O Concello de Monterroso convoca, en colaboración cun grupo de empresarios e comerciantes, unha Feira de Oportunidades para os días 11 e 12 de abril co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo na vila.

O Concello de Monterroso fará un sorteo de 480 euros repartidos en vales de compra nos negocios participantes por importe de 30 euros cada un.

Os negocios interesados en participar deben inscribirse antes do 18 de marzo no teléfono da traballadora de cultura.

O sorteo realizarase o 14 de abril ás 10:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e será retransmitido polas redes sociais oficiais do Concello de Monterroso.