O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o alcalde de Portomarín, Pablo Rivas, comprobaron o estado da vía.

Monterroso e Portomarín mellorarán o camiño de acceso ao núcleo de Comeás.

O Concello de Monterroso e o Concello de Portomarín iniciarán nos vindeiros días as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Comeás, que comparten ambos os municipios.

A intervención vai ser posible grazas a unha axuda da Xunta de Galicia, que destina a estas obras un orzamento total de 48.199 euros.

A actuación prevista dotará ao camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e a súa función e que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade. Os traballos terán unha duración aproximada dun mes.

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o alcalde de Portomarín, Pablo Rivas, revisaron o estado actual do camiño, que presenta numerosas fochancas, polo que agradecen ao Goberno galego a achega para o acondicionamento da vía.