Feira de Santos, declarada festa de interese turístico galego
Inicio
venres, 18 maio 2012
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo e PXOM
Zona económica
Perfil do Contratante
Emprego Público
Contacto
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
Adxudicación definitiva xestión do servizo público abastecemento auga potable e rede de sumidoiros PDF Imprimir
luns, 01 febreiro 2010
Único.- Adxudicación definitiva da xestión do servizo público municipal de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros, baixo a modalidade de concesión.Visto que mediante acordo de Xunta de Goberno Local de data 20 de outubro aprobouse o expediente e o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares para a adxudicación da xestión do servizo público municipal de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros ao municipio mediante xestión indirecta e en réxime de concesión, por procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación Visto que con data 6 de novembro publicouse anuncio de licitación polo prazo de quince no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Perfil de contratante do órgano de contratación, a fin de que os interesados presentaran as súas proposicións.Visto que durante a licitación tan só se presentou unha proposición tal e como consta no expediente de contratación.Visto que con data 27 de novembro constituiuse a Mesa de contratación, e ésta, tras a recepción do informe de valoración técnica, en xuntanza celebrada o 1 de decembro realizou proposta de adxudicación a favor de AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, S.A., examinada a documentación que xunta e de acordo coa mesma e de conformidade co establecido no artigo 135.3 e a Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector PúblicoVista a adxudicación provisional do contrato acordada pola Xunta de Goberno Local seguindo a proposta da Mesa de contratación, que tras a recepción do informe de valoración técnica, en xuntanza celebrada o 1 de decembro realizou proposta de adxudicación a favor de AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, S.A. por ser a única proposición presentada na licitación e admisible de acordo cos criterios que figuran nos pregos e en consecuencia a que obtivo a puntuación máis alta, polo canon de 600.000,00 euros a ingresar no Concello no momento da sinatura do contrato, por prazo de vinte e cinco anos, e coas tarifas vixentes que figuran como anexo III do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a concesiónCon data 25/01/2010, o adxudicatario constituiu garantía definitiva por importe de 19.391,50 euros e presentou os documentos xustificativos esixidos.A Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo Pleno o 4 de xullo de 2007 (BOP de Lugo de 21 de xullo de 2007), por unanimidade e en votación ordinaria, acorda:Primeiro.- Elevar a definitiva a adxudicación provisional do servizo público municipal de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros mediante xestión indirecta e en réxime de concesión mediante a modalidade de concesión á empresa AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, S.A. con CIF A-26/019.992, única proposición presentada na licitación e admisible de acordo cos criterios que figuran nos pregos e en consecuencia a que obtivo a puntuación máis alta, polo canon de 600.000,00 euros a ingresar no Concello no momento da sinatura do contrato, por prazo de vinte e cinco anos, e coas tarifas vixentes que figuran como anexo III do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a concesión.Segundo.- Notificar o presente acordo a D. SANTIAGO LAFUENTE PÉREZ-LUCAS, no nome e representación da mercantil AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, S.A., adxudicataria do contrato, e emprazarlle para a sinatura do contrato dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva.Terceiro.- Publicar a adxudicación definitiva do contrato de xestión do servizo público municipal de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros ao municipio mediante xestión indirecta e en réxime de concesión, no Perfil de contratante, e publicar anuncio no BOP de Lugo no prazo de corenta e oito días a contar desde a data do presente acordoCuarto.- Comunicar os datos básicos do contrato ó Rexistro de Contratos do Sector Público, de conformidade co disposto no artigo 308.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.Quinto.- Remitir ó Consello de Contas de Galicia unha copia certificada do documento no que se formalice o contrato, acompañada dun extracto do expediente do que derive, en cumprimento do artigo 29 da LCSP. 
 
< Ant.   Seg. >
Trámites en liña
Axenda
« < Maio 2012 > »
L M Mc X V D D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
© Concello de Monterroso