|
Thursday, 09 November 2006 |
|
Son moitas as lendas que envolven ao municipio. Unha
delas está relacionado co castelo de Sirgal, primeiro castro, do que
hoxe xa non queda nada. Refírese a un sepulcro que se atopa no
cemiterio situado na ladeira do castro onde se ergueu a antiga
fortaleza. Na lousa que cubre o sepulcro acumúlase a auga da chuvia e
conta a tradición que esa auga permanece incorrupta todo o ano ata que
na noite de San Xoán os veciños do lugar acoden a lavarse na pila do
sepulcro. A tradición oral tamén fai referencia ás propiedades
milagreiras da fonte de Santa Eufemia ou á parroquia de Novelúa onde se
rendía culto á deusa pagá Lúa.
|