Son moitas as lendas que envolven ao municipio. Unha delas está relacionado co castelo de Sirgal, primeiro castro, do que hoxe xa non queda nada. Refírese a un sepulcro que se atopa no cemiterio situado na ladeira do castro onde se ergueu a antiga fortaleza. Na lousa que cubre o sepulcro acumúlase a auga da chuvia e conta a tradición que esa auga permanece incorrupta todo o ano ata que na noite de San Xoán os veciños do lugar acoden a lavarse na pila do sepulcro.

 

A tradición oral tamén fai referencia ás propiedades milagreiras da fonte de Santa Eufemia ou á parroquia de Novelúa onde se rendía culto á deusa pagá Lúa.