O equipo de Goberno supervisando o estado das rúas.

O Concello de Monterroso acometerá nas vindeiras datas a mellora das rúas do casco urbano Clemente Yebra e San Miguel, mediante a rexeneración do seu firme.

As obras pretenden dotar a estas dúas vías dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade.

A actuación, que será financiada con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos, conta cun orzamento de 17.463,97 euros e, unha vez se inicien os traballos, terá unha duración dun mes.