ao corrente no

cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.
d) Certificado positivo, emitido polo Concello de Monterroso, de inexistencia de débedas

tributarias coa nomeada Administración.
e) Garantía definitiva, que se fixa no 5% do importe bianual do servizo que fixe a empresa

adxudicataria na sua oferta económica, excluído o IVE, en cumprimento do disposto no artigo

83.1º da LCSP. A dita garantía poderase constituír mediante algunha das formas previstas na

cláusula 12 deste Prego.
f) Outros documentos acreditativos da súa capacidade para contratar ou da efectiva

disposición dos medios que se comprometeran a dedicar ou adscribira á execución do contrato

que lle reclame o órgano de contratación.
No suposto de que non se achegue a dita documentación, a adxudicación provisional non terá

efecto, e  procederase a executar a garantía provisional, e pedirase, igualmente, os danos e

prexuízos causados ao Concello. O órgano de contratación poderá optar entre convocar unha

nova licitación ou proceder, se fose posible, a adxudicar provisionalmente o contrato ao

seguinte licitador, de acordo cos criterios de adxudicación e contando co visto e prace do

novo adxudicatario.
A adxudicación provisional considerarase definitiva dentro dos 10 días hábiles seguintes

tras finalizar o prazo establecido no punto anterior e sempre que o adxudicatario presentara

a documentación requirida e constituíra, se cumpre, a garantía definitiva fixada.
As proposicións presentadas, tanto as declaradas admitidas como as excluídas sen abrir,

serán arquivadas. Unha vez adxudicado o contrato  transcorridos os prazos para a

interposición de recursos sen que foran interpostos, a documentación presentada quedará a

disposición dos interesados.
12.6. O correspondente contrato formalizarase no prazo dos dez días hábiles seguintes á

notificación da adxudicación definitiva. Dentro dese prazo adxudicatario deberá achegar a

seguinte documentación:
1. No caso de que o contrato fose adxudicado a unha unión ou agrupación de empresas, en

calquera réxime xurídico legalmente admitido, estas deberán acreditar a súa constitución en

escritura pública, dentro do prazo outorgado para a formalización do contrato,  o CIF

asignado á unión e á representación, se cumpre.
12.7. Cando por causas imputables ao adxudicatario non puidese formalizarse o contrato, 

declararase resolta a adxudicación, tras a audiencia do interesado e con incautación da

garantía presentada.

Cláusula 13. Criterios para a adxudicación
Todas as ofertas que resulten admitidas evaluaranse de acordo co baremo de puntuación

seguinte. A adxudicación farase á oferta economicamente máis vantaxosa que obteña maior

puntuación de entre todas as ofertas admitidas no  procedemento.
Mellor proposición económica, ata 60 puntos. Neste apartado  avaliarase a oferta económica

dos licitadores co baremo seguinte:
Outorgarase a maior puntuación á empresa que maior canon oferte. O resto será valorado de

forma proporcional coa seguinte fórmula.
Puntuación do licitador x=60 x (Canon ofertado por lic.x/maior canon ofertado).
Mellor proposición técnica, ata 40 puntos. Neste apartado avaliarase a calidade técnica e a

idoneidade para o servizo do municipio dos plans e a documentación achegada na proposición

técnica dos licitadores, co seguinte detalle:
• Melloras e investimentos a realizar para o correcto funcionamento dos servizos

obxecto da concesión, ata 20 puntos.
• Memoria de xestión dos servizos, ata 10 puntos.
• Compromiso de utilizar o servizo de orientación laboral do Concello ós efectos de

contratación de persoal, ata 5 puntos.
• Plan de Prevención de Riscos Laborais, así como compromiso e prazo de acreditación

da auditoría de riscos laborais, Avance do Plan de Emerxencias, Avance do Plan de

Implantación de Sistemas de Calidade, compromiso e prazo de establecemento de sistemas de

xestión da calidade no abastecemento de Monterroso, ata 5 puntos.
En todas estas valoracións outorgarase a maior puntuación á  que maior proposta técnica

parcial realice e o resto en directa proporción.

Cláusula 14. Ofertas con valores anormais ou desproporcionados
14.1. A Mesa de Contratación poderá apreciar o carácter desproporcionado ou anormal da

oferta presentada, no suposto de que os medios persoais, técnicos e materiais incluídos na

oferta sexan manifiestamente insuficientes para poder prestar o servizo cos requisitos de

calidade necesarios. Así mesmo entenderase que a oferta é anormal ou desproporcionada cando

as súas ofertas económicas sexan superiores en máis de dez unidades porcentuais á media

aritmética das ofertas presentadas, excluída a oferta que menor canon anual oferte se este é

inferior en máis de dez unidades porcentuais a dita media.
14.2. No caso de que a Mesa apreciara temeridade nalgunha ou nalgunhas das proposicións

presentadas,  atenderase ao  previsto no  artigo 136 da LCSP. Neste sentido,  notificarase

esta circunstancia aos interesados, outorgándolles un prazo de 10 días naturais para

formular as alegacións que estimen oportunas. Tras ver os informes técnicos pertinentes e,

se cómpre,  as alegacións formuladas polos interesados, a Mesa poderá optar por excluír a

proposición ou proposicións con valores anormais ou desproporcionados, ou ben valoralas coa

reserva de que, en caso de resultar adxudicatarias, deberán depositar unha garantía

complementaria do 5 %, de conformidade co artigo 83.2 da LCSP.
14.3. Para os efectos de determinar o carácter anormal ou desproporcionado das ofertas, os

licitadores deberán presentar unha declaración en que manifesten se pertencen a algún grupo

de sociedades e, en  caso afirmativo, deberán indicarse as empresas que o conforman.

Enténdese por empresas pertencentes a un grupo de sociedades aquelas que se encontren nos

supostos do artigo 42.1 do Código de Comercio.

Cláusula 15. Comisión de Seguimento
15.1. Tras adxudicar o contrato, crearase unha Comisión de Seguimento e Control do Servizo, 

presidida polo alcalde ou polo concelleiro no que este delegue, e formada polos concelleiros

que teña atribuída a competencia de obras e servizos municipais e os técnicos municipais que

en cada momento designe a Presidencia, así como os representantes do concesionario. Esta

Comisión redactará e/ou  actualizará o seu propio regulamento.
15.2. A Comisión, ademais de fiscalizar directamente a xestión do concesionario, considerará

todos os problemas que se presenten ou poidan presentarse relacionados co servizo e

coordinará as relacións do concesionario e o Concello.
15.3. Propoñerá tamén á Corporación Municipal as accións que considere convenientes para o

desenvolvemento correcto do servizo e a programación de futuras ampliacións.
15.4. Nas deliberacións da Comisión, os representantes do concesionario terán voz pero no

voto.

Cláusula 16. Protección de datos: Documentación
En cumprimiento co que dispón o artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de

protección de datos de carácter persoal, na que se regula o  dereito de información na

compilación de datos de carácter persoal, déixase constancia dos seguintes extremos:
a. A  documentación requirida para licitar no  presente procedemento, que conteña datos

de carácter persoal, é necesaria para a participación nel.
b. En relación coa documentación presentada polos licitadores que conteña datos de

carácter persoal de persoas físicas (traballadores, persoal técnico, colaboradores, etc.), o

licitador garante que obtivo previamente o consentimento das persoas interesadas/afectadas

para facilitar a devandita información ao Concello de Monterroso coa finalidade  de licitar

no  presente procedemento.
c. A  documentación presentada polos licitadores que conteña datos de carácter persoal

será depositada nas oficinas xerais situada en Plaza de Galicia deste termo municipal. Os

destinatarios desta información serán a propia Corporación, así coma aqueles terceiros que

realicen tarefas de fiscalización ou aqueles terceiros que, na execución do contrato,

necesariamente deban acceder á devandita información.
d. A  presentación da oferta e a documentación solicitada implica que o licitador

autoriza a tratar a antedita documentación e información nos termos citados e, no caso de

que resulte adxudicatario, no  marco da execución do contrato.
e. Os interesados/afectados poderán exercer os seus  dereitos de acceso, rectificación,

cancelación e oposición mediante un escrito dirixido ao sr. alcalde, como entidade

responsable do tratamento, no enderezo indicado no apartado c anterior, e achegarán  unha

copia do documento nacional de identidade ou outro documento oficial que acredite a

identidade da persoa que exerza o dereito.

Cláusula 17. Confidencialidade
O adxudicatario estará obrigado a respetar o carácter confidencial de toda a información á

que teña acceso para a execución do contrato, sempre que así se indique nel ou que así o

indique a entidade, ou sempre que, pola súa propia natureza, deba ser tratada como tal. Este

deber de confidencialidade  manterase durante un prazo mínimo de 5 anos, a excepción de que

no contrato se estableza un prazo superior.
Así mesmo, o empresario deberá sinalar expresamente a documentación e a información da  súa

oferta que considere confidencial, de acordo co establecido

CAPÍTULO TERCEIRO. RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO

Sección primeira. Forma de xestión e carácter do servizo

Cláusula 18. Forma de xestión
A  forma de xestión do servizo é a xestión indirecta baixo a modalidade de concesión, de

conformidade co establecido no  artigo 253.a da LCSP.
 
Cláusula 19. Carácter do  servizo
O servizo manterá en todo momento o  seu carácter de servizo público municipal.
A xestión do servizo por parte do concesionario axustarase ao Regulamento Municipal do

Servizo.
Se o concesionario estimase oportuno introducir algunha modificación ou mellora, someterao á

consideración do Concello.

Sección segunda. Réxime económico da concesión

Cláusula 20. Retribución do concesionario
A retribución do concesionario estará constituída polas tarifas do servizo que este

percibirá directamente dos usuarios.
Os dereitos de conexión, non forman parte da retribución do concesionario e serán ingresados

polo Concello. O concesionario recadará no momento de efectuar as altas no servizo dos novos

abonados e liquidaraos trimestralmente á Tesourería Municipal, sen aplicar ningún tipo de

premio de cobranza.

Cláusula 21. Tarifas do servizo e equilibrio económico da concesión
O  equilibrio económico da concesión prodúcese cando o concesionario, coas tarifas que

aplique aos consumos facturados aos abonados cubra o conxunto de gastos de explotación que

incidan na prestación do servizo, así coma os gastos financeiros xerados polos investimentos

realizados e a recuperación do capital investido ou as achegas realizadas polo concesionario

e calquera outro concepto que conforme os custos dos servizos.
As tarifas do servizo durante o primeiro ano de concesión serán as que figuran no anexo 3 do

presente Prego de Condicións, e non se poderán revisar ata que transcorra un ano desde o

inicio da concesión. Os licitadores, polo mesmo acto de presentación da proposición, asumen

explicitamente que con estas tarifas se logra o equilibrio económico da concesión e non se

poderá invocar con posterioridade e durante a concesión outras causas de ruptura deste

equilibrio económico que non sexan causas de forza maior ou variacións sustanciais das

circunstancias técnicas do abastecemento, saneamento e depuración.

Cláusula 22. Revisión de tarifas
Ao cumprirse un ano desde a adxudicación do contrato, así como na mesma data dos anos

sucesivos en que estea en vigor, as tarifas actualizaranse de conformidade co estudo de

custos do servizo previsto para a seguinte anualidade e servirá de referencia orientativa o

índice xeral dos prezos ao consumo interanual que publique o Instituto Nacional de

Estatística o 31 de agosto de cada ano.
Para este efecto, o concesionario presentará ao Concello concedente unha proposta razoada de

revisión de tarifas con anterioridade ao trinta de setembro de cada exercicio, a cal será

aprobada polo Pleno municipal mediante a oportuna modificación das ordenanzas fiscais

correspondentes sempre que cumpra as determinacións aquí establecidas.
A revisión das tarifas deberá producirse por calquera dos seguintes  supostos:
a) Por aumento ou diminución dos custos do servizo. Os custos do servizo poden variar

se se alteran os elementos que as integran ou se aumentan as partidas que os forman.
b) Por aumento ou diminución das obrigas financeiras do concello ou do concesionario a

consecuencia de novas investimentos ou de contribucións por ampliación ou  mellora do 

servizo.
c) Por aumento ou diminución das amortizacións dos activos inmobilizados con motivo da

posta en funcionamento  de novas instalacións e equipos.
d) Por variación substancial dos caudais facturados por calquera causa.

En todos os casos, o concesionario redactará o correspondente estudo de modificación de

tarifas, estudo que estará baseado nos custos e outras determinacións económicas e

financeiras presentadas na súa plica, e  no que estableza a normativa vixente.

Cláusula 23. Modificación do contrato e mantemento do seu equilibrio económico
O Concello, en cumprimiento do que establece o artigo 258 da LCSP, deberá restablecer o

equilibrio económico do contrato, en beneficio da parte que corresponda, nos seguintes 

supostos:
a) Cando a Administración modifique, por razóns de interese público, as características

do  servizo contratado.
b) Cando actuacións da Administración determinen de forma directa a ruptura substancial

da economía do contrato.
c) Cando causas de forza maior determinen de forma directa a ruptura substancial da

economía do contrato. Para  estes efectos,  entenderase por causas de forza maior as

definidas no  artigo  214 da LCSP e  que se detallan a continuación:
― Os incendios ocasionados pola electricidade  atmosférica.
― Os fenómenos naturais de efectos catastróficos, coma sismos, terremotos, erupcións

volcánicas, movementos de terra, temporais marítimos, inundacións e  similares.
― Os  estragos ocasionados violentamente en tempos de guerra, roubos tumultuosos ou 

alteracións graves da  orde pública.
Para os  efectos da ruptura da economía da concesión en calquera sentido, non se

considerarán circunstancias sobrevidas e imprevisibles as que se puidesen deducir dos datos

utilizados e/ou reflectidos polo licitador na súa oferta nin do canon inicial solicitado.
O Concello, con esta finalidade, poderá habilitar, se cómpre, a correspondente partida de

gastos no orzamento ordinario do exercicio seguinte.

Sección terceira. Dereitos e obrigas do concesionario

Cláusula 24. Obrigas do concesionario
 A) Obrigas xerais.
O concesionario, ademais das obrigas xerais que se establecen no artigo 256 da LCSP e

daquelas que deriven do establecido nas outras cláusulas do presente Prego, terá as

seguintes obrigas:
a) Prestar o servizo de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e mantemento EDAR a

partir de 1 de outubro de 2011, nas condicións técnicas e de calidade previstas no presente

Prego de Condicións, e  coas melloras que resulten da súa oferta.  O servizo prestarase cos

medios que se poñen á súa disposición á formalización do contrato, sen que poida alegar a

falta de medios ou deficencias nas instalacións co fin de eximir a súa responsabilidade na

correcta prestación do servizo de acordo coa lexislación vixente de aplicación.
b) Prestar o servizo con continuidade, regularidade e xeneralidade, sen  ningunha

discriminación, a partir da firma do  contrato.
c) Correr cos gastos que orixine o  normal funcionamento dos servizos de acordo co

presente prego e adquirir todos os materiais e elementos necesarios para a posta en

funcionamento dos Servizos nas condicións da concesión e  para o  seu correcto

funcionamiento, que revertirá ao  Concello  ao  finalizar a concesión. 
d) Aboar o  canon ofertado dentro do prazo establecido no  Prego.
e) Garantir a distribución dos caudais.
f) Coidar da boa orde e da seguridade dos servizos segundo as condicións establecidas 

neste prego e  na normativa sectorial aplicable.
g) Permitir que en calquera momento os responsables municipais poidan inspeccionar a

construción das obras e instalacións, e a explotación do  subseguinte Servizo.
h) Indemnizar polos danos que se causen a terceiros polo  normal ou  anormal

funcionamento dos servizos, a non ser que o  dano se produza por causas imputables á

Administración ou por forza maior.
i)  Executar as obras que, incluídas como obriga do concesionario no presente Prego de

Condicións, con estrita suxeición ao  proxecto que para o efecto aprobe no seu día o

Concello, no prazo e nas condicións que determine o  plan de obras e sen outras

modificacións que as que se autoricen debidamente.
j) Tras ser acordada polo Concello calquera modificación dos servizos obxecto do

contrato, o concesionario estará  obrigado a levala a efecto nos termos  e  prazos

determinados por aquel.
k) Cumprir as normas vixentes en materia fiscal, laboral, de seguridade  social e  de

seguridade  e hixiene no  traballo.
l) Inscribir a todos os seus  empregados na Seguridade Social e accidentes de traballo,

e deberá exhibir ao Concello,  sempre que este llo solicite, a documentación correspondente

de tal requisito.
m) Cumprir as obrigas dimanantes das disposicións legais que sexan de aplicación e en

particular as obrigas derivadas do R.D. 140/2003, sobre criterios sanitarios da auga de

consumo humano, incluída a realización de analítica na  billa  do  consumidor.
n) Prestar o servizo de forma ininterrompida todos os días e  dispoñer dun servizo de

atención de avarías 24 horas ao  día.
o) Realizar as limpezas e demais labores de mantemento das instalacións do servizo

conforme á  súa oferta.
p) Subrogarse na relación laboral con todo o persoal indicado no anexo 5 do presente

Prego de Condicións.
q) Sufragar directamente toda clase de tributos que graven a concesión administrativa,

a formalización do seu outorgamento e a actividade concedida, incluído o IVE; así coma os

gastos de subministración e servizos e todos os que orixinen as obras, instalacións e a

subseguinte explotación e conservación do Servizo.
r) Cumprir rigorosamente as normas da lexislación laboral, fiscal e sanitaria e da

policía, en xeral. En particular, e en materia de prevención de riscos  laborais, o

adxudicatario deberá presentar no prazo máximo de 6  meses a partir da data do inicio da

prestación do inicio do servizo (ou nun  prazo inferior se así constase na oferta do

adxudicatario), un certificado emitido por unha auditora homologada de riscos laborais,

conforme o servizo  de subministración de auga  potable e mantemento da rede de sumidoiros

xestionado polo concesionario, superou con éxito a auditoría referida no capítulo V do Real

decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo  cal se aproba o Regulamento de servizos de

prevención de riscos laborais.
s) Subscribir cunha compañía de seguros a póliza ou pólizas que cubran a

responsabilidade civil das instalacións, sendo con cargo ao concesionario o pago das primas

correspondentes.
t) No  prazo máximo dun ano contado desde o inicio da prestación do  servizo, ou nun

prazo inferior se así resulta da oferta do adxudicatario, o concesionario deberá acreditar a

obtención da certificación de calidade segundo a norma UNE-EN ISO 9001:2000 do servizo de

Monterroso.
B) Obrigas no servizo de abastecemento de auga potable.
B.1.- DA SUBMINISTRACIÓN E CALIDADE DA AUGA
a) A auga a subministrar aos aboados, virá das captacións e bombeos actuais existentes

e os que se realicen novos. O concesionario ten que asegurar a distribución da auga dentro

dos caudais que existen e das instalacións recibidas, garantindo en todo momento o seu

aproveitamento.
b) O concesionario obrígase a que a calidade bacteriolóxica da auga que se distribúa

responda ás condicións sanitarias e de salubridade fixadas pola administración sanitaria

correspondente, para o cal deberá realizar as análises periódicas de calidade, comunicando

ao Concello os resultados. Periodicamente, o Concello realizará tamén as análises de

calidade da auga, comunicando o resultado ao concesionario. A periodicidade destas análises

efectuarase conforme á lexislación vixente, e en especial ao recollido no RD 140/2003 e

outras disposicións legais vixentes que se dicten en materia sanitaria. Tanto nun coma

noutro suposto, cando a calidade da auga non responda ao previsto anteriormente para a súa

distribución, o concesionario deberá comunicar a circunstancia de inmediato ao Concello e

adoptar as medidas oportunas de maneira inmediata e no caso do Concello debe informar sobre

este punto ao concesionario, no tempo real que se coñeza tal circunstancia.
O control da calidade bacteriolóxica da auga alcanza a todos os abastecementos de auga

parroquiais existentes no Concello.
c) O concesionario deberá prestar o servizo de abastecemento cumprindo a calidade que

marca o citado RD 140/2003 de demais disposicións que resulten de aplicación, asumindo a

responsabilidade das posibles infraccións que puidese cometer pola inobservancia das

condicións que impoñen as ditas disposicións para a prestación do servizo.
d) O concesionario asumirá a prestación do servizo de abastecemento e auga cos medios

que se poñen á súa disposición á formalización do contrato, non podendo alegar a falta de

medios ou deficiencias nas instalacións co fin de eximir a súa responsabilidade na correcta

prestación do servizo de acordo coa lexislación vixente de aplicación.
e) Do mesmo modo, a empresa adxudicataria comprométese a proporcionar o subministro de

auga coa presión e cantidade axeitada para os usos a que se destina de acordo cos parámetros

mínimos de referencia estipulados, no seu caso, no regulamento regulador, ou na lexislación

específica de aplicación.
f) O concesionario será responsable directo das sancións que se puidesen impoñer polos

organismos administrativos como consecuencia do incumprimento das condicións impostas na

lexislación vixente para a prestación do servizo de abastecemento.
g) O concesionario queda expresamente obrigado a asumir o pagamento de calquera tipo de

taxa, imposto ou calquera outro tributo que se puidese impoñer por calquera organismo para a

prestación do servizo de abastecemento de auga.
h) O concesionario está obrigado a que no prazo máximo de catro meses, todos os

usuarios dos servizos concedidos teñan medidor/contador. Os traballos e elementos necesarios

para este fin, será de conta do usuario, de tal maneira que toda a auga empregada no

abastecemento, ten que ser medida e controlada polo concesionario.
i) O concesionario situará, a pedimento do Concello, e á súa costa, bocas de rego

contra incendios. Se o solicita un particular, deberá previamente solicitalo ao Concello e,

logo de obter a autorización se procede, será o concesionario o que a instale á custo do

peticionario. Estas bases estarán precintadas e só poderán empregarse en caso de sinistro. O

concesionario revisará anualmente todas as bocas de rego existentes, e as que non estean en

bo uso serán expostas inmediatamente ao seu cargo.
B.2.- DAS INSTALACIÓNS
a) O concesionario asumirá, ao seu cargo, todos os gastos da conservación das

instalacións do abastecemento, de conformidade co previsto na cláusula 44 do presente prego.
b) A conservación das canalizacións e rede de distribución, comprenderá a vixilancia,

control, conservación, reparación e mantemento das estacións de bombeo, depósitos

municipais, conducións xerais, e rede de distribución, a busca de escapes ou fugas e a súa

reparación, así como a manobra periódica e verificación do bo funcionamento de vilas, bocas

de rego e incendio, válvulas, comportas, etc., sendo da súa conta todos os gastos derivados

destas operacións, así como tamén a detección de acometidas piratas.
c) Serán por conta do aboado ou beneficiario a vixilancia, control e mantemento das

obras ou instalacións dentro dos límites da súa propiedade.
d) O concesionario porá a disposición do servizo un equipo de mantemento e reparación

que cobra con eficacia e eficiencia as reparacións das avarías que se produzan durante a

xornada laboral normal, así como os días festivos e tanto en horario diurno coma nocturno.

Tales reparacións correrán sempre a cargo do concesionario. Unha vez detectada, o

concesionario, de xeito inmediato, terá que intentar resolvela. Sempre terá o concesionario

que repoñer o pavimento que estrague, levante ou deteriore, e deixalo no estado no que se

atopaba.
e) Se a avaría se produce fóra do horario laboral, é necesario solucionala con persoal

de retén ou outro tipo de medidas que posúa a empresa.
C) Obrigas no servizo de rede de sumidoiros, saneamento, depuración e mantemento de EDAR.
1.- O concesionario asumirá, ao seu cargo, todos os gastos da conservación das instalacións

do saneamento, depuración, rede de sumidoiros e EDAR (na data na que se incorpore ao

presente contrato), de conformidade co previsto na cláusula 44 do presente prego, e así

mesmo realizará as seguintes operacións:
a) Efectuaranse limpezas periódicas dos sumidoiros e colectores, cos medios axeitados

para este traballo.
b) Efectuarase o baleirado e limpeza dos pozos nas estacións de bombeo e foxas sépticas

todas as veces que sexa preciso, e como mínimo tres veces ao ano.
c) Efectuarase o mantemento e conservación de unidades de bombeo.
d) As conexións de acometidas particulares.
e) Reparacións de roturas na rede e pozos de rexistro.
f) Desentullado de sumidoiros e colectores.
g) Control periódico e puntual de emisións e caudais.
h) Detección de fugas e reparacións.
i) Vixilancia de rede e control de emisións piratas.
j) Estudo de irregularidades na rede existente e plan de melloras.
k) Depuradoras de augas residuais: vixilancia diaria e mantemento da instalación. O

concesionario asumirá ao seu cargo, todos os gastos necesarios para o correcto funcionamento

das depuradoras. Así mesmo, serán pola súa conta a eliminación dos residuos da depuradora e

das foxas sépticas existentes por medio dun xestor autorizado pola Administración.
l) Será conta do concesionario encargarse dos labores de desratización da rede de

sumidoiros obxecto desta adxudicación.
m) O adxudicatario da concesión deberá proceder a unha limpeza xeral de todo o sistema

de rede de sumidoiro no prazo de oito meses dende a formalización do contrato.
n) Efectuaranse limpezas periódicas dos sumidoiros e colectores cos medios axeitados

para este traballo, como mínimo unha vez ao ano.
o) Efectuar un inventario de vertidos industriais determinándose as substancias que

poidan perturbar a boa marcha da instalación da depuración e os tratamentos particulares que

deberán realizar, de ser o caso, ao aboado industrial, para que lle sexa permitido verter a

rede pública de saneamento.
2.- O concesionario asumirá a prestación do servizo de rede de sumidoiros, saneamento,

depuración e mantemento de EDAR cos medios que se poñen á súa disposición á formalización do

contrato ou no momento da súa incorporación concesión, non podendo alegar a falta de medios

ou deficiencias nas instalacións co fin de eximir a súa responsabilidade na correcta

prestación do servizo de acordo coa lexislación vixente de aplicación e nas condicións de

autorización de vertidos ou calesquera outras autorizacións, sendo o concesionario

responsable directo das posibles sancións que se puidesen impoñer polos organismos

administrativos como consecuencia do incumprimento da lexislación vixente e das condicións

das autorizacións.

Cláusula 25. Dereitos  do  concesionario
O concesionario, terá os seguintes dereitos:
a) Ser respetado por terceiros na súa condición de concesionario, co apoio da

autoridade municipal para acabar con toda a perturbación ao desenvolvemento normal do

servizo concedido.
b) Percibir as retribucións correspondentes pola prestación do servizo nas condicións

que especificamente se determinan neste Prego.
c) Gozar dos beneficios que poidan prever as ordenanzas fiscais correspondentes.
d) Propoñer ao Concello aquelas modificacións que se consideren indispensables para

mellorar a prestación do servizo.
e) Obter unha compensación económica que permita manter o equilibrio económico e

financeiro da concesión administrativa nos casos en que a lexislación o estableza.
f) Subcontratar obras, subministracións e servizos para todos os efectos e sempre que

se notifique ao Concello  segundo se estableza  na LCSP.
g) Hipotecar a concesión, despois da autorización do Concello e nos  términos

establecidos  na  LCSP.
h) Solicitar ao Concello que exerza a súa potestade de expropiación forzosa, imposición

de servidumes e desafiuzamento administrativo para a adquisición do dominio, dos dereitos

reais ou o uso dos bens necesarios para o funcionamento do servizo, sen prexuízo das

facultades que a lexislación outorga ao  concesionario como beneficiario da expropiación.

Sección cuarta. Dereitos e obrigas do Concello

Cláusula 26. Titularidade do servizo
Segundo o que dispón o artigo 126.1 do RSCL, o Concello, con independencia das obrigas

consignadas neste Prego de Condicións, conservará en todo momento a titularidade do servizo.

Cláusula 27. Uso da vía pública
O Concello concede ao concesionario o dereito de utilizar a vía pública, para situar as

conducións e realizar as intervencións e reparacións oportunas, destinadas á distribución de

auga potable, tendo en conta o que dispoñen as ordenanzas municipais e de maneira especial

no referente á  reposición do  pavimento, exceptuando os tributos que puidesen corresponder,

dos cales o  concesionario estará exento ao ser de propiedade municipal e actuar como

mandatario do Concello. En calquera  caso, o concesionario deixará en perfecto estado a vía

pública tras a actuación.

Cláusula 28. Protección do servizo
O Concello outorgará ao concesionario a protección adecuada no referente á prestación do 

servizo, amparándoo xuridicamente.
Así mesmo, habilitará os medios executivos correspondentes para a utilización do

procedemento de expropiación forzosa, imposición de servidumes e desafiuzamento

administrativo para a adxudicación do dominio, dereitos reais ou uso de bens previstos para

o funcionamento do servizo.
Igualmente facilitará os medios necesarios para a adquisición de dereitos ou uso de bens

para o funcionamento do servizo.

Cláusula 29. Dereitos e potestades
O Concello, como administración concedente, ademais dos dereitos e potestades que se deriven

do que se establece nas outras cláusulas deste Prego.
a) Percibir puntualmente o canon estipulado.
b) Obter a reversión da concesión no prazo fixado no presente Prego.
c) Intervir e fiscalizar en todo momento a xestión do servizo mediante o persoal designado

para tal efecto, que poderá inspeccionar o servizo, as obras, as instalacións e os locais,

así como a documentación relacionada coa concesión, e ditar as ordes necesarias para manter

ou restablecer a debida prestación.

Sección quinta. Intervención do servizo

Cláusula 30. Concepto, duración e alcance da intervención do servizo
 A intervención do servizo consiste naquela actuación sustitutiva por parte do

Concello, conforme a cal este asume de maneira temporal a prestación do servizo de forma

directa.
 A intervención do  servizo manterase ata que desapareza a causa que a motivou, sen

que en ningún caso a súa duración poida ser superior aos 2 anos ou a unha terceira parte do 

prazo que reste para finalizar a concesión.
 A intervención poderá ter un alcance total ou parcial, alcance que o Concello deberá

determinar no momento de producirse, en función da causa ou causas que a motiven.

Cláusula 31. Supostos nos  que é procedente a intervención do servizo
A intervención do servizo será procedente nos supostos seguintes:
a) Cando o servizo sexa perturbado por causas fortuítas ou de forza maior que o

concesionario non  poida superar cos seus propios medios.
b) No caso de incumprimento de obrigas contractuais por parte do concesionario que

ocasionen unha perturbación do servizo ou que causen lesións aos intereses dos usuarios ou

do Concello.
c) A desobediencia por parte do concesionario das disposicións da Corporación relativas

á conservación de instalacións que poña en perigo a prestación do servizo ou a seguridade

dos usuarios.
d) A resistencia do concesionario a efectuar as reformas preceptivas ordenadas pola

Corporación, sempre que antes se establecera a forma na que a execución non afecte ao

equilibrio económico da concesión.
e) As infraccións do concesionario que causen lesións á seguridade, a  salubridade ou

aos intereses lexítimos dos usuarios do servizo.
A intervención nos supostos previstos nos parágrafos b, c, d, e e anteriores terá carácter

sancionador. A intervención no suposto contemplado no parágrafo a anterior non terá carácter

sancionador.

Cláusula 32. Procedemento para declarar a intervención do servizo
O procedemento para declarar a intervención do servizo será o establecido na lexislación

vixente.

Sección sexta. Extinción da concesión

Cláusula 33. Causas xerais de extinción
A concesión extinguirase por algunha das seguintes causas:
a) Por fin do período de tempo polo que se outorgue a concesión, ou as súas prórrogas.
b) Por demora superior a seis meses por parte do Concello ao  poñer a disposición do

concesionario os medios materiais afectos ao servizo, ou ben por demora no cumprimento das

súas obrigas económicas cara ao concesionario.
c) Por causas imputables ao concesionario.
d) Por imposibilidade sobrevida na prestación, non imputable ás partes.

Cláusula 34. Extinción por fin do período de tempo
Supón a extinción normal da concesión, e producirase pola simple finalización do período de

tempo polo que se otorgou. Esta dará lugar á reversión, recollida no artigo 259 de la LCSP,

e á que tamén se refire o presente Prego, e suporá a devolución da garantía definitiva nos

termos que se establecen no presente Prego, a declaración de correcto cumprimento do 

contrato e a liquidación das relacións económicas derivadas da súa execución.

Cláusula 35. Extinción da concesión por causa imputable ao concesionario
Procederá a extinción da concesión por causa imputable ao concesionario nos seguintes casos:
a) Se se produce un incumprimento moi grave das obrigas esenciais sinaladas neste Prego de

Cláusulas que afecten á continuidade e regularidade da prestación.
b) Se, levantada a intervención do servizo, o concesionario volvera a incorrer nas

infraccións que a determinaran ou noutras análogas.
c) Se o concesionario non presta o servizo directamente, incluído o suposto de transmisión

de accións ou participacións cando sexa unha sociedade mercantil.
d) Se as actuacións do concesionario impiden ou menoscaban as potestades de dirección e de

control do servizo público que corresponden ao Concello.
e) Se o concesionario incorre en infracción moi grave nas súas obrigas esenciais.
f) Se non se inician as obras que, dado o caso, sexan necesarias, unha vez transcorridos 60

días tras a comprobación do replaneamento sen que haxa unha causa xustificada para iso, ou

que na comprobación do replaneamento non se faga constar.
g) Se se suspenden as obras de construción anterior por un período superior a trinta días

sen causa xustificada.
h) Se non se inicia a xestión do servizo dentro do  prazo establecido.
k) Se se interrompe o servizo máis de catro días consecutivos ou quince días alternos no

transcurso dun ano; sempre que estas interrupcións non sexan por causa de forza maior ou por

orde da autoridade municipal, efectuadas por escrito de forma clara e terminante.
A extinción do contrato requirirá o trámite previo de audiencia ao concesionario. A

notificación que se envíe  para estes efectos debe deixar constancia das deficiencias

concretas advertidas e debe determinar, de acordo coa súa natureza, un prazo que sexa

suficiente para podelas emendar.
Neste suposto, poderá declararse a extinción do contrato cando, transcorrido o prazo

mencionado, non se correxiran as deficiencias por causas imputables ao concesionario.
A extinción da concesión por esta causa será acordada no Pleno da Corporación (actualmente

delegada na Xunta de Goberno Local) e comportará a terminación do contrato, o conseguinte

cese da xestión do concesionario e, se cómpre, a súa inhabilitación, e  derivaranse os

efectos correspondentes.

Cláusula 36. Efectos da extinción
Ao extinguirse a concesión, con independencia desta causa, a totalidade das obras e

instalacións revertirán ao Concelloo, en perfecto estado de conservación e funcionamento, e

libres de cargas ou gravames.
Tal e como establece o artígo 264 da LCSP en relación cos efectos da resolución, a

Administración aboará, en todo caso, ao concesionario o prezo das obras e instalacións que,

executadas por este, pasen á propiedade daquela, tendo en conta o seu estado e o tempo que

resta para a revisión.
O concesionario, polo feito de participar no concurso, recoñece e acata explicitamente a

facultade do Concello para acordar e executar o lanzamento de obras e instalacións. En

calquera caso de extinción, se o concesionario non efectúa voluntariamente o desaloxamento

no debido tempo; o procedemento para levalo a cabo terá carácter estritamente administrativo

e sumario, e a competencia municipal para executalo excluirá a intervención doutros

organismos que non sexan os previstos pola lexislación vixente, así como a posibilidade de

interpor, accións ou  recursos ante os tribunais competentes.
Cando a extinción sexa consecuencia dunha causa imputable á Administración concedente,

produciranse os efectos de indemnización que correspondan.
 O concesionario obrígase expresamente no caso da extinción da concesión por calquera

causa a asegurar a continuidade do servizo ante a Administración ou empresa que o sustitúa.

A estes efectos, comprométese a traspasar a información, as instalacións e calquera outro

medio ou material necesario para non interromper o servizo no seu traspaso.

Sección sétima. Rescate da concesión e supresión do servizo

Cláusula 37. Rescate da concesión e supresión do servizo
Por necesidade de interese público local, o Concello poderá acordar de oficio o rescate da

concesión ou a supresión do servizo, despois de transcorrer cinco anos desde a data de

outorgamento.
No suposto de que o Concello  acordase o rescate da concesión ou a supresión do servizo,

deberá aterse ao disposto na lexislación vixente.
No caso de darse o suposto anterior, o concesionario deberá deixar libre o  servizo e a

disposición do Concello dentro do prazo de seis meses que se contarán desde a notificación

do acordo de rescate ou supresión. De non ser así, perderá o dereito á indemnización.

Sección octava. Reversión

Cláusula 38. Reversión
Cando finalice o prazo contractual, o servizo revertirá ao Concello e o concesionario deberá

entregar as obras e instalacións a que esté obrigado conforme ao contrato, e no estado de

conservación e funcionamento adecuados.
Durante un período prudencial de dous anos anterior á reversión, o Concello, en cumprimento

do que dispón o artigo 259 de la LCSP, adoptará as disposicións encamiñadas a que a entrega

dos bens se verifique nas condicións acordadas, e designará un interventor técnico que

controlará a conservación das obras e instalacións e informará á Corporación sobre as

actuacións de mantemento necesarias para que estean nas condicións previstas no seu debido

prazo.

Sección novena. Réxime de sancións

Cláusula 39. Sancións
Ás infraccións do concesionario por incumprimento das súas obrigas imporanse as

correspondentes sancións na forma e contía que se prevé no presente Prego.
A efectos contractuais, consideraranse faltas sancionables toda acción ou omisión do

concesionario que infrinxa as determinacións establecidas no presente Prego de Condicións  e

no Prego de Prescricións Técnicas.
As sancións que se poidan impoñer polas infraccións que se regulan no presente capítulo non

impiden que se a infracción ocasiona danos e prexuízos ao Concello, que este poida esixir a

correspondente indemnización e facelo, se é o caso, pola vía de constrinximento.

Cláusula 40. Infraccións leves
Consideraranse infraccións leves as imputables ao concesionario que supoñan deficiencias no

normal desenvolvemento da prestación do servizo pero que non afecten desfavorablemente á

calidade, cantidade ou tempo na súa prestación nin sexan debidas a actuacións dolosas, así

como tampouco poñan en perigo a persoas ou cousas, nin reduzan a vida económica dos

compoñentes das instalacións.
Este tipo de infraccións  sancionaranse con multas de ata 100 euros (100,00 €) por cada día

en que persista a infracción.
Será competente para a imposición da multa o alcalde ou o concelleiro no  que delegue, logo

da  audiencia do interesado, e a instancias do técnico municipal ou funcionario encargado da

inspección do servizo obxecto da concesión.

Cláusula 41. Infraccións graves
Para  todos os efectos,  considéranse infraccións graves:
a) As infraccións na prestación do servizo que o perturben ou o alteren gravemente en

volume ou calidade sen chegar á paralización. En particular, terán a consideración de faltas

graves a apertura de foxos con moita anticipación á realización dos traballos de reparación

ou a dilación no recheo dos devanditos  foxos e na reposición do pavimento tras efectuar os

traballos de reparación.
b) A desobediencia por parte do concesionario ante as disposicións da Corporación sobre

a conservación das instalacións cando poña en perigo a prestación do servizo ou a seguridade

dos usuarios.
c) A resistencia do concesionario a realizar reformas preceptivas ordeadas pola

Corporación.
d) As que causen lesións á seguridade, a salubridade e os intereses lexítimos dos

usuarios.
e) As que acurten a vida útil das instalacións ou obras ou reduzan o seu valor

económico.
f) A reincidencia en infraccións leves.
g) A dedicación das instalacións a usos diferentes aos especificamente sinalados no

presente Prego sen a autorización do Concello.
h) A non achega, dentro do prazo establecido, do certificado acreditativo da obtención

da ISO 9001:2000 para o servizo do Concello de Monterroso.
i) A non achega, dentro do prazo establecido, do certificado acreditativo de ter

superado con éxito a auditoría de riscos laborais, á cal se fai referencia no presente

Prego.
Este tipo de infraccións  sancionaranse con multas de ata 300 euros (300,00 €) por cada día

en que persista a infracción.
 Será competente para a imposición da multa o alcalde ou o concelleiro no que

delegue, despois da  audiencia do afectado e, a pedimento do técnico municipal ou

funcionario encargado da inspección do servizo concedido, en virtude do procedemento

sancionador que se derive da Lei 30/1992, de Réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, e do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o

Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Cláusula 42. Infraccións moi graves
Considéranse infraccións moi graves as que se deriven de actuacións dolosas e que comporten

unha realización deficiente das inspeccións ou os traballos esixidos polo servizo e que

inflúan negativamente na vida útil das obras ou os compoñentes das instalacións ou reduzan o

valor económico; tamén o serán as accións ou omisións dolosas que ocasionen perigo a persoas

ou cousas, así como os prexuízos evidentes para os usuarios.
Considéranse infraccións moi graves as seguintes:
a) As que provoquen perturbacións reiteradas ou reincidentes no servizo.
b) A non prestación do servizo de maneira regular e continuada, a excepción de causas de

forza maior.
c) A cesión da execución das obras ou a explotación do servizo por unha terceira persoa  sen

o consentimento ou a autorización do Concello.
d) A negación aos usuarios do aproveitamento do servizo cando reúnan todos os requisitos

necesarios.
e) A reincidencia en infraccións graves.
f) O abandono do servizo.
g) A provocación da aplicación ou adopción dunha nova intervención do servizo.
Este tipo de infraccións  sancionaranse con multas desde 1.000,00 € ata 30.000,00 €, así

como, se cómpre, coa resolución do contrato, de conformidade coa regulación do artigo

seguinte.
Será competente para a imposición das multas ou sancións o Pleno Municipal, despois da

audiencia do afectado, a instancias do alcalde ou do concelleiro delegado, en virtude do

procedemento sancionador establecido pola Lei 30/1992, de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común e do Real decreto 1398/1993,

polo cal se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Cláusula 43. Resolución do contrato
Ademais do previsto no  artigo anterior, se o concesionario incorrera en infraccións graves

que puxesen en perigo o bo funcionamento do servizo, o Concello poderá declarar a

intervención do servizo, segundo o establecido nos artigos 133, 134 e 135 e concordantes do

RSCL. De persistir as infraccións, unha vez levantada a intervención, ou no caso de

infraccións do concesionario cualificadas como moi graves,  procederase á resolución do

contrato, despois do  trámite de audiencia.

CAPÍTULO CUARTO. DA ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO SERVIZO

Sección primeira. Instalacións do servizo

Cláusula 44. Instalacións do servizo
As instalacións que integran a infraestrutura actual do servizo e que se poñen a disposición

do concesionario para a súa prestación están expresadas no anexo do presente Prego de

Condicións.
Tras a adxudicación do servizo e no plazo máximo de catro meses contados dende a data en que

comence a prestar o servizo, redactarase un inventario pormenorizado das instalacións a

disposición do concesionario que será subscrito por este e polo Concello.
Calquera obra ou instalación que poida pasar a formar parte do  abastecemento, saneamento ou

depuración durante o período de vixencia do contrato,  incluirase no anexo mencionado.
O Concello confire ó concesionario o dereito a empregar as instalacións existentes e futuras

que se unan ás existentes.
Unha vez o concesionario se faga cargo das obras e instalacións será o único e exclusivo

responsable do seu adecuado funcionamento, mantemento e conservación, e tamén da adopación

das medidas oportunas para que estean sempre nas perfectas condicións de uso. Calquera

reparación que sexa necesaria nas instalacións considerarase traballos de conservación e

correrán a cargo exclusivamente do concesionario.
O concesionario ten a obriga de confeccionar, cos datos que o Concello lle facilite, os

planos das redes de distribución, a escala 1:2000 no prazo de seis meses. Figurarán  neles

as dimensións e situación de tuberías, válvulas, pozos, cámaras de descarga, bocas de rego e

descarga, e todo antes de comezar a concesión.
Estes planos estarán nas oficinas do Concello e o concesionario terá unha copia deles

dilixenciados.
Cando se efectúen rectificacións ou ampliacións de certa importancia, entregarase polo

concesionario ó Concello un orixinal que recolla eses cambios e, en calquera caso, cando

sexa solicitado polo xefe dos servizos técnicos municipais.
Sobre o percorrido das conducións existentes, o concesionario está obrigado a subministrar o

servizo ós particulares que o soliciten previa autorización do Concello e sempre que antes

se realizara o enlace das redes do servizo por conta do promotor do inmoble, e o pagamento

das taxas e fianzas que o Concello teña estipuladas en cada momento. Estas obras de

acometidas serán de exclusiva competencia do concesionario.

Cláusula 45. Utilización das instalacións do servizo
As instalacións do abastecemento descritas no anexo utilizaranse para a subministración das

necesidades do municipio cos fondos dos que dispoña.
O concesionario non poderá subministrar auga procedente destas instalacións para a

subministración fóra do municipio, agás que o Concello así o autorice de forma expresa.
O Concello confire ao concesionario o dereito, durante a vixencia do contrato, de utilizar

as instalacións existentes e futuras que se engadan, recoñecéndolle as facultades de xestión

do servizo que constitúen a finalidade deste contrato.

Sección segunda. Organización do servizo

Cláusula 46. Orixe da auga: calidade e cantidade
A auga que se subministrará aos abonados procederá das captacións e bombeos actuais

existententes e os novos que se realicen, así como de calquera outro medio que no futuro

poida existir.
O concesionario debe asegurar a distribución dos caudais que as instalacións descritas no

anexo lle permitan captar, elevar, tratar e distribuír. Terá a mesma obriga con respecto aos

caudais e instalacións que no futuro poidan poñerse en funcionamento como consecuencia da

execución dos proxectos redactados polos Servizos Técnicos Municipais ou outros organismos

oficiais.
O concesionario será responsable do control da calidade bacteriolóxica da auga que

distribúa, que deberá ter as condicións de salubridade fixadas pola Administración

Sanitaria. En canto á calidade química da agua, o concesionario efectuará as análises que

esixa a normativa vixente, informará ao Concello puntualmente dos seus resultados e moi

especialmente en caso de detectarse calquera anomalía. No suposto de que a subministración

da auga realizada desde a rede en alta non se axuste aos parámetros químicos de

potabilidade, o concesionario propoñerá as actuacións que técnicamente sexan necesarias para

solucionar a anomalía.
Para os efectos do sinalado no parágrafo anterior, o concesionario efectuará en todo momento

as analíticas esixidas pola normativa vixente, incluída a da billa do consumidor. Os

licitadores deberán acreditar nas súas plicas a dispoñibilidade de laboratorios que reúnan

os requisitos esixidos polo Real decreto 140/2003, mediante a achega dos orixinais ou as

copias compulsadas dos certificados que acrediten o cumprimento destes requisitos.
Se as instalacións fosen insuficientes, o concesionario deberá informar ao Concello coa

necesaria anticipación para que poida efectuar o correspondente estudo de ampliación.
 
Cláusula 47. Explotación do servizo e conservación das instalacións
O concesionario deberá asegurar, cos seus medios técnicos, a prestación do servizo aos

usuarios e conservar o bo estado de funcionamento do conxunto das instalacións e obras que

lle son confiadas, así como realizar todas as manobras e funcións necesarias para un bo

funcionamento do servizo.
En canto á xestión e mantemento da rede de sumidoiros, o concesionario deberá realizar as

seguintes tarefas:
 Unha limpeza xeral anual por procedementos mecánicos da rede de sumidoiros,

visitable e non visitable, sen prexuízo de ter a rede en perfecto estado de uso en calquera

momento.
 A desobstrución daqueles sumidoiros que, por emerxencia ou por outras causas,

ordenen os Servizos Técnicos Municipais, ou o seu representante autorizado.
 A limpeza da rede de sumidoiros, a conservación e o mantemento das súas conexións

ata o colector.
 A carga e o transporte dos residuos xerados nas mencionadas operacións ata o punto

de vertedura que decida o Concello, despois da obtención das autorizacións administrativas

correspondentes.
 A colaboración cos Servizos Técnicos Municipais na inspección das redes e na

investigación de verteduras.
 A realización con cargo ao Concello de traballos de reparación a consecuencia de

estragos nos elementos que compoñen a rede de sumidoiros, como a reposición de tapas de

pozos de rexistro e reixas de sumidoiros ou a reparación de tramos de tubaxe.
 Colaborar cos Servizos Técnicos Municipais na execución das obras de reposición,

ampliación e mellora da rede. Esta colaboración consistirá en que o Concello outorgará

audiencia ao prestador das tarefas de limpeza e mantemento do servizo antes de acordar

calquera tipo de ampliación ou mellora das obras que se deberán adscribir ao servizo. Así

mesmo, o contratista colaborará na redacción dos Pregos de Condicións Técnicas das

devanditas obras no sentido antes indicado. As obras de ampliación e as de reposición e

renovación das instalacións do servizo serán con cargo ao Concelo. O Concello tamén poderá

encargar ao contratista a execución destas nas condicións económicas que se acorden en cada

caso, sen prexuízo de que o Concello poida optar por calquera outro tipo de licitación

contemplada na lexislación vixente.
 Realizar en colaboración cos equipos técnicos municipais, a redacción de estudos

técnicos, proxectos e plans directores, sempre que así o requira o Concello, percibindo por

este concepto os honorarios que se determinen para os efectos.
 Realizar todas as conexións de desaugadoiros particulares (acometidas) á rede

municipal nas condicións fixadas en cada momento polos Servizos Técnicos Municipais, que en

calquera caso serán por conta do xestor e con cargo ao solicitante, de acordo co cadro de

prezos unitarios que deberá aprobar o Concello.
Exclúense deste servizo a limpeza e conservación das conexións e os desaugadoiros

particulares, incluso naqueles tramos situados na vía pública, que irán con cargo aos

propietarios.
Terán a consideración de obras e instalacións do servizo todas as de elevación, tratamento,

impulsión, acumulación e distribución ata as conexións dos abonados, incluídas as

instalacións eléctricas e mecánicas de todo tipo. As reparacións necesarias nestas obras e

instalacións do servizo a consecuencia de fugas, avarías ou causas similares consideraranse

tarefas de conservación e  orrerán a cargo do concesionario.
Serán por conta do concesionario todos os gastos de conservación das instalacións de

abastecemento, a excepción das que pola súa natureza sexan ampliacións de elevacións,

instalacións de tratamento, depósitos ou a rede de distribución. Considéranse tamén obras de

ampliación as que se refiran ao cambio de sección de tubaxes, insuficiencia de timbraxe,

construción de obras de fábrica de nova planta que no sexan substitutivas das deterioradas

por uso defectuoso do concesionario.
Serán por conta do Concello as obras que se realicen para eliminar gretas, por derrube de

cimentos e por outros deterioros importantes na obra civil, xa sexan debidos á propia obra

realizada ou a causas alleas. O concesionario informará de calquera anomalía ao respecto.
Se se producise algún dos problemas referidos no parágrafo anterior, o concesionario

presentará un informe realizado polos seus técnicos, con detalle das posibles causas,

medidas e solucións que sexa preciso adoptar.
O Concello, se o estima oportuno, constituirá unha partida de amortización das instalacións

con cargo á cal se realizarán as renovacións necesarias, é dicir, aquelas que superasen o

período de amortización legal. Con esa finalidade, o concesionario e os técnicos municipais

realizarán conxuntamente un inventario das instalacións antes do inicio do servizo.
A conservación das instalacións inclúe:
a) Vixilancia, control e mantemento de estacións de bombeo, depuración e rede de

impulsión.
b) Vixilancia e conservación de conducións xerais, depósitos municipais e rede de

distribución.
c) Manobra periódica e verificación do bo funcionamento de billas, válvulas, comportas,

etc.
d) Busca de fugas e reparación.

Cláusula 48. Obras de ampliación e renovación do abastecemento
As obras de ampliación e renovación do abastecemento son de exclusiva competencia municipal;

o concesionario estará obrigado a participar na súa execución e financiación, total ou

parcialmente, a vontade do Concello, sempre que antes se considere a forma mediante a cal o

concesionario poida recuperarse do investimento realizado durante a vixencia do contrato ou

algunha das súas prórrogas.
No caso de que as obras as execute o concesionario, directamente ou a través dun terceiro,

na súa execución observaranse as prescricións previstas no presente Prego en materia de

execución de obras. Nese sentido, tal e como establece o artigo 265 da LCSP, a

subcontratación só poderá recaer sobre as prestacións accesorias.
O concesionario comunicará ao Concello, sempre que proceda, as previsións referentes á

evolución do servizo, tales como aumentos do consumo xeral, que xustifiquen a ampliación das

conducións existentes, o establecemento doutras novas ou a ampliación da rede de

distribución e instalacións do abastecemento.
En casos así, redactaranse os proxectos oportunos polos técnicos designados ao efecto polo

Concello, con tal de que unha vez aprobados polo órgano competente do Concello, se programe

a súa execución e realización, segundo as formas previstas pola lexislación vixente.
O concesionario, a través da Comisión de Seguimento do Servizo, informará ao Concello, coa

debida antelación, das necesidades do servizo, para que poidan arbitrarse as solucións

económicas necesarias para solucionar o problema, e a participación do concesionario no

custo  das obras, se cómpre.

Cláusula 49. Obras necesarias para atender as novas subministracións e á expansión da rede

de distribución
O concesionario ocuparase das relacións cos peticionarios da  subministración para realizar

a conexión á rede en condiciones técnicas correctas. Poderanse diferenciar os seguintes

casos:
a) Novas subministracións a un inmoble que non teña servizo e se encontre na zona

servida pola rede de distribución
O concesionario, despois de considerar as características do inmoble referentes á

subministración de auga e as da rede de distribución e posibles proxectos que poida ter o

Concello, confeccionará o orzamento correspondente; o seu importe deberá ser satisfeito polo

usuario, e os traballos, realizados polo concesionario.
Elaborarase un cadro de prezos unitarios aprobados con esa finalidade polo Concello. O

concesionario presentará ao Concello, sempre que sexa necesario, solicitude xustificada de

prezos de conexións de servizo, que deberá ser aprobada polo Concello nun prazo de dous

meses, e de non contar con aprobación expresa no prazo mencionado, considerarase aprobada

por silencio administrativo.
b) Petición da subministración polo promotor dun inmoble para o que sexa necesario

ampliar a rede existente
O concesionario, tras considerar as características do inmoble e outras parcelas adxacentes,

referentes á subministración de auga, confeccionará un informe e o orzamento correspondente,

no que se incluirá a ampliación da rede existente.
O seu importe deberá satisfacelo o promotor no momento da presentación do orzamento, e os

traballos deberá realizalos o concesionario.
c) Colocación da rede de distribución en zonas de nova urbanización
Cando o Concello realice a urbanización de novas zonas, informará ao concesionario no

referente ao abastecemento; o concesionario deberá informar desa condición peculiar da

futura rede e consideraranse os seus informes e suxestións cando se redacte o proxecto.
O concesionario executará as obras correspondentes por conta do Concello, que para

financialas, poderá impoñer as contribucións especiais que crea oportunas.
Cando se trate de urbanizacións particulares que dispoñan do servizo municipal de

abastecemento de auga potable, o Concello, como trámite previo á recepción das instalacións

e a rede de distribución, solicitará un informe ao concesionario, coa finalidade de que se

encontren en bo estado de conservación.

Cláusula 50. Continuidade do servizo
O concesionario poñerá a auga a disposición permanente dos abonados, salvo por interrupcións

debidas a forza maior ou nos casos que se especifican a continuación:
a) Debido a reforzos e extensións da rede de distribución e instalación de conexións de

servizo.
b) Debido a paros de urxencia  para proceder á  reparación de avarías que non poidan

esperar.
c) Debido á imposibilidade de adquisición de caudais suficientes para o abastecemento.
En calquera caso, cando se deban realizar traballos que necesiten interromper a

subministración, o concesionario procurará, con todos os medios que teña ao seu alcance, que

o número de abonados sen subministración sexa o menor posible, e procurará tamén realizar os

traballos coa maior rapidez posible, para limitar a interrupción da subministración ao tempo

realmente imprescindible.
Cando se produza a suspensión da subministración especificada no punto b por un período de

tempo previsible superior ás cinco horas, e en todos os casos mencionados no punto a, o

concesionario deberá informar aos usuarios afectados mediante anuncios na prensa, a través

de bandos municipais ou da forma que en cada momento resulte más útil e práctica.

Cláusula 51. Persoal do servizo
O persoal e empregados da empresa adxudicataria do servizo, pertencerán exclusivamente ao

concesionario, quen deberá fomalizar debidamente a súa situación laboral, sendo preceptivo o

cumprimento das obrigas de previsión e seguridade social. Ningún deles adquirirá relación

xurídica de emprego ou función co Concello de Monterroso, e tampouco poderá ser alegado como

determinante de expectativas de dereitos, nen sequera o de preferencia para futuras

contratacións.
O adxudicatario disporá, do persoal necesario para satisfacer adecuadamente as esixencias do

contrato e aboará as súas retribucións, incentivos, pagas extraordinarias, seguros sociais,

etc., os cales satisfarán en todo caso o disposto na lexislación vixente e os convenios

colectivos que lle afecten, non podendo reclamar da Administración a correspondente

indemnización ou compensación económica, polo posible desequilibrio económico que puidese

producirlle a revisión do correspondente convenio colectivo ou a negociación dun novo e na

que non interviñese a propia Administración.
O licitador incluíra na súa memoria un organigrama cos postos de traballo asignados a

cadanseu servizo, incluíndo o resto de persoal: mandos administrativos, persoal de taller ou

mantemento, etc. Os postos de traballo serán constantes ao longo do ano, adaptándose o cadro

de persoal resultante a estas circunstancias.
O adxudicatario comprométese a cubrir as baixas que se produzan no persoal que ocupa os

postos de traballo por causa de vacacións, enfermidade, accidentes, utilizando os servizos

de orientación laboral do Concello, etc. No seu presuposto detallará as previsións para as

ditas suplencias.
Será total responsabilidade do concesionario o axustar as condicións e traballo do persoal

ao disposto na lexislación e convenios laborais vixentes. Por iso o Concello queda

totalmente exento de responsabilidade nas relacións laborais entre o concesionario e o seu

persoal.
O licitador detallará na súa memoria o vestiario previsto para o persoal.
A empresa adxudicataria estará obrigada a comunicar ao Concello toda variación que pretenda

facer en canto ao número de cadro de persoal, sendo necesaria a previa aprobación expresa do

Concello, dado que os postos de traballo ofertados, son en calquera caso, constantes.
Así mesmo queda expresamente sometida ao deber de cumprir cos seus traballadores as

disposicións da lexislación laboral, de Seguridade Social e Seguridade e Saúde no traballo,

sendo da súa exclusiva responsabilidade toda infracción que cometa nestas materias

Cláusula 52. Oficinas do servizo
O concesionario disporá, dentro do patrimonio municipal, dun local no casco urbano para a

atención aos usuarios do servizo. Este local estará dotado de persoal e medios adecuados

para poder atender correctamente aos usuarios.
Os días e horario de atención ao público propoñeraos o licitador na súa oferta e poderanse

variar mediante acordo mutuo entre as partes e en función das necesidades do servizo, o

tempo mínimo de apertura ao publico será de luns a venres de 9H a 14H. Este horario poderá

modificarse por acordo mutuo das partes.

Sección tercera. Prestación do servizo

Cláusula 53. Contratación da subministración
O concesionario está obrigado a subministrar auga nas condicións regulamentarias que poidan

afectalas en todo o percorrido das conducións existentes, e sempre que previamente se

realizara o enlace coa rede de distribución por conta do solicitante da subministración.

Cláusula 54. Relacións cos usuarios do servizo
Con respecto aos usuarios do servizo, o concesionario ocuparase de:
a) Elaboración e actualización do ficheiro de abonados, no que se farán constar as

características de cada subministración, que deberá estar sempre a disposición do Concello.
b) Execución da subministración  aos usuarios e das instalacións de contadores.
c) Lectura de contadores.
d) Realización de padróns e recibos de acordo ás tarifas vixentes en cada momento.
e) Cobro dos recibos e correspondencia cos abonados.
f) Conservación de contadores e conexións de servizo.
Estas relacións fixaranse mediante as normas que establezan a ordenanza e os regulamentos

municipais dos servizos de auga potable e rede de sumidoiros. Se estas normas se modificasen

no período en que o concesionario xestione o servizo, o Concello dará audiencia ao

concesionario para a súa redacción, coa única finalidade de recibir do concesionario as

suxestións que este considere pertinente formular.

Cláusula 55. Conexións de servizo
As conexións que conducen e a agua da rede de distribución ao interior dos inmobles inclúen

desde a condución ata o contador e serán instaladas polo concesionario.
Os gastos de colocación das devanditas conexións correrán a conta dos abonados, aos prezos

aprobados polo Concello, a instancias do concesionario.
Cada conexión terá unha chave de paso á entrada da parcela. O contador colocarase fóra da

vivenda, segundo as disposiciónss do Regulamento Municipal do Servizo.
En edificios múltiples, os contadores deberán ser instalados en batería, en lugar de fácil

acceso.

Cláusula 56. Contadores
Os contadores, que servirán para medir os caudais consumidos, serán subministrados polo

concesionario no momento en que se asine o contrato de abono, e o abonado será o

propietario.
A reparación ou substitución dos contadores avariados será realizada polo concesionario, a

cargo do abonado mediante tarifa aprobada por conservación de contador
O concesionario ten a obriga, a partir desa revisión, de substituír os contadores avariados

por outros en perfectas condicións e verificados pola Delegación de Industria no momento de

constatar a avaría. Exceptúanse desta obriga as substitucións debidas a neglixencia, a

xeadas e a outras causas extraordinarias.

Cláusula 57. Petición de subministración  e instalación de contadores
Os contratos de subministración de auga potable serán realizados polo concesionario segundo

o modelo aprobado polo Concello. O contrato de abono farase por duplicado: un exemplar para

o abonado e o outro, para o concesionario,  a disposición de calquera requirimiento do

Concello.
O concesionario realizará a contratación cos usuarios do servizo de forma unitaria, e a

póliza correspondente amparará a subministración a cada vivenda ou local comercial

independente.
O contrato de subministración unicamente poderá subscribirse cando se realicen os traballos

de conexión e extensión da rede, se fose necesario, acordados segundo o caso.
No momento da contratación da subministración, o concesionario percibirá dos abonados as

taxas polos dereitos de conexión vixentes en cada momento, que serán liquidadas ao Concello

do xeito que determine a Intervención Municipal e que, polo tanto, non se consideran como

ingresos do concesionario.
O contador ou aparato medidor de caudais corresponderá aos tipos aprobados pola Delegación

de Industria e deberá estar debidamente verificado, será de propiedade do abonado e

subministrarase no momento de subscribir o contrato, de forma que o concesionario poida

realizar a súa colocación, por conta do abonado.

Cláusula 58. Lectura de contadores
A lectura de contadores que servirá para establecer os caudais consumidos polos abonados,

deberá realizala o concesionario, como mínimo, unha vez cada trimestre. Non obstante, o

concesionario poderá verificar os contadores coa frecuencia que o considere oportuno, pero

sen que esta verificación lle dea dereito a remuneración complementaria.
As indicacións que marque o contador, serán anotadas polo lector en soporte informático ou

nas follas que servirán de base para a facturación correspondente.
Por proposta razoada do concesionario, o Concello poderá variar, discrecionalmente, os

períodos de lectura.

Cláusula 59. Realización e cobro de recibos
O concesionario confeccionará os recibos polos importes da subministración de auga aos

abonados unha vez por período de facturación vixente; ao inicio do contrato serán

trimestrais. As cantidades que se facturarán  deduciranse aplicando as tarifas vixentes aos

consumos que se facturen, e consideraranse os mínimos de consumo ou cotas de servizo

existentes en cada momento. Incluiranse nestes recibos os impostos e a cota de conservación

de contadores e conexións vixentes. Igualmente incluírá as tarifas de saneamento e

depuración e calesquera outras taxas que o concello lle poida ordear.
O concesionario tamén estará obrigado a cobrar dos abonados do servizo o importe dos

recibos, en período voluntario.
O concesionario actúa polo tanto como xestor da liquidación de recursos e o seu cobro e

deberá axustarse, ao respecto, ás seguintes normas:
a) Estará suxeito á acción fiscalizadora da intervención municipal, exercida ben

directamente polo titular ou, por delegación, polos seus subordinados. Con esa finalidade, o

concesionario facilitará todos os datos que lle sexan requiridos en relación coas funcións

de xestión económica implicadas na elaboración de padróns e recibos.
b) O concesionario deberá informar da súa xestión como recadador, sempre que o

presidente da Corporación ou o interventor llo esixan, e regularmente, durante o primeiro

trimestre de cada ano con respecto ao ano anterior.

Cláusula 60. Conservación de contadores e conexións de servizo
A conservación dos contadores e as conexións do servizo deberá realizala o concesionario  e

o seu custo  incluirase nos gastos cubertos polas tarifas do servizo.
O concesionario, se cómpre, substituirá todos os contadores avariados por outros de iguais

características, en perfectas condicións de funcionamento e verificados pola Delegación de

Industria no momento de constatar a avaría.
A conservación de contadores non incluirá os gastos de reparación motivada por toda causa

que non sexa consecuencia do seu uso normal. O concesionario deberá notificar a anomalía ao

usuario, que pagará os gastos que se orixinen.
Enténdese por conservación de conexións de servizo o mantemento, en perfecto estado de

funcionamento, do ramal que partindo da rede de distribución, abarca un inmoble, desde a

conexión coa rede ata a chave de paso situada na beirarrúa, a fachada do inmoble ou límite

de propiedade.

Cláusula 61. Servizos municipais
A subministración e demais servizos da concesión realizaranse á totalidade dos servizos

municipais, tanto xestionadas directamente como indirectamente por medio de concesionario,

ás súas dependencias e anexos, parques, xardíns, piscinas, instalacións deportivas,

instalacións culturais e sociais, residencias de anciáns, etc., por conta do concesionario,

sen cargo ningún para o Concello. Estas subministracións sen cargo obedecerán ás

instalacións tanto presentes como futuras que determine o Concello.
No suposto das obras municipais para as que sexa preciso a subministración de auga, o

contratista adxudicatario das mesmas deberá formular a correspondente autorización e

constituír o depósito correspondente, quedando obrigado a aboar o consumo rexistrado polo

contador que se instale.
No suposto de que a execución das obras se realice directamente pola Administración, o

Concello estará exento de obter as indicadas autorizacións, constitución de depósitos e do

aboamento do consumo de auga subministrada para a obra. Todo isto conforme ao disposto no

regulamento regulador do servizo.
As bocas de incendio estarán precintadas e só poderán usalas, en caso de sinistro, os

membros do persoal correspondente ou do propio servizo.

CAPÍTULO QUINTO. DISPOSICIÓNS FINAIS

Cláusula 62. Tribunais
Os litixios ou as causas xudiciais que poidan derivarse da presente concesión someteranse

aos tribunais competentes por razón de materia con xurisdición no municipio.

Cláusula 63. Interpretación do contrato
O Concello exerce a prerrogativa de interpretar o contrato e resolver as dúbidas que ofreza

o seu cumprimiento, sen prexuízo da obrigada audiencia ao contratista.

Cláusula 64. Continuidade do servizo
O concesionario quedará obrigado co Concello a continuar prestando servizo unha vez

finalizado o prazo da concesión, ata que non teña lugar unha nova adxudicación ou se resolva

prestalo por outro sistema ou forma de xestión. Durante este período, serán de aplicación as

mesmas normas que se establecen no presente Prego de Condicións e no Prego de Prescricións

Técnicas.

Cláusula 65. Prazo de garantía
Establécese un prazo de garantía dun ano, que contará a partir do momento da finalización do

contrato, independentemente da causa da finalización, durante o cal o concesionario pode ser

obrigado unilateralmente polo Concello a continuar a prestación do servizo nas condicións

indicadas no contrato.

Cláusula 66. Responsabilidade ante terceiros
O concesionario será directamente responsable en relación coas terceiras persoas, en caso de

danos ocasionados como consecuencia do funcionamento normal e anormal do servizo, por cuxo

motivo terá subscrita a póliza de seguro correspondente, que cubra como mínimo 1.000.000 €

por sinistro.

Cláusula 67. Normas supletorias
Para todo isto que non estea previsto neste Prego de Condicións ou no Prego de Prescricións

Técnicas, será de aplicación o que establezan as seguintes disposicións:
• Lei de bases de réxime local e texto refundido de disposicións vixentes en materia

de réxime local nos seus aspectos básicos
• Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público
• Regulamento xeral da Lei de contratos das administraciones públicas
• Regulamento de servizos das corporacións locais
• Regulamento de patrimonio dos entes locais
• Texto refundido de disposicións vixentes en materia de réxime local nos seus

aspectos non básicos
• Regulamento municipal do servizo de auga
• Ordenanzas municipais
• En defecto de dereito administrativo, será de aplicación o que dispoña o dereito

privado


Monterroso, 7 de outubro de 2009
O alcalde,

 


Asdo. Antonio E. Gato Soengas

 

ANEXO 1. Modelo de proposición económica


MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA


"Eu, ------------------------------------------------- , veciño/veciña de -------------- con

domicilio en-------------------------------------------------------------------------------

------- e DNI ------------------------, en plena posesión da capacidade xurídica e de obrar,

en nome propio (ou en representación de ---------------------------------------------------

----, o cal acredito con poder notarial debidamente validado), teño coñecemento do anuncio

publicado no Boletín Oficial de Lugo  nº ------ Monterroso, data ------------------------,

así como do Prego de Condicións que rexe o concurso convocado para contratar, en réxime de

concesión de explotación, a xestión dos servizos de abastecemento de auga potable e da rede

de sumidoiros deste municipio e explotación e mantemento da EDAR, cuxo contido coñezo

integramente, e comprométome a aceptar a devandita concesión con plena suxeición ás

determinacións do Prego de Condicións e cun canon de --------------- € (en letras e

números).

 

 

Monterroso, ………………….........................de 2009


(Data  e sinatura do  licitador)

 

 

 

 


SR. / SRA.  PRESIDENTE/ A DA  MESA DE CONTRATACIÓN

 

ANEXO 2. Modelo do estudo económico e financeiro da oferta

- Previsión de ingresos tarifarios do servizo e m3 de facturación previsibles
- Previsión de custos do servizo, coa  especificación seguinte:
A) Custos fixos
Persoal
Materiais de conservación e mantemento
Análises
Transportes
Enerxía eléctrica (termo de potencia)
Gastos administrativos
B) Custos variables
Reactivos e tratamento
Enerxía eléctrica (termo de enerxía)
C) Gastos xerais  e beneficio industrial do concesionario
D) Investimentos de implantación do concesionario, capítulo no que se incluirán aqueles investimentos que efectuará o concesionario concesionario que non teñen carácter revertible, tales como vehículos, ferramentas, equipos, locais, mobiliario de oficinas ou  similares. Indicarase con detalle do investimento en cada concepto, a cota de amortización aplicada ao custe do servizo, o custo financieiro, se cómpre, con indicación do tipo aplicado.

Os custos do servizo teñen que estar perfectamente xustificados, de modo que o seu desglose e xustificación detallada, permitan ós servizos técnicos do Concello, determinar a súa adecuación á concesión.
En ningún caso, a mala previsión de custos que se fixen neste estudo económico-financieiro, servirá de fundamento para o contratista ó obxecto de solicitar a correspondente revisión de tarifas ou indemnización en garantía do mantemento do equlibrio económico financieiro da concesión.
 
ANEXO 3. Tarifas vixentes a partir do 1/01/2010.

AUGA


 1.- TARIFAS DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO

ANO 2010

A cota tributaria correspondente á alta no servizo de abastecemento de auga consistirá na

cantidade fixa de 31,47 euros.

      Ano 2009   Ano 2010

Abonados domésticos:

Cota fixa mensual 1,152 Eur/ab.mes 2,08 Eur/ab.mes

Consumo

1º Bloque: 0 a 10 m³/ab.mes            0,361318 Eur/m³  0,361318 Eur/m³
2º Bloque: de 11 a 20 m³/ab.mes      0,379383 Eur/m³
3º Bloque: máis de 21 m³/ab.mes           0,382997 Eur/m³

Abonados non domésticos:

Cota fixa mensual  2,08 Eur/ab.mes

Consumo

1º Bloque: de 0 a 15 m³/ab.mes      0,382997 Eur/m³
2º Bloque: de 15 a 30 m³/ab.mes      0,451936 Eur/m³
3º Bloque: máis de 30 m³/ab.mes      0,545969 Eur/m³

 

 

 

 

 


ANEXO 4. Instalacións do servizo
SERVIZO DE AUGA POTABLE:
 Captacións afectas ao servizo
- Do río Ulla en A Peneda
- Na serra de Pol
 Captacións alleas ao servizo
- Vilanova- Leborei
- Ligonde
- Lodoso
- Sindín- Os Ferreiros
- Tarrío de Buxergos
- Cumbraos
 Instalacións de elevación e reelevación
- ETAP de A Peneda
- ETAP de O Vilar
- Pozo de bombeo en mercado gandeiro
- Bombeo en Sindín
- Bombeo en Ligonde
- Bombeo en Lodoso

 Conducións afectas ao servizo

 Depósitos
- Principal en Seteigrexas
- Secundario en O Vilar
- Sindín
- Ligonde
- Lodoso
- Vilanova
- Tarrío de Buxergos
- Cumbraos

 Instalacións de potabilización
 ETAP de A Peneda
 ETAP de O Vilar

SERVIZO DE REDE DE SUMIDOIROS:

 Lonxitude da rede

 Estacións de bombeo
- Os Olmos
- A Peneda

Pozos de saneamento con enerxía: Sirgal, Vilamaior, Pol, Fente-Graña, Tarrío de Buxergos
Pozos de saneamento sen enerxía: O Bispo, Ligonde, Pedraza, Gundín, San Cristovo, san

Lourenzo

EDAR

 


 

ANEXO 5. Relación do persoal que deberá asumir o adxudicatario do concurso

Non hai persoal municipal afecto ó servizo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

ANEXO 6. Regulamento do Servizo de Auga Potable e  Rede de Sumidoiros

BOP de Lugo de 30 de decembro de 1999.

 
< Ant.   Seg. >
Trámites en liña
Axenda
« < Maio 2012 > »
L M Mc X V D D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
© Concello de Monterroso