O concello de Monterroso continúa coa prestación conxunta do servizo de atención temperá con concellos de Antas de ulla, Portomarín para dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desevonvolvemento da súa autonomía personal e a inclusión social.

O equipo profesional,conformado por unha logopeda, unha pedagoga e unha psicopedagoga presta servizo no concello de Antas de Ulla, na casa da cultura, de luns a venres ata o vindeiro 31/10/2021. Para a prestación deste servizo percíbese unha subvención de 106.637,85 euros.