O Concello de Monterroso vén de rematar as obras correspondentes ao proxecto de mellora de camiños de titularidade municipal de acceso a explotacións agrícolas, encadrado dentro do Plan marco de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020.
A Consellería do Medio Rural, a través de AGADER concedeu unha subvención para o mantemento de camiños rurais por importe de 73.536,62€
A empresa adxudicataria Construcciones Taboada y Ramos S.L.U. levou a cabo as actuacións recollidas no proxecto, actuando nos camiños de Lentil, Areosa e Lardeiros.