Feira de Santos, declarada festa de interese turístico galego
Inicio
sábado, 04 febreiro 2012
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo
Zona económica
Perfil do Contratante
Emprego Público
Contacto
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
Turismo Rural: casas rurais, arte e cultura, historia, gastronomia, espazos naturais Area empresarial: directorio on-line das iniciativas máis destacadas Fototeca: paisaxes, xente, infraestructuras, arte, costumes e recunchos do concello en imaxes Concello en liña: Trámites e xestións, descarga de formularios, suxerencias...
FUTBOL ESCOLAR PDF Imprimir
luns, 07 xuño 2010
clausura_ftbol_sala_escolar_en_monterroso2_reducida.jpg 

O pasado fin de semana clausuráronse en Monterroso o Fútbol Sala Escolar na zona Sur-Occidental de Lugo, organizado como todos os anos pola Delegación en Lugo da Secretaría Xeral para o Deporte que se encarga da organización destas Ligas Escolares en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete masculino e femenino, asumindo os gastos de transporte, arbitraxes e cobertura sanitaria.

O Concello de Monterroso correu cos gastos de trofeos e cesión de instalacións desta xornada, na que participaron perto de 50 equipos e máis de 500 rapaces, en equipos de Clubes, Apas, Colexios e Escolas Deportivas Municipais de Chantada, Taboada, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Friol, Guntín, Portomarín, Paradela, Guitiriz e Sarria.

Ao final da xornada (onde se celebraron máis de 25 partidos en todas as categorías) o Xefe Provincial de Deportes José Manuel Rozas, o Alcalde de Monterroso Gato Soengas e o Concelleiro de Deportes de Chantada Ildefonso Piñeiro, fixeron entrega de trofeos a TODOS os equipos participantes.

A título informativo a entidade con máis participantes esta tempada foron as Escolas Municipais de Chantada, que inscribiron a 13 equipos.

Ademáis os equipos máis destacados foron os seguintes:

- Meigallos de Sarria Infantil feminino, que conqueríu o campeonato provincial ao gañar a Ribadeo e logrou a medalla de bronce no Campeonato Galego.

-Escolas Municipais de Chantada Cadete feminino, campeonas provinciais logo de gañar a Viveiro e proclamouse subcampeón galego logo de perder a final contra Ourense.

-Escolas Deportivas Municipais de Chantada de categoría alevín, que se proclamou subcampeón provincial, logo de empatar na final contra o Azkar Lugo a 3-3 e perder a penaltis.

Destacar que o Fútbol Sala Escolar é a actividade deportiva máis paracticada con diferencia no Sur de Lugo, por enriba de calquera outra disciplina deportiva escolar ou federada (incluida o Fútbol), pois se sumamos a  zona de Val de Lemos, participaron perto do millar de rapaces en máis de 80 equipos masculino e femeninos de 7 a 16 anos.

 
 
< Ant.   Seg. >
Trámites en liña
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
© Concello de Monterroso