|
Proposta Alcaldía oferta emprego público 2010 |
|
|
|
luns, 22 marzo 2010 |
.- Proposta de Alcaldía relativa á aprobación oferta emprego público 2010.
Polos membros da Xunta de Goberno Local examinouse a proposta de alcaldía que se transcribe:
“PROPOSTA DE ALCALDÍA RELATIVA Á APROBACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO CORRESPONDENTE Ó ANO 2010.
Visto o cadro de persoal comprensivo dos postos de traballo reservados a funcionarios, e persoal laboral deste Concello, xunto co Presuposto para o ano 2010, que foi aprobado pola Corporación en sesión plenaria do día 22 de decembro de 2009,
Visto o Plan de ordenación de recursos humanos do Concello de Monterroso, aprobado na mesma sesión plenaria citada, e publicado o seu contido coa modificación e aprobación do cadro de persoal no BOP de 13 de febreiro de 2010
Vista a oferta de emprego público de 2008 acordada pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 30 de decembro de 2008 publicada no BOP de 29/01/09 e no DOG de 10/02/09
Procede pois dar cumprimento ó preceptuado no artigo 70 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, en relación co artigo 91 da Lei de Bases de Réxime Local, aprobando e publicando a oferta anual de emprego do persoal ó servizo deste Concello
Polo exposto, proponse á Xunta de Goberno Local a adopción do seguinte acordo
Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Monterroso para o ano 2010 no sentido que se indica:
PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA
a) Quenda promoción interna:
- Grupo consonte o artigo 76 da Lei 7/2007: C Subgrupo C2. Clasificación: Escala de Administración Especial, subescala Auxiliar.
Número de vacantes: Unha.
Denominación: Auxiliar Servizos Xerais.
b) Quenda libre- consolidación de emprego temporal:
- Grupo consonte o artigo 76 da Lei 7/2007: A Subgrupo A2. Clasificación: Escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais.
Número de vacantes: Unha.
Denominación: Traballador/a Social.
PERSOAL LABORAL FIXO
a) Quenda libre-consolidación de emprego temporal.
- Un Mestre/a escola infantil (OEP 2008)
- Tres Capataces GRUMIR.
- Un/ha auxiliar OMIX.
b) Concurso oposición libre:
- Cinco Auxiliares de Axuda no fogar (OEP 2008)
A Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo Sr. Alcalde-Presidente con data 27 de xuño de 2007 (B.O.P. do 21 xullo de 2007), por unanimidade e en votación ordinaria, acorda:
Prestar aprobación a proposta de alcaldía que se transcribe resolvéndoa nos seus propios termos.
|