COVID 19

Nestas datas de vacacións, onde hai máis afluencia de persoas no pobo, desde o concello de Monterroso informamos da necesidade de cumprir as medidas de prevención decretadas pola Conselleria de Sanidade. Lembramos a obriga de utilizar máscaras, o emprego de xel desinfectante, así como manter a distancia de seguridade interpersoal no interior e no exterior dos locais aos que se asista, para evitar aglomeracións.
A loita contra a COVID é responsabilidade de tod@s. Mellor precaver ca lamentar. Só así venceremos.
Utilicemos as mesmas precaucións para a xornada electoral. Ánimo!