O Concello de Monterroso vén de rematar as obras de mellora do camiño municipal que une os núcleos de Sambreixo, Ladar e A Goleta.
A actuación foi financiada con cargo ao Plan Único de Cooperación cos Concellos 2024 da Deputación de Lugo e tivo un orzamento de 34.489 euros.
As obras consistiron en dotar ao camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e a súa función e que evitara a continua presenza de fochas que dificultaban a circulación con seguridade.
O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, visitou o remate dos traballos acompañado polos dous concelleiros do equipo de Goberno.