Un novo folleto turístico sobre o Camiño Francés elaborado pola Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés recolle información do Concello de Monterroso.

 

O folleto incorpora información de cada concello mediante códigos QR impresos que enlazan coa páxina web da mancomunidade, permitindo unha renovación continua da información sobre aloxamentos, lugares de interese e actividades que se están a desenvolver en cada concello.

 

Consulta e descarga aquí o folleto completo.