|
DECRETO.- Monterroso, 14 de xaneiro de 2009.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 26 de febreiro de 2008 e publicadas no BOP de Lugo o 25 de marzo de 2008 para a provisión de dúas prazas de técnicos de educación infantil vacantes no cadro de persoal laboral fixo deste Concello, polo presente
RESOLVO
PRIMEIRO.- Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección ao abeiro de canto se dispón na base 4.2 das bases xerais de convocatoria.
Aspirantes admitidas:
Apelidos e nome DNI
1) Silva Vázquez, Mª Sonia 33.346.677-N
2) Rodríguez Sanmartín, Lorena 33.541.356-L
3) Pérez Rodríguez, Manuela 76.578.995-N
4) González Cruz, Mª José 33.328199-A
Aspirantes excluídas:
Apelidos e nome DNI Causa exclusión
1) Abelleira Sánchez, Paula 33.348.033-B (2)
2) Vila Pardellas, Vanesa 33.538.997-Y (2)
3) Rodríguez Rodríguez, Ana Belén 44.976.201-T (1)
A referida lista queda exposta ao público no taboleiro de editos do Concello.
Causas de exclusión (1) Non achega fotocopia compulsada do DNI
(2) Non dispón da titulación esixida na convocatoria.
SEGUNDO.- Nomear os membros do Tribunal cualificador que terá aos seguintes membros:
Presidente:
Titular: dona Blanca María Vázquez Enríquez, tesoreira do Concello de Monterroso.Suplente: dona Pilar Fernández Moure, traballadora social do Concello de Monterroso.Secretario: Titular: dona Mónica Vázquez Fandiño, secretaria-interventora do Concello de Monterroso.Suplente: don José Luis Vázquez Méndez, secretario interventor dos Concellos de Guntín e Portomarín.Vogais:1º.- Titular: dona Adelaida Diéguez Vázquez, mestra do CEIP de Monterroso.Suplente: dona Isabel Domínguez Pereiro, mestra do CEIP de Monterroso.2º.- Titular: dona Ana de Azevedo Novo, mestra do IES de Monterroso.Suplente: dona Marta Vázquez Fandiño, mestra do CEIP de Negreira.3º.- Titular: don José Luis Mato Vázquez, administrativo xefe de negociado do Concello de Monterroso.Suplente: don José Benito Rodríguez Porral, funcionario xefe de negociado do Concello de Monterroso.
Os aspirantes poderán recusar estes nomeamentos ao abeiro do disposto no artigo 29 da lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; os compoñentes do tribunal deberán absterse cando concorra algún dos casos previstos no artigo 28 do mesmo corpo legal.
TERCEIRO: Citar aos membros do tribunal cualificador para a súa constitución e para proceder á valoración dos méritos, o día 3 de marzo de 2009 ás 9:00 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.CUARTO: Citar aos membros do tribunal cualificador e aos aspirantes admitidos para a realización da entrevista da fase de oposición o día 3 de marzo ás 9:15 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.
QUINTO: Citar aos membros do tribunal cualificador e aos aspirantes admitidos para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 3 de marzo ás 9:30 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.
SEXTO: Publicar este acordo no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Contra o primeiro parágrafo da parte dispositiva desta resolución, que resulta definitiva en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de reposición diante do señor alcalde no prazo dun mes contado a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia ou ben, recurso contencioso administrativo diante da Sala do Contencioso administrativo do tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Mándao e asínao o señor alcalde do que eu, secretaria dou fe.
O alcalde A secretaria
Asdo. Antonio E. Gato Soengas Asdo. Mónica Vázquez Fandiño
|