Feira de Santos, declarada festa de interese turístico galego
Inicio
venres, 18 maio 2012
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo e PXOM
Zona económica
Perfil do Contratante
Emprego Público
Contacto
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
PREGO PRESCRICIÓNS TÉCNICAS SERVIZO MUNICIPAL DE AUGA PDF Imprimir
mércores, 21 outubro 2009

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁN O CONCURSO PARA A CONCESÍÓN DA XESTIÓN DO SERVIZO MUNICIPAL DE AUGA POTABLE E REDE DE SUMIDOIROS DO CONCELLO DE MONTERROSO.


CAPÍTULO I : DISPOSICIÓNS XERAIS

Primeira.-Obxecto do contrato.

É obxecto do contrato a concesión administrativa da xestión do servizo público de abastecemento de auga e rede de sumidoiros do Concello de MONTERROSO. A partir do 1 de outubro de 2011 incorporase tamén a EDAR de Monterroso.

Segunda.- Descripción das edificacións. instalacións e demáis infraestruturas básica adscritas ó servizo.

- SERVIZO DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE

As edificacións, instalacións e demáis infraestrutura básica do abastecemento de propiedade municipal que se entregan ó concesionario para a realización dos traballos obxecto do contrato son as que de seguido se relacionan:

1.- ESTACIÓN DE TRATAMENTO DE AUGA POTABLE DA PENEDA.
1. 1. -Captación de caudais.
A captación de auga potable para o abastecemento de MONTERROSO, realízase mediante toma no río Ulla. A toma realízase mediante unha arqueta lateral protexida mediante reixa, tubería de fibrocemento de 500 mm. de diámetro que comunica esta co pozo de bombeo de baixa.

1.2.- Depuración e impulsión
A auga impulsada polo bombeo anterior chega a un decantador circular de formigón armado, daquí pasa a 3 filtros abertos con leito de area de sílice e cunha capacidade de filtración de 50 l/seg.
Unha vez depurada a auga chega a un depósito situado debaixo do edificio de mando e control, deste depósito aspiran as bombas de impulsión, 2 bombas, que mandan a auga ó depósito xeral de regulación da rede de abastecemento.
O edificio de mando e control ten unhas dimensións de 12,50 x 7,50 m.
A tubería de impulsión e de fundición dúctil de 250 mm. de diámetro.

1.3.- Reactivos químicos
Os reactivos químicos utilizados na planta de tratamento son os seguintes:

- Desinfectante: Hipoclorito sódico
- Coagulante: Policloruro de aluminio
- Floculante: Polielectrolito 
 
1.4.- Depósito de regulación
Rectangular de hormigón armado e cunha capacidade de 3.000 m³.

1.5.- Rede de distribución
Do depósito xeral saen tres tuberías que alimentan ó municipio. Unha de polietileno de 180 mm. diámetro, outra de fundición de 150 mm. e unha terceira 140 mm. diámetro deica o campo de Caracacho.

2.- ESTACIÓN DE TRATAMENTO DE AUGA POTABLE DE POL

Esta é unha depuradora de moi recente construción e que abastece ó Polígono Industrial e enlaza posteriormente coa rede de abastecemento xeral de Monterroso.

3- Entrarán a formar parte do obxecto da concesión as obras e instalacións que execute ou reciba o Concello, para a súa adscripción ó servizo encomendado, durante o período concesional. Farase o estudo económico correspondente para mante o equilibrio económico da concesión.
Así mesmo poderá constituir obxecto da concesión -ó longo da súa vixencia- calquera outra tarefa ou actividade relacionada co seu obxectivo básico que, previo acordo da Administración e o concesionario, poida realizarse conxuntamente co servizo que constitúe primordialmente o obxecto deste prego.

- SERVIZO DE SUMIDOIROS

- Rede de colectores
- Bombeo de augas residuais A Peneda
- Bombeo de augas residuais de Bidouredo
- Bombeo de augas residuais de Pol

- EDARES

CAPÍTULO II
Dos medios e organización do servizo

Terceira.- Da aportación da Administración e do inventario das edificacións. instalacións e demáis infraestruturas básicas de propiedade municipal adscritas ó servizo.

1.- O Concello de MONTERROSO porá a disposición do concesionario para o seu uso durante a vida da concesión, as edificacións, instalacións e demáis infraestruturas básicas de propiedade municipal definidas na prescripción anterior, encargándose da súa xestión ó concesionario para o desenvolvemento e funcionamento do servizo, debendo asumir os gastos de explotación, conservación e mantemento. Tamén se fará cargo das novas ou reformadas que no futuro puideran construirse previa acta de recepción das mesmas e estudando as repercusións económicas que puderan ter co fin de manter o equilibrio económico financieiro da concesión.
Como se indicaba na devandita prescripción, o concesionario recibe as edificacións, instalacións e demáis infraestruturas básicas de propiedade municipal relacionadas anteriormente, e que se poñen a súa disposición para a realización dos traballos obxecto do contrato. Non obstante, ó inicio da concesión, o concesionario, no prazo de CATRO MESES contados dende a data en que comence a prestar o servizo, elaborará un inventario detallado de tódalas edificacións, obras, instalacións e demáis materiais que se pon a disposición deste último para a xestión do servizo. Sempre que o Concello faga aportación de novas obras ou instalacións ó concesionario para a súa adscripción ó Servizo, aquel incorporará aquelas como Anexo ó devandito inventario.
O concesionario entregará no Concello copia do inventario inicial elaborado.
O concesionario estará obrigado a manter o inventario debidamente actualizado durante toda a vixencia do contrato.

2.- O concesionario utilizará os medios materiais, edificacións, obras e instalacións e demáis infraestruturas aportadas polo Concello exclusivamente para o servizo obxecto da concesión, agás que aquel, por razóns de interese público, establecese o contrario.

Cuarta.- Da forma e medios de xestión.

1.-A xestión e explotación integral dos servizos encomendados será realizada total e directamente polo concesionario. Malia o anterior, previo coñecemento e aprobación do Concello, poderá concertar con terceiros a xestión de prestacións accesorias, sendo neste caso o concesionario o único responsable ante a Administración titular.
2.- O concesionario está obrigado a dispoñer dos medios propios de xestión, axeitados e suficientes, para prestar os servizos obxecto da concesión, tales como vehículos apropiados para a realización das prestacións esixidas no presente prego e no de cláusulas administrativas particulares, que deberán manterse en bo estado de uso e renovarse por conta do concesionario cantas veces cumprise durante a vixencia do contrato, taller almacén, equipos de seguridade en consonancia coa normativa vixente; maquinaria e ferramentas axeitadas; toda clase de repostos para o correcto funcionamento das instalacións obxecto da concesión, incluido cloro e produtos químicos necesarios para o tratamento das augas; etc.
3.- Durante o período concesional, serán por conta do concesionario a totalidade dos gastos de adquisición e reposición dos materiais de xestión, así como os gastos necesarios para a súa conservación, mantemento e explotación.

Quinta.- En orde ós planos de redes.

Partindo da información e da cartografía dixitalizada facilitados polo Concello, o concesionario queda obrigado a actualizalos no prazo de SEIS MESES contado a partir da data de comenzo das prestacións da concesión. A actualización destes realizarase e prestarase coas características e nas condicións seguintes:

A) Presentarase copia en papel ou en ficheiro magnético en soporte "CD-ROM". Dentro deste soporte informático deberán figuralos seguintes datos:
- Captacións e mananciais, co punto e altitudes exactos onde se producen as captacións, e materiais nas que estén realizadas.
- Depósitos de abastecemento, co seu punto e cota exactos no que se atope, capacidade e materiais nas que estén realizados e estado de conservación.
- Prantas de tratamento das augas e os sistemas aplicados a súa potabilización.
- Redes de distribución; debendo aparacer o seu trazado, os seus puntos singulares, localización e características destes, diámetros e lonxitudes.
- Redes secundarias, tamen co seu trazado, os seus puntos singulares, localización e características destes, diámetros e lonxitudes.
- Redes de colectores do servizo de sumidoiros
- Bombeos de augas residuais
- En tódalas redes deberá aparecer a localización de arquetas, chaves, pozos e demáis elementos da rede coas súas características
- Bocas de rego e incendio, con localización exacta, así como a presión previsible en ditos puntos da rede e as súas características técnicas.

B) A súa vez, estes planos deberán actualizarse unha vez ó ano en aqueles sectores onde se realizasen obras de pequena envergadura, e en caso de obras de gran envergadura deberán ser actualizados no momento mesmo da súa posta en funcionamento, quedando obrigada a empresa a facilitar ó Concello estas modificacións nos mesmos soportes indicados ó comezo da presente prescripción.

Sexta.- En orde ás oficinas do servizo.

1.- O Concello porá a disposición do concesionario un local no casco urbano desta Vila de MONTERROSO e en lugar céntrico, onde se instalarán unhas oficinas para atención ó público, que deberán cumprir a normativa esixible a establecementos públicos, totalmente dotadas dos medios materiais e persoais necesarios para o desenvolvemento nelas do trato e relación cos abonados dos servizo que se Ile encomenden, nas que se centralizará a xestión administrativa e técnica en orde ás relacións ordinarias e habituais do concesionario coa Administración.
O horario de atención ó público establecerase de luns a venres de 9 a 14 horas.

Así mesmo, disporá de almacén-taller equipado cos útiles, ferramentas e materiais de reposición que sexan precisos para atender con prontitude os traballos normais do servizo, así como calquera tipo de emerxencia que poida xurdir no normal desenvolvemento do mesmo.
O persoal que atenda as oficinas e o taller-almacén dependerá directamente do concesionario e disporá da formación axeitada para as tarefas que se Ile encomenden, así como dos medios materiais precisos para solucionar calquera reclamación ou urxencia durante as vintecatro horas do día.

2.-Para atender calquera incidencia urxente o concesionario disporá durante as vintecatro horas do día, incluidos sábados, domingos e festivos, dun servizo permanente de garda.
A localización deste servizo realizarase polos medios técnicos axeitados que poida aportar o concesionario, e, como mínimo, disporá dun sistema de telefonía móbil que permita a localización do persoal durante as vintecatro horas do día, ante unha falta de subministro, así como dun contestador automático de chamadas telefónicas para que, fóra de horas de oficina, poida deixar constancia da chamada, así como o problema a solucionar.

3.- O concesionario deberá tamén elaborar e contar cun Plan de Emerxencia, conterá unha descripción dos medios materiais e humanos dispoñibles para solucionar, no menor tempo posible, aquelas avarías nas conducións xerais ou outros elementos do servizio de abastecemento que poidan implicar un prexuízo grave ós usuarios pola falta de subministro prolongado.

Sétima.- Do persoal.

1.- O concesionario deberá adscribir ó servizo ó persoal necesario e suficiente para garantir unha axeitada e eficaz realización de tódalas prestacións esixidas no presente prego e no de cláusulas administrativas particulares, sen prexuízo de que poida contratar determinadas prestacións accesorias como a vixiancia e seguridade das instalacións e determinados traballos especializados.

2.-Consonte co disposto na normativa vixente, cando a actividade dun centro de traballo cese, por remate ou modificación total ou parcial dun contrato de explotación, arrendamento, xestión, etc. é sexa adxudicataria da devandita explotación outra empresa, esta vira obrigada a subrogarse e abosorber ós traballadores daquela adscritos ó servizo das instalacións que se explotan, respectándolles e conservando na súa integradade - con cáracter persoal e irrenunciable- a súa antigüidade, salario e demáis dereitos laborais e sindicais recoñecidos en Convenios, pactos de Empresa e condicións persoais.
A tal fin, relacionase nun Anexo o persoal actual (a excepción do Xefe de Servizo) da empresa concesionaria do Servizo Municipal de Abastecemento de Auga.
O devandito persoal ten o carácter de "medios persoais mínimos" que o concesionario debe prever na súa oferta (avaliándoo axeitadamente no estudo económico que adxunte) e adscribilo ó funcionamento da concesión durante o seu prazo de vixencia

3.-0 concesionario será o responsable de todo o persoal laboral que contrate, quedando obrigado a cumprir as disposicións que regulamentan as relacións laborais, seguridade social, seguridade e hixiene no traballo e prevención de riscos laborais.

4.- O Concello non terá ningunha relación xurídica nin laboral co persoal pertencente á empresa concesionaria durante a vixencia do contrato nin o seu remate.

5.- O Concello, en ningún caso, virá abrigado a facerse cargo do persoal contratado pala empresa.

6.- O concesionario ten o deber de comunicar ó Concello a plantilla e relación dos postas de traballo adscritos ó servizo ó inicio da concesión -conforme a súa oferta- especificando a súa categoría profesional, dedicación, retribucións e convenio colectivo de aplicación.

7.- Calquera variación na relación de postos de traballo deberá ser razoada e fundamentada e debe ser autorizada previamente pola Administración municipal, responsabilizándose o concesionario dos correspondentes despidos en caso de incumprimento; xa que logo, o persoal ofertado debe ser dabondo para unha axeitada e eficaz prestación dos servizos obxecto do contrato, non podendo o adxudicatario alegar falta de persoal para retrasar ou suspender os servizos contratados.

8.- O concesionario deberá poñer ó fronte da xestión do servizo a un técnico con titulación, cando menos, de grado medio e experiencia dabondo para afrontar a responsabilidade do servizo público concedido, así como un encargado, con capacidade dabondo para o control e mantemento da E.T.A.P. A dispoñibilidade de ámbolos dous deberá quedar garantida a fin de facer fronte a calquera eventualidade que puidese xurdir.

Oitava.- Da explotación do servizo.

1.- O concesionario tomará o seu cargo a explotación e xestión integral do servizo de abastecemento de auga potable e servizo de sumidoiros do Concello de MONTERROSO descrita no obxecto do contrato, e velará polo correcto funcionamento daquel, adoptando as medidas oportunas para que sempre se atope nas debidas condicións de uso e sendo, xa que logo, responsable de ditos servizos.

2.- O concesionario deberá axeitar, en cada momento, as instalacións que recibe ás esixencias que implique a correcta xestión integral do servizo, correndo da súa conta e cargo cantos gastos se deriven de dita actuación.

Novena.- Das obras ou actuacións nos servizos.

As obras ou actuacións a realizar nas infraestruturas e instalacións dos servizos obxecto da concesión son as que as que de seguido se definen e describen.

Entendendo por redes todo o sistema de infraestruturas e instalacións que compoñen os sistemas adscritos e necesarios para o funcionamento dos servizos, serán as seguintes:

1.- Ampliación das redes

Defínense como ampliacións das redes todas aquelas obras, que como o seu nome indica, signifiquen unha ampliación das redes existentes na actualidade.
Ditas ampliacións serán motivadas por novas urbanizacións ou implantación do servizo en calquera zona dentro do ámbito de influencia territorial do Concello de MONTERROSO.
Estas obras deberán ser aprobadas polo Concello, e con carácter previo, o concesionario deberá emitir informe técnico preciso sobre elas, que conterá unha referencia ás características e ás modificacións a efectuar, así como as molestias ou prexuízos que poidese causar ás xa existentes.
Ditas obras deberán ser financiadas polas adsministracións competentes, promotores ou solicitantes das mesmas.

2.- Renovación das redes 

Defínense como obras de renovación das redes todas aquelas que signifiquen a restauración total ou parcial das redes existentes na actualidade.
O custo destas obras será de conta do Concello, que as financiará polos seus propios medios ou a través das correspondentes subvencións ou convenios con outras administracións, ou calquera outra forma que legalmente proceda.
En calquera caso, o concesionario está obrigado, a súa costa, a prestar o asesoramento técnico preciso para que o Concello poida levar a cabo as actuacións que estime precisas para os servizos, así como á execución das obras ou actuacións que complementariamente o Concello lle solicite para levar aquelas a bo fin, sendo o custo destas de cargo deste último.

B) As obras definidas nos apartados 1 e 2 anteriores, unha vez executadas e rematadas, pasarán a formar parte da concesión nos mesmos termos que se definen neste prego para o resto das infraestruturas existentes na actualidade.
O concesionario está obrigado a supervisar o seu desenvolvemento e execución, debendo, en tódolos casos emitir informe previo a súa recepción e onde se constatará que se axustan ás condicións esixidas para a súa conexión ó resto das actuais, ou indicando as medidas correctoras a realizar con carácter previo a súa recepción.

C) Tamén se considerará obra de mellora ou renovación aquela substitución dun elemento electro-mecánico, que teña unha reparación superior ó 80 por 100 de adquisición de mercado dun novo.

D) As obras de renovación que -conforme se definen anteriomente- sexan a cargo da Administración titular do servizo, consideraranse tales sempre que a súa necesidade non obedeza á neglixencia do concesionario no cumprimento das súas obrigas respecto daquel.

-Mantemento e conservación das redes.

A) Defínense como obras de mantemento e conservación todas aquelas que non se atopen definidas nos parágrafos 1) e 2) anteriores da presente  prescripción, así como todas aquelas que a execución das mesmas sexa necesaria para o correcto funcionamento e conservación das infraestruturas existentes.
Estas actuacións serán por conta e a cargo do concesionario, sen custo ou prexuízo algún para o Concello titular dos servizos.

B) Corresponde ós abonados ou beneficiarios do servizo a conservación das instalacións que se atopen dentro dos límites da propiedade privada ou dende a chave de rexistro situada ó remate do ramal da acometida na vía pública e xunto ó inmoble.

C) As obras ou actuacións de conservación e mantemento a realizar polo concesionario -coa periodicidade que se requira ou esté legalmente establecida- son as que a continuación se indican, sen que dita relación teña carácter exhaustivo:

- SERVIZO DE ABASTECEMENTO
Efectuaranse os seguintes traballos:
a) O mantemento da calidade da auga no servizo de abastecemento dentro dos limites permisibles para a súa consideración como auga destinada ó consumo humano, así como adoptar -ó seu cargo- todas aquelas medidas precisas ó respecto para cumprir a lexislación vixente en cada momento e todo ó largo da concesión.
b) Vixianza e conservación das conducións xerais, depósitos municipais e rede de distribución.
c) A manobra periódica e verificación do bo funcionamento de billas, bocas de rego e incendios, válvulas, comportas, etc...
d) Busca, localización e reparación -o seu cargo- de escapes e fugas nas redes de abastecemento, incluíndo como tales tódalas redes de distribución de alta presión, almacenamento e distribución ata o límite das edificacións e ata o límite da rede pública, mediante aparatos electroacústicos ou de correlación, coordinados coa inspección dos consumos non rexistrados e coas medicións de presión. Estes traballos programaranse por zonas e realizaranse en horas diurnas ou nocturnas, según proceda, por equipos especializados.
e) Vixiancia e control das redes para a eliminación de gretas, afundimento de cimentacións e outros deterioros de importancia coas reposicións que fosen precisas. Se se presentase algún dos problemas aludidos, o concesionario presentará un informe realizado polos seus técnicos sobor das posibles causas e das solucións a adoptar.
f) A correcta conservación das acometidas e a substitución das avariadas ou inutilizadas, incluidas as obras complementarias, por conta dos abonados, ou no seu caso, a cargo do concesionario e a conta da tarifas de conservación e reparación que se fixe na Ordenanza Fiscal correspondente.
g) A correcta conservación do parque de contadores e a substitución dos avariados ou inutilizados, por conta dos abonados, ou a conta do concesionario e con cargo a conta de tarifa de conservación de contadores fixada na Ordenza Fiscal sempre que a avarias sea debida ao seu normal uso e non a actos vandálicos, xiadas ou manipulación do contador por parte dos abonados.

O concesionario asumirá, e ó seu cargo, tódolos gastos da conservación das instalacións do abastecemento excepto aqueles que pola súa natureza sexan ampliacións de captacións, elevacións, instalacións de tratamento, depósitos ou rede de distribución. Considéranse tamén obras de ampliación aquelas que se refiran ó cambio de sección de tuberías, insuficiencia de timbraxe, construción de fábrica de nova pranta que non sexan substitutivas doutras deterioradas polo uso defectuoso do concesionario.

Correspóndelle ós abonados ou beneficiarios do servizo a adecuación e conservación das instalacións que se encontren dentro dos límites da sua propiedade.

- SERVIZO DE SUMIDOIROS
Efectuaranse os seguintes traballos:
a) Limpezas periódicas das alcantarillas e colectores cos medios axeitados para este traballo
b) Efectuaranse cantas limpiezas puntuais como sea necesario de alcantarillas e colectores
c) Valeirado e limpeza dos pozos nas estacións de bombeo, e como mínimo 3 veces o ano.
d) Mantemento e conservación de unidades de bombeo
e) Realizaranse as conexións de acometidas a particulares
f) Reparacións de roturas na rede e pozos de rexistro
g) Control periódico e puntual de emisión de caudais
h) Detección de fugas e reparacións
i) Vixianza da rede e control de emisións piratas
j) Estudo de irregularidades na rede existente e plan de melloras
k) Planos da rede existente coa situación dos pozos
l) Retirar o seu cargo nas debidas condicións hixiénicas e entregar a xestor autorizado as grasas, areas e residuos dos pozos de bombeo, pozos de rexistro e limpeza dos colectores.

4.- Mantemento e conservación das instalacións
Comprende a explotación integral dos servizos e a conservación das súas obras e instalacións, a vixilancia e conservación do abastecemento e servizo de sumidoiros en xeral nos seus distintos elementos: captación, elevación, impulsión, acumulación, tratamento e distribución das augas ata as acometidas, conservación de redes de abastecemento e sumidoiros, pozos de bombeo, pozos de rexistro…
Inclúense as instalacións eléctricas ou mecánicas de todo tipo, sendo de conta do concesionario todo tipo de reparacións e reposicións de material ou elementos que conleven.
Quedan incluidos, por tanto, no obxecto do contrato -segundo o especificado anteriormente- os traballos necesarios para levar a cabo as tarefas da boa conservación e mantemento antes definidos, incluíndose os gastos dos materiais necesarios, persoal, servizo de vixiancia, alumeado, enerxia eléctrica e demáis servizos que se detallan neste prego.
Quedará obrigado a dar conta de ditos traballos ós servizos técnicos municipais, polos condutos adecuados para elo, e ós efectos da súa supervisión.

5.-En xeral, a responsabilidade do funcionamento, conservación e mantemento das obras, infraestruturas e instalacións do servizo condedido correspondelle exclusivamente ó concesionario, agás que -por razóns de incumprimento reiterado- teñan ditas labores que realizarse por persoal do Concello ou empresa contratada a tal fin, sendo tódolos custos que elo conleve a cargo do concesionario.
Esta responsabilidade abarcará tódalas instalacións recollidas como parte integrante do obxecto do contrato, segundo se define na prescripción primeira do presente prego.

Décima.- Do orixe. cantidade e calidade de augas.

1.-A auga a subministrar ós abonados ou usuarios do servizos proverá das actuais captacións definidas na prescripción 2ª deste prego, así como as que nun futuro poida contratar ou adquirir en propiedade o Concello e entren a formar parte da concesión.
O concesionario, en ningún caso, está obrigado a xerar novos recursos. Si estará, por contra, obrigado a propoñelos, baseados nos estudos presentados pola empresa ou no momento que o adecuado funcionamento do servizo o esixa.

2.- O concesionario debe asegurar a adecuada distribución do auga captada dentro dos volumes potencialmente dispoñibles e coa utilización dos medios necesarios para a súa impulsión, tratamento, adución, acumulación, distribución; garantíndose o correcto aproveitamento. En caso de necesidade, o réxime de restricións a establecer será imposto pola Administración, previo informe do concesionario.

3.- O concesionario obrígase a que a calidade químico-bacteriolóxica da auga que se distribúa responda, neste particular, ás condicións de salubridade fixadas pola Administración sanitaria correspondente.
Periódicamente realizaranse análises da calidade da auga, comunicando o resultado o Concello a través dos medios necesarios. Ditos análises efectuaranse coa periocidade sinalada na lexislación vixente según o R.D. 140/2003 en cada momento e ó longo da vida da concesión (especialmente cantas disposicións se diten en materia sanitaria).
O concesionario efectuará, o seu cargo, os análises da auga subministrada á poboación.
O Concello resérvase a posibilidade de efectuar mais análises o seu cargo e dispoñer o convinte para que se corrixan as deficiencias que poidan observarse, sen prexuízo das competencias doutros organismos na materia.

4.-Cando a calidade das augas brutas non responda á prevista para a súa distribución, conforme ás obras e instalacións que se lle entregan, o concesionario ten o deber de informar ó Concello de tal circunstancia, propoñendo as solucións e medidas que, o seu xuizo, se deban adoptar tanto por el como polo Concello.

Décimo segunda.- En orde á continuidade dos servizos.

1.- Unha vez comenzada a prestación dos servizos, estes non poderán suspenderse por motivo nin pretexto ningún, agás de conformidade co establecido no presente prego, no de cláusulas administrativas particulares e no Regulamento do Servizo.

2.- O concesionario debe garantir, de forma permanente, o subministro de auga potable e a evacuación das aguas residuais ós usuarios do servizo, agás interrupcións ocasionais motivadas por casos fortuitos ou forza maior ou nos casos que se especifican a seguir:

a) Como consecuencia da execución de obras de ampliación, renovación ou mellora das redes de condución e/ou distribución, ou a instalación de acometidas.
 b) Como consecuencia de avarías nas instalacións afectas o servizo.
c) No suposto de pérdida da condición de potabilidade da auga que implique un risco inminente para a poboación abastecida.

3.- Se, por causas de forza maior, o concesionario se ve na imposibilidade de prestar normalmente a totalidade ou parte dos servizos contratados, estará obrigado a poñer toda a dilixencia necesaria para o seu restablecemento, ben cos seus propios medios ou, incluso, cos medios que crea necesario contratar con teceiros alleos ó servizo, pero estará obrigado, en todo caso, a adoptar cantas medidas sexan precisas para restablecelos á maior brevedade, sendo todas elas pola súa conta e o seu cargo.

4.- Nos casos nos que se produza unha interrupción dos servizos, o concesionario deberá procurar, en todo momento, a limitación, ó máximo, do tempo da sua duración aportando os medios e materiais necesarios para o seu restablecemento e a fin de causar os mínimos transtornos ós afectados por tal interrupción. Asi mesmo, o concesionario procurará que, no caso descrito, o número de abonados sen servizo sexa o mais reducido posible.

5.- En todas aquelas interrupcións dos subministros que poidan ser planificadas, o concesionario obrígase a notificarllo ó Concello como mínimo con 24 horas de antelación.

6.- O concesionario debe adoptar a súa costa as medidas para información ós abonados do servizo. Estas medidas de información, por parte do concesionario, realizaranse na forma que en cada momento resulte mais útil: bandos, anuncios en prensa, cuñas na radio local con frecuencia suficiente, ...

7.- As interrupcións de subministro que non poidan ser planificadas e teñan, xa que logo, carácter urxente, deberán ser postas en coñecemento do Concello á maior brevedade posible.

CÁPITULO III

Da prestación do servizo

Décimo terceira.- Dos servizos a prestar polo concesionario ós usuarios.

1.- Con respecto ós usuarios dos servizos o concesionario estará obrigado a axustarse ás prescripcións do Regulamento do Servizo, así como ó establecido na Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa pola prestación do servizo do subministro domiciliario de auga potable e servizo de sumidoiros.

2.-Ademáis virá obrigado a desenvolver as seguintes actividades:
- As obras e instalacións que reciba o concesionario deben adecuarse, en cada momento, ás esixencias que impliquen a correcta xestión dos servizos.
- Coidará do estrito cumprimento das normas que regulan a prestación e funcionamento do servizo, así como as ordenanzas ou regulamentos vixentes en cada momento, mantendo para elo a adecuada correspondencia cos abonados, no orde a garantir a publicidade dabondo e facilitar ó máximo as adaptacións a dita normativa.
- Quedará obrigado na mesma medida respecto ás novas infraestruturas que poidan adherirse á concesión, segundo se proceda a súa execución.
- Quedará obrigado a reparar calquera desperfecto en bens públicos e privados que el ocasione ou que se produza por omisión das súas obrigas.

Décimo cuarta.- Do Regulamento do Servizo.

No Regulamento do Servizo, que como se dixo anteriormente o concesionario deberá cumprir, regúlase todo o relativo ós dereitos e obrigas dos abonados, instalacións do servizo de abastecemento de auga, instalación de saneamento, acometidas de abastecemento e saneamento, instalacións interiores dos abonados, contadores, tipos de subministro, contratación e regularidade do subministro de auga, lecturas, consumos e facturacións, suspensión do subministro e extinción do contrato, fraudes no subminstro e réxime económico.

Décimo quinta.- Subministro ós servizos municipais.

1.- Tódolos subministros de auga a servizos e dependencias municipais rego de parques, xardíns e vías públicas gozarán dunha exención total polo que respecta o concesionario. Coa finalidade de controlar os consumos procederase a instalar contadores en todas as dependencias municipales sin coste para o Concello.
2.- Quedará exenta de pago a auga consumida en caso de incendio, sinistro ou calamidade pública.

Décimo sexta.- Subministro para bocas de rego, incendios e hidrantes

O concesionario debe garantir o subministro de auga preciso para o funcionamento das bocas de rego, de incendio e hidrantes, dacordo coas posibilidades da rede de abastecemento en canto a caudal e presión.

Décimo séptima- Das obras e actividades complementarias

1.- Tódalas obras ou actividades complementarias neecesarias para prestar o servizo a que se refiren as prescripcións anteriores deste prego, tales como apertura e cerramento de zanxas, levantamento e reposición de pavimentos e/ou beirarrúas e outras similares, deberán ser executadas ó seu cargo polo concesionario.

2.- O Concello concede ó concesionario do servizo o dereito a utilizala vía pública para situar as conducións e realizar as intervencións e reparacións oportunas destinadas á distribucíón de auga potable e á recollida das augas resdiuais, tendo en conta o que sinalen as Ordenanzas Municipais no relativo á reposición de pavimentos, agás as taxas a que houbera lugar, dás que estará exento, por ser a rede de propiedade municipal e actuar aquel como mandatario do Concello.

3.- O concesionario gozará de exención no pago dos tributos municipais por aproveitamento especial da vía pública que pudiese corresponderlle, sempre que -en relación co servizio concedidos- se trate de obras ou actividades de interese municipal, afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da poboación e/ou se declaren así polo Concello.

4.-En caso de catástrofe ou calamidade pública, tódolos medios e persoal de que dispoña o concesionario quedarán baixo a directa dependencia do Alcalde-Presidente ou persoa que designe, na forma e durante o tempo que resulte necesario ata o total restablecemento dos servizos.

CAPÍTULO IV

Estudo económico

Décimo oitava.- Dos gastos de explotación no ano 2008

A) Gastos fixos.
Denomínanse gastos fixos todos aqueles que son independentes do caudal de auga subministrado, pero necesarios para garantir a xestión que conleva subministrar o caudal dado.
 
Conservación e mantemento.
Para calcular o custo anual de conservación da obra civil e impulsión así como dos equipos electromecánicos partirase do valor de implantación de ditas obras antes reseñadas e se lles aplicará uns coeficientes ós efectos do seu mantenemento recomendados na instrución para o estudo de tarificación do Ministerio de Obras Públicas y Urbanismo e da Asociación Española de Abastecimiento de Agua y Saneamiento.

Importe anual  Orzamento % de gasto €/ano  

Obra Civil   0,50

Conducións   4,50
 
Equipos electro-mecánicos  3,50

Custo total de conservación e mantemento    6.000,00 €/ano

Persoal do servizo.
O persoal propio do servizo para unha boa xestión tanto en conservación e mantenemento como en atencións ó abonado, lectura e cobro comprende:
Un técnico a dedicación parcial (rede de distribución, administración e produción).
Dous operarios encargados do mantenemento das redes de abastecemento e sumidoiros
 Un administrativo, a media xornada, para atención ós abonados na oficina do servizo: xestión de abonados, cobro, lectura de contadores, etc.
O custo anual desta plantilla incluíndo salarios, antigüidade, seguros sociais e de accidentes, horas extras e gardas, así como o custo do vestiario dos operarios é o seguinte:
. Técnicos a dedicación parcial  10.000,00 €/ano
. Dous operarios encargados do mantemento  
. Oficial 1ª albañil  29.456,00 €/ano
. Novo operario 25.000,00 €/ano
. Un administrativo a media xornada  13.692,00 €/ano

Custo total de persoal   80.148,00 €/ano

Vehículos.
Seguros, combustible, revisións, etc. dunha furgoneta para o servizo

Custo total de vehículos 5.380,00 €/ano

Gastos administrativos e varios
Refírese a todos os necesarios para o funcionamento da oficina propia do servizo, aluguer, confección de recibos, póliza de responsabilidade civil, gastos xerais, etc.

Confección de recibos e xestión bancaria 
Teléfono, luz, material de oficina, mantemento Informático  
Póliza de responsabilidade civil  
Estudios e proxectos 
Licenza fiscal 
Imposto de transmisións patrimoniais 
Varios  

Custo total de Gastos administrativos e varios 5.980,00 €/ano

Análises de auga
Cumprirase co establecido no Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, referente ó regulamento técnico-sanitario para o abastecemento e control

Custo total de Análises 1.970,00 €/ano


TOTAL GASTOS FIXOS 99.478,00 €/ano 

A) Gastos variables

Denominanse gastos variables tódolos que son función directa do volume de auga suministrado

Tratamento de caudais

a) Sulfato de alúmina
 
b) Polielectrolito
 
c) Hipoclorito

Custo total de Reactivos 8.135,00 €/ano

Enerxía eléctrica

-E.T.A.P.

Bombeos de augas residuais
- Bombeo da Peneda
- Bombeo de Bidouredo
- Total 

Custo total de Enerxía eléctrica 23.700,00 €/ano

TOTAL GASTOS VARIABLES 31.835,00 €/ano

TOTAL GASTOS DO SERVIZO 131.313,00 €/ano

CUSTO ENERXÍA ELÉCTRICA EDAR ANO 2008  29.292,97 €/ano

Décimo novena: Dos ingresos por tarifas do servizo

O número de abonados no 1º trimestre do ano 2009 foron:

- Servizo de abastecemento 1.877 abonados
- Servizo de sumidoiros 1.725 abonados

cun incremento medio anual duns 57 abonados en abastecemento e uns 38 no de sumidoiros.

A facturación no ano 2008 foi a seguinte:

- M³ facturados no servizo de abastecemento 125.500 m³/ano 

 

 
< Ant.   Seg. >
Trámites en liña
Axenda
« < Maio 2012 > »
L M Mc X V D D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
© Concello de Monterroso