Monterroso acolle os días 6 e 7 de setembro a XII Concentración Moteira, presentada hoxe polos organizadores xunto ao alcalde, Eloy Pérez, e o concelleiro Balbino Martínez.
A proba, aberta a todo tipo de público, abre as súas inscricións o mesmo 6 de setembro ás 16:00 horas. Esa tarde haberá xogos moteiros e unha exhibición a cargo de Paulo Martinho, que fará un segundo pase de madrugada. De seguido, haberá música a cargo do DJ Bais 7.
O día 7 haberá unha ruta libre turística, unha sesión vermú co DJ Bais 7 e un xantar con sorteo e entrega de trofeos.