O Concello de Monterroso establecerá, con fondos europeos, un plan de aforro que reducirá a factura eléctrica nas rúas Avda de Lugo, Avda da Coruña e Avda General Salgado. Esta iniciativa está enmarcada na liña de axudas a proxectos de economía baixa en carbono promovidas por entidades locais, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e xestionada polo IDAE, cun investimento de 120.469,40euros