Covid 19

O concello de Monterroso, despois de ler comentarios esaxerados nas redes sociais sobre o número de infectados pola covid-19 no concello, e despois de poñerse en contacto coas autoridades competentes, comunica que segundo esta información hai unha persoa confirmada con test positivo relacionada co noso concello.
Dende o Concello se están a tomar as medidas oportunas.
Pregamos mesura.
Moitas grazas.