|
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO CON PUBLICIDADE DA OBRA DE “CONSTRUCIÓN DE CENTRO SE SERVIZOS SOCIAIS-RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE” INCLUIDA NO FONDO ESTATAL PARA O EMPREGO E A SOSTENIBILIDADE LOCAL
Descarga de documentos:
Estudio de seguridade (arquivo comprimido)
Memoria (arquivo comprimido)
Planos (arquivo comprimido)
Presupuesto (arquivo comprimido)
1. Obxecto do contrato:
O contrato terá por obxecto a execución da obra “Construción de Centro de Servizos Sociais-Residencia da Terceira Idade”.
CNAE: 4521
CPV: 45210000.
O proxecto reúne os requisitos dos artigos 2, 9 e 10 do Real Decreto-Lei 13/2009, de 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade local.
2. Necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato:
Mediante a execución do contrato a que se refire este Prego de cláusulas administrativas particulares satisfarase a seguinte necesidade: Visto que no Concello de Monterroso non existe suficiente dotación en materia de servizos sociais, materia esta na que o municipio pode exercer competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, según o disposto no artigo 25.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local; preténdese pois a execución das obras descritas mediante as solucións técnicas previstas no proxecto redactado polo arquitecto colexiado número 2577, Don Carlos Longarela Sanfiz, comprendendo, segundo indica este, obra completa susceptible de ser entregada ó uso xeral.
3. Presuposto base de licitación:
a) O presuposto base de licitación ten un importe de: 441.942,99 euros.
b) Da cantidade anterior, corresponde en concepto de Imposto sobre o Valor Engadido: 60.957,65 euros.
4. Anualidades en que se distribúe.
O pago das cantidades correspondentes ó presuposto do contrato abonarase nunha soa anualidade correspondente ó ano 2010.
5. Aplicación presupostaria.
O proxecto financiase con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local creado polo Real Decreto-Lei 13/2009, de 26 de outubro, aplicación presupostaria 233.622.00.
6. Réxime xurídico do contrato e documentos que teñen carácter contractual.
Sen prexuízo do disposto con carácter xeral para os contratos das Corporacións Locais, o contrato rexerase polas seguintes normas:
- Real Decreto Lei 13/2009, de 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade local.
- Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
- Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
- Regulamento xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas aprobado por Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, no que no se opoña á Lei 30/2007.
- Resolución da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial de 2 de novembro de 2009.
Ademáis do presente prego terán carácter contractual os seguintes documentos:
- O prego de prescripcións técnicas.
- Os planos.
- A memoria contida no proxecto que se determina no artigo 128 do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.
- O programa de traballo aceptado polo órgano de contratación.
- Os cadros de prezos.
- O documento no que se formalice o contrato.
7. Prazo de execución.
O prazo de execución do contrato será de 8 meses a contar desde o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do trazado de planta e concluír antes do día 31 de decembro de 2010.
8. Procedemento de adxudicación.
O contrato adxudicarase polo procedemento negociado con publicidade posto que o contrato se acha incluído nos supostos previstos nos artigos 155 d) e 161.2 da Lei de Contratos dol Sector Público.
Aplicarase o trámite de urxencia a que se refiren os artigos 96 e 128 da Lei a efectos de redución de prazos, de conformidade nos termos establecidos no artigo 17 do Real Decreto-Lei 13/2009, de 26 de outubro
9. Gastos de publicidade de licitación do contrato.
O adxudicatario estará obrigado a satisfacer os gastos de publicidade da licitación.
10. Gastos a aboar en caso de renuncia ou desistimento.
No caso de renuncia ou desistimento, compensarase a cada un dos licitadores polos gastos en que incurriran de acordo cos criterios establecidos no artigo 139 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
11. Clasificación exigible.
Os licitadores deberán acreditar estar clasificados nos seguintes grupos, subgrupos e categorías:
Grupo: C
Subgrupo: Todos.
Categoría: D.
12. Garantías esixibles.
- Provisional: Os licitadores deberán presentar unha garantía provisional por importe de 11.429,56 euros equivalente ó 3% do presuposto base de licitación excluído o Imposto sobre o Valor Engadido.
- Definitiva: O licitador que resulte adxudicatario provisional do contrato deberá prestar unha garantía do 5% do importe da adxudicación do contrato, sen incluír o IVE.
13. Presentación de solicitudes de participación.
Os empresarios que desexen participar na licitación deberán solicitalo dentro do prazo de 10 días a partir da publicación do anuncio, mediante escrito ó que acompañarán a seguinte documentación que deberá reunir os requisitos de autenticidade previstos nas leis:
1º) Documentos acreditativos da personalidade xurídica: Os empresarios individuais, copia auténtica do DNI; os empresarios persoas xurídicas, a escritura ou os documentos en que conste a constitución da entidade e os estatutos polos que se rixa, debidamente inscritos no Rexistro Mercantil ou no que corresponda.
A capacidade de obrar dos empresarios non españois que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea acreditarase pola súa inscripción no rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde estean establecidos, ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou un certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación.
Os demáis empresarios extranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa.
2º) Documentos acreditativos da representación: Cando a solicitude e, no seu caso, a proposición non apareza asinada polos licitadores deberá incluirse o poder outorgado a favor de quen ou quenes subscriban a proposición xunto con unha copia auténtica do Documento Nacional de Identidade do ou dos apoderados.
3º) Documento acreditativo de non estar incurso en prohibición de contratar que incluirá a manifestación de acharse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar ésta.
As empresas comunitarias, non españolas, poderán acreditar que non están incursas en prohibición de contratar mediante os certificados de clasificación ou documentos similares que acrediten a súa inscripción en listas oficiais de empresarios autorizados para contratar establecidas polos Estados membros da Unión Europea ou mediante certificación emitida por organismos que respondan ás normas europeas de certificación expedidas de conformidade coa lexislación do Estado membro en que estea establecido o empresario. Ditos documentos deberán indicar as referencias que permitiran a inscripción do empresario na lista ou a expedición da certificación, así como a clasificación obtida.
4º) Documentos acreditativos da clasificación. Cando sexa esixible a clasificación do contratista incluirase o certificado que acredite que a empresa licitadora está clasificada nos termos esixidos neste prego.
As empresas que se atopen pendentes de obter a clasificación, deberán aportar o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para elo, debendo xustificar que foi obtida a clasificación esixida no prazo previsto para a emenda de defectos ou omisións na documentación.
A falta ou insuficencia da clasificación non poderá suplirse mediante a integración da solvencia con medios externos.
5º) Documentación adicional esixida a todas as empresas extranxeiras. As empresas extranxeiras, nos casos nos que o contrato vaia executarse en España, deberán presentar unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puideran xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional extranxeiro que puidera corresponder ó licitante.
6º) Domicilio. Todos os licitadores deberán sinalar un domicilio para a práctica de notificacións. Esta circunstancia poderá ser complementada indicando unha dirección de correo electrónico e un número de teléfono e fax.
As solicitudes de participación presentaranse na forma e cos requisitos establecidos nas cláusulas 14, 15 e 16 deste prego.
14. Invitación para presentar ofertas.
O órgano de contratación, unha vez examinada as solicitudes de participación e verificado o cumprimento das condicións de solvencia e clasificación, invitará mediante comunicación escrita ás empresas candidatas que non foran rexeitadas para presentar as súas ofertas, indicando o lugar de presentación e o prazo para facelo conforme ó establecido no artigo 151.2 en relación co artigo 96.2 da Lei. Á comunicación escrita xuntarase o proxecto e aqueles documentos que no seu caso describan a obra a executar e que sexan necesarios para a presentación de tal oferta.
15. Forma na que deben presentarse as ofertas. Os empresarios invitados á licitación presentarán as súas ofertas en dous sobres numerados correlativamente:
A) O SOBRE NÚMERO 1. Conterá, de conformidade co que dispón o artigo 130 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, a seguinte documentación que deberá reunir os requisitos de autenticidade previstos nas Leis:
1º) Documento de compromiso de constituír, no seu caso, unha Unión Temporal de Empresas: Nos casos en que varios empresarios concorran agrupados en unión temporal aportarán ademáis un documento, que poderá ser privado, no que, para o caso de resultar adxudicatarios, se comprometan a constituíla. Este documento deberá ir asinado polo representante de cada unha das empresas e nel se expresará a persona a quen designan representante da UTE perante a Administración para todos os efectos relativos ó contrato, así como a participación que a cada un deles corresponda na UTE.
2º) Documento constitutivo da Garantía provisional ou resgardo acreditativo da súa constitución, cando se esixira.
3º) Empresas que teñan no seu cadro de persoal persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social. Os licitadores que pretenda contar para a adxudicación coa preferencia regulada na disposición adicional 6ª da LCSP, deberán presentar os documentos que acrediten que, ó tempo de presentar a súa proposición, ten no seu cadro de persoal un número de traballadores con discapacidade superior ó 2 por 100 ou que a empresa licitadora está adicada especificamente á promoción e inserción laboral de personas en situación de exclusión social, xunto co compromiso formal de contratación a que se refire a disposición adicional sexta da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
B) O SOBRE Nº 2. Conterá a oferta económica na que se expresará o prezo de execución do contrato debendo figurar como partida independente o importe do IVE. A oferta económica presentarase conforme ó modelo que se incorpore como anexo I.
Neste mesmo sobre incluiranse os documentos relativos ós criterios de valoración, distintos do prezo, que deban evaluarse mediante a aplicación dunha fórmula. En particular deberán incluirse os seguintes:
- Cantidade económica destinada a melloras relacionadas co obxecto do contrato (ata 50 puntos). Obterá a máxima puntuación neste apartado (50 puntos) a proposición da empresa que oferte unha maior cantidade económica destinada a melloras directamente relacionadas co obxecto do contrato, a determinar polo Concello. Obterán 0 puntos as proposicións das empresas que non oferten ningunha cantidade económica destinada a melloras e as restantes valoraranse de xeito proporcional.
- Número de traballadores totais adscritos á obra e novos traballadores en situacion legal de desemprego que se compromete a contratar a empresa para a realización da obra (ata 50 puntos)
a) Número de traballadores totais adscritos á obra (15 puntos)
Obterá a máxima puntuación neste apartado (15 puntos) a proposición da empresa que oferte unha maior cantidade de traballadores totais adscritos á obra, valorándose as restantes de xeito proporcional.
b) Novos traballadores en situación legal de desemprego que se compromete a contratar a empresa para a realización da obra (35 puntos)
Obterá a máxima puntuación neste apartado (35 puntos) a proposición da empresa que oferte unha maior cantidade de traballadores desempregados a contratar para a realización da obra, valorándose as restantes de xeito proporcional.
Asimismo incluirase declaración das empresas sobre o número de persoas a ocupar con ocasión da execución do contrato.
A documentación para as licitacións presentarase en sobres pechados, identificados, no exterior, con indicación da licitación á que concorran e asinados polo licitador ou a persoa que o represente e indicación do nome e apelidos ou razón social da empresa.
No interior de cada sobre farase constar en folla independiente o seu contido, enunciado numericamente.
As empresas presentarán a súa proposición en dous sobres pechados, asinados polo propoñente ou polo seu representante, facendo constar o título do procedemento, nome do licitador, dirección, teléfono e fax, para os efectos de notificacións. Ditos sobres denominaranse coas números (1), DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA, e (2), OFERTA ECONÓMICA.
Os sobres de que consta a proposición presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Monterroso, en horario de 9 a 14 horas (de luns a venres) ou enviadas por correo. No suposto que o último día de presentación das proposicións coincidirá en sábado ou festivo prorrogarase ó seguinte día hábil.
Cando as proposicións se envíen por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, telegrama ou fax no mesmo día. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de remate do prazo sinalado no anuncio. Transcorridos, non obstante, 10 días naturais seguintes á dita data sen se recibir a proposición, esta non será admitida en ningún caso.
16. Requisitos das ofertas.
As ofertas dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación suporá a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas ou condicións, así como do proxecto e do prego de prescripcións técnicas, sen salvedade ou reserva algunha.
As ofertas serán secretas e arbitraranse os medios que garantan tal carácter hasta o momento en que deba procederse á apertura en público das mesmas.
Cada licitador non poderá presentar máis dunha proposición, sen prexuízo da admisibilidade de variantes ou melloras cando así se autorice.
Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en unión temporal con outros se o fixo individualmente ou figurar en máis dunha unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas.
17. Cuestións que poden ser obxecto de negociación. Criterios para a adxudicación do contrato:
A negociación que deba celebrarse a efectos do disposto no artigo 162 versará sobre os aspectos de carácter económico e técnico do contrato seguintes: melloras directamente relacionadas co obxecto do contrato, a determinar polo Concello incluíndo prazo de garantía e prazo de execución.
Unha vez fixadas definitivamente as ofertas dos licitadores, tras a negociación, a adxudicación do contrato efectuarase mediante a valoración dos seguintes criterios:
- Cantidade económica destinada a melloras relacionadas co obxecto do contrato (ata 50 puntos).
- Número de traballadores totais adscritos á obra e novos traballadores en situacion legal de desemprego que se compromete a contratar a empresa para a realización da obra (ata 50 puntos)
18. Variantes:
Os licitadores non poderán presentar variantes ó proxecto.
19. Criterios para a consideración de que a oferta contén valores anormais ou desproporcionados.
Considerarase que a oferta contén valores anormais ou desproporcionados nos seguintes casos: Cando a adxudicación deba facerse tendo en conta máis dun criterio de adxudicación, sempre que o prezo ofertado sexa inferior nun 10% á media do total dos ofertados.
Tamén cando acade a mesma porcentaxe a cantidade económica ofrecida para melloras.
20. Confidencialidade.
Sen prexuízo das disposicións da Lei 30/2007, de 30 de outubro relativas á publicidade da adxudicación e á información que debe darse ós candidatos e ós licitadores, éstos poderán designar como confidencial parte da información facilitada por eles ó formular as ofertas, en especial con respecto ós segredos técnicos ou comerciais e ós aspectos confidenciais das mesmas. Os órganos de contratación non poderán divulgar esta información sin o seu consentimento.
De igual xeito, o contratista deberá respetar o carácter confidencial daquela información á que teña acceso con ocasión da execución do contrato á que se dera o referido carácter nos pregos ou no contrato, ou que pola súa propia natureza deba ser tratada como tal. Este deber manterase durante un prazo de cinco años desde o coñecemento desa información, agás que os pregos ou o contrato establezan un prazo maior.
21. Revisión de Prezos:
Por aplicación do disposto no artigo 77.1 da Lei en relación coa cláusula 7 non existe revisión de prezos.
22. Apertura da documentación e das ofertas.
a) Para a cualificación dos documentos e exame e a valoración das ofertas a Mesa de contratación estará composta polos seguintes membros de conformidade con establecido na disposición adicional segunda, apartado 10, da Lei de Contratos do Sector Público e no artigo 21 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio:
- PRESIDENTE: O señor alcalde do Concello.
- VOGAIS: O concelleiro delegado de obras e servizos na vila, a concelleira de servizos sociais, e un representante do Grupo Municipal da oposición, a secretaria da corporación ou funcionario/a que legalmente o substitúa, a arquitecta asesora municipal.
- SECRETARIA: A funcionaria responsable da tesourería ou funcionario deste servizo que o substitúa.
A cualificación da documentación presentada a que se refire o artigo 130.1 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público efectuarase pola Mesa de contratación constituída ó efecto. O Presidente ordeará a apertura dos sobres que a conteñan, e o Secretario certificará a relación de documentos que figuren en cada un deles.
a) Si a Mesa de contratación observase defectos ou omisións subsanables na documentación que se inclúe no sobre nº 1, comunicarase verbalmente ós interesados, sen prexuízo de que estas circunstancias se fagan públicas a través de anuncios do órgano de contratación, concedéndolles un prazo non superior a tres días hábiles para que os licitadores os corrixan ou subsanen perante a propia mesa de contratación.
b) Do actuado deixarase constancia na acta que necesariamente deberá extenderse.
c) Unha vez cualificada a documentación diferente da que se xuntou á solicitude de participación, e subsanados, no seu caso, os defectos ou omisións da documentación presentada a mesa declarará admitidos á licitación ós licitadores que acreditado o cumprimento dos requisitos previos indicados no artigo 130 da Lei facendo declaración expresa dos rexeitados e das causas do seu rexeitamento.
d) Concluída a fase anterior, o acto público de apertura das ofertas celebrarase no lugar e día que previamente fora sinalado observándose no seu desenvolvemento as formalidades previstas no artigo 83 do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.
23. Adxudicación provisional e definitiva.
A adxudicación provisional acordarase polo órgano de contratación en resolución motivada na que se concretarán e fixarán os termos definitivos do contrato e publicarase conforme ó establecido nos artigos 42 e 135.3 da Lei de Contratos do Sector Público.
En todo caso, a adxudicación provisional dos correspondentes contratos deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días naturais, contados desde que remate o prazo de presentación de ofertas.
Para que a adxudicación provisional sexa elevada a definitiva, o adxudicatario deberá presentar a seguinte documentación:
- Declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar, que incluirá ademáis a certificación de acharse ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Resgardo da garantía definitiva.
- Cando se esixa expresamente con arranxo disposto no artigo 53.2 da Lei, a documentación acreditativa de que o adxudicatario dispón dos medios materiais e personais que especificamente deba adscribir á execución do contrato.
A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva mediante resolución motivada dentro dos cinco días hábiles seguintes a aquél en que expire o prazo establecido no artigo 17.1 b) do Real Decreto-Lei 13/2009, de 26 de outubro.
Cando os licitadores concorreran en Unión Temporal de Empresas, a escritura de constitución deberá aportarse antes da formalización d contrato.
Igualmente, cando se esixa ó adxudicatario que concerte algún tipo de seguro, antes da formalización do contrato, deberá aportarse a póliza correspondente.
24. Responsable do contrato, dirección da obra e delegado da obra.
O órgano de contratación poderá designar unha persoa responsable do contrato conforme se establece no artigo 41 da Lei de contratos do sector público.
O Director de obra que se designe polo órgano de contratación exercerá as funcións de dirección, inspección, comprobación e vixilancia necesarias para a correcta execución da obra contratada. O Director das obras poderá estar auxiliado polo persoal que o órgano de contratación designe.
O Delegado de obra do contratista deberá ser un técnico titulado, con experiencia acreditada en obras de similar natureza ás que son obxecto deste contrato.
25. Comprobación do trazado de plata e programa de traballos.
No prazo de quince días como máximo, contados a partir da data de formalización do contrato deberá realizarse a comprobación do trazado de planta e estenderse a acta relativa ó mesmo.
O adxudicatario deberá presentar un programa de traballos para que sexa aprobado polo órgano de contratación. Dito programa deberá presentarse no prazo non superior a quince días desde a formalización do contrato e desenvolverase o presentado coa súa proposición, que non poderá modificar ningunha das condicións contractuais. Á vista do mesmo, o órgano de contratación resolverá sobre a súa aplicación, incorporándose ó contrato.
26. Plan de seguridade e saúde no traballo.
No prazo de quince días naturais desde a notificación da adxudicación definitiva o contratista presentará ó órgano de contratación o Plan de seguridade e saúde no traballo, que será informado no prazo de cinco días naturais sobre a procedencia da súa aprobación.
En todo caso, o prazo máximo para a aprobación do Plan de seguridade e saúde no traballo será de un mes desde a sinatura do contrato. Se, por incumplir o contratista os prazos indicados no parágrafo anterior, non fora posible empezar as obras ó recibir autorización para o inicio das mesmas, non poderá reclamar ampliación algunha de prazo por este motivo.
27. Prazos.
O adxudicatario estará obrigado ó cumprimento do prazo total fixado para a realización do contrato, así como dos prazos parciais que, no seu caso, se estableceran, que comenzarán a contar para o adxudicatario a partir do día seguinte á sinatura da acta do trazado de planta.
28. Réxime de pagos.
O pago efectuarase mediante certificacións mensuais dos traballos efectuados que se aboarán de conformidade co establecido nos artigo 200 e 215 da Lei de Contratos do Sector Público e 147 e seguintes do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.
De conformidade co disposto no artigo 17.5 do Real Decreto-Lei 13/2009, de 26 de outubro, deberá aboarse ó contratista o prezo das obras dentro dos trinta días naturais siguintes á data de recepción das certificacións de obra ou dos correspondentes documentos que acrediten a realización parcial ou total do contrato.
O contratista poderá desenvolver os traballos con maior celeridade que a prevista para que as obras se executen no prazo ou prazos contractuais, agás que, a xuízo da Dirección das obras, existiran razóns para estimalo inconveniente.As certificacións así expedidas só devengarán xuros por demora desde a data sinalada no artigo 152 do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.
O contratista terá dereito a percibir tambén abonos a conta nos temos establecidos nos artigos 200.3 da Lei de Contratos do Sector Público e 155 e 156 do Regulamento.
En todo caso, esixiraselle a constitución de garantía en forma de aval, ou outra admitida pola Lei.
29. Condicións especiais de execución.
Será condición de execución do contrato a que se refire este prego, de conformidade co disposto no artigo 9.2 do Real Decreto-Lei 13/2009, de 26 de outubro, que o novo persoal que o contratista necesite empregar para a execución das obras se ache en situación de desemprego. A estes efectos, só se computarán os contratos realizados ou por realizar cos traballadores desempregados inscritos nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes como demandantes de emprego non ocupados e os realizados ou por realizar con traballadores autónomos que cesaran na súa actividade e que estean inscritos nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes, como demandantes de emprego non ocupados.
30. Penalidades.
Impoñeranse penalidades ó contratista cando incurra en algunha das causas previstas a continuación:
a) Por incumpriminto das condicións especiais de execución. O incumprimento de calquera das condicións de execución establecidas neste prego dará lugar á imposición ó contratista das seguintes penalidades:
- Como regra xeral, a súa contía será un 1% do importe de adxudicación do contrato, agás que, motivadamente, o órgano de contratación estime que o incumprimento é grave ou moi grave, caso no que poderán alcanzar hasta un 5% ou hasta o máximo legal do 10%, respectivamente. A reiteración no incumprimento poderá terse en conta para valorar a gravidade.
- Faranse efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban aboarse ó contratista, o sobre a garantía, conforme ó artigo 196.8 da Lei de Contratos do Sector Público.
O cumprimento polo adxudicatario das condicións especiais de execución poderá verificarse polo órgano de contratación en calquera momento durante a execución do contrato e, en todo caso, comprobarase ó tempo da recepción das obras.
Cando o incumprimento se refira á contratación de persoal nos termos indicados na cláusula anterior, considerarase como infracción moi grave ós efectos previstos no artigo 102.2 da Lei de Contratos do Sector Público sempre que o incumprimento supoña unha contratación de nova man de obra que non se atopase en situación de paro superior ó 50 % do total da contratada como nova.
b) Por cumprimento defectuoso. Impoñeranse penalidades por cumprimento defectuoso nos seguintes termos:
- Si, ó tempo da recepción, as obras non se atopan en estado de ser recibidas por causas imputables ó contratista.
- Como regra xeral, a súa contía será un 1% do presuposto do contrato, agás que, motivadamente, o órgano de contratación estime que o incumprimento é grave ou moi grave, caso no que poderán alcanzar hasta un 5% ou hasta o máximo legal do 10%, respectivamente. A reiteración no incumprimento poderá terse en conta para valorar a gravidade.
- En todo caso, a imposición das penalidades non eximirá ó contratista da obriga que legalmente lle incumbe en canto á reparación dos defectos.
c) Por incumplir criterios de adxudicación. Impoñeranse ó contratista penalidades por incumplir os criterios de adxudicación nos seguintes termos:
- Si, durante a execución do contrato ou ó tempo da súa recepción, se aprecia que, por causas imputables ó contratista, se incumpliu algún ou algúns dos compromisos asumidos na súa oferta, en especial os relativos ó volume de man de obra a utilizar na execución do contrato.
- Para considerar que o incumprimento afecta a un criterio de adxudicación será preciso que ó descontarse un 25 por 100 da puntuación obtida polo contratista no criterio de adxudicación incumplido, resultara que a súa oferta non tería sido a mellor valorada.
- Como regra xeral, a súa contía será un 1% do presuposto do contrato, agás que, motivadamente, o órgano de contratación estime que o incumprimento é grave ou moi grave, caso no que poderán alcanzar hasta un 5% ou hasta o máximo legal do 10%, respectivamente. A reiteración no incumprimento poderá terse en conta para valorar a gravidade.
d) Por demora. Cando o contratista, por causas que lle foran imputables, incurrira en demora, tanto en relación co prazo total como cos prazos parciais establecidos, estarase ó disposto no artigo 196 da Lei de Contratos do Sector Público en canto á imposición destas penalidades.
31. Subcontratación.
O contratista poderá subcontratar parcialmente a execución da obra. A subcontratación rexirase polo disposto na Lei de Contratos do Sector Público (arts. 210 e 211).
En todo caso, e de conformidade co que dispón o artigo 17.5 do Real Decreto-Lei 13/2009, os contratistas deberán abonar ós subcontratistas o prezo pactado polas prestacións cuxa realización lles encomendara no prazo máximo de trinta días naturais, computado desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou suministrador.
Cando o contratista incumpla as condicións para a subcontratación establecidas no artigo 210.2 da Lei de Contratos do Sector Público ou o límite máximo especial establecido para a subcontratación impoñerase a penalidade regulada no artigo 210.3, con suxeición ó seguinte:
- Farase efectiva mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban aboarse ó contratista, ou sobre a garantía, conforme ó artigo 196.8 da LCSP.
- Como regra xeral, a súa contía será un 5% do importe do subcontrato, agás que, motivadamente, o órgano de contratación estime que o incumprimento é grave ou moi grave, caso no que poderá alcanzar hasta un 10% ou hasta o máximo legal do 50%, respectivamente. A reiteración no incumprimento poderá terse en conta para valorar a gravidade.
32. Cumprimento do contrato.
A recepción do contrato rexerase polo establecido no artigo 218 da Lei de Contratos do Sector Público e nos artigos 163 e seguintes do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.
Ó tempo da recepción comprobarase en particular o cumprimento polo contratista das seguintes obrigas:
1ª) O despexe final das obras, debendo o contratista restituír á súa situación inicial as zonas afectadas polas obras e non ocupadas por elas.
2ª) O cumprimento non defectuoso do contrato
3ª) O cumprimento dos criterios de adxudicación.
4ª) O cumprimento das condicións de execución.
Durante a execución do contrato a empresa adxudicataria informará ó órgano de contratación mediante a presentación da correspondente declaración acreditativa dos postos de traballo creados así como das altas de novos traballadores e das baixas que se produzan.
33. Resolución do contrato.
A resolución do contrato rexerase polo establecido con carácter xeral nos artigos 205 a 208 da Lei de Contratos do Sector Público e especificamente para o contrato de obras nos artigos 220 a 222 de dita Lei, así como nos artigos 109 a 113 e 172 do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.
En particular considerarase causa de resolución do contrato o suposto de incumprimento da condición de execución establecida na cláusula 29 no seu primeiro parágrafo cando éste deba considerarse como moi grave de conformidade co establecido na cláusula 30, letra a) último parágrafo.
En todo caso para o caso de resolución do contrato por causa imputable ó contratista estarase ó disposto no artigo 208.4 da Lei.
34. Prazo de garantía.
O prazo de garantía será de un ano e comenzará a partir da data da recepción.
Durante este prazo aplicarase o establecido no artigo 167 do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas en canto ás obrigas do contratista, así como no relativo á facultade da Administración de, para o caso de incumprimento, executar a costa de aquél os traballos necesarios para a conservación da obra.
Todos os gastos que se ocasionen pola conservación das obras durante o periodo de garantía serán de conta do contratista non tendo dereito a ningunha indemnización por este concepto. Exceptúanse os danos ocasionados na obra por forza maior, que serán soportados pola Corporación que terá a facultade de esixir ó contratista que realice as obras de reparación.
35. Liquidación
Transcorrido o prazo de garantía a que se refire a cláusula anterior procederase á liquidación do contrato conforme ó disposto no artigo 169 do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.
36. Jurisdición.
As cuestións que poidan plantearse durante o desenvolvemento do contrato serán resoltas polo órgano de contratación. Os acordos adoptados para a súa resolución poñerán fin á vía administrativa, e poderán ser impugnados perante a Xurisdición contencioso-administrativa.
Monterroso, 24 de febreiro de 2010.
O alcalde,
Asdo. Antonio E. Gato Soengas
ANEXO I
O sobre denominado (2), Proposición Económica, conterá o seguinte modelo, debidamente cuberto.
Don ..........................., con domicilio en ................... e DNI nº ..................., expedido o ................, en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, en nome propio (ou en representación de ........................., con DNI ou CIF nº .....................), fai constar:
Que no procedemento convocado para a contratación das OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUN CENTRO DE SERVIZOS SOCIAIS-RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE, propón:
- como prezo do contrato a cantidade de …………………... euros, o que supón un imorte neto de ……………… euros, e ………………. en concepto de IVE
- unha cantidade destinada a melloras no contrato de ……………………. euros
- un prazo de execución para a realización das obras de …………….. días/meses.
(As cantidades consignaranse en letra e número)
- Comprométome a emplear a ........ (indicar número) traballadores para a realizacion da referida obra, dos cales............. serán novos traballadores en situación legal de desemprego de conformidade co artigo 208 da Lei Xeral da Seguridade Social.
- Acepta incondicionalmente cantas obrigas se deriven do prego de cláusulas administrativas particulares e das condicións técnicas, como licitador e como adxudicatario, no seu caso.
- Que de resultar adxudicatario comprométome a facilitar, a requerimento do concello, copia dos contratos de traballo do novo persoal, tarxeta de demandante de emprego, copia da vida laboral e demáis documentación que sexa precisa.
- Reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar coa Administración.
(Lugar, data e sinatura)
O licitador poderá acompañar á súa oferta canta documentación complementaria estime conveniente para a mellor comprensión e xustificación da mesma.
|