|
Casa do Carneiro e escola:
No século XVI otorgouse a unha casa de Ligonde o dereito de asilo (aquel acusado ou perseguido pola xustiza que lograse atravesar a súa porta ou posesión conseguía a súa libertade)-
Este dereito de asilo mantense ata ben entrado o século XVIII. Algúns identifican esta casa coa actual casa de carneiro.
Foi unha casa fundada polos "Ulloa" na que se hospedaron monarcas e ilustres personaxes nas súas peregrinacións a Santiago de Compostela.
Sábese que o día 24 de marzo de 1520 parou a comer nela o Emperador Carlos I.
Felipe II tamén percorreu estas paraxes, precisamente o 20 de maio de 1554, cando se dirixía a Coruña para o seu casamento con María Tudor.
Seguimos camiño e ao final do pobo marcaremos tamén a escola republicana feita polo pobo. Na actualidade cedida ao concello, provisionalmente, por un período de tempo, restaurada e destinada a albergues de peregrinos, dotada dunhas boas instalacións.
Museo parroquial:
Museo de arte e etnografía popular con 560 pezas, ubicado na casa
reitoral. A súa colección abrangue desde a arte en pedra ata utensilios
artesanais, pasando pola orfebrería religiosa ou a numismática.
Rutas de senderismo
Descarga de díptico informativo
O románico na Natureza
o_romnico_na_natureza
A Ruta dos soutos e as carballeiras
a_ruta_dos_soutos_e_as_carballeiras_1
a_ruta_dos_soutos_e_as_carballeiras_2
|