O Concello de Monterroso inicia a mellora de vías no pobo. As primeiras actuacións realizaranse nas rúas Rúas da Bubela, Luis Pimentel, Travesía Luis Pimentel, Rúa Otero Pedraio e Travesía Lorenzo Varela.

O obxecto do proxecto é dotar a estas vias dunha capa de rodadura cun firme a base de aglomerado en quente adecuada ao seu uso e á súa función e que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade.

O prazo de execución dos traballos, unha vez empecen as obras, será dun mes.

O orzamento da obra, financiada con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación Provincial, ascende a 48.315 euros.

O alcaldade, Eloy Pérez, acompañado polo equipo de Goberno, achegouse á zona para ver o estado actual das vías nas que se vai intervir. Destaca que se trata "da primeira actuación das previstas no pobo para este ano".