Feira de Santos, declarada festa de interese turístico galego
Inicio
sábado, 04 febreiro 2012
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo
Zona económica
Perfil do Contratante
Emprego Público
Contacto
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
adxudicación do contrato de subministración de Pala Retroexcavadora Mixta de Obra 4x4 PDF Imprimir
luns, 09 agosto 2010

Decreto.- Monterroso, 5 de agosto de 2010.

No uso das atribucións que me confire o artigo 21 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, e 61 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, e tendo en conta o previsto no artigo 14 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, estando actualmente delegada na Xunta de Goberno Local a contratación de obras e servizos de competencia desta alcaldía, teño a ben avocar para este caso concreto a adxudicación das mesmas, dada a dificultade de reunir ós membros da Xunta de Goberno Local e axilizar o procedemento do que trata o presente expediente. Sirva esta motivación como notificación previa ó interesado antes de pasar a resolver sobre ao acordo que se pretende, sen prexuízo de que esta avocación poida ser impugnada ca resolución que poña fin a este procedemento
Visto o acordo desta Xunta de Goberno Local de data 15 de xuño de 2010 polo que se prestou aprobación ao expediente e aos pregos de Cláusulas Administrativas para a adxudicación do contrato de subministración de Pala Retroexcavadora Mixta de Obra 4x4 adscrita ó servizo de obras do Concello de Monterroso” polo procedemento negociado sen publicidade. No mesmo acordo autorizouse o gasto que supón a adxudicación do mesmo
No dito acordo acordouse Solicitar ofertas ás seguintes empresas: AUTOMOCIÓN LA JUNQUERA LUGO, SL; MOTIVO JBC GALICIA, SA; TRANSCALOPA, SL; TALLERES CARAIMA; e COVELUMA, SL
Transcorrido o prazo concedido para presentar ofertas, ningunha das empresas invitadas acepta participar na licitación convocada
Visto o acordo da Xunta de Goberno Local de 13 de xullo que na súa parte dispositiva terceira di “Terceiro.- Abrir un novo prazo de solicitude de ofertas a empresas capacitadas para a realización do obxecto do contrato, que serán: GESTRUCK, SL; ZENTROMACHINE, SA; e HIDRAMOTOR”
Visto que con data 23 de xullo de 2010, presentouse unha oferta pola mercantil Hidramotor e examinada a oferta presentada en canto a valoración dos aspectos obxecto de negociación en orde á determinación da oferta economicamente máis vantaxosa, deu o seguinte resultado por ser a única presentada:
- Hidramotor: Subministración de Pala Retroexcavadora Mixta de Obra 4x4, marca Case, modelo 580 Super LE, cun prezo valor estimado 25.399 euros e 4.571,82 euros en concepto de IVE, coas seguintes melloras :
- Garantía adicional de 1 mes
- Balancín extenxible
- Instalación auxiliar de doble efecto
- Enganche rápido
- Cortacorrentes
- Asento de luxo con suspensión, cinturón e apoiabrazos
De conformidade co establecido no artigo 135.5 e a Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público,
A Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo señor Alcalde-presidente con 27 de xuño de 2007 (BOP 21/07/07), por unanimidade e en votación ordinaria, acorda:
Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o contrato de subministración de “Pala Retroexcavadora mixta de obra 4x4” adscrito ó servizo de obras do Concello de Monterroso á entidade “HIBRA MOTOR, S.A.L” por ser a oferta economicamente máis vantaxosa, polo prezo dun valor estimado 25.399 euros  e 4.571,82  euros en concepto de IVE, coas seguintes melloras:
- Garantía adicional de 1 mes
- Balancín extenxible
- Instalación auxiliar de doble efecto
- Enganche rápido
- Cortacorrentes
- Asento de luxo con suspensión, cinturón e apoiabrazos
Segundo.- Notificar a adxudicación provisional a todos os candidatos que non resultaran adxudicatarios.
Terceiro.- Notificar e requirir a D. José Manuel Iglesias Pazos e D. José Luis Selas Couto no nome e representación da Entidade HIDRA MOTOR, S.A.L, adxudicatario provisional do contrato, para que presente, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da recepción da presente notificación, a documentación xustificativa de acharse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calesquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar, así como constituír a garantía definitiva.
Cuarto.- Publicar a adxudicación provisional do contrato mediante anuncio no perfil do contratante.
Quinto.- Realizados os trámites anteriores, que por Secretaría se emita Informe-proposta para resolver ó respecto.

Mándao e asínao o señor alcalde do que eu, secretaria, dou fe.
O 1º Tte alcalde por delegación     A secretaria Acctal
(Decreto 15/07/10)


Asdo. Darío Rodríguez Vázquez   Asdo. Blanca Vázquez Enríquez

 
< Ant.   Seg. >
Trámites en liña
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
© Concello de Monterroso