FEIRAS

 

Os días primeiros de cada mes celébrase feira na capitalidade de Monterroso onde se oferta gando, produtos téxtiles e agrícolas. Antano eran famosas, especialmente pola concurrencia de gando cabalar e mular.

 

Mercado de Santa Lucía, o 2º e 4º domingo de cada mes: produtos agrícolas.

 

Feira de gando cabalar, sen determinar.

 

A máis importante e sonada é a Feira de Santos, o primeiro de novembro, considerada desde hai séculos unha das máis importantes de Galicia. O seu nacemento data do 1450. Foi declarada FEIRA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO no 2011.

 

<< se ti viras o que eu vin 
alá arriba en Monterroso;
vintecinco xastres xuntos,
a cabalo dun raposo>>

(canción popular) 

 

Feira do queixo. Este evento realízase de cada tres anos neste Concello rotando anualmente cos outros concellos da comarca Antas de Ulla e Palas de Rei.

 

FESTAS

 

San Cristobo, o 10 de xullo; neste día celébrase a tradicional bendición de vehículos na igrexa parroquial e o xantar campestre na area recreativa da Peneda á que acoden familias enteiras. É unha festa pequena pero moi querida por todos os monterrosinos e monterrosinas.

 

San Miguel, o 29 de setembro; son as festas patronais por excelencia e a súa celebración realízase nos dias anteriores e/ou posteriores pero sempre respetando o dia principal.