Feira de Santos, declarada festa de interese turístico galego
Inicio
venres, 18 maio 2012
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo e PXOM
Zona económica
Perfil do Contratante
Emprego Público
Contacto
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
pliego obra POS 2010 PDF Imprimir
xoves, 17 xuño 2010

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE

I. CONDICIÓNS XERAIS
1. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
1. O presente prego ten por obxecto a contratación da obra que se describe no apartado I. da folla de especificacións anexa, na que ademais se especifícan as necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato.
2. O contrato, de natureza administrativa, rexerase pola Lei 30/2007 de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (LCSP) e no que non se opoña, polo Real decreto 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos (RXLCAP), e polas demais disposicións de igual ou inferior rango en todo aquelo que lle sexa de aplicación e non contraveña á LCSP, polo presente prego e polo de prescricións técnicas. Tamén polo que lle sexa aplicable das Leis, 4/2006 de 30 de xuño de transparencia e boas prácticas da Administración Pública Galega, e Lei 2/2007 de 28 de marzo do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
3. As cuestións litixiosas xurdidas sobre a preparación, adxudicación, efectos, cumprimento e extinción do contrato serán resoltas polo órgano de contratación en vía administrativa e, no seu caso, perante a xurisdición contencioso-administrativa.
O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos, dos documentos que figuran unidos a este ou mesmo das instrucións formuladas pola Administración que poidan ter aplicación na execución do pactado, non eximirá ao contratista da obriga do seu cumprimento.
2. OBXECTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN
1. O obxecto do contrato é a execución da obra que se especifica no apartado I da folla de especificacións anexa a este prego; dita execución axustarase ás condicións do mesmo, aprobado por Xunta de Goberno Local do Concello de Monterroso, e ó proxecto de execución que serve de base ao contrato.
Os planos, prego de prescricións técnicas, cadro de prezos e memoria do proxecto revestirán carácter contractual nos termos do artigo 128 do RXLCAP.
As necesidades administrativas a satisfacer quedan concretadas no apartado II da folla de especificacións anexa este prego.
2. O contrato adxudicarase polo procedemento negociado sen publicidade, segundo o previsto e regulado polos artigos 153, 155, 161 e 162, en relación co 295 da LCSP, por tratarse dun contrato de obra de contía non superior a 200.000 € (IVE excluído).
A negociación, no seu caso, desenvolverase a través do seguinte procedemento: se o órgano de contratación considera, á vista das ofertas presentadas, que existen elementos susceptibles de negociación, reformulación ou mellora, porao por escrito en coñecemento de todos os licitadores, indicando tales elementos. Os licitadores poderán entón presentar por escrito, no prazo de cinco días, a súa contestación, reformulando ou mellorando, no seu caso os termos da súa oferta. En todo caso aplicaranse nesta fase os principios de formalización documental, igualdade, non discriminación e transparencia.
3. FINANCIAMENTO
O financiamento das obrigas económicas que se deriven do cumprimento do contrato farase con cargo ao crédito do presuposto de gastos especificado no expediente.
4. ORZAMENTO
1. De acordo cos créditos dispoñibles, o gasto máximo autorizado para o contrato será o especificado no expediente. Queda concretado no apartado III da folla de especificacións o importe do contrato e a correspondente partida orzamentaria.
No caso de que se formalice o contrato con cargo a anualidades futuras garantirase, mediante certificación do órgano de contratación, a reserva de crédito para o pagamento dos importes desas anualidades.
2. A todos os efectos entenderase que no orzamento aprobado están incluídos todos os tributos vixentes ou que puideran establecerse e que pola execución das obras procedan e, especificamente ó abono da liquidación do imposto municipal sobre construcións, instalacións e obras, establecido no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo regulador das Facendas Locais e das taxas para o abono de licenzas urbanísticas, sexan de urbanización, edificación, actividades e instalacións e outras, e de calquera outra clase de taxas municipais ou prezos públicos que poidan esixirse con motivo da realización das obras e da obtención dos permisos correspondentes.
3. O prezo fixado para o contrato non será revisado durante a execución da obra e inclúe o IVE que figura como partida independente en cumprimento do establecido no artigo 75.2 da LCSP.
5. PRAZO DE EXECUCIÓN
O prazo de execución do contrato será o especificado apartado IV da folla de especificacións, comezando o seu cómputo o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación do trazado de planta.
II. CONTRATACIÓN
6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR
1. Poderán contratar co Concello de Monterroso as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, requisito este último que poderá ser acreditado coa correspondente clasificación nos termos establecidos no artigo 63.2 da LCSP.
En ningún caso poderán contratar coa Administración as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 49 da LCSP.
2. Os contratistas deberán encontrarse en condicións de presentar os documentos acreditativos que se esixan na convocatoria no momento da presentación da oferta.
7. SOLICITUDE DE OFERTAS
1. Será necesario solicitar ofertas, polo menos, a tres empresas capacitadas para a realización do obxecto do contrato, sempre que iso sexa posible, fixando coa seleccionada o seu prezo e deixando constancia de todo iso no expediente.
2. A solicitude de ofertas realizarase sempre por escrito e será utilizable calquera dos medios de comunicación sinalados na disposición adicional decimoitava da LCSP.
3. En todo caso, deberá deixarse constancia no expediente das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento.
8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS. FORMA E PRAZO
1. A presentación de ofertas supón por parte da empresa oferente a aceptación sen condicións das cláusulas deste prego e o proxecto, e das obrigas establecidas nas regulamentacións, acordos, convenios e demais normas aplicables ao caso, e a declaración responsable de que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas para contratar coas Administracións Públicas.
2. Para tomar parte no procedemento de adxudicación será preciso que o licitador achegue a documentación que se dividirá en dúas partes e nas que se integrará a oferta. Cada un destes dous grupos de documentos haberá de ser incluído en sobres independentes nos que se sinalará en lugar visible os carácteres seguintes:
SOBRE A: Documentación administrativa
SOBRE B: Proposta económica e técnica.
Ambos os dous sobres presentaranse pechados, e asinados polo licitador ou persoa que o represente, con sinatura lexible, identificación do propoñente, a denominación da obra obxecto do procedemento, o nome e apelidos da persoa que asine a proposición en representación de outro ou dunha entidade. No interior de cada sobre farase constar en folla independente o seu contido, enunciado numericamente. A contravención desta cláusula dará lugar automaticamente á non admisión do licitador.
3. As ofertas dirixiranse ó Concello de Monterroso e serán entregadas no Rexistro Xeral do Concello, sito na praza Galicia s/n, ou enviados por correo. Cando a documentación se envíe por correo o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a documentación se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora do remate do prazo sinalada na invitación. Transcorridos, non obstante, dez días despois da data indicada sen terse recibida a documentación, esta no será admitida en ningún caso.
4. O prazo será o que se estableza ó cursar a invitación.
DOCUMENTACIÓN QUE SE INCLUIRÁ NO SOBRE A
1. Licitadores españois
1.1. Persoa xurídica. Incluirá a documentación que se sinala de seguido:
1) Unha relación dos documentos que presenta enunciados numericamente.
2) Copia do Documento Nacional de Identidade ou documento acreditativo da identidade do licitador e, no seu caso, da persoa que o represente.
3) Poder notarial, cando o licitador non actúe no seu propio nome, declarado bastante pola Secretaría do Concello.
4) Escritura de constitución da sociedade e a modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle fose aplicable. Se non fose esixible, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional no que se constaten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos no seu caso, no correspondente Rexistro Oficial.
5) Declaración realizada polo apoderado, director ou xerente da empresa cos seguintes datos: identificación da entidade, nome da persoa que firma a proposta, domicilio da empresa, teléfono, fax e dirección de correo electrónico da mesma, no seu caso, a efecto de realizar as notificacións pertinentes.
6) Declaración responsable de non estar incursa nas prohibicións para contratar que se establecen no artigo 49 da LCSP.
7) Declaración responsable, ou certificacións, de estar ó corrente das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia e do Concello de Monterroso.
8) Alta e último recibo do Imposto de Actividades Económicas.
9) Certificación da clasificación sinalada no apartado VII da folla de especificacións, exclusivamente ós efectos do establecido no artigo 63.2 da LCSP. No suposto de non dispor da clasificación ou ser esta insuficiente, o licitador deberá xustificar a súa solvencia económica, financeira e técnica a través dos medios de acreditación sinalados no apartado VIII da folla de especificacións.
10) Documento no que a empresa designe nominativamente un delegado da obra, con capacidade abonda para representala en todo canto afecte á súa execución. Este deberá ser un facultativo con dedicación plena durante o tempo que dure a obra. A Administración, por resolución motivada ou a instancia da dirección facultativa, poderá esixir en calquera momento o cambio do facultativo ou do persoal técnico adscrito á obra.
1.2. Persoa natural
Entregará a documentación citada nos apartados anteriores excluíndo o apartado 4).
A declaración do apartado nº 5) referirase ós datos do licitador: nome da persoa que firma a proposta, domicilio, teléfono, fax e dirección de correo electrónico da mesma, no seu caso, a efecto de realizar as notificacións pertinentes.
1.3. Unións de empresarios
Poderán concorrer as que se constitúan para participar na licitación de acordo co establecido no artigo 48 da LCSP. A tal efecto deberán presentar, ademais da documentación anteriormente citada referida a cada empresa, un documento no que indiquen os nomes e as circunstancias dos que a constitúen, a participación de cada un na unión, o nome do representante e o compromiso de constituír formalmente a unión temporal de resultaren adxudicatarios.
1.4. Rexistro de contratistas
No caso de que o licitador se atope inscrito no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, especificará o número de inscrición no exterior do sobre A de documentación administrativa. A correspondente certificación do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia será incorporada ao procedemento polo órgano de contratación.
O licitador quedará exonerado de achegar a documentación sinalada nos apartados anteriores a excepción do referido a continuación:
1. Documentos do apdo. 9) “xustificación da solvencia económica, financeira e técnica” no caso de non dispor de clasificación ou ser esta insuficiente.
2. Documento do apdo. 10) “designación nominativa do delegado da obra”.
3. Documento adicional: Declaración responsable na que o licitador manifeste que os datos existentes no Rexistro Oficial non experimentaron variación; prevista no artigo 130.3 LCSP.
De non o ter feito anteriormente, o licitador que se propoña para ser adxudicatario provisional, deberá presentar os certificados de estar ó corrente das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia e do Concello no prazo máximo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación da adxudicación provisional no BOP de Lugo ou no perfil do contratante do órgano de contratación, segundo o establecido no artigo 135.4 da LCSP.
No caso do Imposto de Actividades Económicas, a súa acreditación efectuarase mediante a presentación da alta, referida ao exercicio corrente, ou do último recibo deste, completado cunha declaración responsable de non terse dado da baixa na matrícula do citado imposto, consonte regula o artigo 15.1 do RXLCAP.
Sen prexuízo da obriga de acreditar a alta no citado imposto, no suposto de atoparse nalgunha das exencións reguladas no artigo 82.1 apartados b), e) e f) do R.D. Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, deberá acreditarse mediante unha resolución expresa da concesión da exención da administración competente, ou unha declaración responsable de ter unha cifra de negocios inferior a un millón de euros (1.000.000 euros), respecto dos suxeitos pasivos enunciados na letra c) do artigo 82.1 da citada norma legal, coa excepción das persoas físicas.
2. Licitadores non españois de estados membros da Comunidade Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo
Os empresarios non españois membros da CE ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, acreditarán a súa capacidade de obrar mediante a inscrición nos rexistros ou presentación das certificacións que se indican no anexo I do RXLCAP, para o contrato de obras.
3. Licitadores non comunitarios
As persoas físicas ou xurídicas de Estados non pertencentes á la Unión Europea deberán xustificar mediante informe de la respectiva Misión Diplomática Permanente española que o Estado de procedencia da empresa admite á súa vez a participación de empresas españolas na contratación coa Administración e cos os entes, organismos o entidades do sector público en forma substancialmente análoga. Ademais a empresa deberá de ter aberta sucursal en España, con designación de apoderados o representantes para as súas operacións, e deberá de estar inscrita no Rexistro Mercantil.
DOCUMENTACIÓN QUE SE INCLUIRÁ NO SOBRE B
1) Proposición económica e técnica elaborada segundo o modelo que se xunta neste prego como anexo II.
A todos os efectos entenderase que as ofertas presentadas comprenden non só o prezo da obra, senón tamén aqueles outros gastos que a empresa adxudicataria deba realizar para o cumprimento do contrato, de conformidade co especificado na cláusula 4.2 deste prego.
Serán excluídas as ofertas que superen o importe máximo establecido ou o prazo máximo de execución da obra.
Con carácter xeral non se admitirá a presentación de variantes, a non ser que expresamente así se dispoña no apartado VI da folla de especificacións.
III. RÉXIME DA LICITACIÓN
9. MESA DE CONTRATACIÓN
De acordo co establecido no artigo 295 da LCSP, por tratarse dun procedemento negociado no que non é necesario publicar anuncios de licitación, a constitución da Mesa de Contratación será potestativa do órgano de contratación e, caso de ser constituída, estará formada polos seguintes membros:
− O alcalde ou concelleiro en quen delegue que actuará como Presidente
− A secretaria
− A tesoreira
- A arquitecta municipal.
Actuará como Secretario da Mesa un funcionario designado polo órgano de contratación.
Non obstante, será suficiente para a válida constitución da mesa a asistencia do Presidente, Secretario e dous vocais.
10. ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS QUE SERÁN OBXECTO DE VALORACIÓN
1. As ofertas serán valoradas de acordo co prezo ofertado e, de ser o caso, a ponderación dos aspectos técnicos sinalados no apartado V da folla de especificacións. De acordo co establecido no artigo 135.1 da LCSP cando o único criterio a considerar sexa o prezo entenderase que a oferta economicamente máis vantaxosa é a que incorpora o prezo máis baixo sempre que esta non incorra nun suposto de baixa desproporcionada ou temeraria, considerándose como tal aquela que se sitúe máis de 10 unidades porcentuais por debaixo da media das ofertas presentadas.
2. De ser constituída a Mesa de Contratación esta poderá pedir, antes de formular a súa proposta de adxudicación, cantos informes técnicos considere precisos e se relacionen co obxecto do contrato.
11. ADXUDICACIÓN PROVISIONAL E DEFINITIVA
1. A adxudicación provisional acordarase polo órgano de contratación, ó abeiro do artigo 135 da LCSP, e deberá producirse de acordo coa ponderación establecida no apartado V da folla de especificacións anexa a este prego e do que fai parte substancial. Formalizarase en resolución motivada e deberá notificarse aos licitadores, sendo de aplicación o previsto no artigo 137 da LCSP en canto á información que deba facilitárselles, ademais será publicada no perfil do contratante ou no BOP de Lugo.
En todo caso, e en igualdade de ofertas, en aplicación da Lei 2/2007 de 28 de marzo do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, artigo 11.4, terán preferencia na adxudicación as empresas que teñan implantado, e así o xustifiquen, un plan de igualdade a tenor do regulado na citada Lei.
2. A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes do transcurso de 15 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación da citada adxudicación provisional no perfil do contratante ou no BOP de Lugo, nin despois de 10 días hábiles de transcorrido dito prazo. Naquel prazo de 15 días hábiles, o adxudicatario provisional disporá para presentar a documentación xustificativa de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social ou calquera outro documento que lle reclame o órgano de contratación. Se no prazo sinalado o licitador que resultara adxudicatario provisional non presentase a documentación referida, o órgano de contratación poderá efectuar unha nova adxudicación provisional ao licitador ou licitadores seguintes.
IV. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
12. OBRIGAS E GASTOS ESIXIBLES AO CONTRATISTA.
1. A empresa adxudicataria está obrigada a constituír unha garantía definitiva, no prazo sinalado no apartado 11.2 deste prego, por un importe do 5 por 100 do importe de adxudicación (IVE excluído), a disposición do Concello de Monterroso. A garantía pode constituírse en calquera das formas establecidas no artigo 84 da LCSP, cos requisitos sinalados no artigo 55 e seguintes do RXLCAP. De non cumprirse este requisito por causas imputables ao adxudicatario declararase decaída a adxudicación provisional ó seu favor, sendo de aplicación o establecido no artigo 135.5 da LCSP.
En consonancia co disposto no art. 91 os licitadores quedan dispensados da constitución da garantía provisional.
2. O contrato formalizarase en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles a contar dende o seguinte o da notificación da adxudicación definitiva. Poderá, non obstante, formalizarse en escritura pública cando así o solicite o adxudicatario sendo, neste caso, pola súa conta os gastos derivados do seu outorgamento.
Cando por causas imputables ao contratista non se puidese formalizar o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución deste previa audiencia do interesado.
V. EXECUCIÓN DO CONTRATO
13. NORMAS XERAIS
En todo o relativo á esixencia dos dereitos e cumprimento de obrigas, incidencias e modificacións contractuais, extinción e liquidación do contrato, estarase sometido ao disposto na normativa vixente en materia de contratación administrativa.
As obras executaranse con estrita suxeición ás cláusulas deste prego e conforme o proxecto que serve de base ó contrato e conforme as instrucións que, en interpretación técnica deste, dea ó contratista o Director facultativo da obra. Cando ditas instrucións fosen de carácter verbal, deberán ser ratificadas por escrito no mais breve prazo posible para que sexan vinculantes ás partes.
14. COMPROBACIÓN DO TRAZADO DE PLANTA
A execución do contrato comezará coa acta de comprobación do trazado de planta, que se realizará no prazo máximo dun mes desde a data da formalización do contrato. A comprobación do trazado de planta das obras efectuarase en presenza do adxudicatario ou do seu representante, de conformidade e cós efectos previdos no artigo 212 da LCSP e artigos 139,140 e 141 do RXLCAP.
15. DIRECCIÓN DAS OBRAS E PROGRAMA DE TRABALLO
A administración designará un director da obra responsable da comprobación, coordinación, vixilancia e inspección da correcta realización da obra obxecto do contrato.
O contratista deberá presentar no prazo de 30 días, salvo causa xustificada, a contar desde a data de formalización do contrato para iniciar as obras, un programa de traballo nos termos previstos no artigo 144 do RXLCAP.
A acta de comprobación do trazado de planta e os prazos parciais que procedan fixaranse o aprobar o programa de traballo e se entenderan como integrantes do contrato a efectos de esixibilidade.
16. FORZA MAIOR
En caso de forza maior e sempre que non exista actuación imprudente por parte do contratista, este terá dereito a unha indemnización polos danos e prexuízos que se lle causasen. Terán a consideración de casos de forza maior os establecidos no artigo 214.2 da LCSP que se tramitaran de conformidade co disposto no artigo 146 do RXLCAP.
17. CESIÓN E SUBCONTRATACIÓN
1. Os dereitos e obrigas dimanantes do contrato poderán ser cedidos a un terceiro sempre que as calidades técnicas ou persoais do cedente non foran razón determinante da adxudicación do contrato e cumprindo os requisitos establecidos no artigo 209.2 da LCSP.
2. O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial da obra obxecto do contrato. A celebración de subcontratos estará sometida ao réxime e requisitos establecidos nos artigos 210 e 211 da LCSP.
18. CERTIFICACIÓNS E PAGAMENTOS A CONTA
1. O importe das obras executadas acreditarase por medio de certificacións expedidas mensualmente polo facultativo director. Os pagamentos destas ten o concepto de pagamentos a conta suxeitos ás rectificacións e variacións que se produzan na medición final e sen supoñer en forma algunha aprobación ou recepción das obras que comprenda. O antedito sen prexuízo das particularidades que se poidan establecer no apartado XII da folla de especificacións no relativo ao réxime de pagamentos.
2. O contratista terá dereito a percibir pagamentos a conta sobre o seu importe polas operacións preparatorias realizadas, como instalacións e abasto de materiais ou equipo de maquinaria pesada adscritos á obra, na forma e coas garantías que, a tal efecto, determinan os artigos 200 e 215 da LCSP e 155,156 e 157 do RXLCAP.
3. A Administración terá a obriga de aboar o prezo dentro dos sesenta días seguintes á data da expedición das certificacións de obra ou dos correspondentes documentos que acrediten a realización total ou parcial do contrato, sen prexuízo do prazo especial establecido no artigo 205.4 e, si se demorase, deberá aboar ao contratista, a partir do cumprimento do mencionado prazo de 60 días, os xuros de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
4. No demais, o contratista terá os dereitos e obrigas que especificamente se poidan sinalar no apartado XI da folla de especificacións.
19. REVISIÓN DE PREZOS
Tendo en conta o prazo de execución da obra que se establece na folla de especificacións deste prego, non se revisarán os prezos establecidos, de conformidade co establecido no artigo 77.1 da LCSP.
20. MODIFICACIÓN DO CONTRATO
O órgano de contratación ten a prerrogativa de modificar por razóns de interese público o contrato con suxeición ó disposto nos artigos 202 e 217 da LCSP e 158 a 162 do RXLCAP.
21. SUSPENSIÓN DAS OBRAS
En caso de producirse unha suspensión do contrato estarase ó disposto nos artigos 203 e 221 da LCSP e 103, 170 e 171 do RXLCAP. Nos supostos de suspensión temporal, parcial, total ou definitiva redactarase a acta da suspensión cos requisitos e formalidades establecidas na normativa que lle é de aplicación.
22. RECEPCIÓN E PRAZO DE GARANTÍA
1. A recepción e certificación final das obras efectuaranse nos termos e prazos establecidos nos artigos 218 da LCSP e 163 e seguintes do RXLCAP.
2. A partir da data da acta de recepción da obra comezará a contar o prazo de garantía que figura no apartado X da folla de especificacións anexa e que terá o procedemento, prazos e efectos sinalados no artigo 218 da LCSP.
23. LIQUIDACIÓN
Finalizado o prazo de garantía e de acordo co establecido no artigo 218 da LCSP o director facultativo da obra redactará un informe sobre o estado de las obras. Se este fora favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade, salvo a derivada de vicios ocultos, procedéndose á devolución ou cancelación da garantía, á liquidación do contrato e, no seu caso, ó pago das obrigas pendentes que deberá efectuarse no prazo de sesenta días.
24. RESPONSABILIDADE POR VICIOS OCULTOS
Se a obra se arruína con posterioridade á finalización do prazo de garantía por vicios ocultos da construción, debido ó incumprimento do contrato por parte do contratista, responderá este dos danos e prexuízos que se manifesten durante un período de 15 anos a contar desde a data da recepción das obras.
VI. INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL
25. NORMA XERAL
O incumprimento polo contratista de calquera das obrigas establecidas con carácter preceptivo no presente prego poderá ser causa de resolución do contrato. Serán causas especiais de resolución as previstas no apartado IX da folla de especificacións.
26. INCUMPRIMENTO DE PRAZOS E PENALIDADES POR DEMORA
O adxudicatario queda obrigado ó cumprimento do prazo de execución do contrato e dos prazos parciais fixados pola Administración. Se chegado o remate de calquera dos prazos fixados o contratista incorrera en mora por causas imputables ó mesmo, a Administración poderá optar pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades económicas ás que se refire o artigo 196 da LCSP.
A perda da garantía ou os importes das penalidades, non exclúen a indemnización por danos e prexuízos á que poida ter dereito a Administración orixinados pola demora do contratista.
Se o atraso fora producido por motivos non imputables ó contratista, estarase ó disposto no artigo 197.2 da LCSP. En todo caso a constitución en mora do contratista non requirirá interpelación ou intimidación previa por parte da Administración. O importe das penalidades por demora deduciranse das certificacións e no seu caso da garantía.
27. RESPONSABILIDADES CONTRACTUAIS
1. Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. Cando tales danos e prexuízos foran ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites sinalados na lei.
2. O contratista estará obrigado ó cumprimento das disposicións vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e seguridade e hixiene no traballo.
3. Son de conta do contratista os gastos e impostos derivados dos anuncios oficiais da licitación e de formalización do contrato, e calquera outras que resulten de aplicación segundo as disposicións vixentes na forma e contía que estas sinalen.
4. O contratista está obrigado a instalar a súa costa os carteis anunciadores das obras, así como as sinais precisas para indicar o acceso á obra, a circulación na zona que ocupen os traballos e os puntos de posible perigo debido a marcha daqueles, tanto na mencionada zona como nos seus límites e inmediacións.
5. O contratista deberá levar os libros de ordes e incidencias, previamente dilixenciados de conformidade coas disposicións vixentes.
28. PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE
1. A Administración ostenta a prerrogativa de interpretar o contrato obxecto do presente prego e resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento. Igualmente poderá modificar, por razóns de interese público, o contrato celebrado e acordar a súa resolución, dentro dos límites e con suxeición aos requisitos e efectos sinalados na vixente lexislación de Contratos do Sector Público.
Os acordos que dite o órgano de contratación, no eventual exercicio das citadas prerrogativas, serán inmediatamente executivos.
2. As cuestións litixiosas xurdidas sobre a preparación, adxudicación, efectos, cumprimento e extinción do contrato administrativo serán resoltas polo órgano de contratación, os acordos do cal porán fin á vía administrativa, e contra os mesmos poderase interpoñer RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO ante o xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de DOUS MESES, de conformidade cos artigos 46 e 8.3 da Lei de Xurisdición Contencioso Administrativa, aprobada por Lei 29/1998 do 13 de Xullo ou, potestativamente, RECURSO DE REPOSICIÓN no prazo dun MES ante o órgano de contratación segundo o disposto na Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, contados ambos os dous a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, sen prexuízo de calquera outro recurso que se estime procedente.
Monterroso, 14 de xuño de 2010.
O alcalde,

 

Asdo. Antonio E. Gato Soengas
 
ANEXO I.- FOLLA DE ESPECIFICACIÓNS.

EPÍGRAFE I.- Obxecto contractual: “ACONDICIONAMENTO Y MEJORA EN CAMINO DE ARADA A FENTAL Y CAMINOS DE ACCESO AL NÚCLEO DE SANDOLFE”.
EPÍGRAFE II.- Necesidades administrativas a satisfacer: nos camiños de Arada a Fental e nos accesos ó núcleo de Sandolfe existe unha deficiente pavimentación en evidente estado de deterioro, materias todas estas nas que o municipio pode exercer competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, según o disposto no artigo 25.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local; preténdese pois a execución das obras descritas en dita rúa mediante as solucións técnicas previstas no proxecto redactado polo arquitecto colexiado número 2577, Don Carlos Longarela Sanfiz, comprendendo, segundo indica este, obra completa susceptible de ser entregada ó uso xeral.
EPÍGRAFE III.- Prezo 51.801,22 euros e 9.324,22 euros de IVE
      Partida presupostaria: 453.609.00
EPÍGRAFE IV.- Prazo de execución: Tres meses.
EPÍGRAFE V.- Os criterios técnicos obxecto de ponderación para a adxudicación do contrato son os seguintes:
 a) Melloras ou variantes en calidade de materiais propostos. A tal efecto, os licitadores presentarán documento subscrito por técnico competente que recolla con precisión as melloras introducidas na definición da prestación do contrato: hasta 50 puntos
b) Proposta de redución de prazos de execución. A empresa presentará unha memoria sobre a organización do proceso construtivo, na que -se é o caso, razoando as vantaxes que signifique para a administración- expresarase unha proposta, debidamente xustificada, de redución nos prazos de execución.
A dita memoria conterá un programa de execución das obras, describindo mediante diagramas os tempos (expresados en días naturais) actividades e previsións de custos (expresadas en unidades monetarias oficiais). Hasta 30 puntos.
c) Plan de seguridade e saúde. As ofertas deberán presentar un esquema do plan de seguridade e saúde no traballo que haberá de seguirse durante a execución da obra, en aplicación do estudo de seguridade e saúde. Hasta 20 puntos
No citado esquema detallaranse:
- Medidas de prevención a adoptar
- Sistemas de seguimento e control de aplicación do plan
- Oferta de melloras de índole técnica
- A adecuación da organización establecida para prevención de riscos laborais e seguridade
- A realización dunha análise das posibles emerxencias e a suficiencia das medidas adoptadas.
- A acreditación dalgún tipo de auditoría periódica respecto aos resultados en materia de Seguridade Social.
O contido do plan axustarase ás características, natureza e importe da obra.
De conformidade co establecido no art. 225 da LCSP naqueles contratos cuxo valor estimado supere o importe a que se refire o art. 161.2 da LCSP, a mesa de contratación deberá formular proposta de adxudicación ao órgano de contratación.
EPÍGRAFE VI.- Non admisión de variantes
EPÍGRAFE VII.- Non se esixe clasificación.
EPÍGRAFE VIII.- No caso de que non sexa esixible a clasificación para a obra, os licitadores deberán acreditar a solvencia económica e financeira por calquera dos medios a que se refire o art. 64 da LCSP e a solvencia técnica mediante:
1º.- a relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos, acompañada de certificados de boa execución para as mais importantes e
2º.-compromiso de adscribir á execución os medios persoais ou materiais suficientes para iso. Para estes efectos os licitadores deberán achegar a seguinte documentación:
- Medios persoais:
A) Relación de méritos do delegado, xefe de obra e encargado xeral que poña de manifesto a súa idoneidade pola súa experiencia na execución de obras con idénticas características ás do contrato, na que se indicará a súa titulación académica e profesional.
B) nº de traballadores especificando se son fixos ou temporais ou calquera outra modalidade.
- Medios materiais:
a) Relación de maquinaria, equipos e medios auxiliares que o licitador adscribirá ás obras, axeitada ás súas características de acordo coas necesidades establecidas no programa de traballo.
b) Parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando o seu importe, e o nome ou o perfil do empresario, definido por referencia as condicións de solvencia técnica dos subcontratistas aos que se vaia encomendar a súa realización (art. 210.2.a) LCSP). Non obstante, de acordo co disposto na cláusula 35.B do presente prego, requirirá autorización previa da administración.
A non idoneidade ou a non xustificación dos medios persoais e materiais propostos, segundo criterio da mesa de contratación, terá carácter excluínte
O incumprimento deste compromiso de adscrición considerarase incumprimento de obriga esencial para os efectos dispostos no art. 206 g) LCSP. Non obstante, o órgano de Contratación poderá optar pola imposición de penalidades nos termos da cláusula 33 do presente prego.
EPÍGRAFE IX.- Causas de resolución: Serán as previstas nos artigos 206 e 220 do LCSP, cos efectos previstos no artigo 208 e 222.
EPÍGRAFE X.- O prazo de garantía terá unha duración dun ano contado desde a recepción das obras.
Durante o prazo de garantía o contratista estará obrigado á garda e conservación das obras, seguindo, se é o caso, as instrucións que reciba do técnico-director, sendo responsable dos danos intrínsecos que nela se produzan.
Se as obras se deteriorasen por incumprimento desta obriga, os traballos necesarios para a súa reparación executaranse pola administración contratante, a custa do contratista.
EPÍGRAFE XI.- Dereitos e obrigas do contratista. Os previstos na LCSP.
EPÍGRAFE XII.- Pagamentos.
A.- Os pagamentos verificaranse contra certificacións mensuais acompañadas de relación valorada expedidas polo técnico director da obra e aprobadas pola Presidencia ou órgano competente da Corporación. Así mesmo, o contratista deberá presentar factura por igual importe que o da certificación.
Terán o carácter de pagamento a conta, suxeitas ás rectificacións e variacións que se produzan na medición final e sen supoñer en forma ningunha aprobación e recepción das obras que comprenden
B. Aboamentos a conta por materiais acopiados
1. O contratista terá dereito a percibir aboamentos a conta ata o 75 por 100 do valor dos materiais acopiados necesarios para a obra previa autorización do órgano de Contratación que terá por único obxecto controlar que se trata dos devanditos materiais e que se cumpren os seguintes requisitos:
a) Que exista petición expresa do contratista, acompañando documentación xustificativa da propiedade ou posesión dos materiais.
b) Que sexan recibidos como útiles e almacenados na obra ou lugares autorizados para iso.
c) Que non exista perigo de que os materiais recibidos sufran deterioración ou desaparezan.
d) Que o contratista preste a súa conformidade ao plan de devolución das cantidades anticipadas, para deducilo do importe total das unidades de obra en que queden incluídos tales materiais. Este plan elaborarao a dirección de obra acompañándoo coa relación valorada.
e) Que o contratista constitúa aval de acordo co disposto no 31.4.4 deste prego.
2. As partidas correspondentes a materiais acopiados poderán incluírse na relación valorada mensual ou noutra independente.
3. Para efectos do cálculo do valor unitario do material tomarase o resultado de aplicar o coeficiente de adxudicación ao valor do custo inicial fixado no correspondente proxecto, incrementado, se é o caso, nas porcentaxes de beneficio industrial e gastos xerais.
Se a unidade de obra onde se atopa o material obxecto do abono non tivese a regulamentaria descomposición de prezos e non figurase no proxecto o custo inicial fixarase pola dirección da obra, non podendo sobrepasar o 50 por 100 do prezo da devandita unidade de obra.
Soamente procederá o aboamento da valoración resultante cando exista crédito suficiente con cargo á anualidade correspondente no exercicio económico vixente. No caso de que non se puidese cubrir a totalidade do aboamento a conta reflectido na relación valorada, procederase ao aboamento que corresponda ao crédito dispoñible da anualidade do exercicio económico de que se trate.
C. Aboamentos a conta por instalacións e equipos.
1. O contratista terá dereito a percibir aboamentos a conta por razón das instalacións e equipos necesarios para a obra, de acordo coas regras seguintes:
a) O aboamento virá determinado pola parte proporcional da amortización, calculado de acordo coa normativa vixente do imposto sobre sociedades, tendo en conta o tempo necesario de utilización.
b) No caso de instalacións, o aboamento non poderá superar o 50 por 100 da partida de gastos xerais que resten por certificar ata o remate da obra e no de equipos o 20 por 100 das unidades de obra aos prezos contratados que resten por executar e para as cales se faga necesaria a utilización daqueles.
c) O cálculo da cantidade a aboar deberá acompañarse dunha memoria explicativa dos resultados obtidos.
d) Que o contratista constitúa aval de acordo co previsto no 31.4.4 deste prego.
2. No que se refire aos requisitos para estes aboamentos, tramitación e devolución estarase ao disposto no apartado 31.4.2.
D. Garantías por aboamentos a conta por materiais acopiados e por instalacións e equipos.
Para realizar o dito aboamento será necesaria a constitución previa do correspondente aval polo importe correspondente ao do respectivo aboamento a conta, de acordo co establecido no art. 215 .2 da LCSP
O contratista terá dereito á cancelación total ou parcial destas garantías a medida que vaian tendo lugar as deducións para o reintegro dos aboamentos a conta percibidos.
E.- Os contratistas que, conforme ao artigo anterior, teñan dereito de cobramento fronte á administración, poderán ceder este segundo dereito.
Para que a cesión do dereito de cobramento teña plena efectividade fronte á administración, será requisito imprescindible a notificación fidedigna a esta do acordo de cesión. Para tal efecto, considerarase que a notificación se produciu cando se consigne mediante dilixencia no documento xustificativo do crédito, a toma de razón no Libro de Rexistro de Transmisións de Certificacións.
Unha vez que a administración teña coñecemento do acordo de cesión, o mandado de pagamento haberá de ser expedido a favor do cesionario. Antes de que a cesión se poña en coñecemento da administración, os mandamentos de pagamento a nome do contratista producirán efectos liberatorios.

 

ANEXO II

MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA

Oferta económica: Presentarase conforme ó seguinte modelo:

«D. _________________________, con domicilio a efectos de notificacións en _____________, r/ ____________________, n.º ___, con DNI n.º _________, en representación da Entidade ___________________, con CIF n.º ___________, tendo recibida invitación para a presentación de ofertas e enterado das condicións e requisitos que se esixen para a adxudicación por procedemento negociado do contrato de obras “ACONDICIONAMENTO Y MEJORA EN CAMINO DE ARADA A FENTAL Y CAMINOS DE ACCESO AL NÚCLEO DE SANDOLFE” fago constar que coñezo o prego que serve de base ao contrato e o acepto integramente, comprometéndome a levar a cabo o obxeto do contrato polo importe de ______________ euros e ________ euros correspondentes ó Imposto sobre o Valor Engadido, o que supón un _______ % de baixa en relación ao tipo de licitación.

En ____________, a ___ de ________ de 2010.

Sinatura do candidato,

 


Fdo.: _________________».


 

 
< Ant.   Seg. >
Trámites en liña
Axenda
« < Maio 2012 > »
L M Mc X V D D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
© Concello de Monterroso