O Concello de Monterroso celebra o vindeiro xoves 10 de xullo as Festas de San Cristovo 2025.

A celebración inclúe pasarrúas, misa, bendición e desfile dos coches -con premios para os mellor engalanados- sesión vermú e verbena.

O Goberno local informa que os veciños e veciñas que queiran festexar o xantar popular na Área Recreativa da Peneda o vindeiro 10 de xullo teñen que reservar mesas e cadeiras.

Poden facelo antes do día 8 de xullo nas oficinas municipais da Casa Consistorial de Monterroso.