|
- ESCOLA INFANTIL
Esta escola infantil comenzou a funcionar no ano 2002, un servizo case pioneiro na comarca e que ao longo dos cursos se foi consolidando, xa que, o número de usuarios se foi incrementando cada ano. O curso anterior, 2005/2006, tivemos 44 ninas e nenos.
O centro ten capacidade para 61 alumnos e alumnas aos que se lles ofrece un servizo de garda, coidado e educación.
A escola ten un horario amplo, dende as 0:8:00 ata as 20:00 horas, conta cn servizo de comedor propio e unh aula de psicomotricidade.
Existen catro unidades:
- unidade de 0-1 años: 8 nenas e nenos como máximo.
- unidade de 1-2 años: 13 nenas e nenos como máximo.
- unidade de 2-3 anos: 20 nenos e nenas como máximo.
A súa localización:
Rúa Miguel Olivas Soto nº4
27560 Monterroso
Lugo
-OFICINA DE EXTENSIÓN AGRARIA
É única na comarca.
-CARTEL DA GARDA CIVIL
- XULGADO DE PAZ
- BIBLIOTECA MUNICIPAL "LORENZO VARELA"
O edificio no que empraza a biblioteca consta dunHa planta única. Nela distínguense dúas zonas:
- Sala de lectura infantil e ludoteca
- Sala de lectura adultos:
-Servizo de préstamo e de fotocopias.
- Despacho de dirección.
O número total de postos de lectura é de 40, repartidos da seguinte forma: 8 na sala infantil e 32 postos máis na sala xeral
HORARIO
O horario da biblioteca é de luns a venres e de 16.00 a 20.00 horas, e os sábados de 10.30 a 13 horas. Na temporada de verán o horario é de luns a venres, de 9.30 a 13.30 horas.
SERVIZOS
Esta biblioteca presta os seguintes servizos:
- Lectura en sala: Conta para iso cun total de 40 postos de lectura, non existindo restricción algunha, podendo pois acceder ás instalacións todo aquel que o desexe. É unha biblioteca de acceso directo, é dicir, o lector accede libremente ós estantes.
- Acceso a internet : Na biblioteca atopánse tres ordenadores ó público. Para poder utilizar o servicio hai que darse de alta como usuario. O tempo de utilización do ordenador será por usuario máximo 1,30 h.
As actividades que se poden realizar son:
- Consultar a enciclopedia ENCARTA 2004.
- Conectarse a internet: Buscar información, acceder a portais da Administración Pública, utilizar o correo electrónico (e-mail) etc...
- Crear, consultar o modificar documentos de word, excel, acces, power point, etc...
- Consultar documentos no formato pdf (Adobe Acrobat)
- Visualizar ficheiros no formato vídeo y DVD
- Imprimir documentos (0,15 euros cada impresión)
- Escanear fotos e documentos
- Grabar imáxenes cunha cámara Web e establecer videoconferencias.
- Grabar documentos na disquetera. (O usuario traerá o seu disquette)
Os usuarios que desexen utilizar as prestacións da biblioteca traendo o seu propio ordenador portátil, facilitarase unha tarxeta de rede inalámbrica para conectarse a internet dunha forma cómoda e gratuita.
Préstamo a domicilio: Para obter libros en préstamo é necesario estar en posesión do CARNÉ DE LECTOR/A (tarxeta de préstamo).
Carné de Préstamo da Biblioteca Municipal.
Que é?
Documento acreditativo necesario para obter libros en préstamo na Biblioteca de Monterroso
Que se necesita?
- Cubrir unha instancia que se facilita na Biblioteca.
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Pagar ó ano unha cuota de 1,35 euros..
Onde se tramita?
Na mesma biblioteca municipal.
- Información. A información que pode obterse é de moi diverso tipo: sobre as propias instalacións e seu funcionamento, bibliográfica, de referencia, dos actos culturais que se celebran na casa da cultura, sobre plans de estudios e becas na universidade, etcétera.
- Reprografía: A biblioteca conta cun servicio de reproducción mediante fotocopias, de xeito que os usuarios poden obter copias de documentos que non son obxecto de préstamo.
- Persoal: O cadro de persoal desta biblioteca está composto por unha praza de encargada-auxiliar sendo persoal laboral do Concello.
FONDO:
O número de volumes inscritos no libro de rexistro da Biblioteca é de 10.900. Ademais, na biblioteca é posible consultar o seguinte material
- Publicacións Periódicas.
- Fondos especiais
- Audiovisuais: 501 Distribuidos en vídeos (128), diapositivas (139), CDs (38), cassettes (11), CD-Rom (125), DVD (60)
- Fondo Local.
A súa localización:
Dirección: Rúa Mestre López Losada, s/nº.
Teléfono: 982-377814
Correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript habilitado para velo
- CENTRO DE DÍA
O Centro de Día conta cun equipo especilizado de carácter socio-rehabilitador e estancia diurna, destinado a proporcionar a personas maiores atención e coidados pesonais; presta aos seus usuarios distitintos servizos (sociais, aistenciais e ocupacionais) durante o día tendentes a alcanzar uns máis altos niveis de benestar e participación social aos maiores do contorno.
Este Centro está en funcionamento dende agosto de 2005, ofrece servizos e perstacións tales como: Servizo de Estancias diurnas, información e tramitación, gerontogimnasia, talleres de memoria, estimulación cognitiva, ludoterapia, ergoterapia, grupos de conversa etc. Trátase de axudar aos maiores nas actividades da vida diaria e retrasar o internamento nunha residencia da terceira idade.
Na actualidade dispón de 20 plazas de atención a persoas da terceira idade, residentes no termo municipal de Monterroso e concellos.
Os usuarios e usuarias acuden de luns a venres pola mañá e permanencen no centro todo o día, volvendo pola noite ao seu domicilio.
Dentro dos servizos ofrecidos inclúe o transporte para maior comodidade.
Dito centro conta cunha efermeira, dos auxiliares de geriatría e unha cociñeira.
HORARIO
de 09:30 a 18:30
LOCALIZACIÓN
Calle Maestro López Losada (1ª planta, centro socio-cultural)
-CENTRO SOCIOCULTURAL
Con 2.500m2.
-CENTRO DE SAÚDE
- CENTROS EDUCATIVOS
Dous colexios de primaria e un de secundaria, actualmente son 640 estudantes en total.
Colexio Obreras de Jesús, con capacidade para 80 menores de problemáticas diferentes.
-CÁMPING
Con capacidade para 15 autocaravanas.
-OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL
-Información
Atención directa
Autoconsulta
Acciones externas
-Asesoramento
-Documentación
-Difusión
INFOXOVE
-Asociacionismo
-Carnets para xoves
-Ocio e tempo libre
-Oferta formativa
-Premios e concurso
-Programas da Xunta
-Programas europeos
-Saúde e sexualidade
-Subvencións
-Vivenda
-Voluntariado Social
-Xornadas e exposicións
A Concellería de Xuventude e deportes do Concello de Monterroso é o departamento que trata de responder a todas aquelas cuestións que, dentro das facetas nas que se desenvolve a vida dos mozos e mozas da vila, poidan resultar do seu interese. A información que se inclúe nesta páxina ten como obxectivo o de informar puntualmente ós mozos de todas aquelas accións que lles poidan interesar tanto no eido do ocio e tempo libre como en emprego, estudios, cursos, bolsas, idiomas, certames musicais, artísticos, deportivos, etcétera.
HORARIO
De Luns a Venres, de 11:30 ás 13:30
das 16:00 ás 20:00
Responsable do servizo:
Salomé Santalla Carbajal Dirección
LOCALIZACIÓN
Centro Sociocultural de Xuventude e de Terceria Idade
Rúa Mestre López Losada s/n
27560 Monterroso (Lugo)
Teléfono
982-377-522
Correo electrónico
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript habilitado para velo
-PUNTO LIMPO
(tlef. 982207855)
- VERTEDOIRO DE INERTES
(tlef. 982207855)
-PUNTO DE RENOVACIÓN DE DEMANDAS
-PARQUE EMPRESARIAL
-MERCADO GANDEIRO
Servizos:
- Lavado de vehículos
- Desinfección
- Cafetería
- Pesado de gando
- Cotexo de documentos
-SERVIZO DE ORIETACIÓN LABORAL
Co fin de preparar aos novos profesionais para o acceso ao mercado laboral e ofertar a posibilidade de ampliar a formación dos desempregados do noso municipio: o concello de Monterroso colabora con distintas institucións na impartición de formación ocupacional e tamén organiza cursos.
- Que é o servizo de Orientación Laboral e Búsqueda de Emprego?
O Servivizo ten como obxectivo principal proporcionar aos demandantes de emprego, información, orientación e asesoramento na súa búsqueda activa de emprego e apoiar o seu desenvolvemento profesional.
- Que facemos nel?
Axudar ao demandante de emprego a definir os seus intereses e perfil profesional a través dunha entrevista persoal.
Elaborar e adaptar o seu curriculum vitae personalizado.
Tramitación de ofertas de empreo facilitadas plos empresarios da comarca.
Intervención motivacional de cara aos desempreados de longa duración ou demandantes de mellora laboral.
Asesoramento personalizado dirixido aos demandantes que consideraron a posibilidade de emprender unha actividade empresarial (autoemprego).
- Bolsa municipal de emprego:
É unha iniciativa da Área de Formación e Emprego do Concello de Monterroso no noso intento de combatir ou eliminar o desemprego na zona.
O obxectivo é acercar aos demandantes de emprego e aos empresarios do concello, xestionando as ofertas de traballo do municipio evitando os atrancos burocráticos.
Ponemos a disposición dos demandantes de emprego, persoal en activo interesado na súa mellora laboral e empresas do municipio, unha base de datos (Bolsa de Traballo) á que poden acudir para consultar ofertas ou ben solicitar traballadores.
LOCALIZACIÓN
Edificio do Concello (2ª planta)
Persona de contacto: Mercedes Otero Vila
-ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
- Que son?
As escolas deportivas municipais teñen coma obxectivo promove-la práctica do deporte entre os nenos ata os 17 anos incluidos, realizando varias sesións semanais.
As actividades desenvólvense dende o mes de outubro ata o mes de maio, podendo participar en distintas modalidades:
-Karate
-Tenis
-Patinaxe
-Xadrez
Estas escolas son de carácter dinámico, polo que se reunen grupos de alumnas e alumnos superiores a 15 e propoñen novas actividades estas poderán ser instauradas.
- Que se necesita?
-Estar entre os límites da idade requerida 4 anos para karate e 6 para o resto das actividades e 17 .
-Cubri-lo impreso de solicitude que lle facilitarán no Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade
-Domiciliación Bancaria do pago dos recibos.
- Onde se tramita?
Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade.
Rúa Mestre López Losada s/n
27560 Monterroso (Lugo)
Teléfono 982-377-522
Horario: de luns a venres das 11:30 ás 13:30
e das 16:00 ás 20:00
Utilización das Instalacións Deportivas e Culturais Municipais.
- ¿Que é?
A utilización das instalacións deportivas e culturais propias do Concello de Monterroso. Son as seguintes:
- Campo de fútbol.
- Auditorio Municipal (Cúpula)
- Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade.
- Salón de actos
- Aulas do edificio
- Pista de tenis do Complexo Municipal A Peneda
Existen outras instalacións deportivas que tamén poder ser utilizadas, aínda que non son de titularidade municipal:
- Pavillón do Colexio nº 1.
- Pavillón do Colexio nº 2.
- SERVIZOS SOCIAIS
As principaiss funcións levadas a cabo polo servzo social comunitario consisten en asesoramento e información a individuos, grupos e institucións sobre os dereitos e recursos existentes que lles pudiesen corresponder, así como asesoramento especializado sobre problemas sociaies e a súa canalización cando lles cumpra a estos servizos sociais.
Tamén se tramitan axudas para o desplazamento aos respectivos domicilios, así como a coordinación dos programas cos que conta o Concello (axuda no fogar, emerxencia social, teleasistencia).
Contamos tamén con programas de educación familiar. O seu obxectivo é a intervención por parte do persoal especializado naquelas familias que se encontran en risco de marxinación social para facilitarlles a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación necesarios para o apropiado desenvolvemento do núcleo familiar.
Realízanse outrasa actividades como reparto de alimentos entre as familias máis necesitadas e organización da festa da terceira idade.
|