Feira de Santos, declarada festa de interese turístico galego
Inicio
mércores, 22 febreiro 2012
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Documentos
Urbanismo
Zona económica
Perfil do Contratante
Emprego Público
Contacto
Monterroso
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Persoaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de interese
Ligazóns
Turismo
Que ver
Onde aloxarse
Onde comer
Feiras e festas
Axenda cultural
Gastronomía
Enquisas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Monterroso?
 
Turismo Rural: casas rurais, arte e cultura, historia, gastronomia, espazos naturais Area empresarial: directorio on-line das iniciativas máis destacadas Fototeca: paisaxes, xente, infraestructuras, arte, costumes e recunchos do concello en imaxes Concello en liña: Trámites e xestións, descarga de formularios, suxerencias...
MESA LOCAL DE COMERCIO PDF Imprimir
mércores, 09 novembro 2011

DECRETO.- Monterroso, 7 de novembro de 2011

 

Por acordo de Xunta de Goberno Local en sesión realizada o día 8 de febreiro de 2011 prestouse aprobación á constitución da Mesa Local de Comercio de Monterroso logo do requirimento feito pola Consellería de Economía e Industria.

 

En dito acordo estableceuse que a composición da Mesa Local de Comercio deste municipio fose:

Presidente: alcalde do Concello ou persoa en quen delegue

Secretario: unha persoa designada pola alcaldía que actuará con voz pero sen voto.

Vogais:

- O/a presidente/a da Asociación de Comerciantes e Industriais de Monterroso

- A/o presidenta/e da Asociación de Consumidores e Usuarios

- O/a primeiro/a e segundo/a tenentes de alcalde

- Un representante designado pola Comunidade Autónoma

 

O decreto 183/2011, de 15 de setembro, polo que se regulan as mesas locais de comercio (DOG de 30 de setembro) establece na DT única que os Concellos disporán dun prazo de dous meses a partir da entrada en vigor deste decreto para a constitución e adecuación, se é o caso, das mesas locais de comercio ao disposto nel. Ditos órganos configúranse como lugar de encontro, un foro de debate e participación onde terán voz e voto o comercio de proximidade, os consumidores e o propio concello.

 

En cumprimento deste mandato resolvo:

 

Primeiro.- Convocar a Mesa Local de Comercio de Monterroso para o vindeiro día 11 de novembro de 2011 coa seguinte orde do día:

 

1º) Constitución da Mesa Local de Comercio de Monterroso.

2º) Fixación da data na que debe celebrar sesión ordinaria anual.

3º) Rolda aberta de intervencións

 

Segundo.- Que se cite para o día 11 de novembro de 2011, ás 11:00 horas ás seguintes persoas:

 

Secretaria da Mesa: Mª del Pilar Silva del Río, técnico local de emprego.

Vogais:

-          Álvaro Coego González, presidente da ACIM

-          Victoria Pardo Télez, presidenta da Asociación de Consumidores e Usuarios.

-          José Antonio Rodríguez Guerra, 1º tenente de alcalde

-          Ana de Azevedo Novo, 2º tenente de alcalde

-          José Manuel Vázquez Leirado, xefe territorial da Consellería de Economía e Industria.

 

Mándao e asínao o señor alcalde do que eu, secretaria dou fe.

 

O alcalde                                                                             A secretaria

 

 

 

Antonio Edelmiro Gato Soengas                        Mónica Vázquez Fandiño

En el día de hoy se convoca también al representante de + Noite, que falta en el decreto  

 
< Ant.   Seg. >
Trámites en liña
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
© Concello de Monterroso