Feira de Santos, declarada festa de interese turístico galego
Inicio
sábado, 04 febreiro 2012
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo
Zona económica
Perfil do Contratante
Emprego Público
Contacto
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
adxudicacion provisional PDF Imprimir
luns, 28 decembro 2009
5.- Adxudicación provisonal da xestión do servizo público municipal de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros, baixo a modalidade de concesión.
Visto que mediante acordo de Xunta de Goberno Local de data 20 de outubro aprobouse o expediente e o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares para a adxudicación da xestión do servizo público municipal de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros ao municipio mediante xestión indirecta e en réxime de concesión, por procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación
Visto que con data 6 de novembro publicouse anuncio de licitación polo prazo de quince no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Perfil de contratante do órgano de contratación, a fin de que os interesados presentaran as súas proposicións.
Visto que durante a licitación tan só se presentou unha proposición tal e como consta no expediente de contratación.
Visto que con data 27 de novembro constituiuse a Mesa de contratación, e ésta, tras a recepción do informe de valoración técnica, en xuntanza celebrada o 1 de decembro realizou proposta de adxudicación a favor de AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, S.A., examinada a documentación que xunta e de acordo coa mesma e de conformidade co establecido no artigo 135.3 e a Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público
A Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo Pleno o 4 de xullo de 2007 (BOP de Lugo de 21 de xullo de 2007), por unanimidade e en votación ordinaria, acorda:
Primeiro.- Declarar válida a licitación e adxudicar provisionalmente o contrato de xestión do servizo público municipal de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros mediante xestión indirecta e en réxime de concesión mediante a modalidade de concesión á empresa AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, S.A. única proposición presentada na licitación e admisible de acordo cos criterios que figuran nos pregos e en consecuencia a que obtivo a puntuación máis alta, polo canon de 600.000,00 euros a ingresar no Concello no momento da sinatura do contrato, por prazo de vinte e cinco anos, e coas tarifas vixentes que figuran como anexo III do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a concesión.
Segundo.- Notificar a adxudicación provisional a todos licitadores.
Terceiro.- Notificar e requirir a AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, S.A., adxudicatario provisional do contrato, para que presente, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da data de publicación da adxudicación provisional no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Perfil de contratante, a documentación xustificativa de acharse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calesquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar, así como constituír a garantía definitiva.
Cuarto.- Publicar a adxudicación provisional do contrato mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Perfil de contratante .
Quinto.- Realizados os trámites anteriores, que por Secretaría se emita Informe-Proposta e se dea conta a esta Xunta de Goberno Local para resolver ó respecto.
 
< Ant.   Seg. >
Trámites en liña
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
© Concello de Monterroso