|
  
No día de hoxe,
ás 11.00 horas, tivo lugar unha xuntanza de convocatoria
da Mesa Local de Comercio na cal se constituiu a devandita mesa composta por
Presidente: Antonio E. Gato Soengas (alcalde)
Secretaria: Mª
Pilar Silva del Río (axente de emprego)
Vogais:
Álvaro Coego González, Presidente da ACIM
Victoria Pardo Télez, Presidenta da Asociación de Consumidores e
Usuarios
José Antonio Rodríguez Guerra, 1º Tenente de
alcalde
Ana de Azevedo Novo, 2º tenente de alcalde
Victoria Gloria Antas Pérez, 3º tenente de
alcalde
Dositeo España Coto, vicepresidente de
asociación de hosteleiros “Máis Noite”
Camilo López López, representante autonómico
suplente da Consellería de Economía e Industria
Entre as
funcións da Mesa de Comercio destaca:
a)
Participar no deseño das campañas de promoción do comercio que poña en marcha o
correspondente concello.
d)
Actuar como órgano consultivo do concello en todas as cuestións que afecten o
comercio retallista do municipio.
e)
Propoñer ao concello cantas medidas, iniciativas e propostas considere
convenientes para o desenvolvemento e a mellora do sector.
Acordouse
fixar a data de celebración de sesións ordinairas anuais nos meses de febreiro,
xullo e outubro e podendo invitar a máis comerciantes do mercado retallista ou
sector gastronómico dependendo dos asuntos a tratar.
Cómpre
salientar o consenso de potenciar e impulsar o comercio en Ligonde, parroquia
por onde transcorre o camiño de Santiago, explotando pois os recursos
económicos da zona, tendo como referencia outros concellos limítrofes coma os
de Palas de Rei ou Portomarín.
Acórdase
convocar nunha próxima xuntanza aos hosteleiros de Monterroso co obxectivo de
recadar ideas e poñelas en común para dinamizar o sector no concello ofrecendo
unha variedade de ofertas entre os establecementos gastronómicos e aloxamentos
durante as fines de semana.
|