O Concello de Monterroso aproba o decreto de ampliación do cemiterio de Sambreixo.
Despois de preto de 20 anos de espera, os veciños e veciñas de Sambreixo poden ver por fin regularizada a ampliación do seu cemiterio por parte do Goberno local, unha actuación necesaria e longamente demandada pola veciñanza.
O cemiterio ten unha capacidade de 92 nichos executados en cantería e/ou ladrillo revestido con lousas de granito. Conta con dúas entradas desde a pista asfaltada e dista da igrexa parroquial 400 metros.
Esta regularización é o resultado dun proceso administrativo rigoroso, no que se cumpriron todos e cada un dos trámites legais esixidos, garantindo a seguridade xurídica, o respecto á normativa vixente e o interese xeral.
O equipo de Goberno quere poñer en valor o traballo realizado, baseado na responsabilidade, na xestión seria e no respecto escrupuloso á legalidade, para dar resposta a unha necesidade real da parroquia que levaba demasiado tempo sen solución.
