O ALCALDE

Mestre e Licenciado en Xeografía e Historia-sección de xeografía. Exerceu en diversos centros de EXB de Lugo e tras a correspondente oposición pasou o Corpo de Profesores Agregados de Bacherelato. Rematou a súa andaina profesional no IES “Leiras Pulpeiro” como Catedrático de Ensino Secundario. Dirixiu diversos Centros e formou parte do Consello Escolar de Galicia e a súa permanente, así como da mesa sectorial de Educación e do consello Social da Universidade de Santiago.

 

Durante varios anos, dende 1979, foi Concelleiro e Portavoz do PSOE no Concello de Monterroso, membro da Executiva Galega e outros cargos de representación. Tralas eleccións de 2004 foi nomeado Subdelegado do Goberno en Lugo. Foi e segue sendo un destacado membro de UXT.

 

SAÚDO

Amigos/as

 

En representación da corporación municipal quero darlles a benvida a esta web do Concello de Monterroso, na que atopará diversa información que esperamos sexa do seu interese.

 

Pretendemos que, entre todos, usuarios e responsables do mantemento, fagamos desta iniciativa un instrumento válido de comunicación, ó mesmo tempo que poidamos mostrar o que somos e o que facemos.

 

Agradecido de antemán.

 

Jesús Otero Calvo
Alcalde do Concello de Monterroso