|
Cómpre destacar a figura dos poetas Teolindo Cortiña Toural e Lorenzo Varela.
Teolindo Cortiña foi un cura poeta que escribía baixo o pseudónimo de "Antón do Sirgal". Naceu no ano 1884 e finou no 1972. Entre as súas
publicacións destacan poemas contra o caciquismo como Catecismo en
solfa publicado en 1932 e Recordando tempos con mor de outros tempos
con poemas sobre temas lucenses.
Jesús Manuel Lorenzo Varela Vázquez, naceu nun barco preto da
Habana o 10 de agosto de 1916, no cal emigraban os seus pais a América.
Na capital cubana pasou Lorenzo os seus primeiros anos e de alí
trasladouse a Bos Aires, onde cursou os estudos primarios.
Cando tiña 14 anso veu con súa nai para Galicia. Na cidade de Lugo remata os estudos de Bacharelato.
No ano 34 marchou para Madrid e axiña se integrou no Movemento
Antifascista, nas "Misiones Pedagógicas" e logo, ao estoupar a guerra
civil, na fornte republicana. Perdida a guerra, emigrou a Francia e
logo a Cuba. Desde Cuba pasaría a México e desde alí definitivamente a
Bos Aires en 1941, cidade na que desenvolvería a maior parte da súa
actividade cultural, ata o seu regreso definitivo a España no ano 1976
e a súa morte dous anos despois. No ano 1979 e por iniciativa do
párroco de Lodoso e Fufín, Xosé Moreiras Santiso, rendeuselle unha
homenaxe dándolle o seu nome a unha rúa da vila. Os seus restos foron
trasladados a Fufín no ano 1981 xunto aos da súa nai.
Entre as súas publicacións destacan Catro poemas pra catro grabados on
de louba a catro personaxes mítico-lexendarios, Torres de amor,
poemario en castelán no fai fronte á derrota do desterro e Lonxe, sobre
a emigración, a dureza da guerra e a posguerra, a saudade.
|